Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 5

 

NORMAS PARA A EDICIÓN DOS TRABALLOS PRESENTADOS AO VII


CONGRESO DE CONVIVIO (dispoñibles na páxina web
https://convivio2020.home.blog)

(Prazo límite de entrega: 10 de xullo de 2022)


O texto entregado, que debe ser inédito, ten que axustarse ao límite de 12 páxinas
(DIN-A4) no caso dos relatorios e de 25 no das conferencias plenarias (notas e
bibliografía incluídas). Enviarase ao correo electrónico
congreso.convivio2020@udc.es con formato Word, en letra Times New Roman
de tamaño 12, interlineado de 1.5 e con marxes superior e inferior de 2.5 cm., e
laterais de 3cm. (nos parágrafos que seguen detállese a casuística sobre outros
tipos e tamaños de letra).

Encabezará a achega o título, centrado e con interlineado sinxelo (Times New


Roman, redonda, corpo 12); embaixo ofrecerase a súa tradución ao inglés, en letra
de menor tamaño (11). Separado por dobre espazo e aliñado á dereita (en redonda
de tamaño 11), figurará o nome do autor(a) e, debaixo deste, tamén aliñado á
dereita (agora en cursiva), indicarase a institución académica á que aquel pertence.
A seguir, antes do traballo, debe facilitarse un resumo en inglés de dez líneas
como máximo (Times New Roman, redonda, corpo 11 e interlineado sinxelo),
precedido da palabra ABSTRACT en versal (aliñada á esquerda), despois da que
seguirán dous puntos e o correspondente texto; a continuación, deixando un dobre
espazo, colocaranse as palabras chave (non mais de seis), igualmente anunciadas
na mesma línea en inglés e separadas da etiqueta KEY WORDS por dous puntos.
Tras dous espazos de separación, incluirase, segundo estas pautas, o mismo
resumo e palabras chave no idioma empregado no orixinal.

Como se explicaba na páxina web do congreso, os textos das comunicacións serán


avaliados de maneira anónima mediante un sistema de dobre avaliación cega
(double blind peer review) ―con intervención dun tercer avaliador si resultase
necesario―; isto esixe preservar o anonimato e, xa que logo, a páxina na que se
consignan os datos sinalados no parágrafo anterior irá aparte, ao tempo que, no
resto do traballo, se prega agochar a propia identidade. Superada a fase de revisión
por pares, as achegas serán remitidas aos autores, que, logo de atender ás
suxestións e observacións dos revisores, corrixirán probas nun prazo non superior
aos vinte días (so haberá primeiras probas); despois non se poderán introducir
cambios significativos (agás en casos excepcionais: subsanar erratas, actualizar
algunha referencia bibliográfica que estivese no prelo no momento do envío…),
de xeito que os textos das comunicacións se considerarán definitivos no momento
do seu envío. As correcións poderán levarse a cabo sobre o propio PDF,
explicitando con claridade as intervencións.

O tipo de letra utilizado de maneira xeral, como foi sinalado, é a Times New
Roman, tamaño 12 e interlineado de 1.5. Agora ben, as citas textuais que superen
as tres liñas sangraranse (1cm. a esquerda e dereita) e, ao igual que o texto dos
resumos, irán en letra de corpo 11 e interlineado sinxelo. As notas, que figurarán
ao pé de páxina, presentarán este mesmo interlineado e letra de corpo 10; a súa
numeración será correlativa, aínda que, tras o título, pode incluírse unha nota
inicial marcada cun asterisco para agradecementos, aclaracións, referencias a
fontes de financiamento, etc. No corpo do texto, a chamada das notas irá antes do
signo de puntuación se o houbese.

