Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 3

O teléfono móbil e o ‘M-Learning’

Actualmente a través do móbil transmitimos e compartimos información, mais o seu uso como ferramenta de
aprendizaxe case non está desenvolvido a pesar de ser unha ferramenta tecnolóxica con enormes posibilidades.
O uso de teléfonos móbiles nos centros educativos, en horario escolar, é unha cuestión regulada en practicamente
todos eles e en case todos os países (nalgúns lugares, como en Francia, mesmo están prohibidos), pois a súa
presenza na aula pode supor algún tipo de alteración no normal desenvolvemento da docencia. Mais o caso é que
desde hai máis de vinte anos a presenza do móbil nas nosas vidas non deixou de aumentar, e moitos profesores e
profesoras, sobre todo coa chegada dos dispositivos máis modernos, viron neles a posibilidade de usos
académicos, ao tempo que algunhas empresas desenvolveron aplicacións para poder usar o terminal en procesos de
xestión académica, como o envío de cualificacións ou notificacións ás familias a través de sms.
Paralelamente con estes usos xorden proxectos de formación a distancia que teñen os dispositivos móbiles como
elemento fundamental, aparecendo o que se coñece como M-Learning (de Mobile Learning).
E iso que é? Pois basicamente, calquera actividade que permita as persoas inter-actuar ou crear a información, a
través dun dispositivo dixital compacto e portátil que o individuo carga nunha base regular, ten conectividade
fiable, e cabe no peto ou na bolsa. E axiña xorden escenarios e propostas de uso didáctico nas diferentes áreas do
currículo, sobre todo no relacionado coa posibilidade de crear recursos multimedia desde o propio dispositivo
móbil. Ao mesmo tempo, enciclopedias ou xornais adaptan os contidos a dispositivos móbiles.
E todo isto é un xogo ou é didáctica? Desde logo, xa se usan dispositivos móbiles en diferentes ámbitos con
propósito educativo. Sexa o que sexa o certo é que mesmo existe un proxecto europeo, o M-Learning Project, que
traballa no desenvolvemento de aplicativos para móbiles para compartir información nas máis variadas
circunstancias, desde a asistencia sanitaria en zonas de conflito ou por calquera desastre ata o que se denomina
«habilidades para a vida»; tamén, en proxectos como UNA, destinado a mozos e mozas de 14 a 19 anos (que se
define como un proxecto que usa a tecnoloxía móbil «para mellorar a experiencia de aprendizaxe e para romper os
muros da escola» co obxectivo de «pavimentar o camiño para un gran cambio do paradigma de aprendizaxe
tradicional») ou no proxecto Healthy for Life, deseñado para ofrecer información accesible e de apoio a
adolescentes embarazadas e as súas parellas (moitos deles oriúndos de minorías étnicas), a través dun paquete de
actividades e materiais para descargar.
Á tecnoloxía móbil aínda lle resta moito por andar e as súas posibilidades tanto para procurar información como
para a compartir están por explorar. Mais pensemos no que xa ofrecen: un móbil é ao mesmo tempo unha cámara
de fotos, unha cámara de vídeo, un reprodutor de vídeo e de audio, un sistema de almacenamento, un equipo no
que executar aplicacións docentes e xogos, unha gravadora de audio, etc.
Non hai dúbida de que o móbil pode ter infinidade de aplicacións escolares e que ademais é algo que, por moito
que nos empeñemos en prohibir, todos os escolares levan consigo, xeralmente para escoitar música.
E se dispoñemos desa ferramenta, por que non ten máis uso nas actividades escolares? As respostas poden ser
moitas, mais quedámonos coa que nos ofrecen Melchor Gómez e Ignacio Solís no seu libro Ser padres en un
mundo digital cando afirman que aos mozos e mozas aínda non os educamos para que poidan utilizar o móbil
como unha ferramenta educativa. E non o fixemos porque nós tampouco a vimos como tal.
Asociación Socio-pedagóxica Galega: e-ducando
http://educaciondixital.as-pg.com
Entende a lectura
1. Contesta:

• Que posibilidades ofrece un móbil convencional? A traves do mobil podemos


comunicarnos e compartir informacion e pode conter unha cámara de fotos, unha cámara de
vídeo, un reprodutor de vídeo e de audio, un sistema de almacenamento, un equipo no que
executar aplicacións docentes e xogos, unha gravadora de audio ...
• Úsase habitualmente o móbil como ferramenta de aprendizaxe? Actualmente si, pero no
texto indica que non, pois a súa presenza na aula pode supor algún tipo de alteración no
normal desenvolvemento da docencia.
• Que é o M-Learning? O M- Learning é calquera actividade que permita as persoas
interactuar ou crear a información, a través dun dispositivo dixital compacto e portátil que o
individuo carga nunha base regular, ten conectividade fiable, e cabe no peto ou nunha bolsa.
• Que proxectos traballan no desenvolvemento de aplicacións para móbiles con propósito
educativo? Pon dous exemplos. Son o proxecto UNA e o proxecto Healthy for life.
Analiza o texto
1. Estrutura o texto nas partes que o compoñen. Resume cada parte e ponlle un título.

Traballa coas palabras


1. Define as seguintes palabras no ámbito das TIC:

 Interactuar: Exercer unha relación de influencia mutua entre dúas ou máis cousas
ou persoas.
 Dispositivo: Peza ou conxunto de pezas dun mecanismo, dispostas para unha
determinada función.
 Multimedia: Que utiliza de forma combinada varios medios, como textos, imaxes
ou sons, na transmisión de información, tanto de maneira simultánea como
secuencial.
 Aplicación: Programa ou conxunto de programas destinados a unha función
determinada.
 Terminal: dispositivo electrónico ou electromecánico que se utiliza para interactuar
cun computador.
1. Busca no texto e escribe dez palabras do campo semántico da educación.
Aprendizaxe, docencia, didactica, actividades escolares, ferramenta educativa, centros
educativos, academicos, uso educativo, ferramentas escolares, uso academico.
Busca información
1. En que consiste a campaña «Doa o teu móbil»? Infórmate, explícao brevemente e di que
opinas sobre esta iniciativa. Esta iniciativa consisite en doar o teu movil e reutilizalo (se
funciona, co que se reduce a demanda insostible dos seus compoñentes,.Reciclanse as súas
partes útiles e tratar axeitadamente os materiais tóxicos para evitar a contaminación. E con isto
conseguese recadar fondos para investir en programas de cooperación ao desenvolvemento,
educación, asistencia sanitaria, atención a refuxiados, conservación do medio, etcétera, en
Africa e en América Latina.
Reflexiona sobre o texto
1. Que ferramentas educativas che parecerían útiles nun móbil? Dispoñer dun office como o
que teñen os ordenadores? Cargar e-books? Recibir do centro educativo información
actualizada, en tempo real?... Razoa a túa resposta. Actualmente xa existen esas ferramentas
para o mobil, menos a de recibir informacion do centro a tempo real.
2. Cres que é unha boa idea prohibir o uso do móbil nos centros educativos? Por que ou por
que non? Depende, xa que o uso de telefonos mobiles para uso educativo ten moitas
ventaxas, pero deberianno controlar para utilizalo cun uso responble, enton estaria ben
implantalo pero con varias restriccions

You might also like