Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 1

O texto que se propón para comentar é un relato curto incluido na obra Cousas publicada en 1926,

do intelectual Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, autor nacido en Rianxo en 1886 e considerado un
dos pais do nacionalismo galego. Pertencente á Xeración Nós, formou parte do grupo de intelectuais
que construíron un dos proxectos culturais máis importantes na historia da literatura galega. Entre
os trazos máis destacados deste grupo están darlle pulo á narrativa, ao teatro e ao ensaio en lingua
galega; a creación de empresas editoriais que permitiran a publicación das súas obras e a súa
vinculación co nacionalismo. As características máis relevantes da obra deste autor son: o emprego
de ilustracións para acompañar os textos, a radiografía que mostra da Galiza da primeira metade do
século XX, o emprego da arte para mudar a realidade e a súa enorme sensibilidade

No tocante á estrutura externa trátase dun texto narrativo curto, en concreto un conto que ten por
título Camiño esquecido, en referencia á congostra que conducía a un lugar considerado
enmeigado. Está formado por dez parágrafos e unha ilustración, elemento non textual característico
deste autor, que representa unha aldea abandonada con presenza de numerosos cruceiros e cuberta
de silvas.

En canto á estrutura interna caracterízase por presentar un narrador en primeira persoa


homodiexético, é dicir que forma parte da historia como pode verse na liña 5 :“Eu sempre
perguntaba á miña avoa: ¿Onde vai da-la “verea vella”?.” En referencia ao tempo pódese deducir
que o relato transcorre a principios do século XX pola referencia que fai á existencia de antigos
camiños no rural galego como podemos observar na liña 2 : “Un camiño calzado de pedra,..,” O
relato desenvólvese dende a infancia ata idade adulta do protagonista como se pode deducir nas
liñas 4 e 5 : E miña avoa respondíame con certo mistéreo: “Non vai a ningures, meu meniño”.
Aquela “verea vella” turraba por min e, cando me fixen home, arrisqueime a pasala.” .Nestas
liñas tamén se pon en manifesto un salto temporal , en concreto unha analepse, na que se volve
cara atrás no tempo , En canto aos personaxes, podemos sinalar como protagonista o home que
narra a historia en primeira persoa e, como secundario, á súa avoa como observamos na liña 3 “Eu
sempre perguntaba á miña avoa: ¿Onde vai da-la “verea vella”? E miña avoa respondíame“

En conclusión, este texto forma parte dun libro protagonizada por un personaxe co que autor se
sente moi identificado polas súas ideas nacionalistas descubrindo que a súa identidade está en
Galiza e non fóra dela . É unha das obras que tivo mellor crítica deste autor e foi traducida ao inglés
no ano 1995 e no ano 2007.unha historia de aldea

You might also like