Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 23

UD1 FPX

O corpo humano organízase en diferentes niveis que explican o funcionamento da estrutura do mesmo. Podemos falar
dos niveis químico (atómico e molecular), nivel celular, nivel tisular, nivel anatómico e organismo vivo.

Neste nivel atópanse as unidades elementais dos seres vivos. Trátase dos átomos e as moléculas, dando lugar a dous
subniveis:
▪ Nivel atómico: toda a materia está constituída por átomos. Dentro do átomo distínguense partículas
subatómicas: protóns, electróns e neutróns. Os átomos estables teñen carga eléctrica cero. Se a un átomo
lle sobra ou lle falta un electrón adquire carga (positiva ou negativa) denominándose ión.
▪ Nivel molecular: os átomos combínanse dando lugar a moléculas, compostos químicos de maior tamaño. As
moléculas pódense combinar con outros átomos e moléculas dando lugar a uns novos compostos
denominados macromoléculas. No organismo humano existen moléculas orgánicas e inorgánicas.
Denomínanse moléculas orgánicas a aquelas cunha base de carbono e que se dan en contextos de
organismos vivos. Clasifícanse en glúcidos, lípidos, proteínas e acedos nucleicos. As moléculas inorgánicas
máis comúns presentes nos seres vivos son a auga, os sales minerais e o dióxido de carbono.

A célula é a unidade mínima dun organismo vivo capaz de actuar de maneira autónoma e de realizar por si mesma
as tres funcións que definen a un ser vivo: nutrición, relación e reprodución. Todo ser vivo está formado polo
menos por unha célula: é, por tanto, a unidade morfolóxica e funcional de todos os seres vivos. O seu tamaño pode
variar desde as 10 ás 1500 micras. (Unha micra ou micrómetro é a unidadede lonxitude equivalente á millonésima
parte dun metro). A parte da bioloxía que se ocupa dela é a citoloxía.

Existen dous grandes tipos de células: as Procariotas (células sen núcleo, máis primitivas, cunha alta taxa de mutacións
no seu material xenético) e células Eucariotas (con núcleo, o que estabiliza o seu material xenético, máis
evolucionadas, presentes nos organismos pluricelulares).

A estrutura básica dunha célula eucariota componse de membrana, citoplasma e núcleo. As características xenéticas
de cada célula outorgan as principais propiedades decada tecido, pois existirá unha configuración especial en base a
tamaño, consumoenerxético, metabolismo, capacidade de movemento, transporte de substancias, produtos liberados
e capacidade de reprodución, entre outras.

Toda célula posúe unha membrana dunhas proteínas denominadas fosfolípidos, que teñen permeabilidade selectiva
(deixan pasar selectivamente a un tipo de moléculas e non a outras) o que permite manter un medio interno altamente
ordenado e illado do medio externo en canto á súa composición. A membrana dunha célula eucariota é unha estrutura
complexa, composta por unha bicapa lipídica entre a que se atopan dispostas millóns doutras estruturas (proteínas de
paso, proteínas de identificación, colesterol, etc…)

1.1
UD1 FPX

1. Nucléolo: Parte do núcleo encargada da produción


e ensamblaxe dos compoñentes ribosómicos.
2. Núcleo: Estrutura das células Eucariotas que
conteno material xenético (cromosomas).
3. Ribosoma: Estruturas supramoleculares que se
encargan de ensamblar proteínas a partir da
información que lles chega do núcleo en forma de
ácido ribonucleico.
4. Vesícula: Pequeno orgánulo de almacenaxe.
5. Retículo endoplasmático rugoso: Órgano situado
xunto ao núcleo, formado por un amoreamento de
membranas xunto ás que se adhiren os ribosomas.
É o encargado da síntese e transporte de proteínas.
6. Aparato de Golgi: Órgano presente en todas as células Eucariotas excepto glóbulos vermellos (eritrocitos ou
hemacias) e células epidérmicas. Funciona como un órgano “empaquetador” de proteínas para o seu
transporte.
7. Citoesqueleto (microtúbulos): Entramado intracelular de microfilamentos o microtúbulos proteicos que
sostén e dá forma á célula.
8. Retículo endoplasmático liso: Conxunto de membranas que participan no transporte celular e síntese de
triglicéridos, fosfolípidos e esteroides.
9. Mitocondria: Órganos da célula subministradores de enerxía.
10. Vacúolo: Saco formado pola confluencia de varias vesículas.
11. Citoplasma: Parte da célula que se atopa entre a membrana plasmática e a membrana nuclear, e que contén
todos os órganos e compoñentes da célula excepto ao núcleo. Está recheo dunha emulsión coloidal
denominada citosol.
12. Lisosoma: Órganos de “dixestión” de la célula. Conteñen encimas proteolíticos capaces de desfacer proteínas,
propias (autofaxia) ou alleas (heterofaxia).
13. Centriolos: Estrutura par en forma de microtúbulo sobre a que se dispoñen o resto de microfilamentos de
soporte. Intervén nos procesos de división e mitose.

• Condutividade: é a xeración dunha onda de excitación (impulso eléctrico) a toda a célula a partires do
punto de estimulación. Esta é a propiedade fisiolóxica máis importante das neuronas.

• Contractilidade: é a capacidade dunha célula para cambiar de forma, xeralmente por acurtamento. Está
moi desenvolvida nas células musculares.

• Respiración: esencial para a vida, é o proceso por medio do cal as células producen enerxía ao utilizar as
substancias alimenticias e o oxíxeno absorbido, para tal fin, e ademais producir dióxido de carbono e auga.

• Absorción: é a capacidade das células para captar sustancias do medio.

• Secreción: é o proceso por medio do cal a célula expulsa materiais útiles como unh aencima dixestiva, ou
unha hormona.

• Excreción: é a eliminación dos residuos do metabolismo celular.

• Reprodución: é o proceso de división celular. Nos organismos pluricelulares podem comprender diferentes
procesos especializados, máis alá da simple mitose.

1.2
UD1 FPX

As células constitúen as unidades vitais máis pequenas do noso organismo, pero non se atopan illadas, senón en grupos
dun mesmo tipo celular denominados tecidos. Un tecido é un grupo de células similares, cunha mesma orixe
embrionaria, e que funcionan de maneira conxunta para levar a cabo unha función especializada. A ciencia que
estudia os tecidos chámase histoloxía.

