Download as odt, pdf, or txt
Download as odt, pdf, or txt
You are on page 1of 13

VOCABULARIO XEOGRAFÍA – PAU 2016

TERMO DEFINICIÓN
1. Aluvión Depósito de materiais detríticos, transportado e
depositado de xeito transitorio ou
permanentemente por unha corrente de auga.
Habitualmente, está composto por areas,
gravas, arxilas ou limos, acumulándose nas
canles das correntes, nas chairas inundables e
nos deltas.
2. Foz Val estreito e profundo, enmarcado por
vertentes abruptas, causado polos ríos.
3. Litosfera É un conxunto máis ou menos ríxido,
fragmentado en diversas placas, que forma a
superficie sólida do planeta e descansa sobre
unha capa plástica, a astenosfera. A litosfera
está formada pola códea e unha parte do manto
superior terrestre.
4. Meseta Superficie plana de gran extensión, horizontal
ou lixeiramente ondulada, elevada con
respecto ao nivel do mar. Apenas presenta
accidentes topográficos de importancia e os
seus rebordos poden ser montañosos. En
España é a unidade principal do relevo
peninsular, resto do antigo macizo xurdido na
oroxénese herciniana, que foi arrasado pola
erosión, e afectado e deformado polo
movemento alpino que fixo xurdir os seus
sistemas interiores e os rebordos montañosos.
5. Penechaira Superficie de erosión moi suavemente
ondulada. As modeladas sobre granito son
máis chairas (norte de Salamanca) que as
modeladas sobre lousa (sur de Salamanca e
Estremadura). As penechairas están
accidentadas por montes illa, ou relevos
residuais constituídos por rochas máis
resistentes, coma os formados sobre as
cuarcitas que salpican a penechaira estremeña.
Na zona de contacto das penechairas coas
concas sedimentarias da Meseta os ríos crean
profundas gargantas ao encaixarse sobre os
materiais duros das penechairas.
6. Somonte Terreo ou rexión situado na ladeira dunha
montaña. Terras chás, aínda que levemente
inclinadas, formadas entre as serras exteriores
e o centro da depresión do Ebro, que están
constituídas por materiais grosos e duros dos
relevos montañosos, transportados polos ríos.
7. Tectónica de placas Teoría que explicou a deriva continental e
outros fenómenos. A superficie exterior da
Terra consiste en aproximadamente dez
bloques ou placas ríxidas. Estas transportan os
continentes e os solos oceánicos, están en
constante movemento e son a causa de moita
actividade xeolóxica (formación de montañas,
volcáns e terremotos). As placas sofren tres
tipos básicos de movementos: sepáranse,
converxen e deslízanse.
8. Aridez Termo que indica sequidade, falta de
humidade. O índice de aridez establece a
relación entre as chuvias e o poder desecante
da evaporación, representada polas
temperaturas.
9. Barlovento Aba dun relevo montañoso que pola súa
orientación respecto ao vento dominante queda
exposto ao fluxo ascendente do aire. A aba de
sotavento, polo contrario, queda exposta ao
fluxo descendente.
10. Inversión térmica Incremento da temperatura do ar ao aumentar a
altura, cando debera de diminuír segundo o
gradiente adiabático normal. O ar máis cálido
atópase sobre o máis frío. A nivel do solo, é
resultado da irradiación nocturna con ar en
calma e ceo despexado nunha situación
anticiclónica invernal.
11. Isóbara É unha isoliña que, nun mapa meteorolóxico,
une os puntos que teñen a mesma presión
atmosférica ao nivel do mar. O conxunto de
todas elas configuran os cambios de presión.
Habitualmente se representan os múltiplos de
4 hPa (hectopascais) ou mb (milibares) (1000,
1004, 1008, 1012,…), unidade de medida da
presión
12. Isohieta Isoliña imaxinaria que une puntos con iguais
valores de precipitacións, nun mapa no que se
expresen cantidades de precipitación recibida
por áreas. Utilízase sobre todo nos mapas
climáticos.
