Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

Marcos García Suárez 2ºBach B Nº7

Este texto corespóndese con un fragmento de Politica de Aristóteles, no cal expresa súa percepción
do politica e da organización das cidades.

Aristóteles nace en Estaxira (Tracia) no ano 384 a.C. aos dezaoito anos marcha a Atenas para
estudar na Academia platónica. Foi o seu discipulo e permaneceu alí vinte anos ata a morte de
Platón. Oito anos despois regresou a Atenas, onde fundou a súa propia escola denominada o Liceo e
tamén Peripato. Nesta segundo estancia en Atenas, dedicada á docencia e á investigación, durou
dezaseis anos. ata que morreu Alexandre Magno; Aristóteles fora pois o seu preceptor. Ao ano
seguinte no 322 a.C. Aristóteles falece en Calcis na illa Eubea.

A súa obra ten unha orientación distinta á da Academia porque deixa de lado os estudios
matemáticos e adicase á investigación da natureza: pois a súa mentalidade inclinase máis cara a do
biólogo. Aristóteles foi un platónico que rexeitou importantes elementos da doutrina do seu mestre.
Estas diferencias fanse notar no estilo e talante. As obras de Aristóteles son tratados sistemáticos e
rigorosos sobre cada unha das ramas do saber, sen a beleza literaria dos diálogos platónicos. As súas
obras formáronse en distintos bloques. Órganon, que comprende obras de lóxica como Categorías,
Libros que tratan sobre a natureza como Física, sobre a xeración e corrupción; tamén libros sobre a
bioloxía e psicoloxía como sobre a alma. Escribiu ademais 14 libros de Metafisica que trata sobre
ontoloxía e teoloxia, tratados de ética e política como A politica e textos que tratan sobre as ciencias
produtivas; A retórica ou A poética.

Da liña 28 a 35 o autor do texto explicanos que o ser humano é un animal racional é siginifica que
non só ten razón, senón palabra. E como ven aparece no texto “ o home é o único dos animais que
ten palabra (lógos), lógos significa simultaneamente razón e palabra e sen a palabra non é posible a
vida en comunidade. A natureza social do ser humano concorda coa súa natureza racional que se
expresa a través da linguaxe.

Da liña 35 a 45 Aristóteles explica que a cidade e moito máis importante que familia ou a vida e
esto debese a que a comunidade familia ou a comunidade aldea (formada por varias familias) non
son a comunidade perfecta, senón que o é o Estado-cidade porque é autosuficiente, que ten como fin
vivir ben ou conseguir unha vida feliz. Ademáis o Estado non só posibilita a vida moral, senón
tamén a actividade intelectual, que é a máis acorde coa esencia humana. Para o autor os traballos
manuais como o dos escravos, artesáns, comerciantes, agricultores, o das mulleres do fogar, é
degradante e impropio de homes libres. Por eso eran excluídos da vida política e da cidadanía
porque para Aristóteles a escravitude é un fundamento natural, non social: uns son por natureza
libres e outros son escravos por natureza. Polo tanto, considera o escravo como un instrumento
animado propiedade do seu amo. No ámbito doméstico non rexe o pricicipio de xustiza nin as
relacións entre iguais, na familia só se impón a autoridade do pai sobre a muller, os fillos e os
escravos.

O Estado nas cidades está organizado a través de tres ideas fundamentais: a harmonía dos cidadáns
para que se acade o que lle convén a todos porque nada a de rexerse por principios egoísta, a
autarquía que fai referencia á independencia e autosuficiencia da polis. Cando o cidade ou o cidadán
perden a independencia que lle permite pensar e vivir libremente comeza a destrucción. E por
último a educación que é unha das tarefas esencias do estado que busca crear os mellores cidadáns.
Ademáis tamén se diferencian tres formas de goberno que son: monarquia que pode dexenerar en
tiranía, a aristocracia que pode dexenerar en oligarquía e democracia que pode dexenerar en
demagoxia.
Marcos García Suárez 2ºBach B Nº7

