Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 21

LA OLA

GRUPO
Fernando Ballorca Nieto
Sheila Baluja Mallo
Olalla Blanco Crespo
Alba Garrido Fernández
Adrián López López

0
ÍNDICE
1. PRESENTACIÓN ............................................................................................................... 1
2. PERSOAS DESTINATARIAS........................................................................................... 2
3. OBXECTIVOS .................................................................................................................... 2
4. ORIENTACIÓNS METODOLÓXICAS .......................................................................... 4
5. O FILME “LA OLA” ......................................................................................................... 5
5.1. Ficha técnica e artística ................................................................................................. 5
5.2. Sinopse ............................................................................................................................... 6
5.3 Crítica da obra ..................................................................................................................... 7
5.4. O director ........................................................................................................................... 8
5.5. Curiosidades do filme......................................................................................................... 9
6. OS CONTIDOS ....................................................................................................................... 9
6.1. Perigos dos sistemas autocráticos: ..................................................................................... 9
6.1.1. Estilo educativo autoritario: ...................................................................................... 10
6.2. As drogas:......................................................................................................................... 10
6.3. Violencia escolar: ............................................................................................................. 11
6.4. Valores da película: .......................................................................................................... 12
6.4.1. Obediencia extrema: .................................................................................................. 12
6.4.2. Discriminación: ......................................................................................................... 13
6.4.3. Egoísmo: ................................................................................................................... 13
7. PROPOSTA DE INTERVENCIÓN PEDAGÓXICA NO CINE ...................................... 14
8. OUTRAS FILMOGRAFÍAS ................................................................................................ 16
9. BIBLIOGRAFÍA ................................................................................................................... 19

1
1. PRESENTACIÓN
A importancia da educación é fundamental para o funcionamento da sociedade. A
afirmación que acabamos de compartir, se ben é certo que parece lóxica e obvia, parece
non poder asimilarse coa realidade que nos rodea a día de hoxe, nun momento no que o
sistema educativo no que nos atopamos inmersos fai xa anos que se ve sometido a un
continuo debate. Xa dende a xeración dos nosos país vense a cuestionar a natureza
tradicional e ríxida dunha didáctica educativa especialmente centrada na memorización
de todo un conxunto de datos, e de asimilación de mecánicas moi básicas de formación e
de estudo, orientadas a formar unha poboación que sexa o máis fácil de moldear de cara
a crear unha sociedade de masas centrada no traballo e no consumo.

No paulatino proceso de tamización do sistema educativo, os alumnos foron vítimas


do asentamento dunha educación que ignoraba a importancia de impartir á mocidade unha
correcta educación en valores e de capacidade crítica, que lles permitira introducirse na
sociedade de masas sendo animais racionais, capaces de observar e interpretar o mundo
que lles rodea, así como de xulgalo criticamente.

Todos sabemos o complicado que pode ser realizar unha tarefa semellante nun
sistema educativo que, como dixemos, está lastrado por unha excesiva importancia da
memorización e a consecuente homoxeneización do alumnado. Máis aínda se temos en
conta o feito de que, cada catro anos, o mencionado sistema educativo vese afectado por
sucesivas reformas educativas que son especialmente superficiais e que, máis aló de
implementar tal ou cal modificación na obrigatoriedade ou non dunha materia, na
modificación dos criterios para a repetición, ou a inclusión dalgunha materia nova (sendo
xa isto motivo de interminables debates como foi caso de Educación para á Cidadanía ou
en valores), non parecen ter intención nunca de prestar atención ao relevante, como pode
ser a excesiva extensión dos currículos, o excesivo número de horas que o alumno pasa
nas aulas (funcionando isto en detrimento da súa concentración), o elevado número de
alumnos que hai por aula (dificultando isto a realización de tarefas máis interactivas ou a
atención pormenorizada do alumnado, por exemplo) ou a excesiva tendencia dos
profesores, a consecuencia de diferentes esixencias administrativas, a depender en exceso
de métodos tradicionais cuantitativos de avaliación como o exame que, se ben poden ser

1
útiles para certas cousas, non o son dende logo para a difusión e a asimilación de aptitudes
críticas e de valores entre o alumnado.

Foi precisamente polo anterior, pola importancia que lle concedemos á formación
crítica e en valores, que decidimos escoller o filme “Die Welle” ou “A Ola”, un
longametraxe no que se mostra dun modo terriblemente ilustrativo o que pode ocorrer
cando nunha sociedade no se lle outorga á educación un suficiente espazo para fomentar
unha formación crítica que impida o que, precisamente, ocorre no filme, a difusión de
ideas nun colectivo social (xa sexan autoritarias ou non, neste caso autoritarias) que
poidan ser acríticamente aceptadas. Consideramos pois que esta produción pode ser moi
ilustrativa para os adolescentes, xa sexan máis ou menos maiores.

