Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 3

DOG Núm.

86 Mércores, 4 de maio de 2022 Páx. 26722

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 22 de abril de 2022 pola que se modifica a autorización do centro


privado Padres Escolapios, de Monforte de Lemos (Lugo).

A persoa representante da titularidade do centro privado (CPR) Padres Escolapios, de


Monforte de Lemos, solicita a ampliación dunha (1) unidade de educación especial, e a
autorización do ciclo formativo de grao medio (CM) Atención a persoas en situación de
dependencia, CM Guía do medio natural e de tempo de lecer, do ciclo formativo de grao
superior (CS) Animación sociocultural e turística, CS Educación infantil, CS Ensinanza e
animación sociodeportiva e do CS Integración social.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995,


do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de
réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve,
por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1.  Modificación da autorización

Modificar a autorización para ampliar unha unidade de educación especial, e autorizar o


CM Atención a persoas en situación de dependencia, CM Guía no medio natural e de tem-
po de lecer, CS Animación sociocultural e turística, CS Educación infantil, CS Ensinanza e
CVE-DOG: d88wawm1-oyc2-z685-ymn3-vre9duk1a4i0

animación sociodeportiva, e o CS Integración social, no centro que se sinala a seguir:

Denominación xenérica: centro privado (CPR).


Denominación específica: Padres Escolapios.
Código do centro: 27007223.
Domicilio: Campo da Compañía, 50.
Código postal: 27400.
Localidade: Monforte de Lemos.
Concello: Monforte de Lemos.
Provincia: Lugo.
Titular: Orde Relixiosos Escolapios.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 86 Mércores, 4 de maio de 2022 Páx. 26723

Composición resultante:

a) Educación infantil: 6 unidades do segundo ciclo.

b) Educación primaria: 12 unidades.

c) Educación secundaria obrigatoria: 8 unidades.

d) Educación especial: 2 unidades.

e) Formación profesional, modalidade presencial, réxime ordinario:

– CM Atención a persoas en situación de dependencia (2 unidades para 20 postos escola-


res cada unha).
– CM Guía no medio natural e de tempo de lecer (2 unidades para 20 postos escolares
cada unha).
– CS Animación sociocultural e turística (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).
– CS Educación infantil (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).
– CS Ensinanza e animación sociodeportiva (2 unidades para 20 postos escolares cada
unha).
– CS Integración social (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

Artigo 2.  Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial


da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de Lugo, logo do informe do Servizo
CVE-DOG: d88wawm1-oyc2-z685-ymn3-vre9duk1a4i0

Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que im-


partirá docencia.

Artigo 3.  Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunida-


de Autónoma de Galicia.

Artigo 4.  Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna


revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 86 Mércores, 4 de maio de 2022 Páx. 26724

Disposición derradeira primeira.  Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán for-
mular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a
partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o dispos-
to nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo
común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-adminis-
trativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Ad-
ministrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da
Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda.  Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de
Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2022

Román Rodríguez González


Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade
CVE-DOG: d88wawm1-oyc2-z685-ymn3-vre9duk1a4i0

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like