Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

CONCEPTOS ECONÓMICOS BÁSICOS

CONCEPTO DEFINICIÓN EXEMPLO


BEN Todo obxecto físico que permite satisfacer unha Unha botella de auga
necesidade e ten un prezo
SERVIZO Todo o que permite satisfacer unha necesidade, Unha consulta médica
pero non é un obxecto físico, e ten un prezo
PRODUCIÓN Actividade que fai posible obter bens e servizos Actividade industrial que leva a cabo Mango para
empregando os distintos tipos de recursos facer a súa roupa.
(incluídos os humanos)
RECURSOS Bens e servizos que poden ser utilizados para Capital físico (edificios, maquinaria...), capital
producir outros bens e servizos. A maioría dos financeiro (co que se pode mercar a maquinaria),
recursos so escasos e susceptibles de usos capital intanxible (a marca, as patentes) e o
alternativos, polo que teremos que elixir en que capital humano (todas as persoas que interveñen
os imos empregar. Tamén estaría aquí a na fabricación do produto)
capacidade que temos os humanos para idear,
crear, aplicar e transformar (recursos humanos)
VALOR Depende do que lle concedan os consumidores, Outorgado por cada consumidor/a no momento
da utilidade que se lle espera. Deste xeito, o de tomar a decisión de consumilo. En función
consumidor/a estará disposta/a a pagar un prezo deste, estarase disposto/a a satisfacer o prezo
ou outro. que lle poñen. Cada persoa daralle un diferente a
un mesmo produto.
PREZO Expresión monetaria do valor Resultado de varios factores, como custos de
produción, prezo da competencia, prestixio da
marca no mercado e o valor esperado polos
consumidores
RENDA (NETA) Cantidade de ingresos (menos gastos) que se Por exemplo, os ingresos (menos os gastos) da
xera nun intervalo de tempo nunha determinada roupa vendida por Mango nun mes.
actividade.
RIQUEZA Cantidade de bens, dereitos e cartos que unha Nunha determinada data, todos os bens, dereitos
persoa posúe nun determinado momento. e os cartos que teña Mango.
ACTIVO Todo aquilo que supoña un dereito ou a posesión Maquinaria, patentes, marca, diñeiro nas contas
dun ben, con valor no mercado correntes, dereito de cobro a clientes que ten
Mango.
PASIVO Todo aquilo que supoña unha obriga Os préstamos que hai que devolver por
maquinaria nova, pago a traballadores/as, pago a
proveedores de Mango

You might also like