U.D 4. O Sector Primario

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 51

4.

OS SECTORES
ECONÓMICOS
1. O SECTOR PRIMARIO
2. O SECTOR SECUNDARIO
3. O SECTOR TERCIARIO
4. O SECTOR PRIMARIO
1. O sector primario nos nosos días
2. A paisaxe agraria
3. A agricultura das rexións desenvolvidas
4. A gandería
5. A pesca
6. A explotación forestal
1. O SECTOR PRIMARIO NOS NOSOS DÍAS

As actividades do sector primario


• Comprenden as actividades que proporcionan
recursos básicos ou primarios, é dicir, os que se
obteñen directamente da natureza.
• As actividades deste sector son: a agricultura, a pesca,
a gandería e a explotación forestal. A actividade máis
importante de todas elas é a agricultura
1. O SECTOR PRIMARIO NOS NOSOS DÍAS
A situación actual do sector primario.
• O 40% da poboación activa mundial dedícase ao sector
primario. Sen embargo está porcentaxe está a diminuír
progresivamente a favor doutros sectores económicos.
• Pese que a produtividade do sector primario aumenta cada ano o
seu peso económico está a diminuír fronte os outros dous
sectores económicos.
• Diferenzas entre os países desenvolvidos e os países en
desenvolvemento.
– Países desenvolvidos.
• Emprega unha porcentaxe pequena da poboación activa (entre o 1%-5%).
• Ten un alta produtividade grazas a mecanización, tecnificación e
industrialización. Pese a todo a súa contribución o PIB é reducido (entre o
1.5%-4%).
– Países en desenvolvemento.
• Ocupa entre o 50% e 80% da poboación activa.
• Proporciona o 10% e o 24% do PIB. Sen embargo a produtividade é menor
ca dos países desenvolvidos
1. O SECTOR PRIMARIO NOS NOSOS DÍAS

Iniciativas para recuperar as áreas rurais.


• O éxodo rural. Proceso de migración das persoas que residían
nas áreas rurais cara zonas urbanas para empregarse nos sectores
secundario e terciario. En España este proceso foi moi forte a
partir dos anos 60 do século XX e implicou o abandono de
moitas zonas rurais
• Nos países desenvolvidos o éxodo rural e o abandono do sector
primario conlevou a que moitas terras agrícolas e gandeiras
fosen abandonadas ou se dedicaron a outro tipo de
explotacións: forestais, construción, industriais, etc.
• Na actualidade estase a estender a agricultura a tempo parcial,
é dicir, compaxinar está actividade con outras dos sectores
secundario e terciario (turismo rural, industrias alimentarias
transformadoras, infraestruturas enerxéticas…)
2. A PAISAXE AGRARIA
• Paisaxe agraria. Superficie dedicada ó cultivo
de plantas, cría de gando e o resto de actividades
relacionadas con estas dúas actividades
• As diversas relacións entre os humanos e o
medio van configurar o resultado e ditas
paisaxes, polo tanto, é consecuencia de factores
físicos (relevo, tipo de solo e clima) e
humanos (tipos de parcelas, sistemas de
cultivo, variedade de cultivos)
2. A PAISAXE AGRARIA

