Tema 2 Fax

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 18

UNIDADE 2 – A ORGANIZACIÓN INTERNA DA EMPRESA.

FORMA XURÍDICA E RECURSOS

Contido:

1. Finalidade da empresa
- Obxectivos e fins da empresa
- Previsión dos recursos necesarios
- Organización empresarial
- Áreas funcionais
- Organigrama
- Outras formas organizativas
2. Responsabilidade social corporativa
- Motivos para as accións de RSC
- Ámbitos de actuación da RSC
- Empresas sociais
- Presión cidadá
3. Tipos de empresa
- En función da súa titularidade
- Segundo o sector de actividade
- Segundo o tamaño
- Segundo o seu ámbito de actuación
- Segundo a forma xurídica
4. Funcionamento dunha sociedade
- Capital social
- Órganos de goberno
- Impostos
- Personalidade xurídica
5. As formas xurídicas
- Empresario individual
- Sociedade Limitada
- Sociedade Anónima
- Sociedade Cooperativa
- Sociedade Laboral
- Outras formas xurídicas
6. Localización
- Deslocalización xeográfica
- Ubicación de locais comerciais

1
TEMA 2 – A ORGANIZACIÓN INTERNA DA EMPRESA. FORMA
XURÍDICA E RECURSOS

1- FINALIDADE DA EMPRESA

Unha empresa é unha organización con fins comerciais e económicos, dedicada


á produción de bens e servizos para satisfacer as necesidades do mercado, a
cambio dun beneficio económico.
É a unidade básica de consumo que se ocupa da producción e distribución dos
bens e servizos que se requiren para satisfacer as necesidades humanas.
Antes de falar dos obxectivos e fins da empresa é importante diferenciar entre
os seguintes conceptos clave:
Misión da empresa: O motivo polo que existe dita empresa. A súa razón de ser.
Visión da empresa: Obxectivo que a empresa espera lograr no futuro. A
expectativa ideal do que quere alcanzar e como planea conseguir as súas metas.
Valores: Os principios que orientan as accións e decisións laborais.

OBXECTIVOS E FINS DA EMRESA

O propósito principal das empresas é obter rendementos económicos polas súas


actividades ou servizos produtivos.
Non obstante, maximizar os resultados financeiros non é o único propósito, xa
que isto podería poñer en perigo a súa supervivencia.
As empresas perseguen outros obxectivos:

- Obter o maior beneficio posible. De non ser así, os socios non arriscarían
o seu capital nin empregarían o seu tempo nunha actividade que está chea
de riscos e incerteza.
- Adaptarse ao mercado: Anticiparse aos cambios da contorna e adaptar a
súa oferta ás necesidades do mercado son estratexias que aseguran a súa
continuidade.
- Medar. As empresas desexan ser grandes e fortes para ser competitivas.
Por iso, tratan de fidelizar aos seus clientes, conquistar a novos
consumidores, expandirse a outras áreas xeográficas ou iniciar novas liñas
de negocio.
- Xerar beneficios non económicos. Mellorar a súa reputación social ou
contribuír a un maior desenvolvemento social son os obxectivos que están
detrás das accións de Responsabilidade Social Corporativa que
desenvolven.
- Dunha maneira indirecta, a empresa alcanza outras finalidades, máis de tipo
social, xa que crea postos de traballo, abastece á poboación con produtos e

2
servizos necesarios, paga impostos e favorece o desenvolvemento doutros
negocios, como provedores, distribuidores e servizos complementarios para
os empregados (restaurantes, transporte, etc.). Por iso, se di que las
empresas son fonte de riqueza.
- Maximizar a súa produtividade. Obter os máximos produtos posibles cos
mínimos recursos necesarios.

PREVISIÓN DOS RECURSOS NECESARIOS

Toda empresa require duns elementos para funcionar correctamente. Para elo,
combina uns factores produtivos: recursos naturais, capital humano, bens de
capital e iniciativa empresarial.
Recursos naturais ou factor terra: materias primas proporcionadas pola
natureza.
Capital humano ou factor traballo: persoal que intervén na empresa, tanto os
propietarios coma os directivos, administradores ou empregados. Inclúe tamén
aos emprendedores.
Bens de capital ou factor capital: recursos utilizados para producir, como
capital financeiro (diñeiro) e recursos materiais (equipos, maquinaria, inmóbeis,
instalacións, infraestruturas...).

