Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 14

UD 01

A prevención de riscos
no traballo
Índice

1. Normativa vixente sobre a prevención de riscos ............................................................................. 3


1.1. Orixe da Lei de prevención de riscos laborais .......................................................................... 3
1.2. Que dereitos e obrigas hai na prevención de riscos? .............................................................. 6
1.3. Conceptos básicos .................................................................................................................... 9
1.4. Condicións de traballo e como se materializan os riscos ...................................................... 10

2. Os danos derivados do traballo ..................................................................................................... 12


2.1. Doenza profesional ................................................................................................................ 12
2.2. Accidente de traballo ............................................................................................................. 12
2.3. Outros danos .......................................................................................................................... 14

2
1. Normativa vixente sobre a prevención de riscos

1.1. Orixe da Lei de prevención de riscos laborais


A orixe legal da lei de prevención de riscos vén do Convenio número 155 da OIT e da Directiva 89/391
da UE que, xunto co artigo 40.2 da Constitución española, marcan a orixe legal do actual
desenvolvemento da normativa de prevención de riscos no noso país, articulada na Lei 31/1995, de
prevención de riscos laborais.
Razón legais
Unha das políticas máis importantes da Unión Europea é a política social e, dentro dela, a política de
"seguridade e saúde dos/das traballadores/as no lugar de traballo", que ten como propósito fixar uns
niveis mínimos de protección que se apliquen por igual en todos os países da Unión.
No actual artigo 137 do Tratado da Comunidade Europea sinálase que "a comunidade apoiará e
completará a acción dos estados membros nos seguintes ámbitos:
a) A mellora, en concreto, do contorno de traballo, para protexer a saúde e a seguridade dos/das
traballadores/as.
b) As condicións de traballo; (...)".
Para iso, indícase que o Consello "poderá adoptar, (...) mediante directivas, as disposicións mínimas que
deberán aplicarse progresivamente (...)".
Os obxectivos, en definitiva, son dous: aumentar a protección a todos/as os/as traballadores/as e
procurar que, en materia de seguridade e saúde no traballo, non haxa grandes diferenzas entre un
estado e outro (harmonizar).
Para facer isto posible, a Unión Europea utiliza fundamentalmente o instrumento da "directiva". As
directivas son actos xurídicos de carácter vinculante cuxos destinatarios son os estados membros. A
través delas adóptanse as disposicións mínimas que deberán aplicarse. Os estados membros están
obrigados canto ao resultado que haxa que conseguir (os obxectivos da directiva), aínda que teñen certa
liberdade no relativo aos medios para traspor a directiva.
A transposición dunha directiva consiste en converter esa directiva nunha norma legal que sexa de
obrigado cumprimento no país. Aínda que para traspor unha directiva sería perfectamente posible
convertela en lei sen cambiar unha soa coma do texto inicial, a maioría dos países prefiren facer
adaptacións das directivas para as axustar ás súas características ou ás súas situacións nacionais.