O relevo e a topografía.
• O relevo condiciona o tipo de paisaxe agraria xa que inflúen
nas actividades agrarias.
• A altitude.
– A maior altitude menor temperatura, e polo tanto limita a supervivencia
das especies.
– As zonas montañosas nunca favoreceron a produción agrícola debido a
redución de solo fértil, as fortes pendentes e o alto grado de erosión.
Normalmente as actividades primarias están adicadas a gandería e a
explotación forestal
• A pendente
– Canto máis cha sexa o solo agrícola e gandeiro máis fácil será de
mecanizar as tarefas agrícolas
– As chairas e os anchos vales son zonas axeitadas para a agricultura
sempre que teñan un bo subministro de auga e un bo solo.
2. A PAISAXE AGRARIA
O tipo de solo
• O solo agrícola. Importante polo seu grosor, grao de
acidez, textura, número de nutrientes, grao de materia
orgánica, etc. Non todos os solos son axeitados para ó
cultivo, e ademais cada tipo de planta require un terreo
cunhas certas características.
2. A PAISAXE AGRARIA
O clima
• Ten relación directa co crecemento das plantas. A agricultura
depende da temperatura, humidade, pluviosidade, grado de
insolación, etc. En función destes elementos os cultivos están
limitados a unhas rexións climáticas concretas. Nos polos,
desertos e nas selvas tropicais é case imposible practicar a
agricultura.
• Factores limitantes a actividade agrícola.
– O frío. En xeral, as plantas, e os cultivos non poden medrar con
temperaturas por debaixo de 0ºC.
– A calor. As temperaturas por riba dos 45ºC non son favorables para a
agricultura.
– As precipitacións. Se as chuvias son abundantes e constantes favorecen
o crecemento de malas herbas e contribúen a erosión do solo se a
vexetación desaparece.
– A aridez. A escaseza e irregularidade das precipitacións limitan o
desenvolvemento da agricultura.
3. ELEMENTOS HUMANOS
DA PAISAXE AGRARIA
Introdución
•Grao de desenvolvemento tecnolóxico. Permitiu
modificar os factores limitantes do medio físico. Se o grao
e desenvolvemento tecnolóxico é baixo as explotación
estarán máis condicionadas polo medio físico
•Revolución Verde. Mecanización e industrialización das
actividades primarias, novos sistemas de irrigación,
cultivos de invernadoiro, solos artificiais, fertilizantes
industriais, modificacións xenéticas, etc.
3. ELEMENTOS HUMANOS DA PAISAXE AGRARIA

As parcelas.
Porcións de terreo en que se divide o espazo cultivado. O conxunto de parcelas é a
explotación agraria, gandeira, forestal ou mixta.
•Segundo o seu tamaño distinguimos entre latifundios e minifundios.
•As porcións de terreo que forman una explotación forestal son as leiras. Segundo o seu
tamaño as leiras poden ser pequenas (menos dunha ha), medianas ( entre unha e dez ha) e
grandes (máis de dez ha)
•Segundo a súa forma distinguimos entre regulares ou irregulares.
•Relación cos núcleos de poboación e as vías de comunicación.
•En función de como sexan os límites das parcelas distinguimos entre:
– Campos abertos (openfields). Parcelas que non están cercadas. Esta paisaxe predomina na
submeseta sur española. Neste tipo de paisaxes as vivendas dos campesiños adoitan estar agrupadas.
– Campos pechados (enclosers ou bocage). As parcelas están cercadas por valados, setos, muros de