2. PERSOAS DESTINATARIAS
Na nosa opinión esta película poderíase empregar para calquera alumno de
secundaria, xa sexa da ESO ou de Bacharelato, sen embargo, neste caso o filme o
empregaríamos no curso de 4º da ESO, máis que nada polo mero feito de intentar
respectar a cualificación de idade de “Non recomendada para menores de 16 anos” (por
máis que vaia algo xusta), cualificación que, por outra banda, consideramos
innecesariamente elevada, máis se temos en conta o feito de que cando a película viu a
luz no ano 2008, esta tiña unha cualificación de idade de tan só 13 anos, polo que a actual
a consideramos unha cualificación esaxerada que, de novo, implicaría consecuencias
negativas na formación crítica e en valores dos adolescentes, debido a prexudicial vontade
da que as veces podemos pecar ao intentar “taparlles os ollos” ante certas cousas.

3. OBXECTIVOS
Aínda que o filme se pode analizar dende diferentes puntos de vista, xa sexa social,
política ou psicoloxicamente, o principal obxectivo de La Ola é alertar do auxe e
expansión da extrema dereita. Ao comezo, o profesor pregúntalles aos alumnos e
alumnas se sería posible que unha ditadura como a nazi volvese a repetirse nos nosos
tempos. Aínda que todos están de acordo na imposibilidade de que o fascismo volva a
recorrer Alemaña, ante o intento do profesor de formar un grupo de características
autocráticas, o alumnado radicalízase e todo acaba traxicamente co suicidio do alumno
máis extremista.

2
Polo tanto, o que a película nos transmite é a facilidade coa que o fascismo é
capaz de rexurdir nunha sociedade que parece condenada a repetir os seus erros.
Aproveitándose dun ambiente social, económico e político desfavorable, o fascismo,
como instrumento do capital, válese do populismo para penetrar nas medias e baixas
clases sociais. No filme, isto tradúcese nuns alumnos e alumnas que sofren experiencias
persoais delicadas e que encontran na Ola unha especie de solución pero que, en realidade,
tan só os radicaliza, volvéndoos en contra doutros grupos como os anarquistas ou incluso
levándoos a violencia, como no momento no que Marco golpea a súa noiva, Karo, que
rexeita o novo movemento.
É importante recalcar a situación persoal destes alumnos, pois favorece a
radicalización dos mozos. A película reflexa tamén o consumo de drogas e alcohol, o
seu propio tráfico dentro do instituto, o acoso escolar, as familias desestructuradas,
a presión sobre o alumnado para acadar unhas expectativas cara ao futuro irreais,
o vandalismo xuvenil… todas estas problemáticas presentes no día a día dos e das
estudantes convérteos en suxeitos altamente manipulables e coaccionables. A Ola
preséntase como a solución a todos os seus problemas, así como unha familia alternativa
que promete unidade, apoio e, sobre todo, unha vía de escape para todos estes problemas
moi reais. En especial o acoso escolar, que sofre Karo ao rexeitar formar parte da Ola, é
unha problemática moi presente nos nosos días, que incluso leva a moitos alumnos e
alumnas non só a sufrir enfermidades mentais como a depresión, senón tamén ao suicidio,
unha terrible realidade que está moi presente no noso país, no que se suicidan 10 persoas
cada día.1
Aínda que a película se rodou en 2008, 13 anos despois, somos testemuñas do
resurxir da extrema dereita con partidos como o español Vox, o italiano La liga del norte
ou o francés Agrupación Nacional, que veñen acompañados por discursos de odio e
fomento da violencia. Aínda que o fascismo é un movemento característico do século
XX, é capaz de adaptarse aos novos tempos, de feito, estes partidos defínense todos como
neoliberais. Amparados polo nacionalismo e por unha suposta e férrea defensa do país no
que xorden, estes partidos claman pola liberdade mentres difunden discursos machistas,
racistas, homófobos, transfobos e xenófobos, entre outras cousas, apartando, finalmente,

1
BURÉS, E. (20 de Novembro de 2021). Grito de auxilio para evitar los suicidios por acoso escolar, ABC.
https://www.abc.es/espana/catalunya/abci-grito-auxilio-para-evitar-suicidios-acoso-escolar-
202111200944_noticia.html

3
a todo aquel que non sexa varón, europeo, branco, heterosexual e cisxénero. Todo isto
supón un reto para a Europa contemporánea, que tras sufrir a Alemaña nazi, a Italia de
Mussolini, a España franquista ou A garda de Ferro rumana, observa como o pasado é
branqueado e manipulado. Neste sentido, a película tamén fai ben en recordar o
importantísimo papel do profesor ou profesora como elemento clave para ensinar
ás novas xeracións a importancia da nosa historia e, en definitiva, todo aquelo que non
debemos repetir.
Por outro lado, no filme vemos tamén a importancia que teñen hoxe en día os
medios de comunicación e, sobre todo, as redes sociais na difusión destas ideas
extremistas, valéndose de bulos, chegando así a moita máis xente, mesmamente, o
profesor convoca en cuestión de segundos ao alumnado a través dun simple mensaxe de
texto. Como principal usuario das redes, a xuventude é un sector da poboación
especialmente susceptible e manipulable a estes discursos. Segundo o barómetro
publicado o 29 de setembro deste ano sobre xuventude e xénero da Fundación de Axuda
contra a Drogadicción, un de cada cinco mozos varóns españois cren que non existe a
violencia machista, o dobre que fai catro anos e que coincide co auxe de Vox e a súa
negación dos abusos que viven as mulleres cada día.2 No filme, os alumnos radicalízanse
en menos dunha semana, o cal non está tan aloxado da realidade. De novo, o papel do
profesor e profesora é fundamental para educar ao alumnado en valores e así axudar a
esta gravísima situación cambie, pois a violencia machista, que tamén aparece na película,
é innegable.

