Actividades de Repaso 1

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

1.- Explica que tipo de texto é cada un dos fragmentos. Xustifica a tua resposta.

TEXTO 1

— ¿Canto é?, cóbrame tamén o que tomei.


— Noventa e cinco –dille o rapaz mirándoa con descaro.
— ¿Pásache algo? –pregúntalle seria ao rapaz mirándoo fixo.
— Non, a min nada –di o rapaz poñéndose colorado.
— Pois paréceo. –Deixa quedar o billete e vaise cara á porta.
— Ei, que sobra un peso.
Ela párase na porta, dá volta e dille.
— Pois méteo no... bote. –E sae.

TEXTO 2

Un caso de licantropía

Conforme pasaban os minutos, a insolencia daquel alumno ía en aumento. Xa non se trataba só do


seu ostentoso desprezo ás explicacións que o profesor, con paciencia infinita, repetía unha e outra
vez. O peor era que, ademais, o mozo tentaba atraer a atención dos seus compañeiros cos máis
variados procedementos e, por qué non dicilo, cun éxito cada vez maior.
Atentos como estaban ás impertinencias do seu compañeiro, os alumnos non se decataron das
transformacións mínimas que anunciaban o desastre: o medre desmesurado das uñas, as grosas
serdas que apareceron na pel, o sangue coloreando os ollos, os cairos afiados que asomaban por
entre uns labios anormalmente inchados, a desfeita nas costuras da chaqueta e o pantalón…
Cando foron conscientes do que ocorría, era xa demasiado tarde. Algúns aínda tiveron un tempo
fugaz para pensar en balas de prata e en cruces invertidas, e na ausencia da lúa chea, máis evidente
naquela mañá de primavera, e noutras inútiles fantasías cinematográficas, tan afastadas do rutineiro
mobiliario escolar que os rodeaba.
Así de terribles e inagardados son algúns fenómenos de licantropía.

2.- Pon en cada oco a palabra que corresponda:

– Os traballos [cós/cos] ... compañeiros quedan mellor [cós/cos] ... individuais. [Á/A] ... razón
talvez sexa que [cómpre/compre] ... non andar tan [á/a] ... [présa/presa] .... Sobre todo [póla/pola] ...
noite.
– Eva non [vén/ven] ... hoxe, eles non [vén/ven] ... nada [é/e] ... eu menos. [Vés/ves] ... ti aquí,
antes de ir para [fóra/fora] ..., a ver se [vés/ves] ... [máis/mais] ... [cá/ca] ... [nós/nos] ....
– [A/A] ... [vós/vos] ... non [vós/vos] ... avisaron de que imos [có/co] ... profesor ver unha
[présa/presa] ... de auga e unhas [pólas/polas] ... dunhas árbores? Non [nós/nos] ... digades nada,
[máis/mais] ... vai ser mellor [cás/cas] ... saídas do curso pasado.
– Roi non tiña a luz [présa/presa] ...! [É/E] ... peor [có/co] ... demo e [cá/ca] ... nai! [Ás/As] ... veces
nin que [fóra/fora] ... un [óso/oso] ... pardo. E se caio e rompo un [óso/oso] ...?
3.- Atopa a palabra ou palabras que non están ben acentuadas en cada serie:

- mísil acne heroína miúdo endocrino.


- réptil chofer páxaro ademáis alfil.
- fácilmente vertixe olimpíada él heroe.
- pelícano atmosfera rádar petróglifo smóking.
- élite isóbara ruido dá cráter.

You might also like