pedra, etc. Comunícanse mediante unha rede de camiños. Os campesiños tenden a vivir en vivendas
illadas xunto as terras de cultivo ou en pequenas aldeas diseminadas polo territorio. Paisaxe propia da
Europa atlántica.
3. ELEMENTOS HUMANOS DA PAISAXE AGRARIA
Os sistemas de cultivo
•Segundo o grao de utilización do terreo agricultura pode ser
– Extensiva. Practicase en grandes parcelas que non se explotan na súa
totalidade, senón que se deixa unha parte en barbeito para recuperar a
fertilidade do solo.
– Intensiva. Busca sacar o máximo rendemento da terra. Desenvólvese
nos
• Países desenvolvidos. Mediante o emprego da tecnoloxía e a
tecnificación das labores. A súa produtividade é moi alta.
• Países en vías de desenvolvemento. Os campesiños practican
unha agricultura tradicional pouco ou nada tecnificada e o
aproveitamento da terra faise mediante o emprego de numerosa man
de obra. O rendemento e baixo
•Segundo os tipos de cultivos. Distinguimos entre:
– Cultivos anuais ou herbáceos. Ex. cereais
– Cultivos perennes. Ex. oliveiras
– Cultivos arbustivos. Ex. vide ou xirasol
– Cultivos arbóreos. Ex. árbores froiteiras
3. ELEMENTOS DA PAISAXE AGRARIA
Os sistemas de cultivo
• Segundo o aproveitamento da auga diferenciamos entre
– Cultivos de secaño. Desenvólvense coa auga que reciben da chuvia. Nos países
desenvolvidos empréganse modernos sistemas de regadío para afrontar as secas.
– Cultivos de regadío. Medran coa auga que se obtén de modernos sistemas de rego (canles,
aspersión, etc.)
• Segundo a variedade de cultivo distinguimos entre
– Monocultivo. Cando nunha exploración agrícola só se cultiva un produto. O monocultivo
simplifica o uso de maquinaria e o seu obxectivo é obter o máximo rendemento o mínimo
custe xa que a produción se destina o mercado. Xeralmente practícase en grandes
explotacións.
– Policultivo. Cando se cultivan distintas especies vexetais nunha mesma explotación agrícola.
Practícase en leiras pequenas e o seu destino xeralmente é para o consumo familiar.
• Segundo o destino da produción. De subsistencia ou para a comercialización
3. ELEMENTOS DA PAISAXE
AGRARIA
Hábitat rural.
• Comprende as vivendas e outras dependencias que
constitúen o núcleo rural.
• As formas de agrupamento rural derívanse xeralmente
das condicións físicas do lugar, do uso da terra e do
réxime de propiedade. Pode ser
– Disperso. Os agricultores viven afastados os uns dos outros,
as vivendas están diseminadas
– Concentrado. Os edificios e as vivendas agrúpanse
formando vilas e o seu arredor se estenden os campos.
– Mixto ou intercalado. Varias aldeas e certa poboación dispersa
polo campo
Hábitat rural disperso
Hábitat rural concentrado
4. A AGRICULTURA DAS REXIÓNS
DESENVOLVIDAS
Características.
• Na segunda metade do século XVIII iniciouse en Inglaterra
a revolución agrícola, que se foi espallando por Europa nos
seguintes séculos, que supuxo o paso dunha agricultura de
subsistencia a unha agricultura de mercado coas
seguintes características:
– A especialización da produción. Xeralmente cultívase un único
produto, simplificándose o traballo, o uso de maquinaria e
mellorando os rendementos.
– A mecanización das labores agrícolas. Permite reducir: a man
de obra, reducir o tempo adicado as labores agrícolas e os custes.
4. A AGRICULTURA DAS REXIÓNS
DESENVOLVIDAS