Existen catro tipos principais:


▪ Tecido nervioso: Xera e transmite impulsos nerviosos que contribúen á coordinación das distintas
actividades do organismo.
▪ Tecido muscular: É o responsable da produción de forza mediante a contracción, e, como consecuencia, do
movemento.
▪ Tecido epitelial: Cubre todas as superficies do organismo, tanto por fóra como por dentro, e recobre as
cavidades e condutos orgánicos. Forma glándulas de secreción exócrinas e endócrinas.
▪ Tecido conectivo: Protexe e soporta ao organismo. Almacena enerxía en forma de graxa, proporciona
inmunidade e mantén unidos aos diferentes órganos do corpo.

O tecido nervioso é moi complexo, aínda que, basicamente, está composto por dous tipos de células: As neuronas,
células nerviosas, moi especializadas, capaces de xerar e transmitir impulsos nerviosos; e as células da neuroglía, cuxa
función é a nutrición e a defensa das células nerviosas.
• NEURONA: Unidade funcional do sistema
nervioso. Compostas por tres partes
fundamentais, o corpo (soma), o axón e as
dendritas.
O corpo celular contén o núcleo e o resto de
organelas celulares. As dendritas son
prolongacións ramificadas que xorden do corpo
e que establecen contacto con outras células
nerviosas próximas, e o axón é unha
prolongación única e máis ou menos longa que
transmite os impulsos nerviosos a distancia.

• NEUROGLÍA: Existen catro tipos de células da neuroglía:


o Os astrocitos, con forma de estrela, interveñen na barreira hematoencefálica, que regula a entrada
de sustancias ao sistema nervioso central (SNC). Son unha barreira selectiva entre as neuronas e os
vasos sanguíneos. Participan no metabolismo dos neurotransmisores, e no balance de potasio
necesario para xerar electricidade.
o Os oligodendrocitos, (ou células de Schwann, no sistema nervioso periférico) con poucas
prolongacións, máis pequenos, actúan como mecanismo de defensa e protección das neuronas e
producen un tipo de lipoproteína que envolve ás células nerviosas, denominada vaina de mielina.
o A microglía, composta por células derivadas dos monocitos, con capacidade de fagocitose, limpan o
sistema nervioso de células mortas e fagocitan calquera patóxeno presente na súa contorna.
o As células ependimarias teñen formas moi variadas e recubren os ventrículos cerebrais e o conduto
central da medula espinal (función de revestimento).

1.3
UD1 FPX

Está formado por células organizadas en fibras, capaces de contraerse e xerar forza ao facelo. Contribúen, por tanto,
ao mantemento da postura e producen movemento e calor.
Existen tres tipos principais:

• É
Está composto por fibras que conteñen bandas (estrías) claras
e escuras dispostas perpendicularmente ao eixe lonxitudinal
da fibra. Este tipo de tecido muscular pode contraerse ou
relaxarse a vontade (conscientemente). A súa estrutura fibrosa
confórmase polo acumulo en paralelo de multitude de fibras.


Forma as paredes do corazón e, aínda que ten estriacións
como o esquelético, a súa contracción non depende da
vontade. Posúe un sistema de condución nerviosa específico
que sincroniza o latido (a contracción) de todas as células
musculares simultaneamente.


Está localizado nas paredes de estruturas ocas, como as vías respiratorias, os pulmóns, o tubo dixestivo, os condutos
excretores, as vías urinarias e os vasos sanguíneos. A súa contracción permite, entre outras funcións, o avance do bolo
alimenticio, a mobilización de fluídos no interior do organismo (secreción glandular), etc.

Está formado por células poligonais amoreadas, distribuídas en capas continuas únicas ou múltiples. Posúen un
extremo libre denominado apical (que da ao exterior, ou a unha cavidade orgánica) e un extremo basal pola que se
une ao tecido conectivo mediante a lámina basal.
As células epiteliais están unidas entre si de xeito moi firme, fixándose tamén de maneira moi sólida ao tecido
conectivo sobre o que se apoian. Os epitelios son avasculares (non teñen vasos sanguíneos) e a súa nutrición
procede do tecido conectivo.
Os epitelios desempeñan diversas funcións (protección mecánica, inmunidade, termorregulación, absorción e
eliminación de substancias…), polo que se distinguen varios tipos principais.
a) Epitelio de recubrimento: Pode tratarse dun epitelio simple, formado por unha soa capa de células
(monoestratificado) se está nunha zona pouco exposta, ou composto, formado por múltiples capas
(poliestratificado) se está en zonas de moito desgaste. As células destes epitelios poden ter distintas
formas e en función delas podemos falar de epitelios escamosos (con células aplanadas, como escamas),
cúbicos, cando as células son de forma cúbica, ou columnares cando teñen forma de columna.

b) Epitelio glandular: As glándulas están formadas por células epiteliais capaces de secretar substancias.
a. Glándulas endócrinas: O produto da súa secreción (hormonas) vértese ao sangue.
b. Glándulas exócrinas: O produto da súa secreción (moco, sebo, cera, encimas dixestivas,
suor…) vértese ao interior de cavidades ou superficies de recubrimento. Pódense clasificar
tendo en conta:
1.4
UD1 FPX
Segundo a forma:
- Acinar: forma de uva e luz reducida.
- Alveolar: forma de saco, luz ampla.
- Tubular: forma de tubo.
- Mixta

Segundo o mecanismo:
• Merocrinas (ecrinas): secretan o produto por exocitose, sen lesionar a membrana celular. As máis
común.
• Apocrinas: A secreción libérase en vesículas rodeadas de membrana. Este proceso supón certa lesión
celular, de rápida recuperación.
• Holocrinas: A célula secretora vaise enchendo do produto de secreción e finalmente estoupa para liberalo.

Segundo a composición química:


o Serosas: secreción rica en proteínas, habitualmente encimas. Ex: glándula parótide.
o Mucosas: Producen secreción mucosa. Ex: gl. Esofáxicas.
o Mixtas: Ambos tipos. Ex: glándula sublingual.

