ANTIBIOTICOS

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 3

ANTIBIÓTICOS

Son sustancias producidas por microorganismos e que difunden ao medio


onde viven, impedindo o crecemento doutros microorganismos ou ben
causando a morte. Dende que Alexander Fleming descubreu no ano 1929
a penicilina o primeiro antibiótico, son moitos os obtidos na industria
farmaceutica debido a importancia que teñen na loita contra as
enfermidades infecciosas. Hai moitos antibióticos diferentes ( máis de
800 sustancias con actividade antibiótica) e cada un deles ten un modo de
actuación diferente sobre as bacterias:
Inhibición da síntese da parede bacteriana
Inhibición da síntese de proteínas
Inhibición de distintos pasos na cadea respiratoria.

RESISTENCIA BACTERIANA AOS ANTIBIÓTICOS.


Pode ser:
Natural ou insensibilidade: microorganismos que nunca foron afectados
por un determinado antibiótico.
Adquirida: Cando unha especie bacteriana foi inicialmente sensible a un
antibiótico e logo algunha das súas cepas foron perdendo sensibilidade
como consecuencia do contacto co antibiótico.
A aparición de resistencias esixe o contacto do xermen con antibiótico,
polo tanto, pode afirmarse que a causa principal de que aumentara moito
o número de bacterias resistentes é o abuso ou mal uso dos antibióticos.
Toda resistencia supón a aparición dunha modificación xenética na
bacteria, en este cambio aparece nun número pequeno de bacterias e na
maioría dos casos e axeno a presenza do antibiótico, pero a acción letal
do antibiótico sobre as cepas sensibles, orixina unha selección das
resistentes, polo que a súa proporción aumenta, podendo alcanzar unha
concentración que fai ineficaz o tratamento antibiótico.
A resistencia bacteriana aos antibióticos adquírese polos siguientes
mecanismos:
a) Mutación

Recombinación ou transferencia de xenes: consiste na transferencia


dunha bacteria a outra de xenes que condicionan a resistencia bacteriana
(Rep. Sexual: conxugación, transformación, transducción).
PREVISIÓN DE RESISTENCIAS.
O número de mutacións espontáneas non pode coñecerse como tampouco
se coñecen métodos para interferir nas transferencias; pero o que si está
nas nosas mans, e impedir a selección de mutantes resistentes que ocurre
cando os antibióticos actúan sobre cepas sensibles. De ahí a necesidade
de evitar o uso indiscriminado dos antibióticos, e particularmente os de
espectro máis amplio. Hai situacións na que se empregan antibióticos con
pouca ou nula xustificación (certas medidas profilácticas, infeccións
banais, infeccións víricas). Unha vez confirmada a sensibilidade dun
xermen a un antibiótico determinado, e conveniente utilizar dosis
completas (en cantidade, ritmo e duración da dosificación) para asegurar
a eliminación rápida e completa da bacteria, sin darlle opurtunidade a que
poida desarrollar resistencias.
REACCIÓN ALÉRXICA
É unha reacción de natureza inmunolóxica, debido a que o fármaco ou os
seus metabolitos adquiren carácter antixénico. Require un contacto
sensibilizante previo con ese mismo fármaco ou outro de estructura
parecida e un contacto desencadenanate que provoque a rección antíxeno-
anticorpo.
As macromoléculas do tipo dos péptidos, as proteínas e os dextranos
orixinan con frecuencia reccións alérxicas, porque teñen a capacidade
antixénica. Hai moitas moléculas pequenas que só adquiren carácter
antixénico cando se combinan con proteínas do organismo, estas
moléculas pequenas poden ser o propio fármaco, ou algún dos seus
metabolitos. En canto aos enfermos uns son ,máis sesibles ca outros;
evidentemente deben existir factores xenéticos que inflúan en que un
paciente determinado desarrolle reaccións inmunolóxicas.

You might also like