Guà Adocente

You might also like

Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 3

CIENCIA POLÍTICA I (Curso 2022- 2023), TURNO DA TARDE

Profesora: Marta Lois González

Obxectivos da materia
Ciencia Política I: Actores, é unha materia de primeiro curso de Grao e, como
tal, pretende proporcionarlle aos alumnos un coñecemento básico e estrito da
nosa disciplina, dos conceptos de poder e lexitimidade, do Estado como
organización política, da democracia, dos partidos políticos e dos
comportamentos electorais, da comunicación política e da distribución territorial
e funcional do poder.
Ademais, a través da docencia e dos seminarios e titorías, inténtase:
- Familiarizar ao alumno/a cos temas e debates da ciencia política
contemporánea.
- Desenvolver a súa capacidade de análise crítica y científica da política.
- Contribuír á súa formación como futuro profesional da ciencia política e
transmitirlle os coñecementos e as regras básicas do exercicio da disciplina.
- Reflectir e exemplificar os coñecementos acadados nos movementos políticos
e sociais de noso tempo.
- Fomentar a súa auto identificación como actor político dentro do sistema.

Contidos
1.- Introdución á Ciencia Política.
2.- As ideoloxías políticas.
3.- A acción colectiva: movementos sociais.
4.- A participación política.
5.- A cultura política.
6.- Comportamento político e electoral.
7.- Elites e líderes.
8.- Grupos de interese e partidos políticos.
9.- Medios e comunicación política.
bliografía básica e complementaria
Almond, G. e outros, Diez textos básicos de Ciencia Política, Barcelona: Ariel,
1992.
Anduiza, E.; Crespo, I e Méndez, M., Metodología de la Ciencia Política,
Madrid: CIS, 2009.
Benedicto, J. e Morán, M. L.(comps.), Sociedad y Política. Temas de sociología
Política, Alianza, Madrid, 1995.
Caminal, M. (ed.), Manual de ciencia politica, Tecnos, 1999.
Canales Aliende, JM e Sanmartín Pardo, J (eds), Introducción a la Ciencia
Politica, Universitas, 2014.
Cric, B., En defensa de la política, Tusquets, 2001.
Del Águila, R. (ed.), Manual de Ciencia Política, Trotta, 1997.
Duverger, M., Introducción a la política, Ariel, 1990.
Diz I., Lois M. e Novo A., Elementos fundamentales de ciencia política, Tórculo,
2004.
Ellul, J., L'illusion politique, Laffont, 1965.
Goodin, R. e Klingemann, H.-D., Nuevo Manual de Ciencia Política (Tomos I y
II), Istmo, 2001.
Letamendia, F., Ciencia política alternativa, Fundamentos, 2002.
Pasquino, G. (ed.), Manual de Ciencia Política, Alianza, 1988.
Runciman, W., Ensayos: sociología y política, FCE, 1966.
Savater, F., Política para Amador, Ariel, 1992.
Sodaro, M. J. (ed.), Política y Ciencia Política, Mc Graw Hill, 2006.
Uriarte, E., Introducción a la Ciencia Política, Tecnos, 2002.
Vallés, J. M., Manual de Ciencia Política, Ariel, 2006.
Voegelin, E., La nueva ciencia de la política, Katz, 2006.

NOTA: A bibliografía específica para cada un dos temas do programa, mais


ampla e especializada, facilitarase polo profesora nas explicacións da clase.

Competencias
As competencias que se precisan para estudar esta materia non exceden ás
que o alumnado debe ter acadado para ingresar na Universidade. Ao longo do
curso, a medida que vaiamos adiantando na materia, preténdese que o alumno
desenvolva as seguintes competencias:
1. Comprensión e asimilación de conceptos e noción básicas da análise
política.
2. Adquirir certa familiaridade cos debates clásicos da Ciencia Política.
3. Aplicación dos conceptos e coñecementos á interpretación da actualidade
política, e ensaio de exposicións e análises de caso relacionados con diversos
temas e escenarios da actualidade política.
Metodoloxía da ensinanza
A materia impártese en clases teóricas, prácticas e interactivas.
As clases teóricas desenvolveranse seguindo o programa que se detalla arriba,
que nos casos especificamente sinalados poden esixir a lectura previa de
textos fundamentais da Ciencia Política.
As clases prácticas consistirán na aplicación dos marcos teóricos a análises de
caso.
As clases interactivas consistirán en exposicións e debates titorizados pola
profesora.

Sistema de avaliación
Os criterios de avaluación de la materia figuran na Memoria de Grao en Ciencia
Política e da Administración: “asistencia e participación nas clases teóricas e
prácticas. Traballos ou actividades obligatorias realizadas nas clases prácticas.
Traballos individuais. Exames”. En consecuencia, a calificación final será
resultado da suma das calificacións obtidas nos seguintes apartados:

1. Examen final obrigatorio. (70%)


2. Asistencia e participación nas Clases Interactivas, e realización dos traballos
ou actividades prácticas individuais e en grupo. (30%)

O plaxio nos traballos escritos e a falsificación ou suplantación nas listas de


asistencia, terá como consecuencia de maneira automática a anulación das
calificacións correspondentes e o suspenso da materia.

Tempo de estudo e traballo persoal


Ademáis das horas de clase, o alumnado deberá dedicar á preparación e
estudio da materia un promedio de tres horas semanais, nas que se inclúe a
ordenación e estudio dos seus propios apuntes, traballar a materia co apoio
dos textos de referencia, e preparar as exposicións e debates esixidos nas
clases prácticas e interactivas.

Recomendacións para o estudo da materia


Recoméndase o seguimento da actualidade política á luz das ensinanzas
teóricas e da bibliografía aconsellada.

You might also like