13. Umbría ou avesedo Zona dun relevo montañoso que, pola súa
orientación ao norte, está sempre en sombra,
polo que é máis frío e húmido que o solleiro.
Por exemplo, as vertentes orientadas cara ao
Norte do Cordal Cantábrico.
14. Cunca fluvial Ou hidrográfica é a porción de terreo que
drena a un colector principal (río ou lago),
limitada por unha liña de cumes ou divisoria
de augas, liña desde a que as augas correntes
flúen en direccións opostas, e que soe coincidir
cos niveis máis elevados de determinados
sistemas montañosos.
15. Estiaxe Caudal mínimo que acada un río ou lagoa en
determinadas épocas do ano, debido
específicamente á seca. O termo deriva de
estío ou verán, período do ano en que se
producen as mínimas precipitacións no clima
mediterráneo, predominante na Península
Ibérica. A estiaxe está asociada non só ao
déficit de precipitacións, senón tamén ao
incremento da evapotranspiración por
elevación das temperaturas medias.
16. Marisma Chaira de lama formada en baías baixas, que
se enchen cos sedimentos achegados polos ríos
que as atravesan e cos achegados polo mar,
que as cobre en preamar e as deixa ao
descuberto en baixamar.
17. Laurisilva Bosque nuboso subtropical, propio de lugares
húmidos, cálidos e sen xeadas, con grandes
árbores, que en España se dá nas illas
Canarias, máis concretamente nas vertentes
setentrionais das illas occidentais de maior
elevación, alí onde o “mar de nubes” -
determinado pola afluencia dos alisios-
permite o seu crecemento.
18. Maquis ou maquía Ecosistema de matogueira mediterránea,
formación de especies perennifolias,
principalmente arbustivas, que acostuma
refuxiarse sobre solos silíceos. Os madroños,
as xaras, os brezos, lentiscos, romeus e outras
especies son características desta formación,
de maior porte xeralmente que as garrigas.
19. Vexetación clímax Vexetación que se estableceu por si mesma
nun determinado sitios, en determinadas
condicións climáticas, en ausencia de accións
antrópicas por un longo tempo.
20. Vexetación antrópica Vexetación introducida polo home nun espazo
determinado da biosfera polo seu valor
económico, ou a degradación da cuberta
vexetal existente. Cando a vexetación dunha
zona é o resultado da intervención humana,
denomínase vexetación secundaria. Un
exemplo sería a repoboación de piñeiros e
eucaliptos na paisaxe vexetal de clima
oceánico.
21. Esteiro (estuario) Desembocadura dun río cuxo caudal se
ensancha en forma de V, e dento do cal a
marea flúe e reflúe. A maioría dos esteiros son
resultado dunha elevación relativa do nivel do
mar; e en algúns acumúlanse depósitos
mentras que outros mantéñense relativamente
libre por efecto do refluxo da marea.
22. Landa Formación vexetal de matogueira,
característica da rexión eurosiberiana e como
consecuencia da degradación do bosque mixto
atlántico. Está formada por matogueiras como
a xesta, o toxo e o breixo, podendo acadar os 3
m de altura. É característica da España
húmida, asentándose sobre solos pobres e
pouco aptos para o cultivo.
23. Ría Val fluvial somerxido baixo o nivel do mar a
causa da elevación deste. A orixe
xeomorfolóxica está relacionada cun
asolagamento do val fluvial relacionado con
movementos isostáticos e un afundimento
tectónico asociado á rede de fracturas
preexistentes.
24. Tómbolo Barra de area que une illotes rochosos á costa.
Pode ser dobre cando son dúas as barras
areentas, quedando unha lagoa entre ambas as
dúas.