4. ORIENTACIÓNS METODOLÓXICAS

O cine é unha proposta que no desenvolvemento de actividades de educación en


valores, determina en boa medida a percepción e reflexión que o espectador, neste caso o
alumnado, ten acerca dun tema en particular. Para que esa representación conduza a uns
obxectivos determinados precisase que o alumnado pase de ser un espectador pasivo a un
espectador activo, é dicir, lograr que o alumno consuma a mensaxe fílmica con
perspectiva e con criterio, de tal forma que teñan capacidade individual e colectiva para

2
NAGOVITCH, P. (29 de Septiembre de 2021). Uno de cada cinco jóvenes varones en España cree que
no existe la violencia machista, el doble que hace cuatro años. ElPais. https://elpais.com/sociedad/2021-
09-29/uno-de-cada-cinco-jovenes-varones-en-espana-cree-que-no-existe-la-violencia-machista-el-doble-
que-hace-cuatro-anos.html

4
captar o fin último da película e o punto de vista desde o que foi tratada.
Consecuentemente, o papel do profesorado é crucial á hora de guiar os procesos de
reflexión e abstracción para poder constituír unha verdadeira educación.
O cine propicia a reflexión e o diálogo ao fomentar a expresión das emocións
suscitadas e favorece a inmersión no análises. Debe ser unha actividade atractiva e
coidadosamente planificada segundo os criterios relevantes (idade, ciclo educativo, etc.)
así como tamén debe ser capaz de suscitar emocións que permitan un análises racional.
En base ao anterior dicimos que está metodoloxía debe abranguer a planificación e a
organización, a linguaxe cinematográfica, a reflexión individual e colectiva, a capacidade
crítica e a aprendizaxe funcional, así como unha educación en valores e actitudes. Polo
tanto, os aspectos a seguir para levar a cabo a actividade son os seguintes:
• Metodoloxía activa a partir de cal lograr unha aprendizaxe contextualizada,
funcional e significativa.
• Traballar de forma cooperativa a estrutura, as capacidades críticas e reflexivas e a
educación en valores e actitudes a partir do análises da película A Ola.
• Traballar para conseguir unha aprendizaxe funcional que permita conectar o
contexto fílmico ca realidade inmediata.

5. O FILME “LA OLA”


5.1. Ficha técnica e artística

FICHA TÉCNICA
Título orixinal Die Welle
Ano 2008
Xénero Drama. Baseada en feitos reais. Adolescencia. Nazismo.
País Alemaña
Duración 110 min.
Dirección Dennis Gansel
Producción Constantin Film, Rat Pack Filmproduktion, Medienfonds GFP
B.A. Produktion
Guión Dennis Gansel, Peter Thorwarth
Fotografía Torsten Breuer
Música Heiko Maile

5
PREMIOS
2008 Premios do Cine Europeo: Nominada a premio del público y actor (Vogel).
2008 Festival de Sundance: Sección oficial World Cinema – Drama.
2008 Festival Internacional de Estambul: Premio Especial del Jurado.
2007 2 Premios del cine Alemán: 3ª mejor película y actor secundario (Lau).

FICHA ARTÍSTICA
Jürgen Vogel Rainer Wenger
Frederick Lau Tim
Jennifer Ulrich Karo
Max Riemelt Marco
Christiane Paul Anke Wenger
Elyas M'Barek Sinan
Jacob Matschenz, Dennis
Cristina Do Rego Lisa
Maximilian Mauff, Kevin
Maximilian Vollmar Bomber
Ferdinand Schmidt-Modrow, Ferdi
Tim Oliver Schultz, Jens
Amelie Kiefer Mona
Fabian Preger Kaschi
Odine Johne Maja

5.2. Sinopse

Alemaña actual. Durante a semana de proxectos, ao profesor do instituto Rainer


Wenger tócalle desenvolver o tema da autocracia. Ante isto o docente decide levar a cabo
un experimento que explique aos seus alumnos cal é o funcionamento dos gobernos
autoritarios. En apenas un par de días, o que comeza cunha serie de ideas inocuas como
a disciplina e o sentimento de comunidade vaise convertendo nun movemento real: A
OLA. O terceiro día, os alumnos comezan a illarse e ameazarse entre si. Finalmente, o

6
conflito rompe en violencia durante un partido de waterpolo, o profesor decide non seguir
co experimento, pero para entón xa era demasiado tarde, A OLA estaba descontrolada.

