Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 8

1.

Arte renacentista

1.1. Concepto de Renacemento

O termo Renacemento empezou a utilizarse academicamente no século XIX polo historiador


Jacob Buckhardt, cuxo significado é “regreso á vida”, en contraposición á escuridade da
Idade Media e que xira ao redor de dous conceptos: perspectiva e proporción. A volta á
Antigüidade trae consigo o retorno a unha cultura antropocéntrica, cuxa valoración do
individuo está apoiada pola figura do mecenas, que protexe e financia aos artistas. O feito de
adquirir prestixio mediante a arte deu valor aos artistas, que rexeitaban a idea de ser
considerados meros artesáns.

1.2. Contexto histórico e artístico

O Renacemento é un movemento cultural que, tomando como referencia a Antigüidade


grecolatina, difúndese rápidamente, aínda que de forma desigual, por Europa nos séculos XV
e XVI, afectando principalmente a arte. Este caracterízase pola admiración pola búsqueda da
beleza formal, mediante un naturalismo idealizado cuxos principios son a harmonía e a
proporción; o sometemento ás leis da matemática, procurando un fundamento racional para a
arte; a exaltación da natureza, dando maior importancia á paisaxe; e o proceso de
secularización, xurdindo a figura do mecenas.

Os antecedentes históricos do Renacemento sitúanse na decadencia do mundo medieval,


ocurrida ao longo do século XV por diversos factores que inclúen o declive do Sacro Imperio,
o debilitamen to da Igrexa católica a causa de cismas e herexías, a decadencia das artes e
ciencias lastradas por unha teoloxía escolástica sumida no esceptismo, etc. Fronte a esta
decadencia, os principais centros académicos europeos buscaron rexenerarse a través do
retorno aos valores da cultura clásica greco rromana. A súa vez, comezou a xurdir unha nova
sociedade fundamentada no auxe dos novos esta- dos centralizados, con poderosos exércitos
e administracións burocratizadas; un gran crecemento demográfico e unha economía con
maior peso da burguesía, que nos dirixe cara a unha economía mercantil e preindustrial; e o
progreso técnico e científico do período, coa importancia do papel da imprenta. Desta
maneira, xérase unha visión do mundo máis antropocéntrica na que o home e os avances
científicos constituirán a nova forma de valorar o mundo: o humanismo.

En Italia, o epicentro da cultura renacentista, a división do territorio en cidades-estado con


distintos réximes políticos propiciou o ascenso dunha elite económica que patrocinou a
cultura e a arte como instrumentos de propaganda do Estado, cada un deles rivalizando cos
demais en maxestuosidade e esplendor. Entre estes mecenas, moitos deles ricos burgueses,
destacan os Médici e Montefeltro en Florencia, os Sforza en Milán ou os papas Xulio II e
León X en Roma. Este desenvolvemento, non obstante, tamén se explica pola caída de
Bizancio (1453), que levou a Italia sabios portadores do bagaxe clásico; e a proximidade coas
ruínas do Imperio Romano e a sensibilidade clásica que perdu rara na Península Itálica.

1.3. Quattrocento (Italia)

O Quattrocento é un período da arte italiana correspondente ao século XV comprendido


dentro da corrente renacentista. A república de Florencia, núcleo do Humanismo, foi a sede
central grazas ao mecenado das grandes familias como os Médicis e ao extraordinario
desenvolvemento económico. Esta etapa, marcada polo interés en dominar a técnica e a
creación da forma artística, rematou a finais do XV pola fuxida dos artistas causada pola
predicación do dominico Girolamo Savonarola e a morte de Lorenzo de Médici.

1.3.1. Arquitectura

As bases da arquitectura do Quattrocento foron a orde, a proporción, a simetría e a unidade.


