Unidade 10comprobación Da Distribución

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 30

UNIDADE 10

COMPROBACIÓN DA DISTRIBUCIÓN
UNIDADE 10
1. Anomalías na distribución

As anomalías que afectan a distribución, normalmente están relacionadas
cos elementos que máis esforzos e desgaste soportan, que son:
– As válvulas.
– As guías das válvulas.
– Os asentos.
– https://www.youtube.com/watch?time_continue=1&v=Nid-WhzcpfM&feature=emb_t
itle
UNIDADE 10
1. Anomalías na distribución

Avarías máis frecuentes:
UNIDADE 10
1. Anomalías na distribución

A reparación dunha culata completa, comprende, ademais
do rectificado, as seguintes operacións:
– Substitución de guías de válvulas.
– Rectificado dos asentos das válvulas.
– Substitución das válvulas.
UNIDADE 10
2. Comprobación dos compoñentes da distribución.

A continuación imos describir os traballos de comprobación e
reparación dos compoñentes da distribución:
– Válvulas, guías, asentos e resortes.
– Taqués e balancíns.
– Árbore de levas.
– Mando da distribución.
UNIDADE 10
2. Comprobación dos compoñentes da distribución.
2.1. Válvulas

1º- Temos que limpar de incrustacións
as válvulas, coa axuda dun cepillo de
aramio ou unha espátula .

2º- Verificamos o estado do asento da
válvula.

3º – Verificar o grao de desgaste do
bástago da válvula.
UNIDADE 10
2. Comprobación dos compoñentes da distribución.
2.1. Válvulas

Comprobacións a ter en conta nas
válvulas:

No caso de que exceda a folganza a
máxima que nos di o fabricante, haberá
que substituír a guía e a válvula.
UNIDADE 10
2. Comprobación dos compoñentes da distribución.
2.1.2. Esmerilado de Válvulas

https://www.youtube.com/watch?v=2MJ8bB0ujgc&featu
re=emb_title

O esmerilar comprobamos que a válvula e o asento
estean en contacto por completo.

Un procedemento de comprobación sinxelo pode ser
marcar cun lapis o asento da válvula e pechar a
válvula, comprobando que se borra por completo o
lapis na zona de contacto polo roce.

O ESERILADO REPARA DANOS LEVES SOAMENTE.
UNIDADE 10
2. Comprobación dos compoñentes da distribución.
2.1.2. Esmerilado de Válvulas
UNIDADE 10
2. Comprobación dos compoñentes da distribución.
2.1.3. Comprobación da hermeticidade das Válvulas

O comprobador consta dunha campá, un
manómetro e un xerador de presión.
UNIDADE 10
2. Comprobación dos compoñentes da distribución.
2.1.4. Rectificado das Válvulas

https://www.youtube.com/watch?time_continue
=2&v=U1-OME9bkzU&feature=emb_title
UNIDADE 10
2. Comprobación dos compoñentes da distribución.
2.1.4. Rectificado das Válvulas

O rectificado pódese facer ate un punto máximo indicado polo fabricante,
debido a que o rectificado do asento modifica:
– A altura da cabeza da válvula respecto ó plano da culata.
– A altura do vástago respecto ó actuador.

No caso dos taqués hidráulicos o que é crítico é a altura da cola da válvula, xa
que si supera o límite especificado polo fabricante, deixa o taqué sin
compensación hidráulica, no xogo de válvulas e habería que cambiar a culata
UNIDADE 10
2. Comprobación dos compoñentes da distribución.
2.1.5. Reacondicionamento da culata

O reacondicionamento da culata debe facerse
en talleres específicos onde dispoñen de
utillaxe e persoal con coñecementos
específicos.
UNIDADE 10
2. Comprobación dos compoñentes da distribución.
2.2. Resortes

https://www.youtube.com/watch?v=ISd6JbHSx1M&feature=emb_title

Temos que comprobar:
– Que teñan a mesma altura, lonxitude, número de voltas e distancia entre voltas.
– Que teñan a mesma forza.
– Que sexan do mesmo material e fabricante.
– Que non teñan fendas ou deformacións.
UNIDADE 10
2. Comprobación dos compoñentes da distribución.
2.3. Taqués

https://www.youtube.com/watch?time_continue=1&v=e5
MsEsYMTmA&feature=emb_title

Deben deslizar suavemente sen atrancos.