É o máis abundante no organismo, e o de distribución máis ampla. Serve para unir, xuntar ou suxeitar outros tecidos
do corpo, para protexer e illar órganos internos e para compartimentar estruturas como os músculos. Serve, tamén,
para almacenar enerxía en forma de tecido adiposo (un subtipo especial de tecido conectivo), e constitúe un sistema
de transporte (considérase ao sangue un tipo de tecido conectivo líquido)
O tecido conectivo está moi vascularizado e presenta unha innervación importante, excepto no caso dun tipo especial:
a cartilaxe, que non ten vasos nin nervios. Está formado por tres elementos básicos:
A) Sustancia fundamental: A substancia fundamental (SF) é un material translúcido, extensamente hidratado e
de consistencia xelatinosa, no que están inmersas as células e as fibras tisulares e outros compoñentes en
solución. Funciona como un solvente que permite o intercambio de metabolitos (nutrientes e residuos)
dunha célula a outra a través do espazo intersticial.
B) Fibras (Coláxeno): As fibras coláxenas serven para resistir estiramentos e están presentes en todos os tipos
de tecido conxuntivo, en particular os tendóns, os ligamentos e as fascias.
C) Células: Aínda que algunhas delas son levemente móbiles (células libres), as células do tecido conxuntivo son
esencialmente fixas e inmóbiles (células sésiles).
a. Fibroblastos. Células altamente basofílicas debido ao seu alto contido de retículo endoplasmático.
Chamados fibrocitos no seu estado inactivo.
b. Adipocitos, ou células adiposas. Son células que almacenan graxa, constituíndo esta o máximo
compoñente do seu citoplasma.
c. Macrófagos. Células do sistema inmune, tamén chamados histiocitos, con capacidadede fagocitar.


É un subtipo especial de tecido conectivo. É, xunto co cartilaxinoso, o compoñente fundamental do sistema
esquelético. Está constituído fundamentalmente por fosfato cálcico inorgánico e fibras de coláxeno tipo I, no seo do
cal atópanse inmersas as células óseas.
O tecido óseo compacto atópase na diáfise dos ósos longos, no exterior e interior
dos ósos planos e en distintas zonas do resto dos ósos. Está constituído por capas
concéntricas de láminas óseas que forman estruturas cilíndricas chamadas
osteonas. No centro das osteonas atópanse os condutos de Havers por onde
transitan os vasos sanguíneos e os condutos de Volkmann que serven para
conectar varios condutos de Havers. A carón dos condutos de Havers, uns aneis

1.5
UD1 FPX
concéntricos de substancia fundamental, sales minerais, carbonato cálcico e fosfato cálcico, lle confiren a súa
característica rixidez, ademais de fibras coláxenas, que lle proporcionan forza e certa elasticidade. Entre os aneis
hai uns pequenos ocos que conteñen as células maduras do óso: os osteocitos.
O tecido óseo esponxoso atópase nas epífises dos ósos longos e na rexión interior da maior parte dos demais ósos,
incluíndo os ósos planos. O seu aspecto é diferente á do óso compacto, posúe laminas intersticiais que se dispoñen de
forma irregular formando pequenos tabiques que se chaman trabéculas, os cales compoñen unha estrutura esponxosa
en cuxos ocos atópase a medula ósea vermella. A medula ósea vermella é o lugar onde se forman as células
constituíntes do sangre, o seu correcto funcionamento é esencial para o organismo.


O sangue é un tipo de tecido conectivo con certas particularidades, posto que é líquido e non contén fibras nin
substancia fundamental. Igual que outros tecidos conectivos presenta células inmersas nunha matriz extracelular. O
sangue circula por todo o organismo a través do sistema cardiovascular e leva a cabo importantes funcións:
- Transporte de sustancias (nutritivas, gases, residuos, hormonas…)
- Defensa fronte a procesos patolóxicos (contén células e anticorpos do sistema inmunitario)
- Hemostase e coagulación (plaquetas e factores de coagulación)
- Termorregulación (mecanismos de vasodilatación-vasoconstrición)
O volume de sangre dun adulto oscila entre os cinco e os seis litros. Es una mestura de dous compoñentes: unha
fracción líquida denominada plasma (55%) e outra de elementos celulares (45%) de tres clases: glóbulos vermellos
(hemacias ou eritrocitos), glóbulos brancos (leucocitos) e plaquetas (trombocitos).

O plasma é a matriz extracelular líquida e está composta nun 90% de auga. O resto son proteínas como a albúmina (a
proteína máis abundante do sangue, con función de mantemento da presión osmótica), nutrientes como a glicosa,
residuos como a urea, gases como o osíxeno, electrólitos como o sodio ou sustancias reguladoras como as hormonas
ou os factores de coagulación.
O plasma sen os factores de coagulación recibe o nome de soro.

Os elementos formes son o conxunto de células e derivados celulares e se dividen, como dixemos, en tres clases:
• Eritrocitos, hemacias ou glóbulos vermellos: Pequenos discos bicóncavos anucleados duns 7,5 micrómetros
de diámetro. Non dispoñen dos orgánulos habituais do resto de células, pero presentan un elemento
característico, unha proteína denominada hemoglobina, que confire ao sangre o seu color vermello
característico e é a encargada do transportede oxíxeno e do dióxido de carbono.
• Leucocitos ou glóbulos brancos: Existen varios tipos que se clasifican segundo a presencia ou non de
gránulos no seu citoplasma e das súas características na tinguidura.
o Granulocitos: Leucocitos con gránulos no seu interior. Divídense en tres tipos:
▪ Neutrófilos: Os gránulos do seu citoplasma tínguense dunha color púrpura claro cos
colorantes neutros, como a Giemsa. Denomínanse tamén Polimorfonucleares porque os seus
núcleos presentan múltiples lóbulos. Son os leucocitos máis abundantes e o seu valor oscila
entre o 60-70% do total de glóbulos brancos nunha mostra normal. Son células moi
móbiles, o que lles permite desprazarseou migrar cara o lugar da lesión tisular, e fagocitos
moi activos. Os gránulos están cargados de potentes lisosomas con hidrolasas capaces de
destruir os antíxenos fagocitados.
▪ Eosinofilos: os seus numerosos gránulos intracitoplasmáticos son grandes e se tinguen de
cor vermella-laranxa cos colorantes ácidos como a eosina. O seu núcleo soe ser bilobulado.
Supoñen o 2-5% dos leucocitos circulantes. Son máis numerosos nalgunhas zonas
susceptibles de inflamación crónica potencial, como no recubrimento dos sistemas
respiratorio e intestinal. Son fagocitos débiles e destacan pola súa protección fronte a
parasitos e pola súa intervención en procesos inflamatorios crónicos, así como en reaccións
alérxicas.
▪ Basófilos: Conteñen abundantes gránulos de gran tamaño que se tinguen de cor púrpura
escura cos colorantes básicos como o azul de metileno. Son os leucocitos menos numerosos,
1.6
UD1 FPX
representando tan só o 0,5-1% do volume total. O seu núcleo lobulado presenta unha
característica forma de S pero soe quedar oculta polos gránulos. Estes conteñen unha gran
variedade de sustancias entre as que destacan a histamina (sustancia química inflamatoria
vasoactiva), a heparina (anticoagulante) e diversas encimas. Participan nas reaccións de
hipersensibilidade, na resposta inmunitaria innata fronte a infeccións e na resposta fronte a
parasitos.