Estes valores xorden grazas á admiración polas ruínas clásicas e a difusión do tratado De
architectura do romano Vitruvio. As características principais son:

-Dominio da horizontalidade.
-Elementos construtivos clásicos. Os artistas poñen en valor as ordes grega e romana (dórica,
xóni- ca, corintia, toscana e composta), o arco de medio punto, a bóveda de canón, a cúpula
de media laranxa, os teitos artesoados, etc.
-A decoración exterior consiste en muros almofadados e esgrafiados, grilandas, medallóns,
etc. En cambio, a interior opta por motivos como amorciños (puttis), cornucopias, grutescos
(dispostos a candelieri), veneras, etc.
-Os materiais son o ladrillo, o perpiaño almofadado e o mamposto revestido de mármore.
-Gran perfección matemática en plantas (centralizadas e basilical de cruz latina ou grega).
-Os tipos de edificios son variados, dando lugar a abundantes edificios civís (bibliotecas,
fortalezas, palacios, vilas campestres, etc).

a) Filippo Brunelleschi

Brunelleschi foi un dos iniciadores da arquitectura renacentista e o primeiro en formular as


leis da perspectiva cónica. Nun principio dedicouse á escultura, participando nun concurso
que consistía en realizar unhas portes de bronce para o baptisterio de Florencia pero perdeu
ante Ghiberti. Tras isto, marchou a Roma onde estudou os restos arqueolóxicos da cidade.
Este estudo permitiulle introducir as leis da proporción e a perspectiva, causando o
predominio das liñas rectas e os volumes cúbicos no seu traballo.

-Cúpula de Santa María das Flores. A cúpula considérase a súa obra máis famosa, con
inspiración do Panteón romano. (apuntes e o edificio principal a desenvolver no exame)
-Igrexa de San Lourenzo. (apuntes)
-Igrexa do Santo Espírito. (apuntes)
-Capela Pazzi.
-Hospital dos Inocentes.
-Palacio Pitti.

b) León Battista Alberti

Alberti encarna o artista científico e erudito porque é o gran teórico do Quattrocento: escribiu
trata- dos de arquitectura (De re aedificatoria), escultura (De statua) e pintura (De pictura).
No ámbito da arquitectura, creou unha ciencia arquitectón. baseada no número e na
proporción, con harmonías como 1:1, 1:3, 2:3 ou 3:4. Entre as obras áchanse o templo de
Malatesta, en Rimini; e a fachada da igrexa románica de Santa María Novella, en Florencia.
Non obstante, as máis importantes son:

-Igrexa de San Andrés (Mantua) Igrexa con nave única (cuberta con bóveda de canón) con
capelas laterais entre os contrafortes interiores, inspiradas no gótico catalán. Presenta unha
fachada de gran plasticidade, con arco de medio punto sobre pilastras corintias de orde
xigante, flanqueado por tres pisos de vans enmarcados entre pilastras de orde xigante. O gran
friso e amplo frontón lembran aos grandes templos da Antigüidade (gran arco triunfal).

-Palacio de Rucellai. O edificio civil que fixa o modelo de palacio renacentista con
almofadado alla rustica, á maneira romana. En contra da uniformidade do almofadado
brunelleschiano, Alberti traza pilastras entre os vans das tres plantas, con pisos separados por
un entaboamento. Tamén engade no zócolo a imitación do opus reticulatum, alusión á
arquitectura romana clásica. O ritmo lógrase grazas á superposición de ordes: pilastras
toscanas na planta baixa, xónicas no primeiro piso e corintias no segundo, seguindo o modelo
do Coliseo. Remata cunha cornixa que substitúe aos bei- rados medievais, aínda que
observamos resquicios góticos nas xanelas bíforas.

1.3.2. Escultura

A escultura do Quattrocento caracterízase polo naturalismo e equilibrio, opoñéndose ao


simbolismo e o horror vacui medievais; a aplicación da perspectiva, gañando maior realismo;
o protagonismo da figura humana, adquirindo importancia a anatomía e o espido; a
diversificación de temas (pagáns, relixiosos, mitolóxicos, etc); e a independencia da escultura
respecto da arquitectura, potenciando o desenvolvemento das figuras de vulto redondo.

a) Lorenzo Ghiberti (1378-1455)

Ghiberti foi un escultor e ourive que destacou pola súa mestría na escultura de carácter
naturalista e polas súas técnicas en bronce.

