Actividade Vocabulario Tema 2 Resolto

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 3

VOCABULARIO TEMA 2: A PRODUCIÓN

Factores productivos
(ou de produción) son recursos escasos que nos permiten producir bens e servizos.
Recursos naturais
son todos os recursos que proveñen da natureza, polo tanto, non foron producidos por seres humanos.
Rec. Nat. Renovables
pódense empregar repetidamente en produción sempre que sexan explotadas de xeito sostible. Por exemplo, a enerxía

eólica, os bosques ou unha escola de peixes.

Rec. Nat. Non renovables


aqueles que se esgotan cando se usan como carbón, petróleo, depósitos de minerais, etc.

O traballo TRABALLO é o tempo que os seres humanos pasan para producir bens e servizos

Capital Humano
é todo o que nos permite aumentar a capacidade dos traballadores, como educación, formación profesional, experiencia

acumulada etc.
Capital físico
son aqueles bens que se usan para producir outros bens. É un factor clave para o crecemento dun país.
Capital financeiro
refírese a cartos, esenciais para moitas empresas para levar a cabo as súas actividades.
Empresario
é o responsable de organizar, dirixir e controlar o resto de factores produtivos.
Proceso produtivo é aquel que nos permite combinar unha serie de factores produtivos para transformalos a través dunha tecnoloxía e así
obter bens.
Tecnoloxía
é o xeito en que combinamos factores produtivos. Canto mellor sexa a tecnoloxía, máis bens podo conseguir cos meus
recursos.
Progreso técnico
son as melloras nos procesos de produción que permiten producir máis cos mesmos recursos.
I+D+i
(investigación, desenvolvemento e innovación) é o gasto que moitas empresas ou o Estado fan en investigación

para adquirir coñecementos que se poden aplicar para mellorar produtos ou procesos de produción.

Eficiencia
indica que estamos producindo o máximo posible cos recursos que temos. Tamén seremos eficientes se para conseguir

un resultado posible empregamos a menor cantidade de recursos posibles.


Produtividade
indica cantos produtos estamos obtendo por factor empregado.

Por iso, é importante non confundir PRODUCCIÓN e PRODUCTIVIDADE.

FPP
A FRONTEIRA DAS POSIBILIDADES DE PRODUCIÓN (en diante FPP) reflicte as cantidades máximas de bens e

servizos que unha economía é capaz de producir nun determinado período de tempo, tendo en conta os factores de

produción e tecnoloxía que posúe.

Combinacións eficientes
todos os puntos da curva de FPP son eficientes (utilizamos todos os recursos dispoñibles da mellor forma posible), coa

nosa tecnoloxía e os nosos factores produtivos, estamos a producir o máximo posible.

Combinacións ineficientes Aqueles puntos que se atopan por baixo da curva, representan combinacións ineficientes pois se están
malgastando recursos

Combinacións inalcanzables Aqueles puntos que se atopan por encima da curva son posicións inalcanzables cos factores produtivos e a
tecnoloxía disponible nese momento dado.
Crecemento Económico é o aumento das posibilidades de produción dunha sociedade nun período determinado de tempo. Gráficamente, supón
un desprazamento da FPP cara ádereita, facendo que algúns puntos que eran inalcanzables deixen de selo.
Sector primario
Inclúe as actividades que extraen materias primas da natureza. Referímonos á agricultura, gandería, pesca, explotación

forestal e mineira.
Sector secundario
Son actividades que transforman as materias primas en produtos. Referímonos a toda a industria en xeral: téxtil, naval,

aceiro, químico, etc. Taménhai que incluír a construción.


Sector terciario Son aquelas actividades que non producen bens materiais senón diferentes tipos de servizos para a poboación ou para
outras empresas: comercio, hostalería, espectáculos, turismo, saúde, educación para a seguridade
Terciarización da economía
Proceso polo que os traballadores dun país pasan do sector primario a actividades relacionadas co sector servizos

You might also like