5.3 Crítica da obra

• A seguinte crítica do 19 de novembro de 2008 na páxina filmaffinity do usuario


Girón resultou de utilidade a 196 de 221 usuarios. A súa votación para o filme é
un 8.

“¿Es posible que un sistema dictatorial vuelva a implantarse en Alemania?....O...¿en


España, tal vez? El experimento sociológico que el profesor Rainer practica con sus
alumnos sobre la autocracia va a tener unas consecuencias terroríficas e inesperadas. Y
es que pronto el experimento deja de ser un juego. Es cierto que se podía haber ahondado
más en las causas que llevan a los alumnos a comportarse de esa forma.
Pero lo que la película intenta transmitir, y lo consigue, es la facilidad con que puede
germinar el totalitarismo en una sociedad que, por sus circunstancias, es carne de cañón
para el resurgir de dicho fenómeno. Para los alemanes de los años 30 los problemas eran
el desempleo la inflación...
Los jóvenes de la película en cambio tienen una vida ejemplar. O eso es lo que parece.
Pero escarbando un poco vemos que se sienten solos, incomprendidos, sin motivación,
sin ideales por los que luchar, con una familia que no les presta atención, rodeados de
gente egoísta como ellos.
No es descabellado pensar que podríamos estar avanzando sin darnos cuenta a una
sociedad autocrática. Desde luego, no sería cosa de una semana. El recorte de nuestros
derechos y libertades se produciría gradualmente. Pero posiblemente, como ocurre en la
película, cuando nos quisiéramos dar cuenta sería demasiado tarde. La Ola se nos habría
ido de las manos”.

• O 28 de abril de 2018, Dani Schuter describe na páxina Cinéfilo serial, o filme


como “mostra dun resultado espeluznante”.

“ “La Ola” es un film que aborda la temática del nazismo desde otro lugar. No busca
indagar sobre el pasado, conocer acerca de lo sucedido, sino que intenta descubrir si es
algo particular de una época o, si después de tantos años y reflexiones, todavía podría
ocurrir algo similar. Es así como demuestra lo endeble que puede ser el ser humano y su
memoria colectiva, sobre todo dentro del pueblo alemán, cuyas generaciones que ni

7
siquiera vivieron de cerca la guerra sino que aprendieron sobre su historia a través de
libros, testimonios o material cinematográfico, tienen muy presentes los acontecimientos.
Además, manifiesta la importancia dada por el hombre a los grupos de pertenencia, cómo
a veces se puede perder la individualidad en pos a formar parte de algo mayor a uno. Esto
provoca que el espectador reflexione sobre su posición en una situación similar y que
hacia el final del film quede impactado por su resolución.
La cinta va escalando en intensidad y en tensión, presentando un ritmo dinámico
y frenético, con un punto de no retorno. Este clima se genera no solo debido a la cuestión
narrativa, sino también a la utilización de la música, la ambientación y el vestuario
(aspecto que se relaciona de una gran manera con la trama).
La historia es posible también gracias a la calidad actoral dentro del elenco, donde
nos encontramos con personalidades disímiles, encarnando a distintos individuos dentro
de la sociedad. Existen aquellos más propensos a pertenecer al grupo (sobre todo los que
tienen carencia de afecto familiar o de amigos) y otros que son más reacios y realistas de
lo que está sucediendo. De todas maneras, Frederick Lau es quien más se destaca dentro
del film, interpretando al papel más extremo y obsesivo.
Por otro lado, la película presenta ciertas metáforas interesantes, como la elección del
Waterpolo como deporte escolar, donde por arriba del agua se ve algo más transparente
y por debajo del mismo suceden cosas más violentas y profundas que no se pueden
observar.
Si bien “La Ola” toma nuevamente el tema del nazismo para plasmarlo en la
pantalla grande, lo hace de una manera totalmente diferente. Una película más orientada
al público juvenil que, al igual que los protagonistas, tal vez no están tan interiorizados
con los sucesos ocurridos en Alemania, pero que busca generar un impacto sobre el futuro
de la sociedad y del mundo. Lleva a reflexionar acerca de lo pasado, qué es lo que
queremos para los años venideros y cómo no podemos estar seguros ni confiados que lo
que pasó fue algo de un solo momento.”

5.4. O director

Dennis Gansel (4 de outubro de 1973) é un director de cine e guionista alemán.


Durante a súa etapa de formación estivo no Tellkampfschule de Hannover onde se
graduou e obtivo o Abitur (diploma que permite o acceso á universidade). De 1993-95
fixo servizo á comunidade e de 1994 ao ano 2000 estudou na Academia de Televisión e

8
cinema de Múnic. O seu primeiro traballo foi unha curtametraxe chamada The wrong
trip realizado en 1995. A súa primeira longametraxe sería en 1999 con Das Phantom (El
fantasma), un suspense político sobre a Fracción do Ejército Rojo (RAF) con Jürgen
Vogel como protagonista facendo de investigador. O filme emitiuse en televisión en maio
do 2000 e non só tivo unha gran repercusión mediática senón que tamén logrou tres
premios Adolf-Grimme. O seu debut no cine chegou en 2001 con Mädchen,
Mädchen (Chicas, chicas).
En 2008 estreouse La Ola baseada nun experimento escolar desenvolto en
Estados Unidos en 1967 adaptado á Alemaña actual. A película estivo no Festival de cine
de Sundance na sección World Cinema – Dramatic. Ao final o premio foi para a
largometraje sueca Ping-pongkingen de Jens Jonsson. Pero La Ola gañaría o
bronce Deutschen Filmpreis (Premio del cine alemán) á mellor película alemá.