25. Avaliación de impacto ambiental Procedemento administrativo que permite
identificar os posibles efectos ambientais
dunha acción humana durante a fase en que
aínda está en proxecto, propoñendo medidas
para evitalos, reducilos ou compensalos. Por
exemplo, antes de realizar unha estrada, unha
presa ou un porto, analízanse as posibles
consecuencias ambientais e establécense
medidas para diminuír os efectos negativos
que esa obra poida ter sobre o medio.
26. Ecosistema Comunidade natural unitaria ou, polo menos,
homoxénea integrada por uns determinados
seres vivos (animais, plantas, bacterias),
compoñentes abióticos (o ambiente físico) e
uns fluxos de enerxía e materiais.
27. Efecto invernadoiro Situación que se dá no planeta de forma
natural pero que, nas últimas décadas, se
acentuou pola actividade humana. A
acumulación de emisións de gases procedentes
da queima de combustibles fósiles crea unha
capa que, como o teito dun invernadoiro,
impide saír ao espazo a calor emitida pola terra
e os océanos. Esta calor acumúlase e favorece
o quecemento global.
28. Paisaxe Calquera parte do territorio, tal como é
percibida polas poboacións, cuxo carácter
resulta da acción de factores naturais ou
humanos e das súas interrelacións.
29. Acuicultura Conxunto de actividades que, mediante algún
tipo de intervención no ciclo biolóxico ou no
medio no que habitan os peixes ou plantas,
permiten controlar a súa reprodución e/ou
crecemento. É moi significativa en Galicia, e
está restrinxida a un pequeno abano de
especies, en función da súa importancia
económica e do desenvolvemento dunha
tecnoloxía axeitada e limitada especialmente á
beiramar ou as augas continentais.
30. Agricultura ecolóxica Sistema para cultivar unha explotación
agrícola autónoma, baseada na utilización
óptima dos recursos naturais e sen empregar
produtos químicos de síntese ou organismos
xenéticamente modificados (OXMs) -nin para
abono nin para combater as plagas-, logrando
deste xeito obter alimentos ecolóxicos á vez
que se conserva a fertilidade da terra e se
respeta o medio ambiente.
31. Denominación de orixe Certificación de calidade que se outorga a
produtos dun determinado territorio do que
toman o seu nome, que asegura certas
características comúns que todos deben
cumprir. Resulta cada vez máis frecuente en
produtos agrarios (viños, aceites, carnes,
legumes, queixos, doces, etc.).
32. Desagrarización Concepto que fai referencia á perda de
poboación adicada á actividade agraria, así
como á perda de importancia económica da
actividade agrícola nun territorio, e o
conseguinte debilitamento das institucións
sociais vencelladas a esta actividade que
organizan diferentes aspectos da vida social.
En toda España tense producido este proceso,
especialmente desde finais dos anos setenta.
33. Explotación agraria intensiva É aquela explotación agraria que elimina os
barbeitos e recorre á produción continua do
terreo, estimulada polo emprego de
fertilizantes e o regadío artificial. Este tipo de
agricultura intensiva obtén unha forte
productividade, sobre terreos moitas veces de
extensión reducida. É moi habitual no litoral
mediterráneo, especializado na horticultura.
34. Política Agrícola Común (PAC) Política europea composta por unha serie de
leis e normas que regulan a produción, o
comercio e o tratamento dos produtos agrarios
na Unión Europea co fin de incrementar a
produción fomentando o progreso técnico,
asegurando o desenvolvemento racional da
produción agrícola e gandeira, así como o
emprego óptimo dos factores de produción, en
particular, da man de obra. O seu orzamento
está próximo ao 50% do comunitario.
35. Política Pesqueira Comunitaria (PPC) Política europea que vai encamiñada a unha
explotación sustentable do medio mariño e dos
seus recursos e a fomentar o cultivo de
especies polo sistema da acuicultura, así como
a negociar acordos con países non
comunitarios para poder pescar nos seus
caladoiros.