ORGANIZACIÓN EMPRESARIAL

Toda empresa é unha organización no sentido de que integra un conxunto de


persoas que manteñen unhas relacións formais, en base a unha xerarquía
establecida, para conseguir uns obxectivos comúns. A xestión adecuada do
capital humano facilitará a coordinación, a comunicación e a eficiencia. Por tanto,
a organización formal e a dirección son dous elementos vitais en calquera empresa.
A estrutura dunha empresa reflíctese de forma visual nun organigrama, un
gráfico que permite coñecer a organización, segundo os departamentos
existentes, e a xerarquía, segundo os niveis e a súa colocación nun plano
superior ou inferior.

3
ÁREAS FUNCIONAIS

A organización baseada en áreas funcionais continúa sendo o criterio máis


empregado para decidir os departamentos que integrarán unha empresa. A
descrición das tarefas asociadas a cada departamento reduce os conflitos
internos e facilita a tarefa de contratar persoal, ao establecerse un perfil claro de
coñecementos e competencias requiridas para cada posto de traballo.
O número e tamaño de cada departamento dependerá das necesidades da
empresa, pero es frecuente atopar os seguintes:
Área Comercial: centrada en desenvolver actividades para facer chegar aos
consumidores os produtos, así como na atención ao cliente e no servizo
posvenda. Ten un papel destacado en detectar as necesidades dos
consumidores, as estratexias da competencia e a situación xeneral do entorno
mediante o estudo de mercado. Así mesmo, é responsable de deseñar unha
política de márketing adecuada para poder vender o producido.
Área de Produción: controla o aprovisionamento de materias primas e xestiona
o proceso de produción. A información sobre os gustos e preferencias dos
consumidores e sobre a situación económica do mercado venlle dada polo
Departamento Comercial, e a marxe económica sobre a que ten que actuar se
facilítalla o Departamento de Inversión e Financiación.
Área de Inversión e Financiación: capta fondos necesarios para o
funcionamento da empresa e leva a cabo a política de inversións. Todas as áreas
ou departamentos da empresa precisan recursos económicos que han de estar
aprobados por este departamento e que deben ser adaptados aos presupostos
da empresa.
Área de Recursos Humanos: selecciona, contrata e xestiona a documentación
dos traballadores, á vez que deseña accións de motivación e de formación
adecuadas.
En ocasións, as empresas prefiren externalizar parte das súas funcións a outras
empresas especializadas. É o caso de pemes (pequenas e medianas empresas)
que contratan unha xestoría para que as axude coas tarefas de contabilidade e
de asesoramento xurídico. As grandes empresas poden optar tamén pola
externalización dalgunhas funcións, como o Departamento de RR. HH., para
concentrar os seus esforzos nos labores propiamente técnicos e produtivos.

ORGANIGRAMA

Un organigrama é a representación gráfica da estrutura dunha empresa,


reflexando os departamentos e as relacións xerárquicas entre eles. Os modelos
evolucionaron co tempo, desde enfoques máis verticais ata os horizontais ou
circulares.

4
OUTRAS FORMAS ORGANIZATIVAS

As empresas poden elixir diferentes criterios para organizarse e os organigramas


reflexarán esta situación. Aínda que os organigramas que reflexan as áreas
funcionais son máis habituais, podemos encontrar outros modelos organizativos
diferentes.

Organigrama lineal ou xerárquico

Organigrama funcional

5
Organigrama en Staff

2- RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA

A empresa, ao igual que os produtos que comercializa, segue un «ciclo vital»:


introdución, crecemento, madurez e declive. En épocas pasadas, as empresas
só se preocupaban por alcanzar beneficios económicos sen ter en conta como
se lograban. Na actualidade, déronse de conta de que a súa actividade
empresarial xera un impacto na sociedade e moitas tratan de reparar os danos
causados, así coma de evitalos, o que aumenta a súa supervivencia.
É habitual que dean a coñecer estas medidas a través das súas páxinas webs,
denominándoas RSC, acción social ou ética empresarial. En ocasións,
presentan un documento síntese ao final do año, denominado balance social.