o Agranulocitos: Carecen de gránulos intracitoplasmáticos e son de dous tipos:


▪ Linfocitos: son os glóbulos brancos de menor tamaño. Son os agranulocitos máis comúns e
constitúen en torno ao 25-40% do total de leucocitos. Polo xeral posúen un núcleo grande,
esférico, rodeado por un citoplasma pequeno e redondeado que se tingue de azul claro.
Pódense clasificar segundo a súa función en:
➢ Linfocitos T: participan na resposta inmunolóxica celular ou mediada por células. Os
LT citotóxicos poden lisar células infectadas ou cancerosas. Os LT cooperadores
colaboran cos linfocitos B inducindo unha resposta inmune fronte a antíxenos. Os LT
reguladores ou supresores poden suprimir unha reacción inmunitaria influíndo
sobre outras células defensivas e os linfocitos gamma/delta que aparecen
principalmente nos epitelios con funcións defensivas e participación en
enfermidades alérxicas e autoinmunes.
➢ Linfocitos B: Participan na resposta inmunolóxica mediada por anticorpos. A súa
función é aprodución de anticorpos circulantes. Evolucionana células plasmáticas.
Algúns linfocitos T e B estimulados por un antíxeno poden diferenciarse nunha
subpoblación de células de memoria capaces de sobrevivir durante anos, gardando
información sobre o antíxeno co que interactuaron, permitindo unha resposta máis
rápida e efectiva. O seu desenrolo é a base para o uso de vacinas como método
preventivo fronte a procesos infecciosos.
➢ Linfocitos NK: Natural killers. Responsables da inmunidade antitumoral e das células
infectadas por virus.

▪ Monocitos: son os leucocitos de maior tamaño. Representan un 2-10% do total. O seu núcleo
é grande, escuro, polo xeral con forma de ferradura, rodeado por un citoplasma amplo de
cor azul gris. Células con gran mobilidade e moi fagocíticas. Unha vez que o monocito
abandona o torrente circulatorio cara os tecidos transfórmase en macrófago.

• Trombocitos ou plaquetas: Son fragmentos citoplasmáticos anucleados derivados doutras células, os


megacariocitos. Son os elementos formes de menor tamaño (entre 2 e 4 µm de diámetro) e adoptan a forma
de discos case incoloros. Forman parte do sistema hemostático e interveñen no proceso de coagulación.

A citoloxía encárgase do estudio das células. A histoloxía dos tecidos. E o estudio morfolóxico das estruturas
macroscópicas do corpo humano denomínase anatomía.
Hai varias maneiras de estudiar e explicar a anatomía: a anatomía sistemática estudia o corpo por sistemas e aparatos;
a anatomía topográfica estudia o corpo por rexións; a anatomía radiolóxica, anatomía cirúrxica, anatomía artística…

1.7
UD1 FPX
Un conxunto de tecidos que colaboran nunha mesma función desígnanse co nome do órgano.
Sistema: É un grupo de órganos asociados que concorren nunha función xeral e están formados predominantemente
polos mesmos tipos de tecidos. Por exemplo: o sistema esquelético, o sistema cardiovascular, o sistema nervioso, etc.
Aparato: É un grupo de sistemas que desempeñan una función común e máis ampla. Por exemplo o aparato
locomotor, integrado polos sistemas muscular, esquelético, articulare nervioso.
Os principais sistemas e aparatos do organismo humano son os seguintes:
• Sistema tegumentario: pel, pelo e uñas.
• Sistema nervioso: É unha rede de tecidos altamente especializada cuxo compoñente principal son as
neuronas, células que se atopan conectadas entre si de maneira complexa e que teñen a propiedade de
conducir, usando sinais electroquímicas, unha gran variedade de estímulos cara o resto dos tecidos,
executando as funcións de control do organismo.
• Aparato locomotor: Conxunto dos sistemas esquelético, articular e muscular. Estes sistemas coordinados polo
sistema nervioso permiten o movemento. O sistema óseo presta apoio estrutural e protección mediante os
ósos. O sistema articular está formado polas articulacións e ligamentos asociados que unen o sistema
esquelético e permite os movementos corporais. O sistema muscular executa os movementos a través dos
órganos contráctiles denominados músculos.
• Aparato cardiocirculatorio: Conxunto dos sistemas cardiovascular e linfático. O sistema cardiovascular está
formado polo corazón e os vasos sanguíneos (arterias, veas e capilares). O sistema linfático está formado
poloscapilares, vasos e ganglios linfáticos, o bazo, o timo e a medula ósea.
• Aparato respiratorio: Conxunto de órganos encargados de realizar o intercambio de gases entre o aire e o
sangue. Está constituído polos pulmóns e as vías respiratorias.
• Aparato dixestivo: É o conxunto de órganos (boca, farinxe, esófago, estómago, intestino delgado e intestino
groso) encargados do proceso da dixestión, é dicir,a transformación dos alimentos para que poidan ser
absorbidos e utilizados polas células do organismo.
• Aparato urinario ou excretor: Conxunto de órganos encargados da eliminación dos residuos nitroxenados do
metabolismo a través da urina.
• Sistema endocrino: Conxunto de órganos e tecidos do organismo que liberan untipo de substancias
chamadas hormonas. Está constituído por células especializadas e glándulas endócrinas. Actúa como unha
rede de comunicación celular que responde aos estímulos liberando hormonas.
• Aparato xenital: Conxunto de órganos concibidos para a reprodución e síntesedas hormonas sexuais.
• Sistema inmunitario: Conxunto de órganos, células e tecidos destinados aprotexer o organismo fronte a
axentes patóxenos externos.