No caso de que o contido do traballo se teña ordenado en apartados, a etiqueta


introductora aparecerá aliñada á esquerda en VERSAL (Times New Roman, corpo
12) e sen numeración. Fóra da bibliografía, utilizarase a cursiva
excepcionalmente: tan so en palabras alleas ao idioma empregado na redación do
orixinal, nas abreviaturas latinas ou para reproducir as rúbricas dos textos ou os
seus títulos; evitarase, asimesmo, o uso de negriñas. Para marcar diálogos ou
incisos empregárase o guión longo (—), sen separación de espazo entre o signo e
o texto; as citas no corpo de texto, que non sobrepasarán as tres liñas, irán entre
comiñas angulares e, se no seu interior se localizase un segundo ou terceiro grao
de citación, aplicaríase a seguinte gradación: «“... ‘...’ ...”». Consignaranse en
VERSAL os numerais en cifras romanas correspondentes aos séculos, en tanto os
que acompañen aos nomes de reis, papas, etc. irán en MAIÚSCULA, ao igual que
a indicación de tomos, volumes e número das actas dun congreso: século XIV,
mais Pedro I, tomo III ou Actas del XI Congreso Internacional de la Asociación
Hispánica de Literatura Medieval.

Se o traballo inclúe táboas, cadros, gráficos ou figuras, estes deben ser orixinais;
cando se envíen fotografías, teñen que ter boa calidade e, cando se reproduzan
imaxes, remitirase copia do correspondente permiso para a súa utilización. En
todos estes casos, os materiais achegados adxuntaranse como documentos
orixinais en .jpg, irán numerados e portarán un breve pé ou lenda que sinale o
lugar aproximado da súa colocación no texto.

As citas bibliográficas no corpo do traballo faranse indicando entre paréntese o(s)


apelido(s) do autor e, separado por coma, o ano de publicación, coa referencia das
páxinas correspondentes tras os dous puntos cando sexa necesario: «(Gonçalves,
2016: 18)»; no caso de que o apelido do responsable da obra figure nas liñas
previas da achega e no exista posibilidade de confusión con outra cita
bibliográfica, poderá obviarse: «(2016: 18)». Cando o autor asine con dous
apelidos, ambos deben ser mencionados: «(Gómez Redondo, 1998: 12)»; se a
obra ten dous autores, recolleranse os apelidos dun e doutro, «Alvar y Beltran,
1985», porén, se houber mais de dous, so se precisarán os apelidos do primeiro
seguidos da abreviatura latina et al. No suposto de que se queira facer referencia a
un tomo ou volume concreto, despois do ano e antes dos dous puntos que remiten
ás páxinas, indicarase cal é con números romanos: «(Dutton, 1990-1991, IV: 360-
370)»; anos e páxinas teñen que consignarse de modo completo («1990-1991» e
«360-370», mais non 1990-91 ou 360-70), procurando no posible evitarmos
imprecisións do tipo «e ss.» ou «e seguintes». Ao ampliar contidos ou
información nas notas a pé de páxina, na cita bibliográfica prescindirase da
paréntese: «Vid. Dutton y González Cuenca, 1993: 24-25».

Nun apartado final, titulado REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS, deixando un espazo


despois da etiqueta previa, recolleranse, de forma completa e ordeadas
alfabéticamente, as obras citadas de modo abreviado no texto; usarase a sangría
francesa (de 1,25 cm.) en cada unha das entradas da bibliografía (como se ten
indicado, a letra será de corpo 11, con interlineado sinxelo). Os traballos debidos a
un mesmo autor disporanse en orde cronolóxica (se dous ou mais obras coinciden
no ano, diferenciaranse engadindo despois deste unha letra minúscula, seguindo a
secuencia na que aparecen citadas no corpo da achega: «2016a», «2016b»…; esas
entradas incluirán sempre os apelidos e nome do responsable (non se recurrirá ao
uso dunha liña ou dun guión). Cando o nome ou apelido do autor presente
variacións (Mª Eugenia Lacarra ou Eukene Lacarra Lanz), a fin de no dispersar as
súas producións en varias entradas, utilizarase a sinatura mais recente (Eukene
Lacarra Lanz).

