Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 3

Profesora: Andrea Moreno

BLOQUE 2: HISTORIA MEDIEVAL

TEMA 5: OS MUSULMÁNS NA PENÍNSULA IBÉRICA (ETAPAS POLÍTICAS E REALIDADE


SOCIOECÓNOMICA)

Conceptos destacados: MOZÁRABE / TAIFAS

A presenza musulmá en Hispania durará do 711 (batalla de Guadalete) ata 1492


(Conquista de Granada polos Reis Católicos). Al Ándalus é o nome que os musulmáns deron ao
seus territorios da Península Ibérica, territorios que foron mermando paulatinamente. Sen
embargo, o seu legado artístico e cultural foi enorme.

CONQUISTA (711-14)
A ocupación militar da Península foi rápida porque os musulmáns aproveitaron a división
interna da nobreza visigoda. Parte dela apoiou o seu avance desde o norte de África. Un exército
encabezado por Tariq e Musa conseguen dominar gran parte de Hispania, e coa Batalla de
Guadalete (711) morre Rodrigo, o rei visigodo. Parte dos seus apoios buscarán refuxio no norte. A
Península pasará a formar parte do Imperio musulmán, con capital en Damasco.

EMIRATO DEPENDENTE DE DAMASCO (711-756):


A Hispania romana pasa a chamarse AlÁndalus e convertirase nun emirato ou provincia
dependente do Califato de Damasco.
Foron anos de inestabilidade política e enfrontamentos militares. Viviron contundentes
derrotas como as do norte na Batalla de Covadonga (722) e a Batalla de Poitiers en Francia,
esta última marcando o límite do seu avance cara Francia.
Sen embargo consolidan as fronteiras no val do Ebro e na liña do Douro. Esas fronteiras
eran defendidas por provincias militares (Coras).

EMIRATO INDEPENDENTE (756-929):


As revoltas ocorridas en Damasco por conseguir o poder terminaron coa matanza da
familia gobernante dos Omeias a mans dos Abbásidas. Un omeia, Abd al-Rahmán I, fuxe da
matanza e consegue gobernar o emirato de Córdoba, declarando a súa independencia política,
que non relixiosa, do Califato.
Trátase dunha etapa de consolidación do poder musulmán na Península, sendo o Emirato
de Córdoba un referente no Occidente.

1
Profesora: Andrea Moreno

CALIFATO DE CÓRDOBA (929-1031)


No ano 929, Abd al Rahmán III creará o Califato de Córdoba, independizándose
totalmente de Oriente, tamén dende o punto de vista relixioso. É a época de máximo esplendor
económico e cultural do AlÁndalus, especialmente durante o reinado de Al-Hakam II, fillo do
primeiro Califa.
No terreo militar a figura máis destacada foi a de Almanzor, primeiro ministro ou hayib,
quen exerceu o seu poder de xeito ditatorial. Emprendeu numerosas campañas contra os reinos
cristiáns, sendo campañas de saqueo e destrución. Á súa morte o Califato inicia a súa
desintegración.

OS REINOS DE TAIFAS, ALMORÁBIDES E ALMOHADES (1031-1232)


No ano 1031, culmina un proceso de descomposición da institución califal e tensións entre
os distintos grupos étnicos dando pé a un proceso de fragmentación política que terminará na
aparición dos reinos de taifas1 e favorecerá o avance dos reinos cristiáns.
A caída de Toledo a mans de Alfonso VI, en 1085, provocou a chegada dos almorábides,
chamados en auxilio polos reinos de taifas. Isto frea o avance cristián ata 1145 en que novos
conflitos internos no seno do imperio almorávide agravado polo seu rigorismo relixioso poñen fin a
esta etapa. Aparece entón un novo período de fragmentación no mundo musulmán (segundos
taifas) ata a chegada dos almohades que volven unificar o territorio. Este dominio almohade,
sustentado sobre o dominio militar e sen moito apoio popular, será contrarrestado pola acción das
ordes militares de Calatrava, Santiago e Alcántara. Derrotados por estes na batalla das Navas de
Tolosa (1212), o mundo musulmán volve a fragmentarse en taifas o que favorecerá o avance dos
reinos cristiás, quedando unicamente o reino nazarí de Granada.

