Professional Documents
Culture Documents
Marcos García Suárez 2ºbach B Tarefa 8
Marcos García Suárez 2ºbach B Tarefa 8
2.Por que di o autor (nas liñas 1-2) que Galicia ―arde por mor da física, a química e a
bioloxía e porque nos empeñamos en ignorar o que sabemos de historia‖? Responde
apoiándote en elementos do propio texto. [1 punto]
- Con todo o que aprendemos destes estudos e os continuos incendios durante todos estos anos.
Ademais da importancia da vexetación de antes e ahora a pouca importancia que se lle da é extraño
que non haxa unha maior ocupación do territorio e producción da terra para evitar que arda.
3.Redacta un texto expoñendo de maneira argumentada o teu acordo ou desacordo coas ideas
que sostén Lourenzo Fernández Prieto no seu artigo. (Extensión aprox. 200-250 palabras) [3
puntos]
Os incendios forestais están presentes en Galicia desde hai décadas, mais nos últimos presenciouse
unha gran aumento do lume nos montes galegos. O territorio vese afectado por este fenómeno, o
cal se favorece das malas condicións de limpeza nas que se atopa o monte.
En primeiro lugar, considero que os incendiarios son un factor clave e que provocan moitas das
incidencias. Non obstante, na miña opinión, o motivo principal polo que nos últimos anos hai máis
incendios débese á masiva biomasa en descontrol que se incrementou. O abandono dos montes
porque cada vez habitan menos persoas no rural, provoca que haxa menos preocupación por el e
que as plantas e árbores crezan sen control e ten como consecuencia que cando se incia o lume sexa
máis rápido e agresivo.
En segundo lugar, creo que se debería ter máis interese polo rural e pola natureza dos nosos montes.
Valorar a súa produtividade e ter en conta a súa utilidade sería fundamental para comezar a telo en
mellores condicións. Deste xeito, a maioría do territorio plantado e coidado non ardería e non só
favoreceríamos ao espazo verde galego e tamén aos servizos forestais que arriscan a súa vida para
controlar estes incendios.