5.5. Curiosidades do filme

O filme está baseado na novela de Morton Rhue, trátase dunha obra de ficción,
pero esta baseada en feitos reais: O experimento orixinal realizouno o profesor de historia
Ron Jones no instituto Cubberley de Palo Alto, California, en 1967.

6. OS CONTIDOS
6.1. Perigos dos sistemas autocráticos:

A película amosa un exercicio dunha clase para coñecer os sistemas autoritarios.


O exercicio basease nuns valores de maior cohesión entre os compañeiros; cooperación,
apoio entre uns e outros, o dominio da maioría, etc. Entendidos desta forma non terían
ningún problema, pois fomenta esa perda do sentimento de individualidade tan presente
na sociedade actual. O problema do exercicio é que eses valores veñen manexados por
unha única persoa, é dicir, seguen un paradigma no que as opinións, os pensamentos e a
visión da realidade desa persoa é a única válida, diso se trata a autocracia.
O autoritarismo é un modelo de exercicio de autoridade imposta pola vontade de
quen exerce o poder en ausencia de consenso que orixina un orde social opresivo, carente
de liberdade e autonomía. Neste sistema o espírito de grupo, os ideais comúns, a axuda
mutua, os uniformes son moito máis importantes que o propio pensamento. En algunhas
ocasións, sobre todos nos casos extremos como se ve reflectido na película, o sentimento
de pertencer a un grupo e ao mesmo tempo sentirse protexido polo mesmo, fai que se

9
presenten condutas de odio e dominación fronte as persoas que non seguen ese
pensamento ou norma. Cabe mencionar a figura do profesor, que no seu exercicio de
poder perde o control do experimento e non é capaz de tomar as medidas necesarias para
que a situación da escola volva á normalidade.
6.1.1. Estilo educativo autoritario:

O modelo empregado na educación dos rapaces pode condicionar o seu


desenvolvemento social. Este estilo educativo consiste en pais que impoñen as normas
sen lugar á discusión, que castigan as condutas inadecuadas para previr problemas
futuros, sen dar explicación do motivo. Pais que son esixentes en canto á madurez dos
seus fillos e que non adoitan comunicarse adecuadamente cos seus fillos, só impórtalles
a obediencia. Tamén a expresión de afecto é baixa, non adoitan expresar abertamente
afecto aos seus fillos e non teñen en conta os intereses e necesidades dos fillos. Este
modelo fai referencia á educación entre pais e fillos, pero pode extrapolarse ao modelo
de ensinanza profesor-alumno. Cabe destacar tamén que os fillos baixo este modelo
adoitan tes as seguintes características:
• Son obedientes e submisos cando están baixo un control externo, pero en ausencia
de estes son moito máis irresponsables e amósanse agresivos.
• Tenden a sentirse culpables e reprimidos
• Tenden a ter baixa autoestima e escaso control
• Contan con poucas habilidades sociais.

6.2. As drogas:

Na película aparecen varias escenas onde aparece o consumo e venda de drogas no


instituto. Para comezar é posible e convinte que as escolas interésense pola redución da
demanda das drogas, no sentido de influír no comportamento polo que se refire ao
emprego de drogas e é de esperar que o fagan. Sen embargo a principal tarefa das escolas
é establecer unha base de valores sólidos en relación coa saúde e o consumo de drogas e
non modificar comportamentos que quizais estean determinados por factores que escapan
da súa influencia.3
O consumo de drogas afecta non só na saúde física dos estudantes senón tamén na
saúde psicolóxica. Na película vese moi ben nos botellóns que fan ou no tráfico que

3
NACIONES UNIDAS (2004). ESCUELAS. Educación de base escolar para la prevención del uso
indebido de drogas, Oficina de las Naciones Unidas contra la droga y el delito, 16.

10
executan os propios estudantes os problemas que trae, referímonos aos conflitos que
derivan da venda de drogas ou o feito de realizar actos que se non estiveran bébedos que
se mostran no filme.
Non imos profundar moito sobre o tema pois non é o contido principal, pero
queremos reflexar a necesidade que é ensinar nas aulas este problema. Por iso é necesario
ter en conta cando se vai facer un taller deste tipo as seguintes cuestións; O que o
estudante xa coñece sobre as drogas e o que necesitan saber; Os valores, as actitudes e as
percepcións dos estudantes; Cales son as aptitudes que dominan xa e cales son as que
necesitan desenvolver; A necesidade de conseguir un equilibrio de coñecementos,
valores, actitudes e aptitudes desenvolvidos; E a necesidade de establecer vínculos entre
coñecementos, actitudes, valores e aptitudes.