A anatomía é o estudio das estruturas macroscópicas dun organismo.


Hai varias maneiras de estudiar e explicar a anatomía: a anatomía sistemática estudia o corpo por sistemas e aparatos;
a anatomía topográfica estudia o corpo por rexións; a anatomía radiolóxica, anatomía cirúrxica, anatomía artística…
A anatomía topográfica ou rexional: organiza o estudio do corpo por rexións seguindo diversos criterios. A anatomía
rexional tende a unha descrición máis globaldas relacións entre as diferentes estruturas compoñentes de una zona.
A anatomía clínica ou funcional: pon énfase sobre o estudio da estrutura e a función en relación a situacións de índole
médico-clínica (e outras ciencias da saúde). Aquí importan diferentes áreas como: a anatomía cirúrxica; a anatomía
radiolóxica ou ecográfica en relación ao diagnóstico por imaxes; a anatomía morfoxenética que se relaciona coas
enfermidades conxénitas do desenvolvemento; a anatomía patolóxica, etc.
A anatomía sistemática ou descritiva: esquematiza o estudio do corpo humano fraccionándoo nas mínimas partes
constituíntes, e organizándoas por sistemas e aparatos.

1.8
UD1 FPX

Plano anatómico
No estudio da anatomía humana, os planos anatómicos son tres planos do espazo que conforman as referencias
espaciais coas que se describen a disposición dos diferentes tecidos, órganos e sistemas, e as relacións que hai entre
eles. Esas referencias deben partir dun suposto absoluto: o corpo que vai ser estudiado debe encontrarse nunha
determinada posición, denominada posición anatómica.
Denomínase Decúbito supino á posicion deitada boca arriba.
Denomínase Decúbito prono á posicion deitada boca abaixo.
Denomínase Decúbito lateral á posicion deitada de lado.
Denomínase Posición de Trendelemburg á posición deitada boca arriba coas pernas un pouco máis elevadas que a
cabeza.

Outras posicións son:


Posición de Fowler: O paciente está semisentado na cama coa cabeceira elevada 45° (ángulo con respecto aos pés).
Os xeonllos están flexionados. Emprégase para facilitar as actividades da vida diaria, tales como comer, ler, etc. e
cando o paciente presenta problemas respiratorios ou cardíacos, xa que facilita a expansión pulmonar.
Posición de Sims ou semiprona: É intermedia entre as posicións de decúbito prono e decúbito lateral. O paciente está
en decúbito lateral, o brazo inferior estendido por detrás do corpo, o brazo superior flexionado polo cóbado e próximo
á cabeza. A perna inferior, semiflexionada a nivel do xeonllo e a perna superior tamén flexionada, pero á altura do
cadril e xeonllo. O corpo está lixeiramente inclinado cara diante. Emprégase en persoas inconscientes, por se se
produce o vómito, para evitar así a broncoaspiración (posición lateral de seguridade).
Posición de antitrendelemburg ou Morestín ou Trendelemburg invertida: O paciente permanece en decúbito supino
nun plano inclinado de 45° con respecto o chan, coa cabeza máis elevada ca os pés. Emprégase en pacientes con
dificultade respiratoria, problemas de refluxo gastroesofáxico, ou para mellorar o rego ás extremidades inferiores.

Posición anatómica
Consiste no corpo erecto (de pé), coa cabeza e colo tamén erectos, mirando á fronte, cara diante, cos brazos
estendidos cara abaixo, a cada lado do corpo, coas palmas das mans voltas cara diante (antebrazos en supinación),
as puntas dos dedos mirando á fronte, as pernas estendidas e xuntas (en adución), e os nocellos e pés igualmente
estendidos (no bico dos pés), coa punta do pé sinalando á fronte). En relación á cara, esta queda mirando á fronte.
Nesta posición, o ventre (palma) de cada mano é de situación 'ventral' ou anterior, mirando cara diante, pero a planta
de cada pé (ventre) mira cara atrás e é de posición dorsal ou posterior.
Existe unha variante desta posición, propia das descricións forenses (autopsias). Nesta variante o cadáver atópase en
posición de decúbito supino (deitado boca arriba). O que antes miraba cara diante agora mira cara arriba e o que antes
miraba cara atrás mira agora cara abaixo.

Eixes e planos
Defínense, en primeiro lugar, tres eixes, similares aos eixes dun gráfico. Os eixes son liñas (non planos):
• O eixe vertical vai da cabeza aos pés: é un eixe 'cranio-caudal' ('cabeza-cola').
• O eixe transversal va de lado a lado: é un eixe latero-lateral.
• O eixe anteroposterior va de diante a atrás: é un eixe ventro-dorsal.
Dado que un plano delimítase con dúas liñas (dous eixes), os tres eixes delimitan aos tres planos do espazo.
➢ O plano horizontal fórmase ao sumar os eixes anteroposterior e laterolateral e recibe o nome de plano
transversal ou axial. O plano transversal é perpendicular ao eixe vertical e divide ao corpo nunha parte inferior
(podálica ou caudal) e noutra parte superior (cranial ou cefálica).
➢ O plano saxital, medial ou mediano está formado polos eixes anteroposterior e vertical. Este plano divide ao
corpo en dúas metades simétricas, dereita e esquerda (é o único plano que o fai). Denomínanse Planos
parasaxitais ou medianos aos planos paralelos ao plano medio saxital e non dividen en metades simétricas.
1.9
UD1 FPX
➢ O plano coronal ou frontal está formado polos eixes transversal e vertical e divide ao corpo nunha parte
ventral ou anterior e dorsal ou posterior.

Situándonos de fronte ao suxeito anatómico obsérvanse os seguintes termos de orientación:


✓ Anterior ou ventral: Por diante del corpo (cara, ventre)
✓ Posterior ou dorsal: Por detrás (caluga, costas)
✓ Superior ou cranial: Todo o que no suxeito anatómico queda cara arriba.
✓ Inferior ou caudal: Todo o que no suxeito anatómico queda cara abaixo.
✓ Medial: Indica unha posición próxima ao eixe cranio caudal, ou ao plano saxital (á liña media do corpo).
✓ Lateral: Indica unha posición que se afasta da liña media.
✓ Externo: Significa fora de, e fai referencia ás superficies externas do corpo ou á posición máis afastada
do interior dun órgano oco.
✓ Interno: Significa dentro de, e utilízase para falar de estruturas que se atopan dentro do corpo ou cerca
da parte interior dun órgano oco.
✓ Superficial: Refírese ao que está máis cerca da superficie externa do corpo.
✓ Profundo: Utilízase para describir algo que está afastado da superficie.
✓ Proximal: Significa cerca do punto de unión da parte co corpo ou a liña media.
✓ Distal: Fai referencia a un punto máis afastado do punto de unión ou da liña media.

