O Club Da Calcecta

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 9

O club da calceta

María Reimóndez

Lucía Martínez Lago


As mulleres que protagonizan O club da calceta

representan diversos momentos vitais, diferentes

inquedanzas e desexos. Con cal delas sentes máis

empatía ou te sentes máis identficada? Por que?

Eu sentín desde o primeiro momento máis identificación

con Matilde no primeiro capítulo, as súas inseguridades

físicas son as que todas pudimos chegar a ter, sobre todo

na adolescencia aínda que esa non sexa a súa etapa vital

e aínda que as súas aparezan caracterizadas case dunha

maneira caricaturesca, co fin de que resalten máis na

historia. Logo a súa notable ansiedade, sempre está

pensando e planificando paso por paso o que lle queda

facer polo día, como cando está a limpar casas e pensa

sobre cantas lle quedan, ou sobre como vai facer a comida

paso por paso, e nas catastrofes que poderían pasar no

futuro, poñéndose sempre no peor plan. Finalmente tamén

sentín moita empatía pola súa pasividade en calquera

conversación que tiña ao comenzo do capítulo, por

exemplo, cando falaba con Manuel sobre calqueira cousa

el sempre tiña a última palabra na conversa e ela

simplemente asintía para complacerlle, pero sobre todo

despois de iniciar co clube de calceta ela comenzou a ser

máis asertiva, por exemplo na conversa que teñen na

páxina 41, cando volve do club pregúntalle se o que leva

na bolsa é un costume, Matilde responde clara que xa lle

dixo que ía a esa actividade de 8 a 9 os xoves e que polo

tanto ía tardar en volver 20 min máis do habitual e mantivo

a súa compostura no resto da conversación.


Escolle unha das historias que se contan (a que máis che

chamase a atención) e fai unha síntese dela.

Contarei a historia de Rebeca, ela é unha muller Loira cunha

moi boa apariencia física como repite varias veces ao longo

do capítulo (ten un corpo 90 60 90, ollos verdes e o metro

oitenta e cinco de altura que di a súa nai que ten para poder

presentarse a miss España).


Rebeca vive cos seus pais e o seu irmán na casa familiar e

xa ten ansias de marchar e ter algo de intimidade. O conflicto

principal do capítulo e que ela está buscando traballo,

mandando curriculums, facendo entrevistas, etc… Pero

sempre ten un mesmo problema a hora de ser admitida, o

seu físico. Os homes (e as mulleres as veces tamén) a

xulgan polo seu aspecto dunha maneira prexuiciosa (por ser

loira non debe ser moi lista, por ser guapa debe de estar

máis preocupada polas súas relacións que polo seu

traballo,...)
Actualmente traballa como secretaría pero sabe que está

cualificada para ter un posto de xerente, por esa razón está

a facer entrevistas, nelas atópase a homes retrogrados como

Xosé Barrios que asegura que non poderá obter un posto

mellor por ser muller.


Tamén ten problemas amorosos, Antón a súa parella lle

é infiel coa súa xefa. E por se fora menos sofre acoso

sexual pola rúa pero que pola época na que está por

moitas probas que presentara no xulgado o seu acosador

saería inocente porque o xuíz restaríalle importancia.

Para poder liberarse vai ao clube da calceta, nel coñece

a Matilde e ás demáis e vese involucrada en descubrir

que foi o que lle pasou á tía Davinia, mentres tamén

busca unha liberación da súa familia, en concreto da nai

que lle presiona coa idea de ser modelo constantemente

para poder satisfacer os soños frustrados da súa mai,

para iso aluga un octavo piso cun gran ventanal no salón

e un mexedor no seu cuarto.


O capítulo acaba con ela chegando ao edificio onde o

club da calceta é levado a cabo contándolles a

información que obtivo sobre Davinia da súa amiga a

bibliotecaria.
Explica a relación entre Matilde e Davinia, intentando razoar

por que pensas que se lle aparecía Davinia, e cal é a evolución


de Matilde ao longo do capítulo.

Penso que tía Davinia se lle aparecía a Matilde porque o

necesitaba. Matilde é unha muller cunha fachada física moi

grande e unha apariencia tirando a impoñente ou robusta, pero


con moitas inseguridades (o seu físico, incluso do que é capaz

e do que non é), cunha vida que pode ser clasificada como

monótona, rutinaria e aburrida. Pero a súa difunta tía sempre

se lle aparece para axudala a pensar fora das catro paredes

nas que vive atrapada: o seu marido, a súa casa, o seu traballo
e os prexuizos que lle impón a sociedade no día a día.
Durante o capítulo podemos ver como comenza a expresar

máis os seus gustos e comenza a quitarse tapuxos, poderíase

dicir que a partir de que comenza a asistir ao club da calceta,

primeiro texe algo para ela por primeira vez escollendo as

cores que a ela gústanlle, non as que le recomendan, logo

plantalle cara a Manuel ,o seu marido, dicíndolle que a cea os

xoves retrasaráse 20 min e que non lle importa o que lle teña

que dicir, ou cando volve á mercería a preguntar se teñen a

súa talla dunha diminuta camiseta azul, en vez de saír coa

cabeza baixa como fixo a outra vez mentres a dependenta ría

dela esta vez deixou a tenda coa cabeza ben alta. A tía Davinia

se lle aparecía porque era o empurrón que Matilde necesitaba

para disfrutar un pouco máis sen importarlle a opinión dos

demáis, creo que todos algunha vez necesitamos a unha tía

Davinia connosco.
Escolle tres fragmentos do libro que retraten esta tiranía da
imaxe aplicada a diferentes personaxes e explica como lles
afecta.
Agora opinas ti: que pensas sobre a importancia da imaxe
exterior na nosa sociedade?