3
Orixe legal
A Constitución española de 1978 estable a obriga dos poderes públicos de velar pola seguri-
dade e a hixiene no traballo. Tamén o Estatuto dos Traballadores proclama o dereito dos/das
traballadores/as á súa integridade física e a unha axeitada política de seguridade e hixiene.
O ingreso de España na Unión Europea obrigou a incorporar na lexislación española a
normativa europea de seguridade e saúde. Por iso naceu a Lei 31/1995, do 8 de novembro,
de prevención de riscos laborais, reformada pola Lei 54/2003, do 12 de decembro.
O dereito á vida e á integridade física e moral é un dereito fundamental recollido no arti-
go 15 da Constitución española. Paralelamente, ao tratar de política social e económica, es-
tablécese o deber que teñen os poderes públicos de "velar pola seguridade e a hixiene no tra-
ballo" (art.40.2). Neste sentido, o Estatuto dos Traballadores impón como unha condición da
relación de traballo o dereito que teñen os/as traballadores/as "á súa integridade física e a
unha adecuada política de seguridade e hixiene" (art. 42) e mesmo a "unha protección eficaz
en materia de seguridade e hixiene" (art. 19.1).
De igual maneira, o Estatuto dos Traballadores establece o deber que teñen os/as traba-
lladores/as de "cumprir as obrigas concretas do seu posto de traballo" (art. 5.a) e "cumprir as
medidas de seguridade e hixiene que adopten" (art. 5.b). Esta obrigatoriedade reitérase no
artigo 19.2, cando se di que "o traballador está obrigado a cumprir no seu traballo as medi-
das legais e regulamentarias de seguridade e hixiene".
A devandita lei de prevención de riscos laborais (LPRL) ten como obxectivo promover a
seguridade e a saúde dos/das traballadores/as, e define un corpo básico de garantías e res-
ponsabilidades para establecer un nivel de protección da saúde dos/das traballadores/as fron-
te aos riscos derivados das condicións de traballo. A LPRL foi desenvolvida regulamenta-
riamente polo Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento
dos servizos de prevención, e con posterioridade por outros regulamentos que regulan as-
pectos concretos da prevención. Esta materia tamén se regula en normas xerais como o Esta-
tuto dos Traballadores e a LXSS. Tampouco hai que esquecer as referencias aos dereitos e
ás obrigas en materia de saúde laboral que se poden atopar nos convenios colectivos.
O regulamento, considerando a prevención de riscos laborais como actuación que se debe
desenvolver no seo da empresa, determina os procedementos de avaliación dos riscos para a saúde
dos/das traballadores/as e as modalidades de organización, funcionamento e control
dos servizos de prevención, así como as capacidades e as aptitudes que deben ter eses servi-
zos e os/as traballadores/as que se designen para desenvolver actividades preventivas.

4
A Lei 31/1995, de prevención de riscos
A lei (LPRL) traspón ao noso dereito, ademais da Directiva marco (89/391/CEE), que con-
tén a normativa básica da política de prevención comunitaria, tres directivas relativas á pro-
tección da maternidade e da xente nova, e ao tratamento das relacións de traballo temporal.
A LPRL foi reformada en varias ocasións, no que se refire ao réxime sancionador e á am-
pliación do grao de protección á maternidade (art.26). Non obstante, a reforma máis impor-
tante acometeuse no ano 2003. A Lei 54/2003 desenvolve, entre outras cuestións, o princi-
pio de integración da prevención en todas as actividades e decisións da empresa á que xa se
refería expresamente o artigo 1 do Regulamento dos servizos de prevención (RD 39/1997).
Esa reforma vén insistir na integración como primeira obriga empresarial, que se mate-
rializará nun "plan de prevención de riscos laborais". Ese plan "deberá incluír a estrutura or-
ganizativa, as responsabilidades, as funcións, as prácticas, os procedementos, os procesos e
os recursos necesarios para realizar a acción de prevención de riscos na empresa".
Outra modificación constitúea a obriga de contar coa presenza no centro de traballo dos
recursos preventivos (é dicir, alguén que vixíe), calquera que sexa a súa modalidade (pro-
pios, alleos, mancomunados ou traballador/a designado/a), cando se dean circunstancias de
especial perigo das operacións que se realicen.

Principios da actividade preventiva


O empresariado está obrigado a adoptar cantas medidas sexan necesarias para a protección
da seguridade e a saúde dos/das traballadores/as, consonte os seguintes principios xerais:

1. Evitar os riscos.
2. Avaliar os riscos que non se poidan evitar.
3. Combater os riscos na súa orixe.
4. Adaptar o traballo á persoa.
5. Ter en conta a evolución da técnica.
6. Substituír o perigoso polo que entrañe pouco ou ningún perigo.
7. Planificar a prevención, procurando un conxunto coherente que integre nela a técnica, a
organización do traballo, as condicións de traballo, as relacións sociais e a influencia dos
factores ambientais no traballo.
8. Adoptar medidas que antepoñan a protección colectiva á individual.
9. Dar as debidas instrucións aos traballadores.

