Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 5

Rúbrica secuencia

Esta rúbrica é a que se utilizará para correxir os vosos traballos, e que debedes incluír como parte da
valoración personal, a modo de exercicio de autoavaliación. A autoavaliación ten por obxectivo
promover unha reflexión crítica sobre o noso traballo, e permítenos melloralo e avanzar no noso
proceso de aprendizaxe, de aí que vos pida que o incluades.

A rúbrica ten un “modo de emprego”: vedes que se divide en apartados: Actividades, Secuencia,
Planificación, Contidos Matemáticos e Presentación. Cada un destes apartados ten varios ítems, nos
que hai varias opcións. Debedes escoller a que creades que máis se axusta ao voso traballo. O
primeiro e o cuarto apartado (Actividades e Contidos matemáticos) están pensados para avaliar cada
unha das actividades. Os outros tres apartados refírense ao traballo en conxunto, ou á secuencia.

Cada un dos cinco apartados principais ten un peso diferente na nota final do traballo. Supoñendo
unha puntuación sobre 10, os apartados 1 e 4 (Actividades e Contidos matemáticos) teñen unha
puntuación total de 3 puntos cada un. O apartado 2 (Secuencia) ten una puntuación total de 2
puntos, e os dous restantes valoraranse con 1 punto cada un.

Se tedes calquera dúbida, podedes contactar comigo vía correo electrónico ou aula virtual. Se
necesitades algunha titoría presencial, podemos poñernos dacordo para vernos algún día no meu
despacho. Eu irei algún día á facultade, e se podo avisareivos o día anterior, por se necesitades falar
comigo.

1. Actividades
• Adecuación aos contidos e aos obxectivos das actividades
❑ A actividade desenvolve correctamente os contidos e os obxectivos
propostos.
❑ A actividade desenvolve contidos e obxectivos propostos, pero hai
algúns que faltan por enumerar (relacionados coa temática).
❑ A actividade non desenvolve tódolos obxectivos e os contidos
propostos.
❑ A actividade non desenvolve ningún dos obxectivos ou dos contidos
propostos.

• Adecuación aos contidos e aos obxectivos da secuencia


❑ Os contidos e os obxectivos da actividade son necesarios para
desenvolver a secuencia.
❑ Os contidos e os obxectivos están relacionados coa secuencia.
❑ Os obxectivos ou os contidos non están relacionados coa secuencia.
❑ Nin os obxectivos nin os contidos están relacionados coa secuencia.

• Xustificación da súa inclusión na secuencia


❑ A actividade é necesaria para acadar os obxectivos da secuencia.
❑ A actividade é útil para acadar os obxectivos da secuencia, pero hai
otras que tratan os mesmos contidos e obxectivos co mesmo enfoque.
❑ A actividade está relacionada coa secuencia, pero non é necesaria
para acadar os obxectivos marcados.
❑ A actividade non garda relación coa secuencia.

• Observación das dificultades, erros e obstáculos frecuentes


❑ A actividade axuda a solventar dificultades frecuentes no ensino-
aprendizaxe da materia.
❑ A actividade axuda a afianzar contidos, pero non contempla a
superación de obstáculos.
❑ A actividade perpetúa erros e obstáculos frecuentes.

• Uso de materiais e recursos


❑ Úsanse materiais e recursos que facilitan unha correcta adquisición
dos contidos, e non hai distratores neles.
❑ O uso de materiais e recursos facilita a correcta adquisición dos
contidos, pero existen distratores non contemplados.
❑ O uso de materiais e recursos é útil, pero existen outros máis
axeitados.
❑ O uso de materiais e recursos non ten relación coa actividade.

• Recontextualización
❑ Os contidos matemáticos xorden de maneira natural no contexto da
actividade.
❑ Os contidos matemáticos están relacionados co contexto da
actividade.
❑ Os contidos matemáticos teñen pouca relación co contexto da
actividade.
❑ Os contidos matemáticos non están relacionados coa actividade.