-Porta do Baptisterio (1401). O tema era o Sacrificio de Isaac, realizado ambientación


paisaxística, rica en claroscuro e moi pictórica, con perspectiva.

-Porta Norte do Baptisterio de Florencia (1404-1424). As portas amosan 28 relevos de bronce


de formato cuadrilobulado relativamente pequeno, dispostos nunha cuadrícula de 7x4 no
rectángulo da porta. Vinte paneis amosan episodios da vida de Cristo: Anunciación,
Natividade, Tentación, Última cena, etc. Os últimos dous pisos horizontais amosan oito
paneis con figuras de santos (os evanxelis- tas e catro doutores da Igrexa). A pesar dos
resquicios góticos,polos casetóns cuadrilobulados, os paneis destacan polo seu naturalismo,
con interés pola beleza do corpo.

-Porta do Paraíso (1425). Esta porta está composta por dez relevos en bronce dourado que
repre- sentan historias do Antigo Testamento. Agora substitúe os casetóns cuadrilobulados
por recadros enmarcados en finas molduras. A perspectiva constitúe o eixo organizador das
escenas como Caín e Abel (2) ou Abraham e Isaac (4). Trátase dunha obra revolucionaria xa
que emprega a técnica do schiacciato, que consiste na multiplicación dos planos de
profundidade: as figuras sitúanse en perspectiva en distintos planos de profundidade, tendo as
figuras do primeiro plano máis vulto que as do fondo. O paisaxe do fondo tamén contribúe a
este efecto de perspectiva.

-San Xoán Bautista e San Mateo (estatuas exentas). Estatuas de bronce douradas para
fornelas na igrexa de Orsanmichele (Florencia): San Xoán Bautista, encargada polo gremio
dos comerciantes da lá; e San Mateo, para o gremio dos banqueiros.

b) Donatello (1386-1466)
Donatello foi o máis grande escultor do Quattrocento, e xunto a Masaccio, Alberti e
Brunelleschi é considerado un dos pais do Renacemento italiano. Donatello foi un escultor
novidoso polo sticciato (relevo aplanado, é dicir, gran profundidade na representación dun
plano mínimo).Donatello manexa perfectamente os dous polos opostos: o ideal e o real.

O seu David, primeiro nu do Renacemento, de tipo praxitélico con gran dinamismo, ou o San
Xurxo, visión perfecta do cabaleiro cristián, sen orgullo pero decidido, cun escudo romboidal
que contribúe á sensación de solidez e equilibrio, manifestan perfectamente a busca do
naturalismo idealizado. Posteriormente, o Gattamelata, inspirado na estatua de Marco
Aurelio, convértese en modelo a imitar por toda a escultura ecuestre renacentista, nacendo
con el a estatuaria urbana. Enxalza as virtudes do condotiero italiano, Erasmo de Narni,
apodado Gattamelata, que defendera Venecia contra os milaneses: análise psicolóxico do
guerreiro. A liña pechada da composición, coa pata do cabalo sobre a bola, garante o
equilibrio. A medida que se acerca á vellez, o decorativo pasa a un segundo plano e
convértese en fundamental a expresión, como na Magdalena da súa ascética etapa
postremeira, ou no anterior Calvo Zuccomne (valor expresivo do feo).

Obras.

c) Andrea do Verroccio (1435-1488)

Dende o 1465, Verroccio céntrase na creación dunha importante obra escultórica na que
destacan Cristo e Santo Tomás, o Neno alado con delfín, o David e Condotiero Colleoni.