5
1.2. Que dereitos e obrigas hai na prevención de riscos?
Obrigas do empresario

a. Planificar a prevención

O empresario está obrigado a elaborar un plan de prevención de riscos, o cal debe integrarse dentro da
organización da empresa.

b. Avaliar os riscos

Cando non se poden evitar, débense avaliar. A avaliación de riscos faise por cada posto de traballo.

c. Elaborar un plan de emerxencia

No plan de emerxencia analízanse as posibles situacións de emerxencia (incendio, explosión etc.) e as


medidas necesarias en primeiros auxilios, loita contra incendios e medidas de evacuación.

d. Prover equipos de traballo

O empresario debe proporcionar equipos seguros así como adoptar medidas de protección para utilizar
eses equipos.

e. Prover equipos de protección individual

Os EPIs serán entregados de forma gratuíta pola empresa. Avaliaranse que postos necesitan EPIs e
seleccionaranse aqueles que sexan adecuados ao dano do que protexen. Todos deben de levar marcado
CE. A empresa debe informar e formar aos traballadores sobre como usalos así como vixiar que os
operarios os utilicen.

f. Adoptar medidas en caso de risco grave e inminente

É aquel risco que é probable que ocorra nun futuro inmediato e supón un dano grave para os
traballadores. O empresario está obrigado a incluír medidas no Plan de Emerxencia fronte a este tipo de
risco. Debe tamén dar instrucións para que os traballadores poidan interromper a actividade e
abandonar de inmediato o traballo.

Quen pode paralizar totalmente o traballo en caso de risco grave e inminente?


Pode paralizar totalmente o traballo o empresario pero, se este non o fai, tamén están facultados os
representantes dos traballadores, os cales deben comunicalo inmediatamente ao empresario e á
autoridade laboral nun prazo de 24 horas para que está decida se continúa ou non a paralización.

6
g. Dar formación e información

O empresario debe informar os traballadores dos riscos xerais da empresa e dos específicos dos seus
postos de traballo así como das medidas de prevención e protección e en caso de emerxencia. Esta
obriga concrétase na entrega do manual de prevención. Ademais, debe ofrecer formación teórica e
práctica suficiente e adaptada aos riscos do posto de traballo. A formación debe realizarse no momento
da contratación, no caso de modificación do posto de traballo, trala introdución de novas tecnoloxías ou
se se producen cambios nos equipos de traballo. A formación realízase, se é posible, dentro da xornada
de traballo e compútase como tempo de traballo, sen que sexa posible trasladar ao traballador os seus
custos. Se se realiza fóra do horario de traballo descóntase o tempo investido na mesma.

h. Consulta e participación

Os representantes dos traballadores teñen dereito a ser consultados e a participar nas decisións que
tome a empresa en Prevención de Riscos.

i. Vixilancia da saúde

A empresa está obrigada a realizar periodicamente controis médicos aos seus traballadores a través dos
servizos de prevención. Isto realizarase cando se inicia a actividade laboral, ao reincorporarse ao
traballo despois dunha ausencia prolongada por motivos de saúde e ao finalizar a actividade laboral
cando poidan aparecer secuelas a longo prazo.
Só se realizan as probas imprescindibles e necesarias, respectando a dignidade, intimidade e
confidencialidade dos datos médicos, polo que só se comunicará ao empresario e representantes a
condición de apto ou non apto. Os resultados completos comunícanse ao traballador.
O traballador pode asinar que non quere realizar a vixilancia da saúde, salvo que se dean as seguintes
excepcións:

 Que sexa obrigatorio por lei


 Que a súa non realización implique graves riscos para a súa saúde ou a saúde de terceiras
persoas
 Que sexa imprescindible para valorar os efectos das condicións do traballo sobre a saúde dos
traballadores.

7
j. Protección de grupos especiais de risco

Protección da maternidade e lactación


Débese realizar unha avaliación específica de riscos.
Para evitar a exposición da traballadora embarazada a eses riscos, en primeiro lugar hai que adaptar as
condicións de traballo do seu posto. Entre esas medidas débese incluír, cando sexa necesario, a non
realización do traballo nocturno.
Cando non é posible adaptar o posto de traballo, en segundo lugar, tentarase cambiar á traballadora a
un posto compatible co seu estado, conservando o seu nivel retributivo.
Se ningunha das medidas anteriores é posible, en último lugar, queda en suspensión o seu contrato de
traballo por risco durante o embarazo ou lactación cobrando o 100% da base reguladora.
Menores e traballadores especialmente sensibles
Débese realizar unha avaliación específica de riscos. Os menores non poden traballar en traballos
perigosos, nocivos, tóxicos, insalubres, nin en horario nocturno nin facer horas extraordinarias.
Traballadores contratados por ETT
A ETT está obrigada a:

 informar dos riscos concretos e as medidas de prevención e protección


 formar aos traballadores no momento da contratación
 a vixilancia da saúde e a entrega dos EPIs

A empresa usuaria é a responsable das condicións de execución.

