Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 3

TEMA 2: DESENVOLVEMENTO EN PLANTAS (Apuntes tomados na clase tal cual: revisar)

As plantas teñen unha maior plasticidade → totipotencia de moitas das súas células.

Desenvolvemento moi regulado polo medio ambiente.

O ciclo adulto de vexetais sucede incluso en estado haploide, diploide ou haplodiploide (nos
animais

só son haploides os gametos).

Meiose e mitose. En vexetais á meiose sempre segue a mitose.

O gran de polen é unha célula dentro doutra célula para formar o tubo polínico.

O saco embrionario ten células xeneticamente identicas ao gameto feminino que recibe o
nome de

ovo. O resto de células xeran dentro da semilla todo o material necesario para que o embrión
reciba

os nutrientes.

→ Embrión unicelular = cigoto. Dividese (unha célula por riba de outra: existe unha
POLARIDADE:

unha célula basal queda cara a terra e outra terninal, a partir da que se forma o embrión, e
formase

o suspensor). Fórmanse os cotiledóns. Un meristemo na raíz e outro no brote (tallo, flores,


follas). Aí

están as células tronco. As sinai ambientais especifican a polarización na primeira división.

Na primeira división as células xa se colocan segundo o eixo ápico-basal grazas a factores


ambientai

externos (na súa ausencia sería por onde entra o gran de polen).

O suspensor axuda a chegar ao embrión os nutrientes. Apreciase a polarización no estado


corazón, e

no de torpedo aprecianse as células que darán meristemos.

No tallo (hipocotilo) están xa os 3 tipos de tecido, que no estado corazón recoñécense incluso
cunha

morfoloxía diferente.

Vemos 2 cousas no estado corazón: polarizado un eixe ápico-basal, e os esbozos do


equivalente ás 3

capas xerminais do embrión. Esos 3 tipos de tecido fórmanse por diferentes planos de división.
As

células, debido á parede, non poden moverse. Teñen periodo equivalente pero non hai
gastrulación.
Á planta que xermina recoñécenselle á raíz, o hipocotilo ( o talo), e as follas primitivas ( os

cotiledóns).

Mapa de futuros territorios. Fanse experimentos de marcaxe para ver un mapa: márcase toda
a

descendencia dunha célula para ver que territorio van orixinar.

Xenes responsables de organizar os módulos da planta (3 rexións: raíz á terra, e a parte aérea:
follas

e talo). Cando faltan esos xenes falta unha parte da planta.

Gerke Apical (gk): cotiledóns, meristemo apical

Fackel Central (fk): cando falta, falta o hipocotilo

Monopterous basal (nup): responsable formación (?) [comprobar estos xenes]

Diapo 9:

Zonas máis elevadas van formar follas.

L1 e L2: as células de esas capas dividense anticlinalmente (células ao lado de outras) aumenta
a

superficie da parte central e crecen os laterais.

As follas máis antigas quedan no exterior, e as máis recentes cara ao interior.

As células do nº1 (que se forman primeiro) quedan cara fora. Hai un orden moi preciso.
Forman

follas dun xeito modular.

Por factores ambientais o meristemo apical pode deixar de formar follas (de fora cara a
dentro) a

flores (estrutura altamente polarizada e ordenada).

De fora cara adentro: sépalos, pétalos, estambres, carpelos (varias partes funcionais).

4 verticilos concéntricos.

No centro o carpelo ou carpelos etc (mirar diapo)

A línea de puntos indica o centro dunha planta.

Os máis parsimonioso evolutivamente sería que houbera 4 xenes, sin embargo hai 3 para
formar os

4 terrirorios → XENES SELECTORES HOMEÓTICOS ESPECÍFICOS.


As partes dunha flor, e dan identidade a esos verticilos. Son homeóticos porque se cambian un

segmento por outro. Cando falta 1 cambia a identidade do verticilo.

[Os xenes dos vexetais escribense en maiúscula]

APETALA 2 (A): Exterior do meristemo (bordes)

APETALA 3 (B): bordea o centro do meristemo

AGAMOUS (C ): o centro do meristemo

Estos xenes solápanse: hai 4 territorios.

Exprésanse durante o desenvolvemento (no meristemo), pero despois xa non a necesitan.

* Mutantes: estudiándoos e tratando de explicar o fenotipo construíuse un modelo. P.ex: o


mutante

AGAMOUS hai máis de 4 verticilos.

- BASES MODELO A, B, C.

a) A→ sépalos | A+B → pétalos | B+C → estambres | C → Carpelos

b) As actividades dos xenes A e C son complementarias (están contrapostas): se falta a


expresión de

C, a función A exténdese aos 4 verticilos, e viceversa. (B permanece quieto delimitando 2


verticilos).

c) APETALA 2, APETALA 3, AGAMOUS → A, B, C (respectivamente)

d) Cando faltan as 3 clases fórmanse follas nos 4 verticilos.

[Xen SUPERMAN ten que ver con B | PISTILATA: mesma clase que o xen APETALA 3]

Doble mutante APETALA 3 – AGAMOUS só ten sépalos (creo).

You might also like