Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

Marcos García Suárez 2ºBach B Nº7

Texto número 4: diálogo Fedro

Este texto pertence a Fedro. Unha das obras escritas por Platón durante o seu período de madurez.
O filósofo Platón neste texto explica a súa teoría antropolóxica e a súa concepción da ética e da
política. Para logralo, compara a alma humana cun carro guiado por un auriga e tirado por dous
cabalos.

Platón (428-427 aC) pasou gran parte da súa vida na cidade de Atenas. A súa infancia coincidiu coa
etapa final da guerra do Peloponeso (404 a.C.) e coa instauración do goberno dos Trinta Tiranos.
No ano 403 a.C. restablécese a democracia e comeza a propagación das ideas relativistas e
escépticas que Platón rexeitaba. Este sistema de goberno foi o que condenou inxustamente a morte
ó seu mestre Sócrates, de xeito que Platón mantivo sempre unha actitude de critica cara á
democracia.

Na súa mocidade escribiu distintos diálogos: Apolaxía de Sócrates, Critón, Eutifrón ou Protagóras,
nelas recollíase o pensamento socrático. No periodo intermedio, diferenciamos obras como Gorxias,
Menón ou Crátilo, nos que empezou a desenvolver o seu pensamento. Os diálogos de madures son
O Banquete, Fedón e A Republica que expoñen con detalle como habería que organizar a vida para
construír unha sociedade ideal. Por último os diálogos de vellez, como Parménides, O Sofista, O
Político ou Timeo. As Leis é a súa última obra onde aborda de novo a cuestión política.

Entre a liña 1 e 8. Platón describe a alegoria à que fará mención ao longo de todo o texto un auriga
que deberá manexar un carro alado, dirixido por dous cabalos, un branco e outro negro. Esta
división entre auriga e dous cabalos con caracteristicas totalmente opostas, atópase relacionada coa
visión antropolóxica do autor.

Platón expón a división da alma en tres virtudes. Por un lado, atopamos a alma racional
localizada na cabeza e cuxa virtude fundamental e a sabedoria, no peito atopase a alma irascible,
relacionada coa valentia. Por último, encóntrase a alma concupiscible, cuxa principal virtude
consiste na moderación dos seus excesos conforme aos ditados da razón. Esta alma localizase no
estomago. En función do tipo de alma que prevaleza en cada un Platón diferencia a tres persoas: os
filósofos e gobernantes da cidade mostraran un predominio de alma racional (auriga), os guerreiros
corresponderanse cos alma rascible (cabalo branco), mentres que o pobo estara conformado por
aquelas persoas nas que predomine a alma concupiscible (cabalo negro).

Entre a liña 9 e 18. O filósofo grego expón a inmortalidade que caracteriza a alma e mediante a cal
se diferencia do corpo humano. Establece pois, que a alma é eterna e inmortal a súa vez expon a súa
orixe, vinculada ao mundo intelixible. Mediante a perda das ás, a alma cae ao mundo sensible e
unese cun corpo material e perecedoiro que actúa como a súa prisión. Esta unión entre corpo e alma
da lugar a creación dos seres vivos.

Entre a liña 20 e 31 retómase de novo a alegoria do carro alado e a visión partida da alma. O cabalo
branco, nobre e obediente, representa a alma irascible, en contraste, diferenciamos o cabalo negro,
Marcos García Suárez 2ºBach B Nº7

desobediente e caracterizado pola predominio de alma concupiscible. O auriga é o filósofo no que


predomina a alma racional. Con está alegoria quere explicar que na nosa vida só podemos avanzar a
través da razón.

Finalmente, a partir da liña 31 móstrase o seu obxectivo. A meta do auriga é ascender ao mundo
das ideas. Sen embargo, o auriga é incapaz de manter o control dos dous cabalos e remata por caer
no mundo imperfecto e sensible.

Con este mito, a visión ética e antropolóxica do autor mostrase complementada a través da súa idea
politica. A xustiza individual é lograda cando se ten equilibrio entre as tres almas e así avanzar no
obxetivo platónico de lograr unha xustiza social.

A sociedade ideal que propón o autor é o resultado de que cada persoa se dedique a unha actividade
concreta, determinada de maneira natural segundo o tipo de alma que nela predomine. O auriga
(con alma racional) destinarase ao gobemo da cidade, o cabalo branco (con alma irascible)
representa a aquelas persoas destinadas a ser guerreiros e protexer a cidade dos seus inimigos Por
último, o cabalo negro (alma concupiscible) fai referencia as persoas que deben adicarse a tarefas
manus, tales como a agricultura ou gandaría.

Platón establece un modelo un modelo perfecto e ideal. Na súa creación de sociedade perfecta,
establece unha ordenación social moi rixida, na que cada persoa debe adicarse a unha actividade
concreta. Os habitantes carecen de liberdade de intervir ou manifestarse, posto que só pode opinar a
persoa con alma racional. Neste aspecto, a educación adquire un papel transcendente, pois é a
encargada de orientar a cada persoa cara a actividade que mellor realice Ao mesmo tempo Platón
propón a equiparación entre homes e mulleres afirma que ambos teñen a mesma capacidade para
gobemar, sendo o único requisito que teñan unha alma racional.

Na visión platónica podemos establecer unha relación con distintos filósofos presocráticos.
Pitágoras coincide con Platón ao darlle importancia as matemáticas. Parménides diferenciaba tamén
a doxa da ciencia eo seu mestre Socrátes compartia o seu rexeitamento coas ideas sofitas,
opoñendose ao relativismo e escepticismo.

Na divisa Plátonica “coñecer e recordar” remite a un innatismo que tera seguidores tanto no
pensamento cristiano ( San Agostín) como no moderno ( Descártes). Aristóteles, contrariamente
regaba a existencia de Ideas innatas e defendía que todas as Ideas son adqueridas e defendidas a
través da experiencia tale como defendera na Idade Media Tomé de Aquino ou a corrente empirista
na modernidade, Kant tratou de abrir o camiño intermedio entre as posturas enfrontadas de
racionalistas e empiristas herdeiros da polémica entre platónicos e aristotélicos.

You might also like