AnuncioG0655 181122 0003 - GL

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

DOG Núm.

226 Luns, 28 de novembro de 2022 Páx. 61260

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e


Universidades

ORDE do 17 de novembro de 2022 pola que se modifica a composición do


Consello Social da Universidade da Coruña.

Mediante a Resolución do 14 de xuño de 2021 fíxose pública a composición dos conse-


llos sociais das universidades do Sistema universitario de Galicia.

A Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, establece que o con-


sello social estará integrado por un máximo de trinta e unha persoas membros.

O artigo 77.3 da citada Lei 6/2013 establece que a representación dos intereses sociais
no consello social corresponde a personalidades da vida cultural, profesional, económica,
laboral ou social, de acordo coa seguinte distribución: o presidente ou presidenta do conse-
llo social; seis membros designados polo Parlamento de Galicia; seis membros designados
pola Xunta de Galicia; un membro designado por cada un dos sindicatos máis representa-
tivos no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia; catro membros designados polas
organizacións empresariais máis representativas dos sectores estratéxicos da economía
galega na área de influencia da universidade; un membro designado polas corporacións
dos municipios en que se sitúan os campus; un membro designado pola asociación de
antigos alumnos de cada unha das universidades, un membro designado polos colexios
profesionais, a través da súa entidade asociativa máis representativa, vinculados coa ofer-
CVE-DOG: 3zlxksv0-pdc9-t7j2-vy67-g658mygsvrc3

ta formativa de cada unha das universidades.

O Consello Social da Universidade da Coruña comunica á Consellería de Cultura, Edu-


cación, Formación Profesional e Universidades que:

– O Pleno do Parlamento de Galicia, na sesión do 8 de novembro de 2022, acordou


aprobar a designación de Ana Fernández Roca, como representante do Parlamento de
Galicia no Consello Social da Universidade da Coruña, en substitución, por renuncia, de
Manuel Ángel Jove Santos.

– Na reunión da Executiva Confederal da Conferencia Intersindical Galega (CIG) acor-


douse nomear a Camilo Pardo López, como representante da CIG no Consello Social da

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 226 Luns, 28 de novembro de 2022 Páx. 61261

Universidade da Coruña, en substitución, por finalización do mandado, de Alfonso Varela


Vidal.

De acordo co establecido no artigo 78 da citada Lei 6/2013, do 13 de xuño, xúntase


declaración xurada de compatibilidade do novo membro.

A condición de persoa membro do consello social adquírese unha vez cumpridos os re-
quisitos de designación, nomeamento e publicación no Diario Oficial de Galicia, e produce
efectos a partir desa data.

O artigo 77.4 da Lei 6/2013, do 13 de xuño, establece que os acordos de designación


de membros do consello social seranlle comunicados á persoa titular da consellería com-
petente en materia de universidades, quen procederá ao seu nomeamento mediante orde
da súa consellería.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo 1

Nomear a Ana Fernández Roca, como representante do Parlamento de Galicia no Con-


sello Social da Universidade da Coruña, en substitución, por renuncia, de Manuel Ángel
Jove Santos.

Artigo 2

Nomear a Camilo Pardo López, como representante da CIG no Consello Social da Uni-
CVE-DOG: 3zlxksv0-pdc9-t7j2-vy67-g658mygsvrc3

versidade da Coruña, en substitución, por finalización do mandado, de Alfonso Varela Vidal.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2022

Román Rodríguez González


Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like