36. Silvicultura Actividade que trata do cultivo de montes e
bosques. A práctica máis habitual da
silvicultura é o aproveitamento forestal de
espazos destinados á produción de madeira,
leña ou resinas, pero que tamén poden ter un
efecto positivo na protección de cuncas
hidrográficas, a conservación de hábitats
naturais -susceptibles de integrarse en parques
naturais protexidos- e o desenvolvemento de
espazos recreativos.
37. Transxénicos Plantas modificadas xeneticamente, é dicir,
sometidas a unha alteración dos seus xenes
procedentes doutros organismos para dotalas
de certas propiedades: resistencia ás malas
herbas e a certas pragas, maior rendemento,
etc.
38. Economías de escala Sistema de produción de grandes series de
produtos a baixo prezo para asergurar un
mercado amplo para a empresa.
39. Enerxías renovables Son aquelas que proceden de recursos
inesgotables, son limpas, non contaminan e
mostran unha elevada dispersión, o que
permite utilizalas en diversos lugares.
40. Difusión industrial Desprazamento que se dá na actualidade na
localización das industrias cara a espazos
periféricos, sobre todo nos sectores maduros
da industria.
41. Fondos estruturais Fondos ou axudas económicas da UE para o
desenvolvemento de rexións atrasadas,
afectadas pola crise industrial, o paro de longa
duración ou o paro xuvenil. Son o FEDER, o
FSE, o Fondo de Cohesión e o FEAGA.
42. Subcontratación Tipo de relación económica que consiste na
cesión por parte do titular dun contrato
principal a un subcontratista a prestación
dunha actividade económica, para reducir
custos.
43. Industrias verdes Forman parte dunha nova rama industrial que
ten como fin o desenvolvemento de
tecnoloxías limpas e non contaminantes para a
industria.
44. Materias primas estratéxicas Son as que pola súa importancia son vitais
para a actividade económica e para a
existencia dos estados. Xeralmente son as
materias primas e fontes de enerxia asociadas
as industrias de novas tecnoloxías: coltán,
diamantes, manganeso, cobalto, aluminio,
cobre, xermanio, grafito, cromo, níquel,
platino, titanio,…
45. Parque tecnolóxico Zona industrial que concentra empresas de
sectores de alta tecnoloxía e industrias
innovadoras, con alta calidade ambiental e boa
accesibilidade, no contorno das metrópoles e
cidades medias e nos eixes industriais máis
dinámicos.
46. Balanza de pagamentos Conta que rexistra todas as transacións
monetarias entre un país e o resto do mundo.
Estas transacións poden incluír pagamentos
polas exportacións e importacións do Estado
en cuestión de bens, servizos, capital
financieiro e transferencias financieiras. As
fontes de fondos para un país (exportacións,
ingresos por empréstimos e investimentos)
rexístranse como datos positivos, mentres as
importacións ou os investimentos en países
estranxeiros se rexistran como datos negativos.
Das subdivisións nas que se estrutura a balanza
de pagamentos dun país, a balanza comercial
é das máis coñecidas, na que entran o valor das
exportacións e das importacións.
47. Economía somerxida Conxunto de actividades económicas que non
aparecen reflectidas nas estatísticas oficiais
debido á súa ilegalidade, e que permiten a
subsistencia dun sector máis ou menos amplo
da poboación segundo os países.
48. Ecoturismo Chamamos ecoturismo a unha tendencia do
turismo alternativo, diferente ao turismo
tradicional. Nestas actividades turísticas
priviléxiase a sustentabilidade, a preservación,
a apreciación do medio natural e cultural;
preténdese manter o benestar das poboacións
locais, minimizando os impactos negativos
para o medio ambiente e a comunidade local, e
mantendo sempre un respecto ético polas leis
laborais e os dereitos humanos dos
traballadores implicados.
