Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

XEOGRAFÍA HUMANA

● Os conceptos modernos ata o s.XIX non foron aceptados coa aparición de traballos como os de
Alejandro de Humbolt e Carl Ritter:
● Humbolt: centrouse en analizar as variables físicas e naturais da superficie terrestre e como
estas estaban relacioandas e condicionaban a actuación e comportamento humano. Ademais
disto, incluiu algúns destos estudos históricos nos seus traballos da xeografía e explicou
procesos e fenómenos.
● Ritter: centrou a súa anáise e estudou a área tendo en conta fenómenos históricos, culturais,
económicos (variable shumanas). Atribuíuselle a crecaión do Método comparativo, onde
buscaba espazos con características emellantes e como a súa evolución histórica ía mudando
e era diferente, isto tiña como finalidade observar como as actuacións humanas tamén
cambiaban e eran diferentes dependendo do lugar aínda que as carcaterísticas do territotio
fosen similares.

● A finais do s.XIX Paul Vidal Dela Blache opúxose a idea de que o medio físico determinara as
actividades humanas, dedica os seus estudos a demostrar que as actividades humanas exercían maior
poder sobre os factores físicos.

● Hoxe en día relacionamos as dúas teorías e que a xeografía debe analizar as variables físicas coas
humanas.

● Non foi ata mediados do s.XX cando floreceron novas correntes metodolóxicas nas investigacións
xeográficas, adoptando deste xeito metodoloxías cuantitativas, ach… de localización espacial e
demográfica. Impulsan estas ideas sobre a localización espacial: Von Thünem e Christalles.

martes, 27 de septiembre de 2022

● Posteriormente, estudos xeográficos sepáranse en diferentes coñecementos de pensamento; mellor en


métodos:
● Cualitativos: elavoración directa por medio de enquisas, grabacións audiovisuais…
● Cuantitativos: fontes de información con valores que se poden contar, información numérica
que cando se analiza pode ser representada. Ex: informe de inventario, un censo…

Ademais de comnbinar aspectos cuantitativos e cualitativos apoisanse nos nos Sistemas de información
xeográficos (SIG), que permiten a análise silmutánbea de datos e a elaboración de cartografía e de modelos
espaciais plantexan novos camiños para os traballos en xeografía.
O espazo do territorio presenta unha serie de características ou condicións que constitúen un reto para a
organización territorial das sociedades.
A xeografía é unha ciencia social porque a súa finalidade é estudar o comportamento dosseres humanos en
relación coa súa organización espacial ou territorial e as repercusións e o impacto desta organización dobre o
espazo que habita.

1.3. Campo de estudo da xeografía:

● O campo dos estudos xeográficos limítase á superficie do planeta.


● Principios xerais que desenvolveron fenómenos xeográficos en calquer tempo e lugar, pero á vez
estudia as aplicacións prácticas de tales principios nunha zona dada e época coñecida (pasado,
presente e futuro).
● Áreas de coñecemento da xeografía son:
● Xeografía Física: rama que estuda de xeito sistémico e espacial o espazo xeográfico natural e
o medio físico. Basease no estudo e comprensón dos patróns e procesos de ambiente natural
ou medio físico. Ex: relevo, as augas, solo…
● Xeografía Humana: estuda a organización, distribución, construción do espazo terrestre polos
grupos humanos conforme ás variedads e ás cambiantes condicións ou circunstancias. Tamén
estuda obxectos visibles da paisaxe que transforma ao home.
● Análise Xeográfica Rexional: encargada do estudo dos complexos xeográficos a diferentes
escalas territoriais, a orientación rexional da xeografía intenta unificar a grande multiplicidade
de investigacións diverxentes que realizan a xeografía física e a xeografía humana.

You might also like