Obrigas dos traballadores


Os/as traballadores/as, segundo a súa formación e seguindo as instrucións dos/das empresarios/as,
deberán, en particular:

a. Empregar adecuadamente máquinas, aparellos, ferramentas, substancias perigosas, equipamentos de


transporte e calquera outro medio co que desenvolvan a súa actividade.
b. Empregar correctamente os medios e os equipamentos de protección facilitados polo/a empresario/a,
segundo as instrucións recibidas deste/a.
c. Non pór fóra de funcionamento e empregar correctamente os dispositivos de seguridade existentes ou
que se instalen nos medios relacionados coa súa actividade ou nos lugares de traballo onde esta teña
lugar.
d. Informar de inmediato a persoa superior xerárquica directa e os/as traballadores/as designados/as para
realizar actividades de protección e de prevención ou, de ser o caso, o servizo de prevención, acerca de

8
calquera situación que entrañe, ao seu xuízo, un risco para a seguridade e a saúde dos/das
traballadores/as.
e. Contribuír ao cumprimento das obrigas establecidas pola autoridade competente co fin de protexer a
seguridade e a saúde dos/das traballadores/as no traballo.
f. Cooperar co/coa empresario/a para que este/a poida garantir unhas condicións de traballo que sexan
seguras e non entrañen riscos para a seguridade e a saúde dos/das traballadores/as (por exemplo,
asistir aos cursos de formación en materia preventiva que estableza a empresa).
g. Velar tanto pola súa seguridade e saúde como pola dos/das seus/súas compañeiros/as e das persoas ás
que poida afectar a súa actividade profesional.

O incumprimento por parte dos/das traballadores/as das obrigas en materia de prevención de riscos
terá a consideración de incumprimento laboral.

1.3. Conceptos básicos


As definicións recóllense na Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais, no seu artigo 4:

 Prevención: é o conxunto de actividades ou medidas adoptadas na actividade da empre-


sa, co fin de evitar ou diminuír os riscos derivados do traballo.
 Risco laboral: posibilidade de que un/unha traballador/a sufra un dano derivado do tra-
ballo. Para cualificar un risco, valoraranse conxuntamente a probabilidade de que se pro-
duza o dano e a súa severidade.
 Danos derivados do traballo: as doenzas, as patoloxías e as lesións sufridas con motivo
ou ocasión do traballo.
 Risco laboral grave e inminente: o que resulta probable que se materialice nun futuro
inmediato e que poida supor un dano grave para a saúde dos/das traballadores/as.
 Procesos, actividades, operacións, equipamentos ou produtos potencialmente peri-
gosos: aqueles que, en ausencia de medidas preventivas específicas, orixinen riscos para
a seguridade e a saúde dos/das traballadores/as que os desenvolven ou utilicen.
 Equipamento de traballo: máquina, aparello, instrumento ou instalación utilizada no
traballo.
 Equipamento de protección individual: o destinado a ser levado ou suxeitado polo/a
traballador/a para que o/a protexa de riscos que poidan ameazar a súa seguridade ou a súa
saúde no traballo.

9
1.4. Condicións de traballo e como se materializan os riscos
Que é a saúde?
A Organización Mundial da Saúde (OMS) define a saúde como un estado completo de be-
nestar físico, psíquico e social.
Aínda que o traballo permite obter os recursos económicos necesarios para cubrir as no-
sas necesidades, tamén nos expón a unha serie de riscos que poden afectar negativamente a
nosa saúde.
Por iso, en 1995 xorde a lei de prevención de riscos laborais e no 97 o Real Decreto que
regula os servizos de prevención, como a transposición da Directiva marco europea
89/391/CEE e doutras directivas, xunto con normas da OIT.