49. Franquicia Cadeas de establecementos pertencentes a
empresas xuridicamente diestintas ligadas por
un contrato no que unha (a franquiadora) lles
concede a outras as concesionarias) a licenza
para explotar unha marca ou unha fórmula
comercial mediante o pagamento dunha
cantidade determinada, achegándolle a
asistencia, a publicidade, etc. Este feito, xunto
a unha organización do espazo interno e a
creación dun ambiente de seguridade e confort
ambiental moi similares en todos os casos,
confírelles unha personalidade bastante
estandarizada. As empresas concesionarias
aprovéitanse dos beneficios das compras
centralizadas e das campañas publicitarias
únicas.
50. Plan Estratéxico de Infraestructuras do Plan que proxectaba actuacións en
Transporte (PEIT) infraestruturas e transportes ao longo do
período 2005-2020. A planificación permitía
crear un marco estable para a política de
transporte, coordinar os labores entre
administracións e incorporar unha visión
europea da política de transporte., fomentando
a inserción das nosas vías de comunicación en
eixos transeuropeos. Entre os obxectivos do
PEIT están o fortalecemento da cohesión
social e territorial, incrementar a calidade e
seguridade do transporte, contribuir á
movilidade sostible e atender á
intermodalidade.
60. Taxas aeroportuarias Prezo que en moitos países pagan os viaxeiros,
tanto en voos nacionais como internacionais,
polo uso dos aeroportos.
61. Tour Operadores Axencias intermediarias entre o
establecemento turístico e as acencias
retallistas. Ofrecen paquetes turísticos a un
prezo global con todo incluído (transporte,
aloxamento e pensión alimenticia).
62. Poboación Activa É aquel sector da poboación que se atopa en
idade apta para traballar (16 a 65 anos). Se está
empregada denomínase poboación activa
ocupada; se está en paro, poboación activa
desocupada ou desempregada.
63. Esperanza de Vida Cálculo do número de anos que un individuo
pode esperar vivir ben no momento de nacer
ou cando acada unha determinada idade,
sempre que os niveis de mortalidade
permanezan constantes. Obtense a partir das
táboas de mortalidade. A esperanza de vida é
maior nas mulleres que nos homes, situándose
en 2011 en 84,8 anos para as mulleres e 78,8
para os homes (en España).
64. Réxime Demográfico Período correspondente ao modelo de
transición demográfica cunhas determinadas
características canto á natalidade, á
mortalidade e ao crecemento natural ou
vexetativo. Distínguense: 1) o antigo réxime
demográfico, con altas taxas de natalidade e
mortalidade e crecemento vexetativo escaso;
2) o réxime demográfico moderno, con taxas
de natalidade e mortalidade moi baixas.
65. Censo de Poboación É un documento no que se reconta a poboación
dun país nun momento determinado,
achéganos información sobre o volume de
poboación dun lugar, a súa composición por
sexo e por idades, estado civil, tamaño da
familia, nivel de estudos, renda, etc
66. Saldo Migratorio Resultado de poñer en relación a inmigración e
a emigración nun determinado territorio. O
saldo migratorio é positivo cando o número de
inmigrantes é superior ao de emigrantes, e
negativo cando a emigración supera á
inmigración.
67. Taxa de Fecundidade Xeral pon en relación o número de nacidos
vivos nun ano determinado co número de
mulleres en idade de procrear, isto é, entre os
15 e os 49 anos.
68. Transición Demográfica É un modelo que describe os cambios
demográficos acaecidos ao longo do tempo
nos países desenvolvidos: transición dende
unha situación de altas taxas de natalidade e
mortalidade a outra caracterizada por un
descenso delas, pasando pola fase intermedia,
de descenso da mortalidade antes que a
natalidade, permitindo un rápido crecemento
demográfico.
69. Padrón Municipal Rexistro que leva a cabo cada concello sobre a
poboación que vive no seu municipio. Contén
tamén información sobre as características da
poboación, aínda que algo menos detallada cá
do censo. A súa principal vantaxe é a de
tratarse dun rexistro vivo, dinámico, xa que
cando unha persoa se traslada a vivir a outro
municipio ten a obriga legal de empadroarse
nel. De aí que sexa denominado padrón
continuo de poboación. Isto quere dicir que en
calquera momento se pode coñecer a cantidade
de poboación dun municipio, así como as súas
principais características, polo que é un dato
de vital importancia para os concellos, xa que
reciben máis ou menos financiamento en
función da poboación que teñan.
