Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 1

A lenda do Vákner

Era un día tormentoso de pleno inverno, e un grupo de peregrinos avanzaban por unha
aldea preto do seu destino, Fisterra.
As chuvias non os paraban, e os fortes lóstregos só facían que camiñaran a pasos
axigantados, pero o que non sabían e que estes ruídos atronadores eran un pequeno
aviso do que ía a suceder. Comezaron a entrar nun denso bosque, pero o que non sabían
era que unha sombra perseguíaos moi de cerca, máis do que eles imaxinaban.
De repente, encontraron unha cova, onde poderían pasar aquela noite. Segundo ían
avanzando atopaban ósos, o que non era normal nunha pequena cova preto dunha aldea.
Para a súa sorte, atoparon comida, moita comida, o suficiente para un gran grupo de
persoas; isto máis o anterior fixo que se estrañaran. Cavilaron que podía chegar a ser
doutras persoas e non lle deron máis importancia. De súpeto, alguén entrou nesa cova.
Comezaron a sentir moito medo, pero xa non podían facer nada, era inútil, os feitos xa
estaban escritos. Foise acercando pouco a pouco, e a cada paso, o medo íase
agrandando. Ao velo, un deles puido recoñecelo, e o único e último que dixo foi: “ o
Vákner”.
O Vákner, atacounos deixando só a un con vida, que escapou da cova, cruzando ese
frondoso bosque, e así chegou a Fisterra.
Días despois conseguiría plasmar aquel suceso no seu diario, que séculos despois
quedaría a ser unha lenda: a lenda do Vákner.

You might also like