6
A Responsabilidade Social Corporativa (RSC) ou Empresarial (RSE) son accións
que realizan as empresas para contribuír ao benestar económico, social ou
medioambiental da sociedade, máis alá da prescrición imposta polas leis.

MOTIVOS PARA AS ACCIÓNS DE RSC

Moitas empresas realizan accións de RSC, pero a xustificación para elo varía:
Ás veces, realizan estas operacións para «lavar a súa imaxe» ante certas
externalidades negativas que prexudicaron a súa reputación.
As empresas cada vez están máis sensibilizadas con determinados problemas,
como por exemplo os medioambientais; por elo, realizan actividades de RSC.
Evidentemente, isto supón un decrecemento do beneficio económico, pero un
aumento no valor da marca e, ademais, mellora as relacións cos clientes; por
elo, as empresas que levan a cabo actividades de RSC obteñen outro tipo de
beneficios.
Por último, hai empresas que entenden la RSC como un fin en si mesmo, o que
deu orixe ás chamadas empresas sociais ou empresas de economía social.

ÁMBITOS DE ACTUACIÓN DA RSC

A RSC incide no benestar económico, social ou medioambiental da sociedade.


Os seus obxectivos nestes tres ámbitos, por exemplo, son:
 Economía: mellorar os salarios dos traballadores ou as súas condicións
laborais e establecer unha relación ética con provedores.
 Social: colaborar con ONG ou fundacións que traballan con persoas con
discapacidade intelectual ou na creación de escolas en países en vías de
desenvolvemento.
 Medioambiental: reducir o uso de plásticos, reciclar materiais de refugallo,
etc.

EMPRESAS SOCIAIS

Unha empresa social é unha empresa rendible, isto é, con ánimo de lucro, que
xera unha contribución extraordinaria á sociedade u ao medio ambiente. É unha
alternativa ao modelo de empresa tradicional e non busca substituíla , senón
coexistir.
A idea de empresa social foi concebida por Muhammad Yunus, Premio Nobel da
Paz e fundador del Grameen Bank (coñecido como o Banco dos Pobres). A idea
era crear negocios auto sostibles —non dependentes de subvencións ou
donativos— que abordaran problemas sociais.
O Banco Grameen foi fundado en Bangladesh para outorgar pequenos créditos
(tamén chamados micro créditos ou «créditos Grameen») a persoas de clase
baixa que desexaban iniciar un negocio, pero que non tiñan avais ou garantías
de devolución. Este sistema exerceu a súa acción na poboación rural pobre
deste e outros países en vías de desenvolvemento. A maioría dos seus clientes

7
son mulleres (un 96 %) que, desta maneira, poden contribuír co seu esforzo ao
sostén dos seus fillos e a incrementar os ingresos da familia.
As cooperativas e as sociedades laborais, que estudaremos máis adiante, son
tamén consideradas empresas sociais, porque o seu obxectivo primordial é
fomentar o emprego dos socios por riba do beneficio empresarial.

PRESIÓN CIDADÁ

Os consumidores poden fomentar estas boas prácticas corporativas a través de


accións impulsadas por ONG, por asociacións de consumidores ou,
actualmente, gracias ás ferramentas da web. Así, change.org é unha plataforma
onde os cidadáns, asociación ou ONG poden elevar propostas ou queixas cara
as compañías. En ocasións, as propias empresas deciden levar a cabo estas
propostas para evitar as críticas e a mala publicidade.

3- TIPOS DE EMPRESAS

As empresas clasifícanse de diferente maneira, en función do criterio


seleccionado: titularidade, sector de actividade, forma xurídica, etc.

En función da súa titularidade

Compañía propiedade do Estado (central, autonómico ou municipal),


Empresa
ben sexa dun modo total ou parcial, de maneira que os poderes
pública
públicos poden exercer una influencia na súa xestión.