E os seguintes termos de movemento:


➢ Flexión: Movemento de pregamento dunha articulación (diminúe o ángulo).
➢ Extensión: Movemento de extensión dunha articulación (aumenta o ángulo).
➢ Interno: Significa dentro de, e utilízase para falar de estruturas que se atopan dentro do corpo ou cerca
da parte interior dun órgano oco.
➢ Aproximación: Movemento de acercamento dunha extremidade ao tronco ou liña media. Denomínase tamén
Adución.
➢ Separación: Movemento de afastamento dunha extremidade ao tronco ou liña media. Tamén se llama
Abdución.
➢ Rotación: Movemento de xiro sobre o eixe lonxitudinal dunha articulación. Denomínase medial cando xira
cara a liña media ou lateral se xira cara o exterior. No caso específico do antebrazo denomínanse Pronación
e Supinación, respectivamente.
➢ Circundución: Movemento de recorrido circular pendular sobre o eixe lonxitudinal dunha extremidade.
➢ Elevación: Movemento de ascenso.
➢ Depresión: Movemento de descenso.
➢ Protrusión: Movemento de avance da mandíbula.
➢ Retrusión: Movemento de retroceso da mandíbula.
➢ Eversión: Movemento de abdución do nocello.

1.10
UD1 FPX
➢ Inversión: Movemento de adución do nocello.
➢ Oposición: Movemento de aproximación do primeiro dedo ao resto.
➢ Reposición: Movemento de afastamento do primeiro dedo con respecto ao resto.

Termos de relación (estes termos definen a posición relativa de cada estrutura):

1.11
UD1 FPX
Termos de movemento (estes termos describen os movementos dos membros e de outras rexións do corpo):

1.12
UD1 FPX

Organización topográfica: O corpo humano divídese en cinco grandes rexións: cabeza, pescozo, tronco,
extremidades superiores e extremidades inferiores. Cadarexión está organizada en distintas partes e presenta
unhas cavidades naturais.

• Cabeza
o Cranio: Cavidade cranial
o Macizo facial o Cara
▪ Cavidade nasal
▪ Cavidade ocular
▪ Cavidade bucal
• Pescozo/Colo
• Tronco
o Lombo
o Tórax
▪ Cavidade torácica
▪ Cavidade mediastínica (mediastino)
o Abdome: Cavidade abdominal
o Pelve: Cavidade pelviana
• Membro superior
o Cintura escapular
o Brazo
o Cóbado
o Antebrazo
o Pulso
o Man
• Membro inferior
o Cintura pelviana
o Coxa
o Xeonllo
o Perna
o Nocello
o Pé

1.13
UD1 FPX

1.14
UD1 FPX

1.15
UD1 FPX

A cabeza está situada na parte superior do corpo e está formada por un armazón esferoidal de ósos planos
denominado cranio que protexe ao encéfalo (a parte do sistema nervioso central que está dentro do cranio). Pivota
sobre a columna vertebral (cervical) e exerce os movementos de rotación a través dos músculos do colo. Na parte
anterior (dianteira) da cabeza, denominada macizo facial ou cara, atópanse outros órganos importantes que
compoñen os órganos dos sentidos, como a vista, o oído, o equilibrio, o olfacto e o gusto. A parte superior da cabeza
está cuberta de pel e, polo xeral, de pelo e a este conxunto denomináselle coiro cabeludo. A cabeza divídese, entón,
en dúas zonas ben diferenciadas: o cranio e a cara ou macizo facial. En ocasións denomínase cranio ao conxunto de
ósos que forman ambas partes (aínda que o nome correcto para esa estrutura sería caveira). O límite entre a cabeza
e o colo correspondería a unha liña imaxinaria que iría desde o queixo por diante ata a protuberancia occipital externa
por detrás. No seu percorrido atoparía aos lados, o ángulo da mandíbula e a apófise mastoides do óso temporal
detrás da orella.

O cranio está esencialmente constituído por oito ósos, catro pares e catro impares. Os catro impares son o frontal, o
occipital, o etmoides e o esfenoides. Os catro pares: son os dous parietais e os dous temporais.

1.16
UD1 FPX
Na cara hai catorce ósos: 3 Maxilares (2 superiores e 1 inferior), 2 Palatinos, 2 Cigomáticos, 2 Ósospropios do
nariz, 2 Cornetes, 2 Lacrimais e 1 Vómer.

É a parte do corpo que une a cabeza co tronco e permite a súa


mobilidade. Está formado polas sete primeiras vértebras da columna
(vértebras cervicais), que conforman a súa parte posterior, e por un
grupo numeroso de músculos que o rodea. O seu límite superior
demárcao a base do cranio e o inferior o borde superior do esterno e
ambas cinturas escapulares. Ao seu través, e protexida polas
vértebras pasa a medula espinal, que é a parte do sistema nervioso
central que se atopa fóra do cranio; tamén atravesan o colo as vías
respiratoria e dixestiva, e varios vasos importantes que irrigan a
cabeza, procedentes do corazón como a arteria carótide, e a vea
xugular. Na súa parte anteroinferior localízase unha importante
glándula do sistema endócrino: a glándula tiroides. Na súa parte
anterior e superior, próximas á superficie, localízanse algunhas
estruturas óseas e cartilaxinosas que sosteñen e protexen a estrutura
da farinxe. Os máis importantes son o óso hioides e o cartilaxe tiroides
(vulgarmente chamado noz). Nas caras laterais localízanse unhas
grandes cadeas ganglionares de fácil exploración por estar cerca da
superficie.

Estrutura central do corpo humano, da que xorden o colo e as extremidades. Divídese en tres zonas principais, de
arriba para abaixo: tórax, abdome e pelve. A súa parte posterior denomínase xenericamente lombo ou costas.