70. Área suburbana Territorio próximo ás cidades que, polas súas
características, constitúe unha zona de
transición entre o núcleo urbano propiamente e
o espazo rural adxacente.
71. Área metropolitana Rexión urbana que engloba unha cidade
central que dá nome a área e unha serie de
cidades satélites que poden funcionar como
cidades dormitorio, industriais, comerciais e
servizos, todo organizado de xeito
centralizado.
72. Cualificación do solo Determinación do plan urbanístico consistente
en detallar ou establecer pormenorizadamente
o destino do chan previamente clasificado
(urbano, urbanizable e non urbanizable). Con
ela determínanse os usos e a edificabilidade
(intensidade de ocupación por edificacións e
tipoloxías edificatorias que deben realizarse en
cada tipo de chan).
73. Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU) Instrumento de ordenación integral do
territorio. Contén a clasificación do solo,
definición dos elementos fundamentais da
estrutura xeral do territorio (como poden ser
fixar os espazos libres, de equipamento
comunitario, os sistemas xerais de
comunicación etc.), desenvolvemento,
execución e a vixencia do plan. Adoita ser
municipal, Plan Xeral de Ordenación
Municipal (PXOM).
74. Unidade Veciñal de Absorción (UVA) Trátase dunha solución formulada durante os
anos 50 e 60 do século XIX cando o masivo
éxodo rural en Barcelona e Madrid produciu a
creación de barrios e poboados chabolistas de
crecemento espontáneo por todo a área
suburbana das cidades. Entón empézase a
aplicar un plan de Absorción do chabolismo
horizontal e constrúense barrios de baixo custo
con materiais pobres e edificios de moi baixa
calidade en moitos casos de carácter temporal.
Crean as Unidades de Absorción Veciñal que
pretenden formular unha solución, pero que na
práctica transforman o chabolismo horizontal
nun chabolismo vertical de edificios
paupérrimos con escasos servizos. Nacen así
as UVAs ou Poboados Dirixidos que en
Madrid se poden citar algúns como o de
Hortaleza que aínda perdura, pero a lista é
interminable.
75. Xentrificación Proceso de transformación urbana no que a
poboación orixinal dun sector ou barrio
deteriorado e con pauperismo é
progresivamente desprazada por outra dun
maior nivel adquisitivo á vez que se renova. A
xentrificación comeza cando un grupo de
persoas de certo nivel económico descobren un
barrio que, a pesar de estar degradado e
descapitalizado, ofrece unha boa relación entre
a calidade e o prezo e deciden instalarse nel.
Estes barrios adoitan estar situados preto do
centro da cidade ou contar con determinadas
vantaxes, como estar situados preto de polos
de emprego, etc.
76. Parroquia División administrativa menor que un
municipio, integrada por varias aldeas (propias
de Galicia e Asturias). É a categoría
tradicionalmente recoñecida ás entidades
colectivas de poboación. Como tales non teñen
personalidade xurídica ningunha. En Galicia
existen 3.781 parroquias que comprenden
dende tres ou catro aldeas ata quince ou más.
O Estatuto de Autonomía de Galicia prevé que
se poida recoñecer, mediante lei, personalidade
xurídica á parroquia rural.
77. Municipio Entidade territorial básica. A súa función é
prestarlles servizos aos veciños, máis variados
canto maior é a súa poboación. O goberno e a
administración municipal correspóndelle ao
concello, integrado polo alcalde e os
concelleiros. Os concelleiros son elexidos
polos veciños do municipio por sufraxio
universal e o alcalde é elixido polos
concelleiros.