LIBROS

APELIDO(S), Nome do autor (Ano): Título do libro. Cidade: Editorial (non é


necesario indicar a coleción, mais, de consignala, figurará ao final dos datos
esenciais entre paréntese e acompañada de comiñas: «Clásicos Castalia»). No caso
de que no título do libro se inclúa algún segmento interno en cursiva (como un
título ou unha cita), este irá entre comiñas e en letra cursiva. Se se cita unha
edición diferente da primeira, precisarase o seu número en superíndice e —se se
considera oportuno— a data da primeira edición ao final da referencia e entre
corchetes (neses casos convén consignalo tamén nas notas dentro do texto
inmediatamente despois do ano; por ex.: «Pérez Priego, 2011 [1997]: 74»). O
nome do lugar de edición figurará na lingua orixinal.

ALVAR, Carlos e Vicenç BELTRAN (1985): Antología de la poesía gallego-portuguesa.


Madrid: Alhambra.
DEYERMOND, Alan (2007): Poesía de cancionero del siglo XV: Estudios seleccionados,
ed. de Rafael Beltrán et al. València: Universitat de València.
GÓMEZ REDONDO, Fernando (2020): Historia de la poesía medieval castellana. T.I: La
trama de las materias. Madrid: Cátedra.
GONÇALVES, Elsa (2016): De Roma ata Lixboa. Estudos sobre os cancioneiros galego-
portugueses, ed. de João Dionísio et al. A Coruña: Real Academia Galega.
PÉREZ PRIEGO, Miguel Ángel (20112): La edición de textos. Madrid: Síntesis [1ª ed.:
1997].
TAVANI, Giuseppe (2004): Unha provenza hispánica: a Galicia medieval, forxa da
poesía lírica peninsular. A Coruña: Real Academia Galega.

No caso de edicións, pode optarse por

A) APELIDO(S), Nome do autor (Ano): Título do libro, ed. de Nome do editor


(se antes houbese un estudo doutro investigador, podería engadirse «con estudo
preliminar de Nome do responsable»). Cidade: Editorial.
SANTILLANA, Íñigo López de Mendoza, Marqués de (2003): Poesías completas, ed. de
Maxim P. A. Kerkhof y Ángel Gómez Moreno. Madrid: Castalia.

B) APELIDO(S), Nome do editor, ed. (Ano): Nome e apelido(s) do autor,


Título do libro. Cidade: Editorial.
KERKHOF, Maxim P.A. y Ángel GÓMEZ MORENO, eds. (2003): Marqués de Santillana,
Poesías completas. Madrid: Castalia.

Cando se trate de edicións de cancioneiros colectivos, citarase polo editor.


DUTTON, Brian e Joaquín GONZÁLEZ CUENCA, eds. (1993): Cancionero de Juan Alfonso
de Baena. Madrid: Visor.
PAXECO MACHADO, Elsa e José Pedro MACHADO, eds. (1949-1964): Cancioneiro da
Biblioteca Nacional (Cancioneiro Colocci-Brancutti). Lisboa: Edição da Revista
de Portugal, 8 vols.
 

ARTIGOS DE REVISTA:

APELIDO(S), Nome do autor (Ano): «Título do artigo», Título da revista, número


(en numeración arábiga; se hai que indicar volumen, este separaríase da primeira
cifra cunha coma), páxinas [pp.].

BOTTA, Patrizia (2001): «Las fiestas de Zaragoza y las relaciones entre LB1 y 16RE»,
Íncipit, 22, pp. 3-51.
CHAS AGUIÓN, Antonio (2021): «Los Estúñiga y la poesía a comienzos del siglo xv:
Diego [López] de Estúñiga, El mozo», Romance Notes, 61, 2, pp. 229-239.
DI STEFANO, Giuseppe (2020): «Carles de Viana entre ira regia y fin’amors», Revista de
Cancioneros Impresos y Manuscritos, 9, pp. 1-32.
MARTOS, Josep Lluis (2009): «La duplicació de poemes en el cançoner G d’Ausiàs
March i el copiste G2b», Cancionero General, 7, pp. 35-69.
PARRILLA GARCÍA, Carmen (1995): «A propósito de las corresponsales femeninas de
Fernando de la Torre. Notas sobre la cultura femenina en el siglo XV», Salina:
Revista de Lletres, 9, pp. 19-25.
TOMASSETTI, Isabella (2018): «En el entorno del Cancionero de Salvá (PN13): Gómez de
Rojas y su poesía», E-Humanista: Journal of Iberian Studies, 40, pp. 171-194.