O lombo é a parte posterior do tronco e se estende desde a base do colo ata a cintura pelviana. Sobre a liña medial
proxecta na superficie as apófises espiñosas das vértebras que forman a columna vertebral dorsal (12 vértebras) e
a columna lumbar (5). A ambos lados do seu terzo superior atópanse as rexións escapulares, que se corresponden
coa escápula ou omoplata, óso posterior da cintura escapular de cada extremidade superior.

O tórax é a parte do corpo humano que está entre a base do colo e o diafragma. É a parte superior do tronco, e se
atopa protexido por un armazón óseo delimitado polas vértebras dorsais, as costelas e o esterno e está separado do
abdome polo músculo chamado diafragma. A ambos lados da parte superior do tórax únense as extremidades
superiores ou brazos. Contén ás vías aéreas (traquea, bronquios) aos pulmóns, ao corazón, ao esófago, e aos

1.17
UD1 FPX
grandes vasos sanguíneos que saen e chegan ao corazón, como a arteria aorta ou a vea cava. No seu interior, entre
ambos pulmóns, atópase un compartimento illado do entorno chamado mediastino.

Subrexións torácicas anteriores:


▪ Rexións axilares, correspondentes ás axilas.
▪ Rexións pectorais ou mamarias, unha en cada pectoral maior.
▪ Rexións claviculares, por riba das pectorais, correspondentes a ambasclavículas.
▪ Rexión esternal, central, sobre a proxección cutánea do externo.

Subrexións torácicas posteriores:


- Rexións escapulares
- Rexión vertebral dorsal ou torácica

O abdome é a parte do tronco situada entre o músculo diafragma e a pelve. Trátase dunha gran cavidade situada na
porción media do tronco. Non posúe protección ósea, excepto as vértebras lumbares na súa parte posterior, e está
rodeada de grandes grupos musculares, que o protexen e, ao mesmo tempo, dotan de flexibilidade ao tronco.
Contén unha gran cantidade de órganos.
Subrexións abdominais anteriores: Para comodidade na localización dos órganos abdominais, os anatomistas
dividen o abdome en rexións imaxinarias, trazando dúas liñas verticais (liñas claviculares medias) e dúas horizontais
(subcostal e intertubercular):
➢ Rexión umbilical ou mesogastrio: É a zona media, arredor do embigo.
Nesta rexión localízase principalmente o intestino delgado formando
unhas pregaduras denominadas “asas”.
➢ Hipogastrio: Por debaixo da rexión umbilical. En realidade é unha rexión a
cabalo entre o abdome e a pelve. Aquí atopamos asas intestinais e, na
muller, a parte superior do útero.
➢ Epigastrio Por riba da rexión umbilical. É a zona do estómago.
➢ Flancos son dous, un á dereita da rexión umbilical, é a rexión do colon
ascendente; e outro á esquerda onde se localiza o colon descendente.
➢ Fosas ilíacas onde están os ósos ilíacos. Son dous, a ambos lados do
hipogastrio, unha á dereita, onde se atopan o cego e o apéndice; e outra
á esquerda. É a rexión do colon sigmoide ou sigma. Nas fosas ilíacas
localízanse, na muller, os anexos (ovarios e trompas de Falopio).
➢ Hipocondrio dereito por debaixo do reborde costal dereito, á dereita do epigastrio. Nesta rexión localízanse
o fígado e as vías biliares.
➢ Hipocondrio esquerdo por debaixo do reborde costal esquerdo, á esquerda do epigastrio. Aquí está o bazo.
1.18
UD1 FPX

É a porción máis inferior do tronco. Trátase dunha cavidade protexida por un armazón óseo composto polo óso
sacro, o óso cóccix (ou coxis) e os ósos coxais (ósos das cadeiras) que teñen tres partes: ilio, isquion e pube. Na parte
superior (ou pelve maior) atópanse as asas intestinais máis inferiores, e na parte inferior (ou pelve menor) están a
última porción do intestino groso denominada recto, a vexiga e, entre ambos, estruturas do aparato reprodutor:
próstata e vesículas seminais no home e porción inferior do útero, ovarios e trompas na muller.

O chan da pelve está formado por un grupo de músculos que


suxeitan o contido da cavidade pelviana.

Son prolongacións alargadas e articuladas que saen do tronco, formadas fundamentalmente por estruturas óseas e
musculares. Nos humanos, as extremidades teñen funcións concretas:
✓ Membros ou extremidades superiores: Serven para coller e manexar obxectos e identificalos mediante o
tacto. Conectan co tronco a través dunha articulación denominada cintura escapular (ombro), formada pola
clavícula, a escápula e o úmero. Cada membro superior divídese en tres zonas: brazo, antebrazo, e man.
Entre o brazo e o antebrazo existe una articulación denominada cóbado, que é a unión do úmero cos ósos do
antebrazo: o cúbito e o radio. Entre o antebrazo e a man existe unha articulación denominada pulso. A man
está formada por tres grupos de ósos: os máis proximais denomínanse xenericamente ósos do carpo e
forman a estrutura ósea do pulso. A continuación, distribúense cinco ósos longos denominados
metacarpianos que constitúen a man propiamente dita. A cada un dos metacarpianos lle seguen un grupo
de ósos cortos denominados falanxes que compoñen os ósos e permiten a súa mobilidade

1.19
UD1 FPX

• Membros ou extremidades inferiores: Serven para elevar o tronco e para deambular. Conectan coa
pelve a través dunha articulación denominada cintura pelviana (cadeira) formada polo coxal e o
fémur de cada lado. Cada extremidade inferior divídese en coxa, perna, e pé. Entre a coxa e a perna
existe unha articulación denominada xeonllo, formada pola unión do fémur coa tibia e o peroné, e
reforzada por un óso libre denominado rótula. Entre a perna e o pé existe unha articulación
denominada nocello. Os ósos do pé que contribúen a esa articulación denomínanse xenericamente
ósos do tarso. A continuación deles dispóñense cinco ósos longos denominados metatarsianos e
finalmente as falanxes que conforman os dedos.

1.20
UD1 FPX

É unha cavidade ósea formada polos ósos do cranio que conteñen ao encéfalo (unha parte do sistema nervioso
central). O cranio humano está conformado pola articulación de 8 ósos, que forman unha cavidade aberta e ovoide
de espesor variable, cunha capacidade aproximada de 1.450 ml (en adultos). Dos oito ósos, catro son impares e de
situación media e os outros dous son pares e de situación lateral simétrica. A cara interna dos ósos está recuberta
dunhas estruturas de protección denominadas meninxes.