78. Provincia Entidade territorial local formada por unha
agrupación de municipios. A súa función é
fomentar os intereses provinciais, prestar
servizos de ámbito provincial, coordinar os
servizos dos municipios e cooperar con eles. O
goberno e a administración provincial
correspóndenlle á deputación, intregrada por
un presidente e deputados. Os deputados
escóllense entre os concelleiros electos e estes,
á súa vez, elixen o presidente.
79. Comunidade Autónoma Entidade territorial formada por provincias
limítrofes, territorios insulares, ou provincias
con entidade rexional histórica, dotadas de
autonomía lexislativa e capacidade de
autogoberno sobre os asuntos da súa
competencia.
80. Estatuto de Autonomía Norma legal básica pola que se rexen todas as
comunidades autónomas. Nelas establécese a
súa denominación, delimitación territorial,
identificación das institucións autonómicas
existentes e a súa localización, así como as
competencias que asumen. O Estatuto de
Autonomía de Galicia foi promulgado o 6 de
abril de 1981.
81. Comisión europea É unha das principais institucións da Unión
Europea. Representa e defende os intereses do
conxunto da UE, elabora propostas de nova
lexislación europea e xestiona o labor cotián
de poñer en práctica as políticas e facer uso
dos fondos europeos. Está integrada por 27
Comisarios, un por cada país membro da UE.
O presidente (actualmente o portugués José
Manuel Durão Barroso) é elexido polo
Consello Europeo e atribúe a cada Comisario
competencias en ámbitos de actuación
específicos. A Comisión supervisa e aplica as
políticas da UE:
    a) propoñendo nova lexislación ao
Parlamento e ao Consello;
    b) xestionando o orzamento da UE e
asignando fondos;
    c) fai cumplir a lexislación da UE (xunto co
Tribunal de Xustiza) e 
    d) representa á UE na escena internacional,
negociando acordos entre a UE e outros países.
82. Movementos antiglobalización Corrente de protesta mundial que inclúe a
ducias de grupos de diferentes países que teñen
en común o seu rexeitamento ao capitalismo e
ao modelo neoliberal (baseado nunha política
macroeconómica que pretende reducir ao
mínimo a intervención estatal en materia
económica e social). Nestes movementos
danse cita colectivos que inclúen aos
sindicatos, os intelectuais de esquerda,
ecoloxistas, indixenistas ou grupos
desfavorecideos que acusan ao sistema
económico de amoral e inxusto. Os diferentes
grupos antiglobalización levan máis dunha
década traballando en cuestións relacionadas
cos problemas causados pola globalización da
economía mundial. Organizaron numerosas
campañas para a condonación da débeda
externa dos países pobres e a reforma de
institucións como o Banco Mundial e o Fondo
Monetario Internacional.
83. Obxectivos do Milenio Foron fixados pola ONU no ano 2000. Son 8
obxectivos de desenvolvemento humano
(erradicar a pobreza extrema e a fame; lograr o
ensino primario universal; promover a
igualdade entre os xéneros e a autonomía da
muller; reducir a mortalidade infantil; mellorar
a saúde materna; combater a SIDA, paludismo
e outras enfermidades; garantir a
sustentabilidade do medio ambiente; fomentar
unha asociación mundial para o
desenvolvemento), que os países desta
organización se fixaron conseguir no ano 2015
84. Xeopolítica Rama das Ciencias Políticas que estuda ao
Estado como un organismo vivo e partindo do
territorio como influente e ata condicionante
da actividade humana co fin de conseguir
seguridade e benestar, que son os obxectivos
xeopolíticos de todo Estado. A xeopolítica
foise consolidando a través do tempo como un
coñecemento científico teórico e pragmático
que se inspira na intima relación entre o
Estado e o espazo onde aquel ten un interese
político que satisfacer.
85. Explotación intensiva Forma de explotación localizada sobre unha
superficie reducida que produce altos
rendementos grazas aos elevados
investimentos que recibe en traballo ou no
emprego de técnicas avanzadas.

You might also like