6.3. Violencia escolar:

Entendemos como violencia escolar a un fenómeno psicosocial que sucede nas


escolas e que non se entende unicamente co bullying (entendido como a violencia entre
compañeiros de clase que se prolonga no tempo) se non toda a violencia presente como a
exercida polo alumno cara o profesor, o profesor cara o alumno, entre os profesores e os
pais, etc. Cabe destacar que un dos papeis do profesor é a educación da convivencia ou a
construción da convivencia.
O primeiro programa de intervención psicoeducativa desenvolto en España en
relación co maltrato entre escolares do Proxecto Sevilla Antiviolencia Escolar (Ortega,
1997).4 Este proxecto foi a orixe e o modelo do primeiro programa institucional
desenvolto en España pola Comunidade Autónoma de Andalucía no ano 1997 chamado
ANDAVE.5 Ambos programas e a maioría dos que viñeron posteriormente caracterízanse
por basear a xestión da convivencia na implicación de toda a comunidade educativa e en
todos os niveis.

4
ORTEGA, R. (1997). El proyecto Sevilla Anti-violencia Escolar. Un modelo de intervención preventiva
contra los malos tratos entre iguales, Revista de Educación, 313, 143-158.
5
ORTEGA, R.; DEL REY, R. (2003). Investigación Educativa e Intervención Contra la Violencia Escolar
en España. El Proyecto Andalucia Antiviolencia Escolar (Andave). Comportamiento Antisocial: Escola e
Familia. Ediliber, 231-256.

11
Polo tanto para a intervención e prevención da violencia nos centros educativos e
seguindo o exemplo de Del Rey e Ortega (2007) é preciso:
• Mellorar a organización escolar: Orientado á comunicación con todos os
axentes educativos e a determinación de medidas dialogadas e aprobadas
democraticamente.
• Formación do profesorado: Para desenvolver as competencias profesionais
necesarias para a construción da convivencia e desenvolvemento de estratexias
específicas.
• Traballo de aula: Actividades co alumnado centradas na reflexión, pensamento
crítico, escoita activa, respecto e valoración da opinión dos demais e actividades
que potencien a empatía.
• Programas específicos: Dedicados a destacar a axuda entre iguais, a mediación
entre iguais e os programas de desenvolvemento da asertividade e da empatía,
entre outros.

6.4. Valores da película:

Esta película amosa máis valores negativos que positivos: os cales podemos
destacar a obediencia extrema, a discriminación e o egoísmo.
6.4.1. Obediencia extrema:

A obediencia, seguindo a Milgran,6 é que unha persoa chegue a considerarse


instrumento para realizar os desexos doutra e polo tanto deixa de crerse responsable dos
seus propios actos. Varios experimentos sobre a obediencia amosan que a persoa amosase
responsable ante a autoridade que a dirixe pero non do contido dos actos que a ordena
executar, non é que desapareza a moral, senón que a persoa subordinada sinte vergoña ou
orgullo, dependendo do ben ou mal que realizara a acción. A Escola de Frankfurt
hipotetiza que existe en todos nos unha dimensión autoritaria da personalidade e que na
maioría das persoas xera unha obediencia incondicional á autoridade. É necesario ter isto
presente cando se trata este valor.

6
MILGRAN, S. (2005). Los peligros de la violencia, Polis: Revista Latinoamericana,11, 6.

12
6.4.2. Discriminación:

A RAE define discriminación como “Acción e efecto de trato desigual a unha


persoa ou colectividade por motivos raciais, relixiosos, políticos, sexo, idade, condición
física ou mental”. Para comezar, é necesario dicir que a discriminación non fala sobre as
vítimas nin se explican por ningunha característica que posúa, senón pola mirada da
persoa ou colectivo que a realiza. Isto é porque o que discrimina responde a un marco
cultural que crea e difunde estereotipos. Un estereotipo é unha imaxe inflexible construída
de maneira ilóxica e en base a prexuízos, aptitudes, crenzas e opinións preconcibidas,
impostas polo medio social e cultural que se aplican de forma xeral a todas as persoas
pertencentes a unha categoría, sexa esta a súa nacionalidade, etnia, idade, sexo,
preferencia sexual, procedencia xeográfica, etc. Hai moitos tipos de prácticas
discriminatorias entre as que podemos destacar a difusión de estereotipos, tanto positivos
como negativos e que se vinculen a características innatas ou adquiridas, maltratar, illar,
agredir, segregar, excluír, marxinar, ou establecer calquera distinción legal, económica,
laboral, de liberdade de movemento ou acceso a determinados ámbitos ou en algún tipo
de prestación a un membro de un grupo humano do tipo que sexa.
Para impedir isto é importante educar na diversidade co obxectivo de desarticular
os prexuízos que divídenos como sociedade. É unha tarefa compartida por todos e a
comunidade educativa ten un aporte cun valor máis substancial e multiplicador. Por iso é
de vital importancia outorgar ferramentas que faciliten o traballo no aula nas temáticas
discriminatorias, racismo e xenofobia.7
6.4.3. Egoísmo:

