Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 4

HISTORIA

Primeiro Parcial

1. O ANTIGO RÉXIME
 O antigo réxime era o sistema político, social e económico vixente en Europa no século
XVIII
 Economía agraria
 Monarquía absoluta como forma de goberno
 Ten unha sociedade estamental, organizada en tres grupos chamados estamentos ou
estados:
 Nobreza
- Dividíase en dous:
 Alta nobreza
 Baixa nobreza

 Clero
- Dividíase en dous:
 Alto clero
 Baixo Clero

 Xente do común/terceiro estado


- Eran a maioría da poboación
- Dividíase en dous
 O campesiñado
 Era o grupo máis numeroso
 Traballaban as terras das clases altas
 Pagaban impostos ao rei
 Entregaban a décima parte da colleita (décimo) á Igrexa

 A burguesía
 Estaba formada por comerciantes, médicos, artesáns…
 Algúns tiñan grandes fortunas
 Poder político escaso

 Características desta sociedade:


 A existencia de privilexios
- Os privilexiados non pagaban impostos
- Os privilexiados eran xulgados con leis especiais

 O inmovilismo
- Era imposible ascender socialmente (salvo no caso do clero)
 Sector agrario importante pero pouco productivo
- A agricultura e a gandaría eran as principais actividades ecónomicas
- Era unha agricultura de subsistencia con ferramentas rudimentarias
- Cultivaban sobre todo cereais
- Dependían moito do clima e dos fenómenos meteorolóxicos, xa que se se
perdían as colleitas escaseaban os alimentos e chegaban as fames

 O desenvolvemento da artesanía e do comercio


- As actividades artesanais eran controladas polos gremios
- A monarquía potenciou a creación de manufacturas reais ou reais fábricas,
que se centraron na elaboración de armas e artigos de luxo.
- Medrou o comercio exterior
- Desenvolveuse o comercio triangular

2. AS FORMAS DE GOBERNO A COMEZOS DO SÉCULO XVIII


 O absolutismo era o sistema político vixente na maior parte de Europa no século XVIII
 O rei concentraba todos os poderes (lexislativo, executivo e xudicial)
 O rei tiña moitos funcionarios e un exército
 No terreo económico aplicaron o mercantilismo (baseaba a riqueza dun país na cantidade
de ouro e prata que posuíse. Para aumentala había que fomentar as industrias nacionais e
as exportacións e limitar as importacións)
 O parlamentarismo inglés:
 En Inglaterra estableceuse no s. XVII un sistema político diferente do absolutismo:
- Despois das revolucións de 1642 e 1688, triunfou a monarquía parlamentaria:
 Baseouse na supremacía das leis sobre o monarca, que aceptaba o
control do parlamento
 Na declaración de dereitos de 1689 estableceuse que o monarca non
podía aprobar leis, crear novos impostos ou cóbralos sen a aprobación do
Parlamento
 Había sufraxio censatario

 A república das Provincias Unidas:


 Cando se independizaron de España convertéronse nunha república:
 O poder era exercido polos cidadáns máis influentes (burgueses)
 A república estaba formanda por sete provincias, cada unha cun parlamento
 Os representantes de todas as provincias reuníanse nos estados xerais
3. A ILUSTRACIÓN E A CRÍTICA DO ANTIGO RÉXIME
 A ilustración foi unha corrente intelectual do século XVIII que cuestionou os principios do
Antigo Réxime. As súas bases ideolóxicas eran as seguintes:
 A razón debía aplicarse en todos os ámbitos da vida. Por iso, os ilustrados rexeitaron
todo o que se rexía polos costumes e non estaba de acordo coa razón
 O centro das súas teorías era o ser humano. Dicíase que as persoas tiñan uns
dereitos naturais
 O ser humano, usando a razón, podía alcanzar o coñecemento, que para os
ilustrados era a base da felicidade. A ilustración deu grande importancia á educación
e ás ciencias experimentais.
 A tolerancia debía ser a base da convivencia
 As ideas ilustradas difundíronse grazas á Enciclopedia, publicada en Francia

 Os pensadores ilustrados
 As teorías do pensador inglés John Locke exerceron gran influencia na Ilustración. Él
sostiña que o estado era o resultado dun pacto entre gobernantes e gobernados
 Os principais pensadores ilustrados foron Montesquieu, Voltaire e Rousseau
- Montesquieu:
 Defensor da división dos poderes do Estado
 O poder lexislativo debía ser exercido por un parlamento representativo
 O poder executivo polo rei
 O poder xudicial por xuíces independientes

- Voltaire
 Partidario dunha monarquía forte na que se respectasen as liberdades
civís
 Foi un firme defensor da liberdade de expresión
 Rexeitou o fanatismo e a intolerancia

- Rousseau
 Defensor da liberdade e da igualdade das persoas
 Consideraba que a sociedade corrompe o ser humano, que é bo por
natureza

 O despotismo ilustrado
 No século XVIII varios monarcas aplicaron algunhas ideas ilustradas
 Este sistema coñécese como despotismo ou absolutismo ilustrado
 O obxectivo dos reis era elevar o nivel educativo dos seus súbditos, racionalizar a
Administración e potenciar o desenvolvemento económico dos territorios que
gobernaban, pero sen perder o seu poder
 Tomaron diversas medidas:
 Fundaron novas institucións educativas
 Modernizaron a burocracia
 Reforzaron a Administración central
 Crearon novos códigos legais
 Intentaron que os privilexiados pagasen impostos
 Trataron de levar a cabo desamortizacións

 O despotismo ilustrado non alterou as bases do Antigo Réxime, xa que as reformas


non limitaron o poder absoluto dos monarcas

You might also like