Rapazas Sen Sono-1

You might also like

Download as doc, pdf, or txt
Download as doc, pdf, or txt
You are on page 1of 3

2.- RAPAZAS/-ES SEN SONO.

(Varios rapaces e rapazas cuns osos de peluche NON dormen…)

PRESENTADORA (Iria).- Un grupo de rapazas e rapaces que non daba


durmido a pesar de levar un bo anaco na cama… devecía por xogar. Tiñan
todos os ollos abertos coma pratos… (Insiste para que os abran máis) máis
abertos… e decidiron xogar ás agachadas!

RAPAZA 1 (Lucía).- A que non sodes capaces de agocharvos detrás de min


antes de conte tres (Pecha os ollos e conta): Unha, dúas e tres!!!

(Agóchanse detrás dela.)

RAPAZA 1.- Eeeh! Pero se estaban aquí!!!

RAPAZA 2 (Luz).- (Tamén se agocha.) Si. Pero agora xa non estamos!

RAPAZA 3 (Oumaima).- A ver se nos encontras?!!!

RAPAZ 4 (Luca).- Non vas ser capaz! Non vas ser capaz!

RAPAZA 4 (Andrea Calviño).- Estamos moi preto de ti!

RAPAZ 1 (Pablo Mata).- Frío… frío… se segues así non nos encontrarás!

RAPAZA 1.- Non pode ser! Seguro que están por aquí… nada!!! (Sinala co
brazo o lugar para onde vai dar a volta. Dáse a volta e nada… agóchanse
do outro lado.) Onde están?

PRESENTADORA.- (Xogando.) Pois estarán por alí…

RAPAZ 2 (Nicolás).- Ou debaixo dos teus pés…

RAPAZ 3 (Lois).- Ou agarrados ao teito…

RAPAZA 3 (Oumaima).- Ou debaixo dos cubos…

RAPAZA 4.- Ou no patio de butacas!

RAPAZ 4.- Siii. Podemos estar detrás das cadeiras dos espectadores!

PRESENTADORA.- Conta outra vez ata tres a ver se aparecen…

1
RAPAZA 1.- Unha, dúas e tres!!!

RAPAZAS/-ES.- (Aparecendo de súpeto.) Aquí estamos!!!

RAPAZA 1.- Isto non pode ser! Isto non pode ser!!! Repetimos! Esta vez si que
vos vou encontrar!!! Agochádevos antes de que conte tres!!! Unha, dúas e tres!
Vou dar a volta e xa veredes… xa veredes… van levar un susto terrorífico!!!
Vou por aquí ou vou por aí? Ti que me recomendas?

PRESENTADORA.- Por alí, vai por alí!

RAPAZA 1.- Van quedar de pedra! Van quedar así! Aí vou! Uuuh!

RAPAZAS/-ES.- (Devólvenllle o susto) Uuuh!!!

PRESENTADORA.- Menudo susto che deron! En fin, continuemos coa historia


ou suceso ou acontemento ou conto…! A ver quen dorme en primeiro lugar?
(Déitanse todas/-os)

RAPAZA 2.- Non somos capaces de durmir!

RAPAZA 1.- Por que?

RAPAZA 3.- Porque nos roubaron o sono!

RAPAZA 4.- A ladroa do sono entrou moi caladiña no noso cuarto!

RAPAZ 1.- E levou consigo o sono de todos nós.

RAPAZ 2.- Dixémoslles aos osos de peluche e ás bonecas que non a deixasen
entrar… pero son uns durmiñóns e non nos fixeron caso!

RAPAZ 3.- Así que cando ela chegou descalza para non facer ruído.

RAPAZ 4.- E como nese intre nós durmiamos moi tranquiliños…

RAPAZA 2.- Ahegouse a nós, roubounos o sono e levouno para a súa cova

RAPAZA 3.- E agora teno alí, gardado nun armario de ferro, coma se fose
dela.

RAPAZA 4.- E agora nós non podemos durmir!!!

2
RAPAZ 1.- Quen nos dera saber onde se agacha esa ladroa, onde ten a súa
cova.

RAPAZ 2.- Se o soubésemos, iriamos alí, descalzos coma ela, abririamos os


caixóns do armario de ferro…

RAPAZ 3.- Colleriamos os nosos sonos e traeriámolos de volta!

RAPAZ 4.- Traeriámolos cun sorriso así de grande!!!

RAPAZA 2.- Unha vez na nosa habitación, colocariámolos de novo nos nosos
ollos para que nolos pechasen.

RAPAZA 3.- Así durmiriamos de novo e soñaríamos cun mundo libre de


violencia e de inxustizas.

RAPAZA 1.- Eu sei de dúas ferramentas que vos permitirían recuperar o voso
sono e crear un mundo libre de violencia e inxustizas.

RAPAZA 4.- Cales? Que ferramentas son esas?

RAPAZA 1.- A música e a lectura. Se tocades ou cantades… o sono espertará,


transformarase en nube e escapará pola regandixa da chave do armario de
ferro e regresará el só aos vosos ollos e, se ledes, teredes a mellor ferramenta
de defensa contra a violencia e as inxustizas.

RAPAZ 1.- Iso está feito! Todo o mundo a ler para durmir!

RAPAZ 2.- Agora mesmo imos buscar un libro para ler!

TODAS/-OS.- Vamos. (Saen. Pano.)

You might also like