Nas últimas liñas do texto o autor expón o seu concepto de virtude(areté), considerándoa un xusto
medio xusto entre dous extremo. Isto quere dicir que para saber se o home ten a virtude debemos
tomar como módelo o home prudente. No texto explica” o home por natureza ten armas prá
prudencia e a virtude, pero é moi posible que as empregue prós seus contrarios”: con esto quere
explicar a súa teoría de que a virtude non é unha capacidade innata, porque os seres humanos non
nacen virtuosos pero a través da práctica e tomando como modelo o home prudente podese chegar a
virtude. Na liña 49 tamén quere explicar que para non converterse nun home sen virtude hai que
levar acabo moitos actos de xustiza.

Aristóteles distingue ademais dous tipos de virtudes: as dianoéticas, que se relacionan coa vida
teorética, (a técnica, a prudencia, a sabedoría practica e teórica, a intuación ea ciencia) e as outras
virtudes son as éticas ( a fortaleza, temperanza, amizade..). dentro das virtudes éticas destaca a
xustiza como nos aparece no texto na liña 50-51 “ a xustiza é da sociedade porque a xustiza é
ordenación da comunidade política, a xustiza é decisión do que é xusto”, con esto quere explicarnos
que esta virtude pertence tamén a ética, social e política por antonomasia. A xustiza que é entendida
como un hábito ten como obxetivo buscar o equilibrio.

O autor tamén explica que hai un xustiza xenérica, a legal que consiste na conservancia das leis e
ademais hai tres tipos de xustiza: distributiva, conmutativa e retributiva. Finalmente, e necesario
mencionar que a ética aaristotélica está relacionada coa política. Os individiuos só poden lograr a
felicidade dentro da comunidade política ou Estado. O Estado é como un organismo que ten un fin
ético: promover a xustiza e facer felices os cidadáns.

En relación con outros autores Aristóteles fronte a Platón non tenta buscar un modelo ideal de
sociedade, senón que pola contra, analiza 158 modelos de constitucións para ofrecer una visión das
diversas sordes políticas máis flexibles e abertas, ainda así considerando a diferenzas entre a visión
idealista platónica fronte a realista de Aristóteles, os dous mostraron o compromiso a restaurar a
unidade natureza-lei (physis-nomus) quebrada polos sofistas.

Para Aristóteles, a polis é un feito natural e esta contrasta con moderna das teorías do contrato social
para as cales a orde social é un feito non natural, sendo convencional. Aristóteles fálanos do home
como un ser social por natureza, sen embargo Hobbes afirma que o ser humano e un logo para a
home. E por distintas que sexan as visions do “estado te natureza” en Locke e Rousseau
recordadmos novamente que nestes dous autores prevalece o feito de que o estados de natureza é un
estado presocial.

Se lembramos, o intelectualismo moral socrático, este autor diferenciaba virtude e sabedoría.


Platón, discípulo de Sócrates, vinculou o intelectualismo e idealismo pois entendía que a sabedoría
é a contemplación das ideas, pois a súa vez vinculaba a sabedoría e contemplación. Aristóteles, pola
súa parte, complementa as virtudes dianoéticas centradas no desenvolvemento do intelecto coas
éticas, centradas na praxe. Para este autor, a moral non é simplemente un saber senon, ante todo, un
facer. Esta importancia da praxe como elemento corrector do idealismo está tamén moi presente en
contextos filosóficos moi distinto. Por exemplo, na crítica que fai Marx ao idealismo de Hegel.

Procede tamén contrapoñer o eudemonismo aristótelico co formalismo Kantiano ( como xa quedou


reflectido no comentario anterior). Para Kant, as éticas eudemonistas teñen un carácter hipotético,
pois consideran que unha acción é boa na hipótese de que sexa probeitosa para a felicidade. Isto é,
para Kant, unha acción feita por interese e non por deber. O hiperactivo categórico Kantiano ordea a
nosa conducta de xeito incondiciaonal, por respeto ao deber.

You might also like