– Uso de avanzadas técnicas agrícolas. Empréganse


fertilizantes, sementes de elevado rendemento, praguicidas,
invernadoiros, melloras xenéticas (transxénicos)
– Uso de sistemas de almacenaxe, transporte e
comercialización a grande escala. Desta maneira os
produtos chegan o seu destino de mercado recorrendo
grandes distancias a un baixo custe.
• A agricultura de mercado require grandes investimentos
pero os custes vense compensados co aumento da
produtividade. Prodúcese cada vez máis a un menor
prezo.
4. A AGRICULTURA DAS REXIÓNS
DESENVOLVIDAS

Efectos
• Baixada de prezos. Debido os excedentes obtidos grazas á alta
produtividade.
• Subvencións. Os gobernos dos estados desenvolvidos conceden
axudas os produtores agrícolas. Estas subvencións sitúan en
desvantaxe os produtores dos países desenvolvidos que non
poden competir en prezos.
• Uso de transportes especializados debido a enorme
produción. Empréganse avanzadas técnicas de conservación para
que o produto chegue o seu destino.
• Complexo sistema de comercialización baseado na
distribución e venta de produtos desde grandes almacéns
maioristas.
4. A AGRICULTURA DAS REXIÓNS
DESENVOLVIDAS
Desvantaxes
• Contaminación dos solos e os acuíferos polo emprego abusivo de
fertilizantes e praguicidas químicos. A recuperación destes é moi lenta e
ademais pode acabar afectando aos alimentos que consumimos e, polo tanto,
a nosa saúde.
• Dependencia tecnolóxica dos produtores ante as multinacionais.
• Aparición de novas pragas como consecuencia do abuso na utilización de
fertilizantes e praguicidas químicos.
• Elevado consumo de auga (sobreexplotación de acuíferos) e de enerxías
non renovables e contaminantes.
• Éxodo rural como consecuencia da mecanización e tecnificación das labores
agrícolas que conlevou o abandono dos núcleos rurais e o envellecemento da
poboación
• Como consecuencia destas desvantaxes cada vez cobra máis importancia
social económica a agricultura ecolóxica. Numerosos países, como os
integrantes da Unión Europea, están impulsando agricultura alternativa e
ecolóxica, presionados por unha maior concienciación cidadá.
6. A GANDERÍA
A gandería nos nosos días.
• Gandería. Cría de animais para o seu aproveitamento (carne, leite, ovos,
coiro, la, mel, etc.), forza de traballo, ou para a reprodución. É unha
actividade complementaria da agricultura nas rexións en desenvolvemento e
de alto rendemento nas rexións desenvolvidas.
• É unha actividade en crecemento. O 30% a superficie do planeta está
ocupada por pastos e o 33% das terras cultivables adícanse a producir forraxe
para o gando. Prevese que a produción de carne e leite se duplicara nos
próximos 50 anos.
• As especies máis numerosas son o gando: bovino, ovino, porcino, e
aviario. En menor medida tamén destacan o caprino, cabalar, cunicultura
(coellos) e a apicultura.
• Os avances científicos permitiron obter razas selectas, que proporcionan
elevados rendementos. As novas tecnoloxías incrementaron a produción e
facilitaron o transporte os produtos gandeiros a longa distancia
• Inconvenientes da nova gandería:
– Os desperdicios animais, os fertilizantes e os pesticidas usados nos cultivos
forraxeiros contaminan acuíferos, solos e a atmosfera.
– Témese que a utilización de antibióticos e hormonas sobre animais poida
afectar negativamente a saúde das persoas.
– A corta abusiva de bosques para crear prados.
6. A GANDERÍA
Gandería sedentaria, nómade e transhumante
• Gandería sedentaria.
– É a gandería máis estendida, e é aquela na que o gando non se
despraza para alimentarse, ben porque dispón de pastos ou de
pensos.
• Gandería nómade.
– É a que se despraza permanentemente na procura de pastos.
Practícase en amplas rexións da África setentrional e
subsahariana, Asia central e Oriente Próximo, onde as
condicións climáticas non permiten o desenvolvemento da
agricultura.
• Gandería transhumante.
– É aquela na que o gando se despraza no inverno cara os vales
e no verán cara as montañas.
6. A GANDERÍA
Gandería extensiva e intensiva.
• Gandería extensiva.
– Desenvólvese en grandes explotacións. O gando vaga polo campo e
aliméntase de pastos naturais.
– Practícase no centro e oeste dos EE.UU, a Pampa arxentina, o leste
de Brasil, sur de Rusia, España, Australia e Sudáfrica.
– Require poucos investimentos e a súa produtividade é baixa.
– Gandos máis característicos: bovino, ovino e caprino. A súa venda
destinase os países desenvolvidos e ao autoconsumo nos menos
desenvolvidos.
• Gandería intensiva.
– Lévase a cabo en explotacións especializadas nunha determinada
especie
– Practícase no leste dos EE.UU e Canada, en Europa occidental, etc.
– O gando está permanentemente estabulado, onde se controla a súa
alimentación, saúde e engorde. As veces créanse unhas condicións de
temperatura, luz e humidade artificiais para aumentar a producións no
menor tempo posible.