1.4. Cinquecento

O Cinquecento é un período da arte italiana correspondente ao século XVI comprendido


dentro da corrente renacentista. O foco artístico cambia de Florencia a Roma grazas ao
mecenado dos papas Xulio II e León X. Esta etapa, en especial os últimos anos do XV e os
primeiros do XVI, defínense polo clasicismo. Neste momento, a arte valórase como
expresión de beleza.

1.4.1. Arquitectura

A arquitectura do Cinquecento caracterízase polo racionalismo das formas, buscando o


equilibrio e a harmonía das proporcións. De aí que os volumes empréguense cun sentido
plástico, buscando o contraste e o xogo de luces e formas. Esta preocupación causa que a
decoración de detalle teña un carácter secundario, apostando máis polos efectos
monumentais.

a) Bramante

O artista italiano foi un estudoso das ruínas grecorromanas que escribiu tratados sobre
arquitectura. En Roma, encargáronlle levar a cabo o proxecto da basílica de San Pedro pero
este foi modificado por Miguel Anxo. A súa arquitectura defínese pola severidade, o carácter
estrutural e o emprego da planta central cuberta con cúpula.

-Templete de San Pietro in Montorio. Estamos ante un pequeno templo circular de tradición
greco- rromana sufragado polos Reis Católicos. Este templo está rodeado de dezaseis
columnas toscanas cun baseamento graduado que sostén un friso con tríglifos e métopas e
unha pequena balaustrada. O conxunto remátase cunha cúpula semiesférica con lanterna,
elevada sobre tambor con nichos ou fornelas.

b) Andrea Palladio

O arquitecto italiano foi un gran tratadista, destacando pola obra Os catro libros da
arquitectura. Este tratado tivo unha influencia capital, establecendo tipoloxías para todas as
construcións. As súas vilas campestres influirán de maneira importante na arquitectura do
Neoclasicismo, e chegará ata Estados Unidos inspirando as casas señoriais dos estados
confederados.

-Igrexa de Il Redentore de Venecia. Estamos ante un templo cuxa fachada que utiliza a orde
xigante: dúas enormes columnas e dúas pilastras que sosteñen o frontón principal. O edificio
ten unha tripla fachada, determinada polo gran frontón central, o pequeno frontón da porta e
os dous laterais.

-Villa Capra. Estamos ante unha vila de recreo de planta cadrada cuberta con cúpula e con
pórticos nos catro frontes, a imitación dos templos romanos: incorpora a fachada templaria á
fachada dunha vivenda, cun pórtico de columnas rematado con frontón.

c) Miguel Anxo Buonarroti (1475-1564)

Miguel Anxo é un dos artistas máis importantes de todo o Cinquecento, desenvolvendo a súa
labor artística ao longo de setenta anos entre Florencia e Roma. Dominou todas as formas de
expresión artística, aínda que sentiuse principalmente escultor, e por iso trasladou á
arquitectura e a pintura a plasticidade escultórica. Como arquitecto representa un cambio cara
ao manierismo. A arquitectura caracterízase por manter o sistema de proporcións clásicas,
pero adaptadas a unha linguaxe formal, moi expresiva e particular na que alterna frontóns
curvilíneos e triangulares, moldura curvas, grandes ménsulas e volutas, e a orde xigante.

-Cúpula de San Pedro do Vaticano. Tras falecer Giuliano da Sangallo, Miguel Anxo
encargouse do proxecto. Estamos ante unha gran cúpula de 131 m de altura, é dicir, de
proporcións colosais sendo tan pesada e maciza que tivo que reforzala con piares. O tambor
contén monumentais columnas emparelladas, no que alternan ventás con frontóns curvos e
triangulares. A cúpula está inspirada en Santa María das Flores (Florencia), con dobre
casquete pero prescindindo da súa lixeireza. No seu exterior, está levemente apuntada e
nervada e remátase cunha bela lanterna. Giacomo della Porta y a Domenico Fontana
continuaron o proxecto á morte de Miguel Anxo.