A RAE defíneo como inmoderado e excesivo amor a si mesmo, que fai atender
desmedidamente á propia interese, sen coidarse do dos demais. O egoísmo infantil,
egotismo ou egocentrismo considerase a vivir plenamente ao marxe das agrupacións
sociais e de certas dificultades de actuar dun modo organizado en grupos superiores a
dous ou tres suxeitos. Del Pozo Pardo establece as condicións para evitar o egoísmo nos
rapaces:

1. Importancia do exemplo, como en todas as cuestións educativas.

7
INADI (2011). Guía didáctica para docentes. Ministerio de Justicia y Derechos Humanos de Argentina,
5. http://www.bnm.me.gov.ar/giga1/documentos/EL005365.pdf

13
2. Non hai que considerar ao neno coma un xoguete de adulto, nin darlle mais
importancia da que se merece, nin pedirlle mais do que se pode dar, nin
axudarlle mais do que necesita.
É necesario tamén educar en xenerosidade e hai tres tipos de actuacións:
producíndoa mediante suxestións xenerosas, presenciando o feito e o consentindo coa
palabra e o xesto ou sinalando o feito unha vez producido.

7. PROPOSTA DE INTERVENCIÓN PEDAGÓXICA NO


CINE
O nacemento do cine producise o 28 de decembro de 1895 cando un pequeno
grupo de persoas asistiu ao espectáculo organizado polos irmáns Lumiére no Salón Indien
do Gran Café de París. O que non sabían era a transcendencia que aquelo ía ter e que máis
de cen anos despois o cine converteuse nunha das industrias máis poderosas dunha
sociedade inmersa nos medios de comunicación e as novas tecnoloxías. Tanto é así que o
estudantado está sometido, e tamén habituado, a permanentes estímulos audiovisuais dos
que obteñen información e coñecementos.
Tendo en conta o exposto, a introdución dos medios audiovisuais no sistema
educativo resulta necesaria, pois o cine é un instrumento pedagóxico e un recurso
motivador pola súa riqueza visual e narrativa potencialmente útil nas aulas de Historia,
sobre todo se temos en conta que non hai un único modo ou método de transmitir e
adquirir coñecementos. De feito, a adquisición de competencias xerais e específicas parte
da combinación de distintas estratexias docentes. Así, se para algúns o cine non é máis
que un pasatempo, xa en 1940 o teórico e cineasta húngaro Bela Bazàls afirmaba que
“había que incluír nas ensinanzas primaria e secundaria contidos de arte
cinematográfico”.
Carmen Rojas Gordillo definiu o cine como “un ben cultural, un medio de
expresión artística, unha maneira de comunicación social, unha industria, un obxecto de
comercio, ensinanza, estudo e investigación. O cine é, pois, una parte do patrimonio
cultural”. Mais concretamente, o cine bríndanos un sen fin de motivacións didácticas e
pedagóxicas das que extraer coñecemento xeográfico, artístico, social e político de
calquera época histórica, pero tamén unha linguaxe cinematográfica e uns valores
estéticos. En definitiva, un medio para adquirir contidos conceptuais e un procedemento
para debater e adquirir contidos actitudinais, aínda que non só iso, o cine tamén serve
para aumentar o interese do alumnado pola materia.
14
A partir da película La Ola pretendemos mostrar como aproveitar un filme para educar
en valores á vez que facilita a adquisición e asimilación de conceptos por parte do
alumnado. Deste xeito, ademais dos obxectivos específicos, pretendemos que o alumnado
despois do visionado do filme:

• Identifique o sistema político representado e as súas características e


consecuencias.
• Identifique o perigo dos sistemas autocráticos e os valores que os sosteñen.
• Identifique o estilo educativo autoritario.
• Identifique o perigo das drogas e a violencia escolar.
• Tome conciencia da relevancia de educar en valores por medio do cine.
• Potencien a reflexión, valoración e o sentido crítico.
• Profundicen no debate planteado e na discusión sobre a toma de conciencia e
decisión, ben sexa individual ou colectiva.
• Establezan un proceso de interiorización crítica a partir da película A Ola.
• Reflexione sobre o valor do respecto, a liberdade, a obediencia, a autonomía, a
responsabilidade, o amor e a felicidade.

