Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 15

Procesamento e tratamento da madeira Profesor: Xosé Magariños Maceiras

Materiais
U.D.1 A madeira como recurso natural

Os bosques e a árbore.

0
Procesamento e tratamento da madeira Profesor: Xosé Magariños Maceiras
Materiais
U.D.1 A madeira como recurso natural
Contenido
1. Os bosques ................................................................................................................................... 2
2. Distribución xeográfica ................................................................................................................ 7
O bosque boreal ........................................................................................................................... 8
O bosque tépedo deciduo ou caducifolio ..................................................................................... 8
Os bosques tropicais..................................................................................................................... 9
3. Tipos de árbores ........................................................................................................................... 9
4. Partes da árbore .......................................................................................................................... 11
O tronco...................................................................................................................................... 11
A Raíz ......................................................................................................................................... 11
As Flores .................................................................................................................................... 12

1
Procesamento e tratamento da madeira Profesor: Xosé Magariños Maceiras
Materiais
U.D.1 A madeira como recurso natural
1. Os bosques

O bosque é un ecosistema formado polas relacións que se producen entre unha serie de
vexetais e animais, esta interacción fai que sexa un sistema capaz de responder ás accións externas
que se producen sobre el; a vexetación predominante desta comunidade vexetal é a arbórea.

Podemos clasificalo, desde un punto de vista forestal, nas seguintes categorías:

*Masa natural.- É aquela masa que evoluciona sin a intervención do home, son
formacións escasas en Galicia.

*Masa artificial.- Está formada polas árbores plantadas polo home.

*Masa seminatural.- É aquela masa natural sometida a diversos traballos silvícolas


ou de pastoreo; isto orixina un cambio na evolución natural do bosque.

En función das especies que formen as masas consideradas anteriormente, os bosques poden
ser clasificados da seguinte maneira:

Masas puras ou homoxéneas. Ou ben temos unha soa especie ou ben hai unha que
predomina claramente sobre as demais.

Masas mixtas ou heteroxéneas. Está formada por varias especies en proporcións


estimables.

Tamén podemos realizar unha clasificación atendendo ao grao de cobertura (espesura do


arborado), tendo así os seguintes tipos:

Masas claras: Nelas atopámonos cunha distancia entre pés ampla e unha cobertura
baixa.

Masas espesas: Temos moitas árbores e unha cobertura grande.

Non rematan aquí as clasificacións, pois podemos realizar outra atendendo á orixe dos pés,
neste caso podemos facer os seguintes grupos:

Monte alto; orixínase de semente e as árbores coñécense co nome de brinzais.

Monte baixo; procede dos brotes de cepas ou raíces, temos así os chirpiais.

Monte medio; nos pisos superiores atópanse árbores orixinadas de semente e no


inferior de cepa; temos dous pisos de orixe diferenciada.
2
Procesamento e tratamento da madeira Profesor: Xosé Magariños Maceiras
Materiais
U.D.1 A madeira como recurso natural
Por último imos realizar unha clasificación en función da idade da masa:

Masa regular. Aquela na que todos os pés teñen a mesma idade.

Masa irregular. Atopamos idades diferentes na masa.

Temos que falar tamén dun tipo de bosque que compatibiliza as producións propias das
arbores coas da agricultura e, fundamentalmente, a gandería; neste caso temos as devesas, que son
formacións que combinan densidades baixas de arborado con prados.

O bosque ten unha estrutura, unha ordenación e unha distribución espacial das plantas que
forman parte desta comunidade, distinguindo unha serie de capas que se coñecen co nome de estratos.
Estas capas baséanse na diferenza de altura entre individuos, así a estrutura típica dun bosque tépedo
e caducifolio (propio das nosas latitudes) soe estar composto por cinco estratos, que son:

-Arbóreo; está composto polas especies de máis de tres metros; nel dominan as fagáceas e ás
veces tamén betuláceas, aceráceas e rosáceas.

-Arbustivo alto; composto por plantas leñosas que acadan entre 1-3 m de altitude.

-Arbustivo baixo; formado polo mato e ten unha altura de entre 0,1-0,5 m.

-Herbáceo; formado por hemicriptófitos, xeófitos e algún terófito.

-Criptogámico; composto por mofos e hepáticas.

Se nos referimos á estrutura que presentan as repoboacións que presentan as repoboacións de


coníferas ou de eucaliptos, atopámonos só con dous estratos: un arbóreo (10-30 m ou máis) e outro
arbustivo-herbáceo (ata 0,5 m).