-Escaleira da biblioteca laurenciana. Estamos ante unha obra dotada de tensión e dinamismo,
que anuncia a arte barroca: tímpanos rotos, pilastras invertidas nas ventás e columnas sen
orde concreta. A linguaxe miguelanxelesca amósase nas súas columnas binarias, as grandes
ménsulas e as volutas decorativas. A pequena porta contrasta coa gran escaleira de banzos
convexos. Os banzos, abertos como en abanico, dilatan opticamente a entrada.

1.4.2. Escultura

a) Miguel Anxo Buonarroti


A súa obra caracterízase polo monumentalismo e o colosalismo das figuras, dotadas de gran
forza expresiva e tensión dramática, cunha manifestación das paixóns interiores con xestos
terribles que rompe co clasicismo: a terribilitá. O seu estilo vai cambiando co tempo, sendo
clasicista durante a xuventude, de transición na madurez e manierista na vellez. A
musculatura será cada vez máis acusada ao igual que o estudo da anatomía humana, tras a
fonda impresión que producirá en el o descubrimento, 1506, do grupo escultórico do
Laoconte. Tamén é característico o equilibrio entre o movemento e a masa, o contrapposto; e
a idealización das figuras, produto do pensamento neopla tónico e razón que explica que
algunhas figuras queden inacabadas por non acadar esa perfección. Obras

-A Piedade do Vaticano (1497-99). Este grupo escultórico representa a Cristo xacente nos
brazos da súa nai sedente. Esta composición piramidal presentou contrastes: a mocidade e
idealización da Virxe fronte ao máis real Cristo; corpo espido de Cristo fronte ás roupaxes da
Virxe; e serenidade aparente e o dor espiritual da Virxe fronte á torsión do corpo de Cristo,
que cae en escorzo. Para rematar, hai que sinalar a desproporción nas figuras: o volume de
nai está agrandado para acoller a figura de Xesús.

-David (1501-04). A escultura representa a rei bíblico David no momento previo ao


enfrontamento con Goliat. É un exemplo de enerxía en potencia, con equilibrio de forzas en
tensión: David está a piques de actuar, pero aínda non o fixo. A obra está tallada nun só
bloque de mármore, 4.5 metros de altura, e recuperou o canon de 7 cabezas de Policleto. É
plenamente clásico, cun movemento centrípeto en que as extremidades do corpo voltan a el,
establecendo unha liña pechada que confire equilibrio á composición.

-Moisés (1513-16). Esta escultura caracterízase pola monumentalidade, acusando o modelado


do Laocoonte. O seu carácter clásico demóstrase en que o artista escolleu o momento en que
Moisés advirte a infidelidade do seu pobo e unha tempestade está a punto de estallar, pero o
escultor só a suxire, nunha composición repousada coas forzas en potencia. En cambio,
rompe o clasicismo pola fereza da mirada e das poderosas mans, que son o mellor exemplo
de terribilitá. Os seus músculos ínchanse e as barbas encréspanse como serpes irritadas.

-Sepulcros de Lourenzo e Giulano de Médicis (1521-34). Este traballo escultórico consiste


nunhas tumbas para os duques de Médici. Estas dispóñense sobre altos zócolos, contando con
tres nichos interrompidas por entaboamentos: no central, están representados cada un dos
duques en posición sedente; e nos laterais, non hai ningunha escultura. Os sepulcros acollen
imaxes alegóricas: nun lado temos a Lourenzo representado en actitude pensativa, símbolo da
vida contemplativa, coa Aurora á dereita e o Crepúsculo á esquerda; Giulano aparece en
actitude activa, co Día á dereita e a Noite á esquerda. En xeral, a composición é piramidal, os
duques presentan unha forte idealización e o mo- delado das figuras alegóricas distínguense
polos escorzos e a anatomía masculina nas f. femininas.

-A Piedade Rondanini (1552-64). Inacabada. Esta piedade amosa unha falta de preocupación
pola beleza, onde a carne desaparece dos corpos e a idea (o espírito sublimado) prevalece
respecto ao acabado final. Os dous corpos fúndense nun abrazo de patetismo descarnado,
cunha expresividade que deforma as proporcións hercúleas: busca expresar espiritualidade e
dor, non beleza corporal. Outras Piedades: Piedade Palestrina e Piedade Florentina.