Empresa Entidades creadas por individuos particulares para desenvolver unha


Privada actividade económica a fin de conseguir beneficios.

Empresa
Propiedade compartida entre particulares e entes públicos.
Mixta

Exemplo: RTVE é unha empresa pública, ,mentres que Antena 3 Telecinco son
empresas privadas.

Segundo o sector de actividade


As empresas poden clasificarse, de acordo coa actividade que desenvolven, en:

Dedícanse a actividades económicas relacionadas coa


Empresas do sector recolección ou extración transformación dos recursos naturais,
primario con pouca o ningunha manipulación.

8
Transforman a materia prima en produtos de consumo ou en
Empresas do sector
bens de equipo, é dicir, elementos a utilizar polas empresas.
secundario

Empresas do sector
Ofrecen servizos ou, o que é o mesmo, bens intanxibles.
terciario

Aportan valor mediante o coñecemento e a innovación, non


Empresas do sector creando produtos, senón comercializando coñecementos con
cuaternario valor engadido

Os sectores primario e secundario foron moi importantes no pasado, mentres


que na actualidade apenas exercen impacto na economía dos países
desenvolvidos.
Por iso, unha clasificación alternativa en función da actividade económica
establece estes tipos de empresas:

A actividade primordial é a produción de bens mediantes a transformación


da materiaou a extración de materias primas.
En función de eso difefénciase entre empresas:
Industriais
- Extractivas: Explotación de recursos naturais, como empresas mineiras,
petroleiras, etc.
- Manufactureiras: Transforman a materia prima en produtos terminados.

Interveñen como intermediarias entre productor e cliente, xa que poñen


Comerciais
a disposición do consumidor os produtos das empresas manufactureiras.

Ofrecen bens non tanxibles, como empresas de transporte, turismo,


Sector servizos
entidades financeiras, xestorías, de educación, saúde, coidado persoal,…

Segundo o tamaño
Non existe un criterio único para medir o tamaño dunha empresa. O máis habitual
é o número de traballadores, aínda que adoita combinarse con outros datos,
como volume de ventas, capital, beneficios... En función do primeiro criterio,
distínguense:

Micro empresa Menos de 10 empregados

Pequena Empresa Entre 10 e 49 traballadores

Mediana Empresa Entre 50 e 249 empregados

9
Gran Empresa Se posúe 250 ou máis empregados

Con frecuencia diferéncianse só dúas categorías: gran empresa e peme


(pequena e mediana).

Segundo o seu ámbito de actuación

En función do ámbito xeográfico no que as empresas leven a cabo a súa


actividade comercial, pódense distinguir:

Empresas Locais Teñen como mercado unha localidade determinada.

Empresas Nacionais Desenvolven a súa actividade comercial en todo un país.

Empresas Dende o seu país de orixe, establecen relacións


Internacionais Comerciais con outros países.
Empresas
Empresas que operan en moitos países, mediante centros
Transnacionais ou
propios (filiais), co que logran expandir a súa influencia económica.
Multinacionais

Segundo a forma xurídica


Constituída por unha única persoa.
É a forma xurídica máis sinxela de crear, aínda que
Empresario Individual
a súa responsabilidade é ilimitada.
Non pode ter socios, pero si contratar traballadores.
Empresas constituídas por un ou varios socios, que poden
aportar capital e/ou traballar na empresa, aínda que tamén
poden contratar traballadores.
Sociedades
Son as máis abundantes, podendo adoptar a forma de sociedade
limitada, anónima, laboral, cooperativa, colectiva,
comanditaria ou civil.

No caso das sociedades, a responsabilidade é limitada, pero para a súa


constitución requírense bastantes trámites. O nome da empresa acompáñase
dunhas siglas que indican a forma xurídica, como SA, SL, S. Coop., SAL.
A responsabilidade patrimonial dos socios refírese á maneira de afrontar o pago
das débedas. Diferéncianse:

 Responsabilidade limitada: as débedas cóbrense só cos bens da


empresa.