Porén, esta proposta metodolóxica necesita unha introdución previa que oriente ao
alumnado para aproveitar toda a riqueza formativa que permite a visión da película. Desta
maneira, concibido o cine como unha actividade pedagóxica de grupo, búscase establecer
unha dinámica interactiva no alumnado pola cal descubran e reflexionen sobre as diversas
realidades e os valoren que se dan nunha sociedade ou grupo determinado. É dicir,
partimos dunha actividade e técnica que versa sobre tres pedras angulares: na primeira o
grupo participa de modo conxunto na actividade educativa. A segunda aséntase sobre o
cine como transmisión de ideas e coñecementos sobre os que reflexionar, debater e
fomentar o sentido crítico. E na terceira descobren e reflexionan sobre a realidade actual
na que percíbese situacións similares, converténdose en espectadores conscientes
comprometidos cas problemáticas sociais e políticas.
A actividade segue, polo tanto, unha serie de fases que son a etapa de planificación, é
dicir, escolleito o tema procésese a elixir unha película, neste caso A Ola, e introdúcese
ao alumnado no contexto. A continuación está a etapa de ambientación, na que motívase
ao alumnado a indagar sobre o tema proposto. A etapa de visualización na que alumnas e
alumnos ven a película, e finalmente a etapa de profundización e sínteses na que

15
recóllense os obxectivos recollidos unhas liñas arriba. Non así, tamén estaría a etapa de
avaliación, pois a fin de mellorar a proposta educativa sería convinte saber a percepción
que ten o alumnado sobre a mesma.
Trátase logo dunha metodoloxía baseada na investigación, acción e reflexión capaz
de xerar un debate no que prime o pensamento crítico. Para chegar a iso proponse unha
actividade seccionada na que se vai de grupo pequeno a grupo grande e na que enlázase
ca relevancia que teñen as TIC e os medios audiovisuais nos procesos de aprendizaxe e
coñecementos das novas xeracións. A película seleccionada serviranos para formar e
sensibilizar sobre unha serie de feitos e coñecementos históricos, políticos e sociais, de
maneira que o alumnado profundice máis alá das explicacións maxistrais e do libro de
texto.

8. OUTRAS FILMOGRAFÍAS

Carrie (1976) Zero de conducta (1933) Cidade de Deus (2002)


Duración: 97 min. Duración: 49 min. Duración: 130 min.
País: Estados Unidos País: Francia País: Brasil
Dirección: Brian De Palma Dirección: Jean Vigo Dirección: Fernando
Violencia escolar Estilo educativo autoritario Meirelles, Kátia Lund
(Bullying) Violencia xuvenil e drogas

16
Conducta (2014) O club dos poetas mortos A milagre de Ana

Duración: 108 min. (1989) Sullivan (1962)

País: Cuba Duración: 124 min. Duración: 107 min.

Dirección: Ernesto País: Estados Unidos País: Estados Unidos

Daranas Dirección: Peter Weir Dirección: Arthur Penn

Violencia, drogas e estilo Estilo educativo autoritario Estilo educativo autoritario


educativo autoritario

A lingua das bolboretas A pel dura (1976) Os rapaces do coro

(1999) Duración: 105 min. (2004)

Duración:97 min. País: Francia Duración: 95 min.

País: España Dirección: François País: Francia

Dirección: José Luis Truffaut Dirección: Christophe

Cuerda Discapacidade, drogas e Barratier

Ideoloxías autoritarias estilo educativo autoritario Estilo educativo autoritario

17
Dans la maison (2012) Ça commence Mommy (2014)

Duración: 101 min. aujourd'hui (1999) Duración: 139 min.


Duración: 107 min. País: Canadá
País: Francia
País: Francia Dirección: Xavier Dolan
Dirección: François Ozon Discapacidade,
Dirección: Bertrand
Ensinanza asertiva e Tavernier neglixencia e maternidade

frustración vocacional Pobreza, drogas e


rexeitamento social

18
9. BIBLIOGRAFÍA
BURÉS, E. (20 de Novembro de 2021). Grito de auxilio para evitar los suicidios por
acoso escolar, ABC. https://www.abc.es/espana/catalunya/abci-grito-auxilio-para-
evitar-suicidios-acoso-escolar-202111200944_noticia.html

INADI (2011). Guía didáctica para docentes. Ministerio de Justicia y Derechos Humanos
de Argentina, 5. http://www.bnm.me.gov.ar/giga1/documentos/EL005365.pdf

MILGRAN, S. (2005). Los peligros de la violencia, Polis: Revista Latinoamericana, 11.

NACIONES UNIDAS (2004). ESCUELAS. Educación de base escolar para la


prevención del uso indebido de drogas, Oficina de las Naciones Unidas contra la
droga y el delito.

NAGOVITCH, P. (29 de Septiembre de 2021). Uno de cada cinco jóvenes varones en


España cree que no existe la violencia machista, el doble que hace cuatro años.
ElPais. https://elpais.com/sociedad/2021-09-29/uno-de-cada-cinco-jovenes-
varones-en-espana-cree-que-no-existe-la-violencia-machista-el-doble-que-hace-
cuatro-anos.html

ORTEGA, R. (1997). El proyecto Sevilla Anti-violencia Escolar. Un modelo de


intervención preventiva contra los malos tratos entre iguales, Revista de Educación,
313.

ORTEGA, R.; DEL REY, R. (2003). Investigación Educativa e Intervención Contra la


Violencia Escolar en España. El Proyecto Andalucia Antiviolencia Escolar
(Andave). Comportamiento Antisocial: Escola e Familia. Ediliber.

19

You might also like