O primeiro exemplo (e o máis claro de todos) que eu poría


sería Rebeca nas entrevistas de traballo, non é un caso illado,
ela cada vez que entra nunha sala para ser entrevistada os
que fan as preguntas xa teñen asuncións sobre ela, se vai a
obter un posto de traballo máis baixo por ser muller, se para
entrar vai ter que ofrecer algo do seu corpo do estilo sexual
(fotos, ou simplemente mostrar partes íntimas do seu corpo) .

Tamén está Fernanda que é unha muller coxa que sofre os


insultos da xente na rúa pola súa cualidade física, non estou
nesa situación pero podo chegar empatizar con ela como
persoa que sofre por eses comentarios.

Matilde pola súa estrutura física relata como recibe miradas de


repugnancia pola rúa, como ao único home que ela pensaba
que podía aspirar é Manuel, o cal a trata dunha maneira
verdaderamente triste. E tamén encontra asuncións cando vai
mercar roupa e solicita unha talla de roupa axeitada ao seu
corpo, que si miradas, que si malas contestacións por parte
das dependentas, etc…
Sendo honestos todos temos unha primeira impresión da

imaxe esterior dos demais, cando camiñamos pola rúa é

normal fixarnos na xente, na roupa que levan,...O que é

totalmente inoportuno é xulgar a xente persoalmente só

polo seu físico, iso pode facer sentir mal os outros e ao

final do día nos non sabemos ata onde poden chegar as

nosas palabras nunha persoa, e o daño que poden faceer

nela. Polo tanto eu penso que a día de hoxe sigue sendo

importante como nos percibe a sociedade pero creo que é

un hábito que débes deixar e comenzar a preocuparnos

máis por un mesmo que polos esteriotipos que aplicamos

aos demáis.
Todos os capítulos comezan cun título e un breve texto

xornalístico. Explica o sentido dos títulos e a relación dese

texto inicial co contido do capítulo e a organización da

novela.

O título dos capítulos son palabras relacionadas coa

calceta e a costura. Son as partes dun xersei, o nome do

capítulo final.
A primeira noticia ten relación con Matilde, pois o seu

marido tamén traballa na construción. A segunda ten que

ver cun personaxe do libro que é o que faille a entrevista a


Rebeca que nunha parte do seu capítulo dalle o seu nome
Xosé Barroso. Neste capítulo non hai noticia se non que

un dialogo que fai referencia a un dos estereotipos que

novamente Rebeca sofre. O do cuarto pode estar afalar da


mesma tenda na que Matilde quixo mercar a pequena

camiseta azul. No quinto capitulo pode ser porque

Fernanda quería ser condutora de autobús. No sexto

pensei que ao falar dunha discapacitada podería estar a

falar de Luz, xa que ela é coxa.


Opinión
O libro gustoume moito, non só pola temática feminista xeral

do video, senón porque no únicas que son cada unha das

historias tamén son moi relatables probablemente para

moitas mulleres. Matilde unha muller sumisa que logra

quitarse as cadeas do seu marido, Anxos unha feminista

activista que necesita saír da súa monotona relación co seu

marido, Rebeca que necesita ascender de traballo para

lograr independizarse dá súa familia, Elvira que leva sendo

devota durante toda a vida pero convertirse nunha especie

de conselleira ou cómplice para as mulleres que asisten ao

clube da calceta, Luz que mostra como ao non querer

estudar a única opción que se lle foi brindada foi a

prostitución e agora descobre que pode ter aspiracións como


a de ser escritora ou Fernanda que encontrou aceptación

social no grupo da calceta, e seguía co seu soño frustrado de


ser condutora de Vitrasa. Tamén chegoume moito a sub-

historia de Antonia e como foi empurrada a abortar ao seu

fillo cando tiña 17 anos. En xeral pareceme unha moi boa

historia e realista ,obviando elementos de fantasía como as

aparicións da tía Davinia, a recomendaría a calquera persoa

minimamente interesada no feminismo ou os estereotipos de

xénero. Aínda que o final é algo idealista cada unha

resolvendo a súa vida, con algunha que outra traba como no

caso de Luz que tivo que volver a aprender todo para

comenzar a traballar con Rebeca na asesorí, a min

parecíame necesario para dalgunha maneira cerrar o circulo

das historias destas mulleres.

You might also like