10
 Responsabilidade ilimitada: as débedas páganse co patrimonio
mercantil e, se non fora suficiente, cubriríanse co patrimonio persoal do
empresario. O risco que se asume é maior.
4- FUNCIONAMENTO DUNHA SOCIEDADE

Aínda que algunhas sociedades poden ser unipersoais, o usual é que estean
constituídas por varios socios. O funcionamento que describimos é aplicable a
case todas as formas xurídicas.

CAPITAL SOCIAL

A maioría das formas xurídicas levan consigo a obriga de aportar un capital


mínimo para constituír a empresa, aínda que tamén se poden aportar bens que
se valoran. Para elo, é preciso abrir unha conta bancaria a nome da compañía.

Cada socio aporta un diñeiro e, con elo, adquire unha parte da propiedade da
empresa. Non todos os socios teñen que aportar o mesmo: quen aporte máis,
posuirá unha maior porcentaxe da empresa, conseguirá máis no reparto de
beneficios e, ao tomar decisións, o seu voto terá máis peso.

ÓRGANOS DE GOBERNO

As normas que os socios acordan recóllense nos estatutos. As decisións do día


a día tómanse nas reunións conxuntas de todos os socios que son convocadas
de forma periódica.

 A xunta xeral de socios: é a reunión periódica dos socios, onde se toman


decisións que se recollen nunha acta (parecida a unha xunta de veciños).
As xuntas de accionistas poden ser ordinarias ou extraordinarias. A lei
marca que, polo menos, debe celebrarse unha ao ano para aprobar as
contas anuais.
 O administrador: encárgase de executar as decisións tomadas na xunta
xeral de socios (como o administrador dunha comunidade de veciños).
Tamén teñen a representación legal da empresa, polo que é o
responsable ante os tribunais polas actuacións irregulares. Nalgunhas
compañías, hai varios administradores que constitúen un consello de
administración.

IMPOSTOS

Todas as empresas pagan impostos polos beneficios que obteñen, pero a súa
carga fiscal é diferente segundo o imposto que estean obrigadas a pagar.

 Imposto de Sociedades: Obrigatorio para calquera sociedade. O tipo


impositivo é fixo, isto é, sempre pagan a mesma porcentaxe sobre os
beneficios conseguidos. A liquidación (o pago) efectúase en xullo, aínda
que se presentan pagos fraccionados cada tres meses.

11
 IRPF (Imposto sobre la Renda das Persoas Físicas): Os empresarios
individuais deben tributar polo IRPF, cuxos tipos se incrementan a medida
que os beneficios son maiores. A liquidación realízase no mes de maio,
mediante a declaración da renda, onde se declaran tanto os bens persoais
como os corporativos (da empresa), aínda que é preciso presentar
declaracións trimestrais.

Os tipos impositivos que se aplican son os seguintes:

 No Imposto de Sociedades, aplícase con carácter xeral un 25 %. No


entanto, as empresas de nova creación tributarán ao 15 % durante os
dous primeiros años que obteñan beneficios e as cooperativas,
fiscalmente protexidas, terán un tipo do 20 %.
 No IRPF, os tipos que se aplican dependen dos beneficios acadados,
agrupados en tramos. Actualmente hai cinco tramos cuxos tipos
impositivos son: 19 %, 24 %, 30 %, 37 % y 45 %.

As empresas están obrigadas a pagar outros impostos, en función das


características da actividade empresarial. Así, as empresas que teñan locais
pagarán o IBI, as sociedades con ingresos altos, o Imposto de Actividades

PERSONALIDADE XURÍDICA

As empresas poden contratar traballadores, ter débedas, comprar bens e


servizos... Pero como é posible que a propiedade dun inmoble pertenza a unha
empresa e non a unha persoa? ¿Ou que as débedas dunha empresa non se
trasladen aos socios que a constitúen?
Para solucionar esta cuestión, o dereito deu forma a dous tipos de persoas:
físicas e xurídicas.