A estrutura dun bosque varía co grao de desenrolo e as condicións climáticas; estes dous
factores inflúen no número de estratos, atopando así nos bosques tropicais húmidos unha continuidade
de estratos e nos bosques das zonas máis frías unicamente uns poucos estratos; un dos factores que
marcan tal diferenza no número de estratos é, como xa dixemos, o grao de desenrolo que, no caso dos
bosques tropicais, é moi elevado. Este desenrolo prodúcese pola substitución dunha comunidade
vexetal por outra, que será máis estable que a anterior (é o fenómeno que se coñece como sucesión)
e tende a evolucionar ata un punto hipotético (denominado clímax) que representaría o grao maior de
complexidade estrutural e estabilidade, onde existe un mellor aproveitamento de recursos e espazo e
ademais o maior número posible de nichos ecolóxicos (é dicir, o número de especies que cohabitan

3
Procesamento e tratamento da madeira Profesor: Xosé Magariños Maceiras
Materiais
U.D.1 A madeira como recurso natural
nesa zona será o maior posible).

Cada área xeográfica ten un tipo específico de bosque "climax" (ou bosque climácico) que
depende das temperaturas, niveis de humidade e tipos de chan. Este tipo de bosque caracterizase por
ser unha comunidade de plantas que representa o maior grado de evolución do bosque nesa área
determinada, a fase teórica de culminación dunha sucesión vexetal natural.

En Galicia as comunidades climáticas están representadas por formacións arbóreas


caducifolias (carballeiras, bidueirais, ameneirais...) ou perennifolias (aciñais, sobredos...) agás
naquelas zonas de alta montaña, acantilados e beiras do mar; así a secuencia sería a seguinte:

Montes baixos-Montes altos-Xesteiras-Silveiras-Bosques

As distintas formacións arbóreas que atopamos en Galicia son as que enumeramos a continuación:

Piñeirais. Podemos atopar en Galicia as seguintes formacións de piñeirais:

-As formadas por piñeiro bravo (Pinus pinaster). Este tipo de asociación
presenta unha altura variable, ten cobertura baixa ou media e aparece un estrato
subarbustivo; podemos atopar algunha das especies seguintes: Piñeiro, Toxo arnal,
Toxo gateño, Carrasca, Queiruga maior, Carpaza, Fento común, Pelo de raposo,
Arenaria, Carqueixa, Cistus, Eucalipto, Narciso...

-As formadas por piñeiro silvestre (Pinus sylvestris). Atópase por riba dos 600-
1000 m de altitude e teñen unha orixe artificial, o estrato arbóreo posúe unha altura
baixa e atopamos un estrato arbustivo e outro herbáceo; algunhas das especies
características deste tipo de asociacións son: Silva, Carqueixa, Xesta, Carballo...

Faiais (Fagus sylvatica). É unha formación climácica en zonas de montaña (entre os


1000-1500 m). Na provincia de Lugo encóntranse as manifestacións máis occidentais
de faia en Europa.

Neste tipo de formación temos tres estratos: un arbóreo (de cobertura elevada),
un arbustivo (que non supera os 5 m) e un herbáceo (de cobertura media ou baixa).
Algunha das especies que podemos atopar son as seguintes: Faia, Acevro, Abeleira,
Teixo, Arando, Silva, Lirio... atopamos tamén endemismos do noroeste da Península
Ibérica como a Saxifraga e a Lúzula.

4
Procesamento e tratamento da madeira Profesor: Xosé Magariños Maceiras
Materiais
U.D.1 A madeira como recurso natural
Carballeiras (Quercus robur ou petraea). Serían as formacións Climácicas do noso
territorio, podéndoas atopar dende o nivel do mar ata os 1400-1500 m. Temos varios
tipos en función da altitude na que se desenrolen e sempre presentan tres estratos:
arbóreo, arbustivo e herbáceo.

Por debaixo dos 250 m as carballeiras que atopamos poden presentar as


seguintes especies: Bidueiro, Castiñeiro, Fentos diversos, Arando, Xesta, Saxifraga,
Violeta, Sanguiño...

Por debaixo dos 550-600 m algunhas das especies que atopamos nas
carballeiras son: Loureiro, Érbedo, Pereira brava, Xilbarbeira, Fento común...