• Repersonalización
❑ A actividade preséntase de maneira próxima ao alumnado, dentro
dunha situación manipulativa e coñecida.
❑ A actividade preséntase de maneira manipulativa, sen ter en conta a
proximidade ou o interese que poida despertar.
❑ A actividade preséntase de maneira despersonalizada, fóra do
ámbito cercano ao alumnado.
2. Secuencia
• Estrutura
❑ Respéctase a estrutura dunha secuencia didáctica (actividade
introdutoria e de avaliación inicial, actividades de desenvolvemento,
actividade de peche, resumo e avaliación)
❑ Falta algunha das partes mencionadas.
❑ Non existe unha estrutura de secuencia.
• Cohesión
❑ Os obxectivos e os contidos están fortemente relacionados, e segue
un guión claro, avanzando cara a consecución dos obxectivos de maneira
gradual.
❑ Os contidos e os obxectivos teñen unha relación feble entre sí, aínda
que si se observa un avance gradual cara aos distintos obxectivos.
❑ Os contidos e os obxectivos teñen unha relación feble entre sí, o que
dificulta un avance gradual cara a súa consecución.
❑ Os contidos e os obxectivos son inconexos, e fai imposible un avance
gradual cara a súa consecución.

• Adecuación aos contidos, obxectivos e crierios de avaliación do currículo


❑ Existe unha relación moi estreita co currículo.
❑ Existe relación co currículo.
❑ Existe unha relación feble co currículo.
❑ Non hai relación.

• Avaliación
❑ As actividades de avaliación adecúanse ao contexto, aos criterios e
aos obxectivos.
❑ As actividades de avaliación adecúanse aos criterios e aos
obxectivos, pero non ao contexto.
❑ As actividades adecúanse ao contexto, pero non aos criterios e aos
obxectivos.
❑ As actividades de avaliación non teñen que ver co contexto, nin cos
criterios nin cos obxectivos.

3. Planificación
• Recursos e espazos
❑ Tivéronse en conta os recursos e a adecuación aos espazos e a
contorna á hora de deseñar a secuencia.
❑ Hai actividades que precisan duns espazos ou duns recursos que non
se tiveron en conta.
❑ Non se contempla a necesidade de adaptarse á contorna ou aos
recursos dispoñibles.

• Temporalización
❑ A temporalización é realista, e tense en conta que debe ser flexible
❑ A temporalización é ríxida.
4. Contidos matemáticos (valoraranse en conxunto, e en cada actividade)
• Corrección das Matemáticas empregadas
❑ As Matemáticas empréganse correctamente, aplicándoas a
contextos e situacións axeitadas.
❑ As Matemáticas empréganse correctamente, pero o seu tratamento
é superficial.
❑ Hai incorreccións e inexactitude no emprego das Matemáticas.
❑ As cuestións matemáticas presentadas son incorrectas.

• Profundidade no seu tratamento


❑ No deseño das actividades demóstrase un coñecemento profundo e
detallado dos contidos matemáticos a tratar.
❑ No deseño das actividades demóstrase un coñecemento superficial
dos contidos matemáticos a tratar.
❑ No deseño das actividades demóstrase un coñecemento inexacto
dos contidos matemáticos a tratar.
❑ No deseño das actividades demóstrase descoñecemento dos
contidos matemáticos a tratar.

• Uso correcto da terminoloxía matemática


❑ A terminoloxía matemática e da Didáctica da Matemática emprégase
sempre de forma precisa e correcta.
❑ A terminoloxía matemática emprégase de forma correcta, pero non
en tódalas situacións que se debería empregar.
❑ A terminoloxía matemática emprégase de forma irregular e con
imprecisións.
❑ A terminoloxía matemática é incorrecta, ou non se emprega.

5. Presentación
• Orde e claridade
❑ O traballo está ordenado, segue unha secuencia lóxica e ten un fío
condutor claro.
❑ O traballo presenta imprecisións na súa organización e a súa
secuencia lóxica non é precisa.
❑ O traballo está pouco organizado e cunha secuencia lóxica
deficiente.
❑ O traballo está desordenado e non se respecta ningunha orde.

• Redación e ortografía
❑ A redacción é uniforme, clara e precisa, sen hai faltas de ortografía.
❑ A redacción non ten un estilo uniforme, a pesar de ser clara e
precisa, e sen faltas de ortografía.
❑ A redacción é heteroxénea, complicando a lectura.
❑ A redacción é heteroxénea, hai faltas de ortografía e incorreccións
gramaticais graves.

• Diario
❑ O diario reflicte con claridade o proceso de elaboración.
❑ O diario reflicte o proceso de elaboración, pero non é claro.
❑ O diario non reflicte o proceso de elaboración.
❑ Non hai diario.

• Bibliografía
❑ Hai unha bibliografía completa e correcta.
❑ A bibliiografía é incompleta (úsanse fontes que non se citan, ou
cítanse fontes que non se usan).
❑ Non hai bibliografía.

You might also like