• Unha persoa física é calquera individuo da especie humana, susceptible


de adquirir dereitos e contraer obrigas.
• Unha persoa xurídica é unha entidade que está suxeita a dereitos e
obrigas. Non existe como individuo, senón como institución, pero foi
creada por unha ou varias persoas físicas. As empresas, asociacións,
organizacións, etc., son persoas xurídicas.
Unha empresa que quere constituírse como tal ten que adquirir personalidade
xurídica. Este trámite non é necesario nun empresario individual, xa que as
persoas físicas teñen personalidade xurídica desde o momento do seu
nacemento. En cambio, as sociedades deben inscribirse no Rexistro Mercantil
para adquirir personalidade xurídica. A partir dese momento, xa poden operar.

5- AS FORMAS XURÍDICAS

A elección da forma xurídica é un aspecto fundamental, pois cada unha ten


unhas determinadas características en canto a:

12
• O número de socios.
• O capital social necesario.
• A protección do patrimonio persoal dos socios en caso de débedas.
• Os impostos a pagar.
• Os trámites esixibles para a súa constitución.
• A maior ou menor facilidade á hora de deixar a empresa.
Algunhas actividades económicas están obrigadas a constituírse nunha forma
xurídica concreta, pero, na maioría dos casos, os socios poden elixir a forma
xurídica que más lles conveña.
Sempre é posible cambiar de unha forma xurídica a outra, pero eso suporía
realizar novos trámites e, con elo, aboar de novo as cantidades requiridas.

EMPRESARIO INDIVIDUAL

Empresa creada por un único socio, polo que é fácil de constituír. A


responsabilidade é ilimitada e tributa polo IRPF. Ten máis difícil o acceso a
préstamos, xa que todo o negocio está dirixido por unha única persoa, co que
todo depende de ela.
En ocasións, estas empresas denomínanse «autónomos», xa que os
empresarios teñen que darse de alta no Réxime Especial de Traballadores
Autónomos da Seguridade Social. Non obstante, os socios de case calquera
sociedade teñen que estar tamén dados de alta como autónomos, polo que, para
evitar a confusión, é preferible referirse a esta modalidade como empresa
individual.

SOCIEDADE DE RESPONSABILIDADE LIMITADA OU SOCIEDADE


LIMITADA (SL)

Empresa constituída por un ou varios socios, con responsabilidade limitada, que


require un capital social mínimo de 3 000€. Identifícase por las siglas SL tras o
nome da empresa.
O capital social divídese en participacións, non divisibles. Se un socio quere
deixar a empresa, pode traspasara súa participación a outro socio ou a un
familiar de primeiro grao (fillos, pais ou cónxuxe). É unha maneira de protexer a
entrada de socios descoñecidos a esta empresa. Ten dúas variantes.

Sociedade limitada nova empresa (SLNE)


Sociedade limitada que se pode constituír por medios telemáticos (online) en 48
horas. Pero ten unhas esixencias concretas: un máximo de cinco socios ao
constituírse (pódese ampliar con posterioridade) e un capital mínimo de 3 000 €
e máximo de 120 000 €.
O nome da empresa será o nome e os dous apelidos de un socio, seguido dlas
siglas SLNE, como Xosé Rodríguez Martín, SLNE.

13
Sociedade limitada de formación sucesiva
Sociedade limitada que no require a aportación de capital inicial, pero a cambio
está suxeita a restricións, como o feito de ter que reinvestir todos os beneficios
na empresa. Pasará a ser una sociedade limitada unha vez que se teñan
aportado os 3 000 € necesarios.

SOCIEDADE ANÓNIMA (SA).

Empresa constituída por un ou varios socios, con responsabilidade limitada, que


require un capital social mínimo de 60 000€. Identifícase polas siglas SA tras o
nome da empresa.