Por debaixo dos 1000-1350 m atopamos carballeiras coas seguintes especies:


Pradairo, Abeleira, Piorno, Capudre...

Cerqueirais e reboleiras (Quercus pyrenaica). Atópase entre os 600-1000 m, podendo


descender nalgúns sitios ata os 350 m ; algunha das especies que atopamos son:
Carballo, Sanguiño, Piorno, Xesta, Espiño albar...

Aciñais e sobredos (Quercus rotundifolia e Quercus suber). Con respecto aos aciñais
podemos atopalos de tipo mediterráneo ou de tipo eurosiberiano; nos primeiros
atopamos: Érbedo, Ourego, Tomiño, Hedra, Espiño albar, Lavanda... ; nos segundos:
Abruñeiro, Sanguiño, Acivro...

Con respecto aos sobredos, atopamos especies coma: Cornicabra, Lavanda,


Érbedo...

Soutos de castiñeiros. Debido ás doenzas que presenta o castiñeiro (como a tinta)


atopamos plantacións de híbridos do castiñeiro do país (Castanea sativa) co do Xapón
(Castanea crenata) ou co de China (Castanea mollisima). As formacións autóctonas
serían aquelas formadas unicamente polo castiñeiro do país. Algunhas das especies
que atopamos son: Carballo, Cerquiño, Toxo, Fento común, Xesta, Silva, Hedra,
Sanguiño...

5
Procesamento e tratamento da madeira Profesor: Xosé Magariños Maceiras
Materiais
U.D.1 A madeira como recurso natural
Biduídos (Betula celtiberica). Pódense atopar en calquera parte do país agás naquelas
que teñen influencia do clima mediterráneo. Hai dous tipos de biduídos: os que se
desenrolan entre os 400-1000 m (nos que podemos atopar: Capudre, Carballo, Silva,
Piorno, Arando, Pradairo, Castiñeiro, Pereira brava...) e os que aparecen entre os 1200-
1700 m (aquí podemos ver: Fento macho, Abeleira, Carpa, Valeriana, Teixo...).

Ameneirais (Alnus glutinosa). Temos dous tipos, que se sitúan sempre por debaixo
dos 1000 m. Ambos compartes especies como: Salgueiro, varios tipos de fentos,
Sabugueiro, Bidueiro, Hedra... e a diferencia está en que unha delas presenta especies
como: Freixa, Silva, Narciso enano... e a outra : Anxélica, Freixo, Valeriana, Negrillo...
Poden illarse outros dous tipos de asociacións de ameneirais, un que se desenrola na
provincia de Ourense e outro que se atopa en chans orgánicos permanentemente
asolaga dos por augas pouco osixenadas (Gándaras de Budiño).

Abeledos (Corylus avellana). Trátase de bosques moi pechados e densos. Tamén


existen dous tipos que se desenrolan en chans fértiles; un deles atopámolo entre os
700-1500 m (e caracterízase por conter especies como: Arando, Fento macho, Lirio,
Silva, Saxifraga, Hedra...) o outro é de zonas máis baixas (presentando: Espiño albar,
Pradairo, Abeleira, Xeranio, Madreselva...).

Louredos (Laurus nobilis). Na illa de Cortegada atópase o único bosquete de loureiros


da Península Ibérica; é unha formación densa na que as árbores acadan unha altura de
10-12 m, presenta moi pouco sotobosque (fundamentalmente hedra) pero é interesante
a flora fúnxica que se desenrola nel.

Erbedais (Arbutus unedo). Forma comunidades de mato alto (3-5 m) e cunha


cobertura moi elevada, desenrólase entre os 200-400 m pero pode alcanzar os 600 m
nalgunhas zonas. Algunha das especies que contén son: Escornacabras, Carpaza,
Carqueixa, Toxo macho, Xesta branca...

Mimosais (Acacia dealbata). É unha masa monoespecífica, case sen plantas no


sotobosque e alcanza unha altura de 5-7 m.

6
Procesamento e tratamento da madeira Profesor: Xosé Magariños Maceiras
Materiais
U.D.1 A madeira como recurso natural
Teixeiras (Taxus baccata). Trátase dunha especie que raramente forma masas puras.
En Pena Trevinca atopamos un pequeno bosquete que presenta tres estratos: un arbóreo
(dominado polo Teixo e ao que acompañan o Acevo e a Abeleira e cunha altura de ata
10 m), un arbustivo (de ata 3 m e formado por Acevo e Teixo) e un herbáceo (no que
atopamos diversos fentos).

