PECIO ARIES Informe Reflotamento

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 10

PECIO ARIES

Informe Reflotamento

Módulo Reparacións e Reflotamentos


TOSH 2022/23
Pablo Escariz Varela
ÍNDICE
1. Introducción.
2. Historia.
3. Inspección.
4. Medios utilizados na inspección.
5. Material necesario para reflotamento.
6. Proposta de reflotamento.
7. Bibliografía.
Introducción:
Neste informe para un posible reflotamento
do buque afundido “Aries” realizouse unha
inmersión para poder inspeccionalo e poder
estudiar de cerca o estado do pecio.

Con esa inmersión conseguimos tomar


certas medidas, así como a dirección da liña
proa-popa do buque, ou o grado de
inclinación do pecio, pese a estar
prácticamente adrizado sobre a súa quilla. Popa do pecio “Aries”
Historia:
O buque afundido “Aries” era un carguero de 47
metros de eslora que no momento da traxedia
carrexaba grava de mármore na súa bañera. Viña
do porto de Almería e levaba como destino a Pobra
do Caramiñal para descargar o mármore.

Na madrugada do 7 de septembro do 1977 e con


mala mar, o buque dirixiuse directamente cara o
baixo das Lobeiras, enfrente a Ribeira, colisionando
inevitablemente pola amura de babor, creando unha
vía de auga que o fixo afundirse pasada a media
hora dende a colisión.

Buque “Aries” aínda a flote. Este tempo foi suficiente para que o buque
pesqueiro de “San Ramón” salvara á tripulación de
7 mariñeiros e un can.
Inspección
O buque tocou fondo ca proa en dirección 45 ºN
nas coordenadas 42.562 N -8.947 W, ao lado da
illa de Rúa e das Lobeiras e a 2 millas de
Ribeira. Descansa sobre un fondo de arena
prácticamente adrizado con unha diferencia de
1 metro entre a regala de babor e estribor. Ten
unha profundidade máxima de 25 metros e
unha mínima de 14 metros.

Ao levar 45 anos afundido, o estado do casco


do buque é deficiente e a estructura está
totalmente carcomida a pesar de manter a
forma pefectamente.
Estructura do buque carcomida.
Resultados inspección:

● Vía de auga na amura de babor de


aproximadamente 6 metros de largo
por 0,70 metros de alto.
● Estructura oxidada e carcomida pola
electrolisis.
● Casco inaproveitable para
restauralo.
● Ponte do pecio totalmente
destrozada.
● Carga de mármore desaparecida. Vía de auga na amura de babor.
Medios utilizados para a inspección:
● Buque “Trames 3”:
● Equipo de buceo autónomo.

● Cámaras con carcasa submarina.


● Cintas métricas.
Material necesario para reflotamento:
● Draga.
● Gabarra con grúa.
● Embarcación de buceo.
● Embarcación auxiliar.
● Equipo de suministro dende
superficie.
● Eslingas.
● Chupona.
● Globos hidrostáticos pechados.
● Grilletes.
Proposta de reflotamento:
● Coa axuda da draga, retirar as 500 toneladas de grava de mármore da bañera e
restar flotabilidade negativa.
● Con axuda de chuponas e varillas guía, introducir as cadenas da grúa por debaixo
da carena do buque, por mínimo tres puntos entre proa e popa.
● Colocación de globos pechados ao longo do costado do buque por babor e estribor
para gañar flotabilidade positiva.
● Reflotar o barco ca grúa ata a liña de flotación.
● Remolcar ata varadoiro ou zona de cuberto máis cercana.
● Reparación da vía de auga con tapas provisionales, para realizar o acabado final en
astillero.
● Estanqueamento do pique de proa, e demáis compartimentos e camarotes para
realizar un soplado da auga e gañar flotabilidade positiva, ata chegar a conseguir a
flotabilidade do propio buque.
● Reparar demáis danos como posibles roces, motor, ou electrónica en astillero.
Bibliografía:
● https://buceaenlahistoria.hombreyterritorio.org/pecio-item/aries/#ad-image-0

● http://www.hydronauta.com/inmersiones/aries.html

● https://www.youtube.com/watch?v=isNK5iZD7EQ

● https://www.facebook.com/buceoengalicia/videos/pecio-aries/2953178675460

58/

● https://www.padi.com/es/sitio-buceo/espana/pecio-aries/

You might also like