O capital social divídese en accións que poden venderse libremente a quen se


desexe. Os socios fundadores deciden cal é o valor da acción ao constituir a
empresa. Xeralmente é baixo, xa que se pretende que se poidan vender con
facilidade.
A maioría das grandes empresas son anónimas, como Telefónica ou Iberdrola,
e venden as súas accións na Bolsa de valores. En España, temos catro bolsas:
Madrid, Barcelona, Valencia e Bilbao. Cada día as accións cambian de prezo,
segundo a oferta e a demanda, de forma que o prezo de cada acción nun
momento dado se chama cotización.
Ademais dos órganos de goberno habituais, como a xunta xeral de socios, máis
coñecida como xunta xeral de accionistas, e o administrador, é preciso contar
con un auditor.
• As empresas grandes poden necesitar varios administradores. É o que se
denomina consello de administración, que acostuma apoiar ao equipo
directivo na xestión da empresa, por exemplo, fixando as liñas xerais de
actuación da compañía. Pensemos que, nunha sociedade con moitos
accionistas, non é viable que a xunta xeral de socios fixe as directrices.
• O auditor é unha persoa ou empresa allea á sociedade anónima e por tanto,
independente, encargada de revisar a contabilidade da empresa, para
comprobar que os datos expresados nas contas económicas son correctos.
Isto da credibilidade e fiabilidade a os posibles inversores e tamén aos socios
minoritarios, aqueles que teñen poucas accións.

SOCIEDADE COOPERATIVA

Empresa constituída, polo menos, por tres socios, de maneira que ningún pode
posuír máis dun terzo do capital. A maioría deben ser socios traballadores con
contrato indefinido, aínda que pode haber socios que aporten só capital (socios
colaboradores) e traballadores contratados.

A diferenza doutras sociedades, o reparto de beneficios é igual para todos, sen


ter en conta o capital social aportado.

14
Se un socio quere abandonar a sociedade, entregaráselle a mesma cantidade
que aportou ao integrarse como socio cooperativista. Non pode vender a súa
parte da empresa porque non lle pertence, xa que o capital social non está
dividido en participacións nin accións. Os órganos de goberno son parecidos aos
do resto de sociedades, con outra denominación:

 A asemblea xeral é a reunión de todos os socios. A diferenza do resto das


sociedades, neste caso cada cooperativista ten un voto,
independentemente do capital aportado.
 O consello reitor encárgase da xestión e a representación da sociedade.
 Os interventores realizan a revisión das contas anuais.

Sociedade Cooperativa Outras Sociedades


Aportan capital. Poden traballar na
A maioría son traballadores con
empresa, pero non teñen contrato
Socios contrato indefinido; pode haber
nin nómina, senón que cobran
unha minoría que só aporte capital.
beneficios.

Reparto O retorno cooperativo é o mesmo O reparto de dividendos depende do


de beneficios importe para todos os socios. capital aportado.

Toma O voto é proporcional ao capital


Cada socio ten un voto
de decisións social aportado.

Xunta de socios, administrador ou


Órganos Asemblea xeral, consello rector e
consello de administración e, na SA,
de goberno interventor
auditor.
Pode vender a súa participación ou
Abandono as suas accións, conseguindo un
Recupera o capital social aportado
da sociedade beneficio ou sufrindo unha perda
por esa transacción.

SOCIEDADE LABORAL (SAL, SLL)

A sociedade laboral comparte características comúns coa cooperativa, pero


tamén coa sociedade anónima e a sociedade limitada.

Ao igual que a cooperativa, debe estar constituida por un mínimo de tres socios
e a maioría deben ser traballadores contratados. Pode haber socios que aporten
diñeiro (socios capitalistas) e traballadores.

Unha sociedade laboral pode ser de dous tipos: sociedade anónima laboral
(SAL) ou sociedade limitada laboral (SLL). O capital social mínimo, a

15
responsabilidade e os órganos de goberno necesarios serán os mesmos que
nunha SA ou nunha SL.

OUTRAS FORMAS XURÍDICAS

As formas xurídicas que imos analizar teñen responsabilidade ilimitada, razón


pola que caeron en desuso e os emprendedores optan por as sociedades xa
estudadas, dado que só se responde ás débedas co patrimonio mercantil.