Eucaliptais (Eucaliptus globulus). Trátase dunha especie introducida a mediados do


s. XIX e cunha adaptación tan boa á nosa climatoloxía que chegou a formar numerosas
masas de xeito espontáneo. Non supera os 500 m de altitude, presentando dous
estratos: un arbóreo (que pode acadar os 30 m de altura) e un arbustivo (de ata 2 m).
Entre outras podemos atopar as seguintes especies: Toxo, Carballo, Hedra, Fento...

Aciveiras (Ilex aquifolium). Son formacións de estrutura moi pechada, a cobertura dos
estratos inferiores é baixa e con pouco número de plantas.

2. Distribución xeográfica

As variables como clima, luz solar, choiva, chan e elevación determinan as características dun
bosque; isto é, se está constituído por árbores de coníferas de follas pequenas como agullas; por unha
vexetación tropical densa con lianas e árbores con contrafortes ou, en cambio, por un vexetación
aberta de rexións áridas.

Atendendo as variables anteriores podemos clasificar os bosques en tres grandes grupos:

a) bosque boreal

b) bosque de zonas tépedas

c) bosque tropical e subtropical

A clasificación que vimos de referir non quere dicir que o cambio dun bosque a outro sexa a
través dun cambio abrupto; é dicir, non existe unha zona onde o bosque tropical se converta en bosque
tépedo e outro onde este se converta en bosque boreal; ímonos atopar con áreas de transición que
poden encaixar nas diferentes categorías ou en ningunha delas.

Estas zonas de transición fan que os cambios nas características dos diferentes tipos de
bosques se fagan de forma gradual; con todo é importante subliñar que cando os cambios se fan en
función da altitude e non da latitude os cambios son máis acentuados. Isto pode verse cando un tipo
7
Procesamento e tratamento da madeira Profesor: Xosé Magariños Maceiras
Materiais
U.D.1 A madeira como recurso natural
de árbores está condicionado pola altitude e se observa claramente unha liña de árbores que marca o
cambio de altitude e como consecuencia o límite de distribución da especie por esta variable.

As zonas de transición a que nos acabamos de referir chámanse ecotonos; nelas pódense atopar
especies de hábitats veciños, o que implica unha gran biodiversidade ao atoparse especies animais e
vexetais asociadas a hábitats distintos.

O bosque boreal

Ocupan a zona subártica. Neles a temperatura é o factor ambiental que máis contribúe a
determinar os seus límites xeográficos; o seu límite septentrional corresponde á isoterma de 13°C no
mes de xullo e a meridional á isoterma de 18°C en xullo. A precipitación anual dáse principalmente
en forma de neve.

Ocupan unha franxa que abarca a Rusia, Canadá, Alaska (EE.UU.) e os países escandinavos
(Finlandia, Noruega y Suecia). Nas rexións máis ao norte da súa área de extensión o bosque boreal
faise gradualmente menos denso para dar paso a tundra.

Os xéneros dominantes das arbores boreales son Picea, Pinus, Larix, Abies, Betula e Populus.
Unha característica deste tipo de bosques é que presentan grandes áreas dominadas por unha soa
especie de árbore e predominan as coníferas de folla perenne, aínda que nalgunhas áreas é posible
atopar árbores de folla ancha agrupados en pequenos grupos espallados. De todos xeitos, as especies
forestais que se atopan nesta área xeográfica presentan adaptación para soportar as condicións de
baixa temperatura, o peso de neve nas copas e as precipitacións en forma de neve (o que trae como
consecuencia que se deban adaptar a condicións de escaseza de auga).

O bosque tépedo deciduo ou caducifolio

Esténdense ao sur dos anteriores

Os bosques tépedos comprenden coníferas e frondosas, tanto caducifolias como perennifolias;


predominan os bosques de folla ancha dos xéneros Quercus, Acer, Fagus, Castanea, Juglas, Ulmus,
Alnus etc, pero na zona tépeda do hemisferio norte e das transicións subtropicais domina o xénero
Quercus. Con respecto as coníferas podemos atopar os xéneros Pinus, Podocarpus, Picea, Abies,
Sequoia, Pseudotsuga, etc, que forman os bosques mixtos tépedos, a diferenza do bosque boreal que
forman grandes masas, as coníferas desta área xeográfica forman bosques mixtos. A medida que se
descende en latitude predominan as árbores de folla ancha.

