Traballo 1 Dani

You might also like

Download as odt, pdf, or txt
Download as odt, pdf, or txt
You are on page 1of 2

3A04 EXPOSICION E ARGUMENTACION

Neste extracto xornalístico faise referencia á necesidade de dinamizar a língua galega nos
diferentes eidos da nosa vida diaria, sobre todo no referente a tecnoloxía, educación e empresa.
É preocupante o pouco uso que se fai da nosa língua nos distintos eidos, e sobre todo entre a
xente mais nova, pois o uso do castelán predomina por riba do galego. Segundo as estadísticas os
xoves entre 18 e 29 anos usan o castelán nun 53% fronte os que usan o galego que supón un 24%. O
pequeno porcentaxe que queda, un 23% usan as dúas línguas por igual.
Se facemos referencia o uso do galego por provincias, as provincias costeiras como A Coruña
e Pontevedra decantanse máis polo uso do castelán, en cambio as do interior como Lugo e Ourense
tenden máis a usar a nosa língua.
Neste artigo considerase necesario introducir o uso do galego nos tres ámbitos máis
importantes como son a tecnoloxía, a educación e a empresa.
No ámbito da tecnoloxía propoñen o uso dun ecosistema dixital en língua galega, empregando
ferramentas como poden ser os asistentes de voz, os tradutores automáticos ou os xeradores de texto
pero en galego.
No ámbito da educación, fixose unha campaña de normalización lingüística chamada “21 días
co galego” un blog educativo promovido por una docente que propoñía que se usase o galego en
todos os ámbitos da vida cotiá por un período de 21 días, algo que resultou exitoso incluso entre os
que eran máis castelán falantes.
No eido empresarial ,o Foro Enrique Peinador pretendía normalizar a língua no ámbito
socioeconómico. Como exemplo cabe destacar a creación do primeiro convenio colectivo da
empresa LARSA no ano 1989, podendo ver hoxe en día que se siguen redactando tamén en galego.
Tamén se crearon as nóminas en galego, aínda que de todos xeitos sigue prevalecendo o uso
do castelán na súa confeccción.
O que se deduce desto, e que as persoas que son galegofalantes acaban usando o castelán
porque se xuntan quizais a persoas que usan máis o castelán e para non sentirse aislados usan tamén
o castelán.
Debemos recordar tamén que antes o uso do castelán significaba ter un “status” maior que os
galego falantes que eran considerados inferiores.
Desde as distintas administracións vese que se está a promover o uso do galego, pois calquer
documento oficial (Xunta, Sergas…) aparece nas dúas línguas predominando o uso do galego á
hora de facer calquera trámite.
O que está claro é que aínda seguimos influenciados pola sociedade na que vivimos, e
tristemente consideran o castelán como unha língua de primeira calidade quedando o galego
relegado a un segundo plano.
Debemos tomar conciencia deste problema e empezar a apoiar novas iniciativas para que estas
diferencias existentes no día de hoxe e que se reflexan claramente nas estadísticas, sobre todo nos
xóvenes de hoxe en día, sen esquecer que cada día se usa mais, se vaian facendo cada vez mais
pequenas e que se introduzan políticas lingüísticas que axuden mais o uso do galego, aparte da
concienciación que como galegos debemos tomar e nunca avergonzarnos de algo tan importante que
temos e que heredamos dos nosos antepasados como é a nosa língua.

TRABALLO REALIZADO POR: DANIEL BOTANA BEIS

You might also like