CAPÍTULOS EN VOLUMES COLECTIVOS (INCLUÍDOS ACTAS E HOMENAXES)

APELIDO(S), Nome do autor (Ano): «Título do capítulo», en Título do volume, ed.


de Nome do editor. Cidade: Editorial, páxinas [pp.].

CAMPA GUTIÉRREZ, Mariano de la (2019): «La poesía del siglo XIV en Castilla: hacia una
revisión historiográfica (III)», en Avatares y perspectivas del medievalismo
ibérico, coord. de Isabella Tomassetti, ed. de Roberta Alviti et al. San Millán de
la Cogolla: Cilengua, I, pp. 515-525.
D’AGOSTINO, Maria (2014): «¿“De carne de ángeles” o “con grande perfección hechas”?
La poesía de Juan Fernández de Heredia del manuscrito a la versión impresa», en
La poesía en la imprenta antigua, ed. de Josep Lluís Martos. Alacant: Universitat
d’Alacant, pp. 35-60.
RAMOS, Maria Ana (2017): «A preservaçâo textual da lírica galego-portuguesa. Fólios
soltos, liros, fragmentos, cancioneiros… », en En Doiro antr’o Porto e Gaia.
Estudos de Literatura Medieval Ibérica, coord. de José Carlos Ribeiro Miranda,
ed. de Rafaela da Câmara Silva. Porto: Estratégias Criativas, pp. 87-118.
WHETNALL, Jane (2009): «An errant leaf and divided poem: The Lay of Juan de Torres in
SA7», en Late Medieval Spanish Studies in Honour of Dorothy Sherman Severin,
ed. de Joseph T. Snow y Roger Wright. Liverpool: Liverpool University Press,
pp. 55-73.
 
ABREVIATURAS

No corpo do texto evitarase «ob. cit.», «ed. cit.», «art. cit.», «ibídem»… e
repetirase a referencia abreviada seguindo o sistema utilizado (Autor, ano:
páxinas); poden usarse, emporiso, as seguintes:

―para exemplificar: «p. ex.» (por exemplo);

―para referencias temporais: «c.» (circa), «a. C.», «d. C.»;

―para remitir a outras obras: «vid.» / «v.» (véxase); «cfr.» (confróntese) ou «cp.»
(compárese);

―para remitir á entrada dun dicionario: «s. v.» (sub voce);

―para remitir a tomo, volume, páxina, liña, folio…: «t.» (tomo), «ts.» (tomos),
«vol.» (volume), «vols.» (volumes), «p.» (páxina); «pp.» (páxinas), «ms.»
(manuscrito), «mss.» (manuscritos), «f.» (folio), «ff.» (folios), «r.» (recto), «v.»
(verso), «vv.» (versos); exs.: «vol. I»; «t. 1»; «pp. 234-235»; «f. 30r-v»; «ff. 25r-
26v»;

No apartado REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS, ao consignar os datos


correspondentes ao pé editorial, usaranse as seguintes abreviaturas: «ed.», «eds.»
(un ou mais editores e tamén edición); «trad.», «trads.» (un ou mais tradutores así
como tradución); «coord.», «coords.» (un coordenador ou mais e coordinación);
«dir.», «dirs.» (un diretor ou mais e direción); «pról.» (prólogo); «intr.»
(introdución); «et al.» (e outros); «s. a.» (sen ano); «s. l.» (sen lugar); «s. n.» (sen
nome [de autor]); «s. pax.» (sen paxinación).

You might also like