8
Procesamento e tratamento da madeira Profesor: Xosé Magariños Maceiras
Materiais
U.D.1 A madeira como recurso natural
É unha área xeográfica que se caracteriza polos veráns suaves e unha distribución das
precipitacións uniforme ao longo do ano

Os bosques tropicais

Os bosques tropicais atópanse cerca do ecuador, entre o Trópico de Capricornio e o Trópico


de Cáncer, onde os niveis de temperatura e luz permanecen máis ou menos constantes durante todo o
ano e cunha intensa radiación solar (a luz do sol penetra cun ángulo de 90 grados). Son áreas onde a
temperatura mantense durante todo o ano entre os 22ºC e os 34ºC.

Podemos distinguir dous tipos de comunidades vexetais nesta área xeográfica en función de
se a choiva está distribuída uniformemente durante o ano ou pola contra os niveis de precipitacións
varean e existe unha tempada de seca pronunciada. No primeiro dos casos falamos dos bosques
tropicais húmidos, as selvas (rainforest), e no outro de bosques secos ou sabanas; un bosque
intermedio sería o bosque tropical monzónico onde atopamos unha estación moi chuviosa con outra
seca de duración similar.

Os bosques chuviosos son os que presentan unha maior diversidade de especies dos tres en
que clasificamos os bosques en función da área xeográfica. Son moitos os xéneros que nos podemos
atopar neste tipo de bosque; podemos atopar tanto frondosas como coníferas, aínda que destacan as
primeiras. Dentro do grupo das coníferas atopamos os xéneros Abies, Cupresssus, Juniperus, Pinus,
Podocarpus, Taxodium, Taxus, etc e nas frondosas especies como o ayous, caoba, iroko, sapelly,
elondo, ipé, mansonia, etc.

Dentro das especies de árbores propias das zonas tropicais e subtropicais atópase o xénero dos
Eucalyptus; na actualidade unha das especies desta xénero, o globulos, é unha especie forestal que se
pode atopar por areas xeográficas pertencentes a zonas tropicais e subtropicais como as zonas máis
cálidas do bosque tépedo.

3. Tipos de árbores

As árbores pódense clasificar en función de se perden as súas follas todos os anos ou en


función do grupo ao que pertencen; así se se ten en conta a primeira clasificación as árbores poden
ser de folla caduca ou de folla perenne, pero se se ten en conta a segunda serian coníferas ou
frondosas.

9
Procesamento e tratamento da madeira Profesor: Xosé Magariños Maceiras
Materiais
U.D.1 A madeira como recurso natural
 Árbores de folla caduca:

Botan todas as súas follas cada ano, é dicir, quedan "pelados" cando chega o outono. Logo,
na primavera, recuperan o follaje. Exemplos son o chopo (opulus sp.), o salgueiro (Salix sp.), o
lamagueiro –olmo- (Ulmus sp.), o tilo (Tillia sp.), o carballo (Quercus sp), etc.

 Árbores de folla perenne:

Van renovando as súas follas aos poucos, ao longo de varios anos (segundo a especie, unha
folla permanece na árbore de 4 a 14 anos). Exemplos deles son a oliveira (Olea europaea), a aciñeira
(Quercus ilex), a sobreira (Quercus suber), etc. As coníferas son árbores de folla perenne, salvo
algunhas excepcións que posúen folla caduca, por exemplo o ciprés dos pantanos (Taxodium
distichum) ou o alerce (Larix decidua).

 Coníferas ou resinosas:

Caracterízanse pola presencia de resina en distintas partes do vexetal, pola formación de piñas
ou conos secos onde se producen as sementes. En xeral as súas follas son aciculares (con forma de
agulla) ou escamosas.

 Frondosas:

Son árbores de follas con limbo desenrolado e ancho, non producen resina e con froitos, polo
xeral, non leñosos.

Características das Coníferas desde o punto de Vista Comercial

 Son vexetais que cobren grandes superficies con especies puras.


 O seu máximo desenrolo adquíreno nas zonas frío-tépedas, onde se asenta a maior parte da
poboación mundial economicamente desenvolvida e polo tanto con maior demanda de mate-
rias primas.
 A conformación do tronco facilita a súa transformación industrial.
 Trabállase facilmente e ten un amplo campo de utilización.