Denominada tamén Órbita. É unha cavidade ósea que contén o globo


ocular, o nervio óptico, a musculatura extraocular, o paquete vásculo-
nervioso (arteria, vea e nervio), a glándula lacrimal e un acumulo de
graxa periorbitaria que acolcha o ollo. Son dúas cavidades escavadas
entre a cara e o cranio a dereita e esquerda da liña media. Cada unha
ten forma de pirámide cuadrangular de base anterior, nas que se
definen catro paredes óseas (superior, inferior, externa e interna).
Presenta varios condutos que a comunican con outras cavidades do
entorno: o burato óptico por onde sae o nervio óptico cara ao cerebro,
un conduto nasal quepermite drenar a lágrima cara as fosas nasais, etc.

É unha cavidade cartilaxinosa tabicada que forma as dúas


fosas nasais. As fosas nasais son longos corredores
aplanados, transversalmente situados a dereita e
esquerda da liña media polos que o organismo
intercambia O2 e CO2. Cada unha delas presenta catro
paredes e dúas aberturas, unha anterior e outra
posterior. A parede lateral (ou externa) presenta tres
pregamentos mucosos denominados cornetes superior,
medio e inferior, que canalizan o aire e o quecen antes de
introducilo nas vías aéreas. Por encima das fosas nasais e
comunicados con elas atópanse unhas cavidades óseas
denominadas senos (frontais e esfenoidais) nos que pode
acumularse secreción mucosa procedente das vías respiratorias superiores (“sinusite”). A zona máis posterior das
fosas nasais comunícase coa farinxe e se denomina cavum ou nasofarinxe.

1.21
UD1 FPX

É unha cavidade ósteomuscular, situada na parte inferior da cara, que aloxa aos dentes, a lingua e as glándulas
salivares, e a través da cal se introducen os alimentos no
organismo. Os arcos alveolodentarios (enxivas e dentes) dividen
a boca en dúas partes: unha parte anterior e lateral, situada
fóra destes arcos, que é o vestíbulo e outra parte situada por
dentro destes arcos que é a boca propiamente dita. O teito da
boca fórmao a bóveda palatina, composta dunha rexión anterior
máis dura (ósea) correspondente ao óso palatino e unha rexión
posterior muscular e membranosa (padal brando ou veo). O
borde posterior do padal brando presenta na súa parte media
unha prolongación de 10 a 15mm de lonxitude, a úvula, e a cada
lado, dos pregamentos curvilíneos, un anterior e outro
posterior, chamados pilares anteriores e posteriores do veo do
padal. Entre ambos pilares dispóñense as amígdalas palatinas, unhas estruturas ganglionares (linfáticas) con función
defensiva. Cara atrás a boca comunícase coa farinxe por un orificio circunscrito polos piares anteriores do padal e a
base da lingua chamado istmo das fauces. A lingua ocupa a parte media do piso da boca. A súa cara superior está
dividida en dúas partes, unha anterior ou bucal e outra posterior ou farínxea, por un suco en forma de V aberta cara
diante chamado suco terminal ou V lingual.

Espazo delimitado pola columna vertebral dorsal (ou torácica), a parede costal, o esterno e o diafragma. Nela están
os pulmóns, o corazón, os grandes vasos e o esófago. Contén varias divisións, hai dúas cavidades laterais denominadas
cavidades pleurais, cada unha rodeando un pulmón, e unha gran cavidade central illada do resto denominada
mediastino. Ten a forma de cono truncado ou pirámide cuadrangular e a súa parede está formada polas costelas e os
músculos intercostais polos lados, que se unen por diante ao óso esterno por medio das cartilaxes costais, e por detrás
á columna vertebral dorsal. A función desta "caixa" é a de protexer os órganos internos de traumatismos mecánicos
que de outra maneira poderían lesionalos. A caixa torácica ten a particularidade de ensancharse para permitir a
inspiración. Ademais, o último par de costelas de cada lado denomínase flotante, xa que só está unido ás vértebras
na parte posterior. Na súa parte anterior este par é libre: o que permite o seu ensanchamento no embarazo.

O mediastino (do latín, “estar no medio”) é a rexión media entre as dúas cavidades pleurais. Está situado no centro do
tórax, entre os pulmóns dereito e esquerdo, por detrás do esterno e as unións condrocostais e por diante das
vértebras e daparte posterior das costelas óseas. O mediastino contén o corazón, grandes vasos, o timo ou os seus
vestixios, a parte distal da traquea, as partes proximais dos bronquios dereito e esquerdo, o esófago, varios nervios
importantes (nervio vago, frénico) e o conduto torácico.

1.22
UD1 FPX

É unha gran cavidade situada na parte central do tronco. Está limitada pola columna vertebral lumbar na súa parte
posterior e polos músculos abdominais no resto do seu perímetro. O límite superior márcao o músculo diafragma, e
o seu límite inferior está delimitado pola parte inferior do peritoneo abdominal (unha capa ou “bolsa” de tecido
conectivo que contén os órganos abdominais) separándoo da pelve. Na cavidade abdominal atópanse o estómago, o
bazo, o fígado, a vesícula biliar, o páncreas, o intestino delgado e o intestino groso, ademais de grandes vasos
(arteria aorta, vea cava inferior), estruturas linfáticas e os nervios e plexos nerviosos correspondentes a estas
estruturas.

Corresponde á parte inferior do tronco situándose por debaixo e un


pouco por detrás do abdome. Por detrás está limitada e protexida polos
últimos tramos da columna vertebral (sacro e cóccix). As caras laterais
están delimitadas polos ósos da cintura pelviana: os coxais. Por diante
está protexida por unha prolongación dos coxais denominada pube. O
límite superior márcao a parte inferior do peritoneo abdominal. O límite
inferior ou chan é unha estrutura muscular denominada periné ou
perineo, que a separa do exterior e sostén o peso das estruturas pélvico-
abdominais. A cavidade pelviana contén a parte inferior dos sistemas
dixestivo e urinario (recto e vexiga urinaria), así como os órganos
reprodutores masculinos e femininos.

1.23

You might also like