Sociedade civil e comunidade de bens

Estas dúas formas xurídicas apenas son elixidas actualmente, dado que a
responsabilidade é persoal e ilimitada. É preciso un mínimo de dúas persoas que
pagarán o IRPF, aínda que algunhas sociedades civís poden tributar polo
Imposto de Sociedades.
Son máis baratas na súa constitución que as outras sociedades mercantís, xa
que non requiren aportar un capital inicial mínimo nin máis trámites que a firma
dun contrato privado.
 A sociedade civil é un contrato de colaboración polo cal dúas ou máis
persoas se obrigan a por en común bens ou diñeiro (socios capitalistas) ou
traballo (socios industriais) con ánimo de repartir entre si as ganancias.
 A comunidade de bens é unha agrupación de varias persoas que comparten
a propiedade dunha cousa que non se pode dividir.
Non ten personalidade xurídica; a personalidade da comunidade de bens é a
de cada un dos seus compoñentes.
Exemplos
Cando varias persoas teñen un ben en común, por exemplo, uns familiares que
recibiron un ben indivisible en herdanza, pode constituírse unha comunidade de
bens.
A sociedade civil é unha agrupación de, por exemplo, avogados, dentistas u
outros profesionais que comparten un despacho e outros bens.

Sociedade colectiva e sociedade comanditaria

A sociedade colectiva é unha empresa na que todos os socios son traballadores


e xestores desta. A responsabilidade é ilimitada e solidaria.
O nome da sociedade fórmase co nome de todos os socios, ou co nome de un
ou varios de elos, seguido das palabras «e compañía».
A sociedade comanditaria ten dúas modalidades: simple e por accións.
A sociedade comanditaria simple está formada por socios colectivos, que
aportan traballo e capital e teñen responsabilidade ilimitada, e por socios
comanditarios, que contribúen só con capital e teñen unha responsabilidade
limitada ao capital aportado. O nome da sociedade fórmase só cos nomes dos
socios colectivos, máis a indicación «sociedade en comandita».

16
A sociedade comanditaria por accións supón unha evolución da anterior. O
capital divídese en accións e a responsabilidade está limitada aos fondos
aportados, salvo os accionistas administradores, que responden ilimitadamente
con todos os seus bens.

6- LOCALIZACIÓN

Nun un mundo globalizado, con rápidas comunicacións e transportes, as


empresas poden elixir onde ubicarse. A estratexia que dominou os últimos anos
foi a deslocalización, de maneira que os centros de produción se abren en países
en vías de desenvolvemento, mentres que a comercialización e a venda se leva
a cabo nos países desenvolvidos, en locais ben decorados e estratexicamente
ubicados.

DESLOCALIZACIÓN XEOGRÁFICA

A deslocalización implica unha consecuencia importante para os traballadores


dos países desenvolvidos: non poden competir como man de obra barata, senón
como forza laboral cualificada.

Así, xurdiu un concepto novo, denominado traballador do coñecemento, que


fai referencia aos empregados cuxo principal valor é o coñecemento. A súa tarefa
principal é a resolución de problemas pouco habituais, o cal require unha
combinación de coñecementos, habilidades prácticas e pensamento creativo.
Ata hai pouco o coñecemento non ten sido recoñecido coma motor de riqueza.
As empresas tecnolóxicas e start-ups teñen sabido ver a importancia do capital
intelectual, ao innovar en produtos que crean maior valor no usuario. Estas
empresas son capaces de substituír os bens e servizos que están no mercado
por outros mellores e máis desexados, logrando así unha vantaxe competitiva.
As empresas que reteñan o coñecemento se manterán no mercado. Do mesmo
xeito, os traballadores que estean en continuo proceso de aprendizaxe serán
captados polas empresas; o resto, os que non poden ofrecer capital intelectual,
terán que competir en salario.

UBICACIÓN DE LOCAIS COMERCIAIS

A localización dos locais comerciais é un elemento vital, porque acerca o produto


ao cliente e lle facilita a tarefa de compra. Do mesmo xeito, para os negocios
online estar ben situado no buscador pode marcar a diferencia entre o éxito ou
fracaso dun negocio.

Á hora de decidir onde situar a empresa, hai que valorar a proximidade ao cliente
e a súa comodidade, pero tamén outros factores:

 Características da zona: prezo e tamaño dos locais, metros de escaparate,


anchura da rúa, medios de transporte público, aparcamentos, etc.
 Localización dos competidores, negocios complementarios, concentración
de empresas, etc.

17
 Visibilidade do local: proximidade a lugares de ocio (cines, museos,
restaurantes) ou zonas peonís, así como a decoración interior e exterior da
fachada.

18

You might also like