REINO NAZARÍ DE GRANADA (S.XIII-1492)


Durante este reinado alcanzouse uns niveis de riqueza e refinamento notable que lle
permitiu construir exemplos tan magníficos como o Palacio da Alhambra.
Este reino caerá finalmente co avance dos Reis Católicos coa toma de Granada o 2 de
xaneiro de 1492.

1
TAIFAS: cada un dos reinos nos que se dividiu AlÁndalus trala disgregación do Califato de Córdoba.
(Reino de Córdoba, Granada, Sevilla, Zaragoza…). Taifa deriva do termo árabe que significa "bandería".
Houbo un total de tres períodos onde AlÁndalus se disolverá en reinos de taifas, sendo o último o reino
nazarí de Granada. Os reinos de taifas pagaban parias (un tributo anual) aos reinos cristiáns para conseguir
a súa protección.

2
Profesora: Andrea Moreno

CARACTERÍSTICAS SOCIOECONÓMICAS:
A sociedade no mundo musulmán era moi variada dende o punto de vista étnico. Estaba
formada por árabes, bérberes (musulmáns do norte de África), muladís (musulmáns de orixe
hispano), xudeus, mozárabes. A falta de cohesión social e o predominio dos lazos tribais foron
motivo de frecuentes conflitos internos.
Gran parte do dominio musulmán caracterizouse pola tolerancia a nivel relixioso,
fundamentalmente coas relixións “do Libro”, xudeus e cristiáns. Os mozárabes2, cristiáns en
territorio musulmán, aínda que conservaron as súas terras, relixión e auto goberno, pagaban
impostos especiais e os musulmáns interviñan nos seus nomeamentos políticos e relixiosos. Esta
situación fixo que foran emigrando cara os territorios cristiáns.
Había notables diferenzas sociais e económicas dentro dos grupos. A nobreza, de orixe
árabe, dominaba os altos cargos da administración e era dona de grandes propiedades, as clases
populares (campesiños, comerciantes, artesáns) habitaban as cidades e o campo e, finalmente,
os escravos formaban parte do servizo doméstico das grandes casas e do exército. Precisamente
o exército era unha das bases do poder musulmán. Servía para manter a orde interna e defender
o territorio nas fronteiras. Estaba formado por mercenarios e escravos de orixe bereber e eslavo.
Todo o sistema administrativo xerarquizado descansaba sobre unha hábil política fiscal que
permitía dispoñer de abundantes recursos, recadados a través impostos de carácter territorial e
persoal.
O mundo musulmán recupera o pulso da vida urbana das cidades hispanorromanas
(Córdoba foi a principal cidade do Occidente no s. X) e funda novas cidades de carácter
estratéxico (Almería, Calatayud, Tudela, Madrid...). As cidades son o escenario dunha potente
vida artesanal e comercial.
O sector agrícola sae enriquecido polos cultivos de rega e as novas técnicas que crean
unha agricultura moi rica e variada (cana de azucre, arroz, produtos de horta, cítricos....
A presenza do Al Ándalus deixounos tamén grandes exemplos artísticos. Así, a
mencionada Alhambra, a Mezquita de Córdoba, ou a Xiralda de Sevilla (antigo minarete), entre
outros.

BIBLIOGRAFÍA E ENLACES WEB:


AAVV. Historia de España. 2º Bacharelato. Vicens Vives
http://www.historiasiglo20.org/HE/2.htm
https://algargos.jimdo.com/historia-de-españa/02-edad-media/

2
MOZÁRABES: cristiáns de orixe hispanovisigoda que vive en territorio musulmán durante o período de
AlÁndalus. Aínda que gozaban de tolerancia sobre o seu culto e certa autonomía interna, estaban obrigafos
a pagar un imposto ás autoridades musulmás. Coa chegada dos almorábides no s. XI, foron deportados
masivamente ao norte de África. Os que fuxiron ao norte da Península levaron a cabo un tipo de arte
prerrománica que leva o seu nome.
3

You might also like