– Causa problemas medioambientais e malestar nos animais.
– Gando semiestabulado. En ocasións, o gando aliméntase tanto de pastos
naturais como de plantas forraxeiras e pensos.
7. A Pesca
A pesca nos nosos días
• Actividade antiga que emprega como fonte de recursos o
mar, ríos ou lagos.
• Proporciona alimentos (85% das capturas), fariñas para
alimentar o gando, fertilizantes para a agricultura, etc
• Actualmente o nivel de explotación dos recursos pesqueiros
e superior a capacidade de rexeneración das especies e do
propio mar. Por este motivo desenvolvéronse acordos
internacionais para establecer vedas, tamaño das capturas, tipos
de capturas, etc. Ademais tamén se potenciou a acuicultura.
• Alto grado de contaminación das augas por verquidos
industriais, das cidades, petroleiros, radioactivos, etc
7. A PESCA
Tipos de pesca mariña.
• Pesca litoral.
– Lévase a cabo xunto a costa, en pequenas embarcacións e con métodos
artesanais.
– As capturas destínanse ao autoconsumo e o mercado local. Nos países
menos desenvolvidos este tipo de pesca representa un importante recurso
alimentario.
• Pesca de baixura
– Realízase preto da costa, en embarcacións pequenas ou medianas
equipadas con distintos aparellos de pesca en función das especies que
queiran capturar.
– En xeral, as bodegas destes barcos están preparadas para conservar as
capturaras.
• Pesca de altura
– Realízase en mar aberto, con barcos de gran tonelaxe equipados con
modernos instrumentos técnicos para detectar e coñecer o tamaño dos
bancos de peixes. Utilizan diversas artes de pesca, como o palangre, o
cerco ou arrastre.
– Os grandes barcos pesqueiros (buques factorías) contan con instalacións
para limpar, cortar, empaquetar e almacenar as capturas conxeladas.
7. A PESCA
Os caladoiros.
• Os caladoiros dos as zonas nas que se concentran as especies pesqueiras. Os
maiores caladoiros atópanse nas plataformas continentais onde se cría
plancto xa que ofrecen boas condicións de: temperatura, iluminación e
riqueza da materia orgánica
• Grandes caladoiros. Confluencia de correntes cálidas e frías que favorecen o
desenvolvemento do plancto. Destacan: Mar do Norte, Pacífico norte,
Terranova, Mar do Xapón, Costas de Perú, Suroeste de África e Illas Canarias.
• A lexislación internacional permite que os países costeiros reserven para si o
dereito de explotación da zona que se estende dende a súa costa ata 370 km
mar adentro. Para que os barcos dun país podan pescar nas augas outro país
asínanse acordos pesqueiros.
• Actualmente os caladoiros están sobrexplotados, o cal pode supor o
esgotamento e a desaparición das especies. Para paliar esta situación os
gobernos perseguen unha explotación sustentable do medio mariño mediante:
prohibición dalgunhas técnicas pesqueiras (arrastre), reducir o número de
capturas, controlar o tamaño das especies capturadas ou establecer
temporadas de descanso biolóxico.
• Acuicultura. Cría de organismos animais e vexetais acuáticos en cautividade.
Permite incrementar a dispoñibilidade e mariscos evitando que estes
desaparezan. Sen embargo tamén da problemas xa que moitas das especies de
piscifactoría aliméntanse con fariñas de peixes capturados en man aberto.
A EXPLOTACIÓN FORESTAL
• A explotación forestal ou silvicultura e o
aproveitamento dos recursos dos bosques
• Ocupa a moi pouca poboación activa e gracias a ela
obtemos materiais como a madeira, celulosa,
caucho, resina
• Segundo a FAO os bosques cobren o 30% da área
total da terra pero están moi desigualmente
distribuídos. As maiores extensións de bosques
atópanse en Rusia, Canadá e Brasil
• Os recursos forestais e as actividades asociadas a este
sector xeran riqueza e son un factor determinante no
desenvolvemento de certas zonas do planeta
Las áreas verdes son zonas con superficie forestal. Las rojas han sufrido pérdidas, las azules han
ganado y las rosas han experimentado ambas cosas, pérdida y posteiormente ganancia.

Universidad de Maryland
A EXPLOTACIÓN FORESTAL
• Os problemas da explotación forestal
– Corta indiscriminada de árbores. Esgotan os bosques e a súa
recuperación. As árbores autóctonas son substituídas por especies de
crecemento rápido formándose bosques artificiais conformados por unha
soa especie
• Corta sostible. Cando se cortan as árbores máis vellas ou enfermas a favor de
árbores xoves da mesma especie
– Os incendios forestais causados por accións humanas ou naturais son
responsables da perda de miles de hectáreas o ano
– Redución da diversidade biolóxica por substitución de árbores
autóctonas por monocultivos e tamén polos incendios forestais
• A preocupación polos problemas dos bosques e o cambio
climático suscitaron unha maior atención por parte dos
organismos internacionais para buscar fomentar o
desenvolvemento sostible
Superficie ocupada por plantaciones de eucaliptos en el norte de la Península

You might also like