10
Procesamento e tratamento da madeira Profesor: Xosé Magariños Maceiras
Materiais
U.D.1 A madeira como recurso natural
4. Partes da árbore

O tronco
Tipos de troncos

Monopódico.- O crecemento deste tipo de árbores prodúcese por


alongamento do talo principal a partir da xema principal (1). A partir do talo
principal desenvólvense as ramas laterais máis curtas e de menor grosor,
formando practicamente ángulos rectos. Debido a este tipo de crecemento este
tipo de árbores caracterízase por presentar formas máis ou menos triangulares.

Simpodial.- Chámase así cando non existe un talo principal que se


prolonga ata o fin da árbore, senón que dúas ou máis ramas principais xorden do
final do tronco a partir de xemas axilares (2) e non da xema
terminal (1). Das ramas laterais desenvólvense outras que nacen
do final das anteriores a partir tamén das xemas laterais. Neste
tipo de crecemento as ramas fórmanse a partir de xemas
diferentes. Deste xeito este tipo de árbores adquire unha forma
máis globosa, en abano. Este tipo de estrutura permítelles que un
maior número de follas poidan captar mellor a luz solar.

Dende un punto de vista económico, a forma do tronco


ideal é un talo recto, case cilíndrico e sen restos de polas; o home
por mor das técnicas silvícolas (marco de plantación, podas, etc.) pode modificar a forma natural da
árbore, conseguindo que sexa máis aproveitable.

A Raíz

As raíces constitúen a parte que penetra no chan e a súa función é fundamental na alimentación
da árbore, xa que absorben a auga e os nutrintes minerais da terra, á vez que ancoran á árbore no seu
lugar; mentras que a fixación ao chan e responsabilidade de toda a raíz, a absorción ten lugar soamente
na punta (ápice) das máis finas.

Outra función que teñen é a de almacenar sustancias de reserva, síntese de compostos


orgánicos, secreción de sustancias químicas, xeración de talos, etc.

As raíces divídense en pivotantes e fasciculares.


11
Procesamento e tratamento da madeira Profesor: Xosé Magariños Maceiras
Materiais
U.D.1 A madeira como recurso natural

As Flores

As flores son un conxunto de follas fértiles e estériles modificadas que forman a estrutura
reprodutora; os froitos constitúen a parte da flor en cuxo interior se atopan encerradas as sementes
que se desenvolverán para que naza unha nova árbore.

Segundo as súas flores clasificamos as árbores en dous tipos:

 Árbores sen flores ( ximnospermas): Son aqueles que producen sementes aínda que estas non
están encerradas dentro do froito (carpelo), senón que se enganchan á base das escamas (xe-
ralmente entre unha e dúas). As escamas distribúense sobre un eixo formando un cono ou
estróbilo, o que se coñece vulgarmente como piña. Este tipo de árbores non producen flores.
Pertencen a este grupo as coníferas.
 Árbores con flores ( Anxiospermas) : Son árbores cuxas sementes se atopan encerradas, na
súa madurez, dentro dos froitos. Posúen flores moi vistosas. Estas poden ser :
Monocotiledóneas: Cun só cotiledón nos embrións da sementes.

Dicotiledóneas: Con dous cotiledóns

12
Procesamento e tratamento da madeira Profesor: Xosé Magariños Maceiras
Materiais
U.D.1 A madeira como recurso natural

A Fotosíntese

Este é o proceso a través do cal as plantas e todos os organismos autotróficos que precisan da
luz do sol (aqueles que producen o seu propio alimento, constituído esencialmente por azucres),
transforman enerxía luminosa en enerxía química procesando o dióxido de carbono (CO2), auga
(H2O) e minerais en compostos orgánicos e osíxeno gasoso (O2).Coa fotosíntese iníciase toda a cadea
alimentaria, xa que sen esta os animais e os outros seres heterotróficos serían incapaces de sobrevivir,
pois a base da súa alimentación estará sempre nas substancias orgánicas proporcionadas polas plantas
verdes.

Aplicacións Industriais. A Madeira no Mercado

Tanto a presenza dunha madeira no mercado (e, por conseguinte, a existencia dun nome
comercial) como a delimitación de nomes comerciais réxense polas seguintes características:

­ Calidade e utilidade.
­ Dispoñibilidade.
­ Accesibilidade da súa explotación.
13
Procesamento e tratamento da madeira Profesor: Xosé Magariños Maceiras
Materiais
U.D.1 A madeira como recurso natural
­ Similitude de características e aplicacións, aínda que pertenzan a especies botánicas diferen-
tes.

14

You might also like