Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 5

Traballadores e traballadoras de diversas profesións: médico, abogada,

cociñeiro, profesora…
ANTES DE DECIDIRSE HAI QUE INFORMARSE
TRATAMOS DE CONTESTAR A ESTAS PREGUNTAS SOBRE O MERCADO
LABORAL…..
1. A que idade se accede en España ao mercado laboral?
- Pódese acceder aos 16 anos
2. Que tramo de idade comprende a E.S.O. (Educación Secundaria
Obrigatoria)?
- Desde os 12 aos 16 anos
3. Define poboación activa:
- As persoas con idade (16 anos) e capacidade para traballar
4. Define poboación pasiva ou inactiva:
- A que está formándose e non queira acceder ao mercado
laboral.
5. Define Salario Mínimo Interprofesional, coñecido como SMI:
- É a retribución monetaria mínima que unha persoa debe
recibir polo seu traballo
6. O SMI cóbrase por día ou por mes. Di cal é a contía diaria e
mensual do SMI en 2022:
- A contía diaria é de 33,33 euros
- A contía mensual é de 1000 euros
7. Quen establece o SMI?
- Establéceno o goberno, de forma negociada.
8. Canto tempo traballa unha persoa a xornada completa?
- En termos xerais, traballa 40 horas semanas, dividida en cinco
días laborais.

COMO FUNCIONA ISTO DO MERCADO LABORAL?

9. Un exercicio que vos propuxen foi a elaboración do teu


CURRICULUM VITAE, entón contesta á seguinte pregunta:
Que é o curriculum vitae?
- É un documento que se presenta para acceder a un traballo no
que se detallan os datos persoais, as características
formativas, a experiencia laboral, idiomas, informática e todo
o que debemos destacar sobre a nosa persoa.

REFLEXIONA SOBRE O SEGUINTE:

O FUTURO DO TRABALLO, TELETRABALLO E A SÚA INFLUENCIA


NA RELACIÓN LABORAL?

Expón en cinco/seis liñas o que che suxire….(PUNTÚA ATA MEDIO


PUNTO)
10. Imaxínate que eres o responsable nunha empresa de
recursos humanos que se dedica a colocar mobles de cocina, e tes
que entrevistar a varios ou varias candidatas. Busca un
compañeiro ou compañeira e entre os dous elabora unha
entrevista para os candidatos de doce preguntas como mínimo
(le as suxestións que che dan no recadro do libro) (cada parella
entrevistará a catro persoas):
11. Unha vez entrevistadas as persoas, cada parella elixirá un
ou unha dos candidatos

A SELECCIÓN DE PERSOAL

12. Observa o cadro da páxina10 do libro -Fenda salarial en


España- e responde ás catro cuestións que aparecen á esquerda:
a) É legal cobrar menos por razón de xénero se o traballo é o
mesmo?
b) A que pode deberse esa fenda ou diferenza salarial?
c) Cara onde cres que se dirixe a sociedade, a unha maior
igualdade ou a fenda farase máis grande? Por que?
d) Os datos son iguais en todas as comunidades autónomas (CC
AA)? Por que pode ser isto?

AGORA IMOS ABORDAR AS ACTIVIDADES


ECONÓMICAS…
O SOÑO DE CLOE

Esta podería ser a pastelaría de Cloe


13. Que fai falta para iniciar unha actividade económica (no
caso de Cloe é a pastelaría). Ti podes pensar na actividade
económica que máis che gusta…..
a) Crea unha lista de cinco produtos que se venderían na
actividade que ti elixas (a pastelaría ou outra):
b) Unha vez que teñas pensado os produtos estrela da
actividade, usa as táboas recadro de orientación, que son
os chamados FACTORES DE PRODUCIÓN e escribe o que se
indica:
➢ Recursos naturais/materias primas:
➢ Traballo:
➢ Capital:
➢ Capital humano e iniciativa empresarial:

CONTINUAREMOS COA COMPETENCIA NO MERCADO…


COMO COMPETIR NO MERCADO?
A pastelaría de Cloe ten uns INGRESOS (que proveñen das tortas e
pasteis que vende) e uns GASTOS.
14. Contesta ao seguinte:
a) Calcula os INGRESOS MENSUAIS da pastelaría se vende como
media en cada semana (calcula 4 semanas nun mes):
➢ 45 tortas (prezo de cada torta: 20 euros)
➢ 220 ducias de pasteis (prezo de cada ducia: 15,60 euros
b) Calcula os GASTOS MENSUAIS da pastelaría tendo en conta os
seguintes gastos medios:
➢ gasto en alugueiro do local: 750 euros/mes
➢ gasto en luz: 1.500 euros/mes
➢ gasto en subministros (produtos para elaborar os doces e
out: 650 euros/mes
➢ gasto en traballador/a empregado: 1 traballador que cobra
1000 euros/mes
➢ pago de impostos: 600 euros/mes
c) Agora que xa calculaches os INGRESOS e os GASTOS, calcula o
INGRESO NETO (o que queda unha vez descontados os gastos),
que será o rendemento que lle supón a Cloe a pastelaría

15. Vai á páxina 12 do libro, le atentamente e copia o exercicio


11; a continuación trata de dar unha resposta razoada ao que se
pregunta:

PAGA A PENA FORMARSE

16. Vai a INTERNET e busca o INE (siglas que significan


Instituto Nacional de Estatística) e copia a pregunta 13 da páxina
13 e trata de facela….a ver se reflexionas!!!

You might also like