As condicións de traballo
"Condicións de traballo" son as características do traballo que poden ter influencia significa-
tiva na xeración de riscos para a seguridade e a saúde dos/das traballadores/as. Abrangue:

 Características xerais dos locais e das instalacións (escaleiras, desniveis, portas, etc.).
 Ferramentas, equipamentos de traballo, máquinas e produtos (radial, tupi, cabina de pin-
tura, copresor, etc.).
 Natureza dos axentes ambientais (físicos, químicos e biolóxicos) presentes no ambiente
de traballo, e as súas intensidades, as concentracións e os niveis de presenza correspon-
dentes: físicos (ruído, temperatura, iluminación, radiación, etc.), químicos (pinturas, de-
terxentes, amianto, chumbo, etc.) ou biolóxicos: (virus, bacterias, fungos, parasitos, etc.)
 Procedementos para a utilización dos axentes citados anteriormente.
 Todas as características do traballo que inflúan na magnitude dos riscos a que estea ex-
posto/a o/a traballador/a: carga de traballo, organización do traballo e condicións perso-
ais.

10
Esquema resumo das condicións agrupadas e os riscos que se
derivan, xunto cos danos que poden provocar e a técnica que trata de evitar eses danos

FACTORES DE RISCO DANOS TÉCNICA


PREVENTIVA
Superficies de tránsito
Escaleiras
Lugares de
Instalacións: eléctricas,
traballo
gases,...
CONDICIÓNS DE Espazos de traballo Accidente de
SEGURIDADE
SEGURIDADE Ferramentas traballo
Máquinas e os seus
Equipos de
elementos (fixos e
traballo
móbiles)
Manexo de vehículos
Ruído, humidade,
Axentes
temperatura, vibracións,
físicos
radiacións,
CONDICIÓNS Contaminantes químicos Doenza
Axentes HIXIENE
AMBIENTAIS (corrosivos, irritantes, profesional
químicos
tóxicos,..)
Axentes Bacterias, virus, fungos,
biolóxicos parásitos
Posturas, esforzos,
Carga física
CONDICIÓNS manipulación de cargas,...
Fatiga ERGONOMÍA
ERGONÓMICAS Carga
Contido da tarefa
mental
Organización, estilo de
CONDICIÓNS Factores mando, condicións do
Insatisfacción PSICOSOCIOLOXÍA
PSICOSOCIAIS psicosociais emprego, tempo de
traballo,…

11
2. Os danos derivados do traballo
A Lei de Prevención de Riscos Laborais sinala que os danos derivados do traballo son calquera
enfermidade, patoloxía ou lesión sufridas polo traballador no exercicio das súas función. Podemos
clasificar os danos profesionais en:

2.1. Doenza profesional


Distinguimos dous conceptos de doenza profesional: un técnico, que é o que utilizan os especialistas en
prevención, e outro legal, que é o recollido na Lei Xeral da Seguridade Social (LXSS).

Concepto técnico: deterioro paulatino da saúde por sobreexposición a situacións insalubres no traballo
Concepto legal: doenza contraída con ocasión do traballo por conta allea con motivo da realización de
actividades establecidas no cadro de desenvolvemento regulamentario, sempre que derive de
substancias ou elementos que se indican nese cadro.

Polo tanto, en España, para que se considere unha doenza como profesional, é necesario que se
cumpran unha serie de requisitos:

 Ao principio, só se lles recoñecía ós traballadores por conta allea, pero agora xa non é así, xa
que os traballadores autónomos tamén están obrigados a cotizar por continxencias profesionais
dende o 1 de xaneiro de 2019.
 Debe ser unha doenza recollida no RD 1299/2006 e debida aos elementos que aparecen nesa
mesma norma.
 A actividade ou sector de traballo tamén debe estar no RD. Polo tanto, existe un sistema de lista
pechada.

2.2. Accidente de traballo


Distinguimos tamén un concepto técnico e un concepto legal.

Concepto legal: lesión corporal que sufre un traballador por conta allea con ocasión ou a consecuencia
do traballo. Requisitos:

 Ao principio, como na doenza profesional, só se lles recoñecía ós traballadores por conta allea,
pero agora xa non é así, xa que os traballadores autónomos tamén están obrigados a cotizar por
continxencias profesionais dende o 1 de xaneiro de 2019.
 Ten que existir unha relación causal entre o traballo e a lesión
 Ten que haber unha lesión efectiva.