1.5. Manierismo

O termo manierismo é un estilo artístico que se corresponde temporalmente coas décadas


centrais e finais do XVI. Este estilo enmárcarse nun contexto de crise, debido a reforma
protestante e o inicio da era da violencia (Saque de Roma, 1527), cuestionando o mundo ideal
renacentista. Porén, a súa caracterización é problemática, xa que inicialmente definiuse como
a imitación da forma dos grandes mestres do Renacemento (Miguel Anxo, Leonardo e
Rafael). Máis tarde, entendémolo como unha reacción contra o ideal de beleza clasicista e
unha complicación labiríntica tanto no formal como no conceptual que prefigura o “exceso”
propio do Barroco. Artísticamente, a forma abandona o equili- brio e adopta tensión
dramática e forza expresiva.

1.5.1. Arquitectura

A arquitectura manierista está determinada polo rexeitamento dos elementos clásicos,


esvaecéndose os valores clásicos (orde, harmonía, unidade, etc) e transmitindo tensión; o
maior desenvolvemento do decorativismo e a plasticidade; e a monumentalidade e
dinamismo dos elementos arquitectonic.

a) Jacopo Vignola e Giacomo della Porta

Vignola, discípulo de Miguel Anxo, foi arquitecto e tratadista, ocupándose da arquitectura


relixiosa de segunda metade do século XVI. Coa igrexa do Gesú en Roma (1568), elabora o
prototipo de igrexa xesuítica que se xeneralizará no Barroco, inspirándose en San Andrés de
Mantua de Alberti. Estamos ante unha igrexa dunha soa nave, con capelas laterais interiores
entre os contrafortes e interconectadas entre si, e unha cúpula sobre o cruceiro. Unha tribuna
sobre as capelas permite a comunidade asistir aos oficios sen ser molestada polos fieis.

A fachada foi realizada polo arquitecto e escultor Giacomo della Porta, que introduciu
elementos decorativos que mostran os progresos do barroquismo, considerándose a primeira
obra barroca. Ten dous corpos con pilastras e remátase cun amplo frontón e grandes volutas
laterais, que resolven a maior anchura do corpo baixo, que ten a amplitude da nave central e
das capelas. Resalta a entra- da con columnas e un gran frontón triangular inscrito noutro
circular.

1.5.2. Escultura

A escultura manierista caracterízase pola monumentalidade e o idealismo dramático, con


formas or- namentais e sinuosas que buscan o desequilibrio e a tensión dando lugar a unha
liberación do culto á beleza clásica.

a) Benvenuto Cellini (1500-1571)

Cellini foi un gran artista que sobresaiu por ser un dos maiores ourives do Renacemento.
Discípulo de Miguel Anxo, Cellini traballou para a aristocracia romana, realizando moitos
traballos baixo o mecenado de Cosme I de Médicis. As súas figuras defínense pola
sofisticación e o refinamento, con perfís alongados e sinuosos (serpentinata), acompañados
de motivos ornamentais que amosan un gusto polo complicado. Obras: Perseo coa cabeza de
Medusa, Ninfa de Fontainebleau, Apolo e Xacinto, e o Saleiro de Francisco I.

b) Juan de Bolonia o Giambologna (1529-1608)

Escultor flamenco especialista en obras de bronce e mármore de temática mitolóxica que


traballou en Italia, sendo un gran estudoso da obra de Miguel Anxo. A súa característica
compositiva máis im portante foi a liña serpentinata: xiro en espiral ascendente que eleva as
súas figuras, un prólogo do barroco. Entre as súas obras destacan o Mercurio, o Rapto da
sabina e a Fonte de Neptuno.

1.6. Renacemento en Europa

(apuntes)

1.7.

You might also like