12
Ademais, a Lei Xeral da Seguridade Social (LXSS) engade como accidentes de traballo outras situación
que poidan provocar confusión sobre se o son ou non e que a lei, ao incluílas, deixa claro que si son
accidentes de traballo:

a. Accidentes in itinere: son os que sufre o traballador ao ir ou volver do lugar de traballo. A


xurisprudencia matizou os requisitos que deben darse para que se considere accidente de traballo,
aínda que seguen sendo requisitos bastante flexibles:
 Debe ocorrer no camiño de ida ou volta ao domicilio habitual. Recoñécense tamén os accidentes no
traxecto entre o lugar de traballo e o domicilio laboral, e tamén entre domicilio laboral e habitual (por
exemplo, unha viaxe de domingo entre un e outro domicilio con motivo de entrar a traballar na mañá
do luns).
 Non poden producirse interrupcións (aínda que se son curtas habituais si se permiten).
 O percorrido realizado debe ser o habitual.
 O medio utilizado polo traballador debe ser un medio adecuado para ir ao traballo.
b. Accidentes sufridos por cargos sindicais ó desprazarse para cumprir coas súas función, así como os
ocorridos ao ir ou volver de exercitar esas función.
c. Accidentes dos traballadores que, aínda que non estiveran desempeñando funcións do seu posto ou
categoría profesional, facían tarefas para o bo funcionamento da empresa.
d. Accidentes en misión: durante desprazamentos para cumprir co posto de traballo, dentro do horario
laboral.
e. Actos de salvamento e outros de natureza análoga, cando teñan conexión co traballo.
f. Doenzas non incluídas no RD 1299/2006, pero que son debidas ó traballo, sempre que se probe por
sentencia xudicial que a enfermidade xurdiu por causa exclusiva do traballo.
g. Doenzas padecidas con anterioridade e que se agravan como consecuencia dunha lesión producida por
un accidente de traballo.
h. Doenzas intercorrentes: complicacións derivadas do proceso patolóxico do accidente de traballo ou que
teñen orixe no novo medio no que se sitúa ó paciente para a súa curación.

Presúmese, salvo proba en contrario, que todo accidente que sucede no lugar e tempo de traballo é un
accidente de traballo. Poderá considerarse como accidente de traballo a imprudencia profesional que
cometa o traballador como consecuencia do exercicio habitual do traballo e a confianza que este inspira.

Non se consideran accidentes de traballo:

 Os que sexan debidos a imprudencia temeraria


 Os debidos a dolo (engano) do traballador.

13
Concepto técnico: Suceso anormal, non querido nin desexado, que interrompe a continuidade do
traballo de forma súbita e inesperada e produce danos contra as persoas e/ou cousas.

Polo tanto, dende o punto de vista da prevención non é necesaria a existencia de lesión no traballador.
Distinguimos así os seguintes tipos de accidente dende o punto de vista técnico:

 Típico: onde hai lesións ás persoas e danos ás cousas


 Caso: hai lesións ás persoas pero non danos materiais
 Branco: non hai lesións pero si danos materiais
 Incidente: non hai lesións nin danos materiais

2.3. Outros danos

2.3.1. Fatiga laboral


É a diminución da capacidade física e mental despois de facer un traballo en tempo breve e sen
posibilidade de recuperación. Pode producirse por dúas causas: carga física (posturas incómodas,
esforzos...) ou carga mental (manexo de moita información, tarefas complicadas...), de aí que se fale de
fatiga física e mental.

2.3.2. Avellentamento prematuro


Fatiga crónica ou desgaste que provoca que se acelere o proceso normal de avellentamento e que non
coincida a idade cronolóxica coa idade biolóxica

2.3.3. Insatisfacción laboral


Actitude xeral negativa cara o traballo que procede da diferencia entre as expectativas xeradas respecto
ao traballo e a realidade do que é o traballo, e a importancia que se lle dá a esa diferencia. Inflúen polo
tanto 3 factores á vez:

 as condicións de traballo
 as expectativas do traballador cara o mesmo
 a importancia que lles dea a que estas se cumpran ou non

14

You might also like