As súas superficies deben estar pulidas e sen rascazos.

Teñen que ter un xogo inferior a 0,02 a 0,04mm.
UNIDADE 10
2. Comprobación dos compoñentes da distribución.
2.3.1. Taqués hidráulicos
UNIDADE 10
2. Comprobación dos compoñentes da distribución.
2.4. Balancíns

Deben inspeccionarse visualmente
comprobando desgastes.

Débese comprobar que non ten atascos no
sistema de lubricación.
UNIDADE 10
2. Comprobación dos compoñentes da distribución.
2.5. Árbore de levas

Deben inspeccionarse visualmente comprobando desgastes e que teña
acabado pulido nos elementos de roce.

Débese comprobar que non ten atascos no sistema de lubricación.

Débese comprobar a excentricidade:
– Colocar a árbore sobre uns soportes en “V”.
– Obter a máxima desviación da agulla e comprobar que está dentro dos límites
admisibles (inferior a 0,1mm, si é maior substituir).
UNIDADE 10
2. Comprobación dos compoñentes da distribución.
2.5. Árbore de levas

Medir o alzado de válvulas.

Medir o diámetro dos apoios.

Medir o diámetro dos coxinetes no bloque ou na culata.

Medir o xogo entre os apoios e os coxinetes da árbore de levas. (por
diferencia de diámetros ou por plastigage).

Medir o xogo axial da árbore de levas.
UNIDADE 10
2. Comprobación dos compoñentes da distribución.
2.5. Árbore de levas
UNIDADE 10
2. Comprobación dos compoñentes da distribución.
2.5. Árbore de levas

O xogo axial:
– Compróbase coa árbore montada ó seu par correspondente.
– Colócase o apalpador do reloxo en dirección axial. No centro dun
extremo da árbore.
– Palanquéase con coidado axudándose dun desaparafusador
– Ten que estar normalmente entre 0,06 a 0,15.
UNIDADE 10
3. Proceso de montaxe da culata.
3.1. Armado da culata.

https://www.youtube.com/watch?time_continue=1&v=s_SNJB1uk00&feature=emb_title

Unha vez comprobados os elementos da culata procedemos o armado da mesma.

1. MONTAR AS VÁLVULAS NO MESMO LUGAR QUE NO QUE ESTABAN ANTES DA
DESMONTAXE.:
– Colocar reténs de aceite novos.
– Lubricar o vástago da válvula e introducila na súa guía.
– Colocar o platillo inferior, o resorte e o platillo interior.
– Comprimir o resorte co desmontaválvulas, ate poder introducir os semiconos na entalladura da cola da válvula.
– Despois de montar todas as válvulas golpealas suavemente cun mazo plástico para asentalas e comprobar o
seu acoplamento.
UNIDADE 10
3. Proceso de montaxe da culata.
3.1. Armado da culata.
2) MONTAR A ÁRBORE DE LEVAS:
– Aceitar os apoios e os coxinetes e colocar a árbore no seu aloxamento sobre a culata.
– Colocar as tapas dos coxinetes respectando o número e a posición.
– Cando a transmisión é por cadea dentada, móntase un retén de aceite no coxinete do lado da
correa.
– Aplicar graxa sobre o retén e introducilo no seu aloxamento, asegurandose de que fai un bo
asento.
– Aplicar pasta seladora sobre a zona plana do coxinete e colocar a tapa.
– Apertar os parafusos na orde indicada e co par de aperte facilitado polo fabricante.
UNIDADE 10
3. Proceso de montaxe da culata.
3.1. Armado da culata.
3) COMPROBAR O XOGO AXIAL DA ÁRBORE LEVAS.

4) MONTA A RODA DENTADA NA SÚA ÚNICA POSICIÓN.


- Introducir a traba de posta a punto, se a ten.

5) MONTAR A ÁRBORE DE BALANCÍNS

- Apertar os parafusos na orde e par indicado polo fabricante, con axustadores de válvula frouxos

6) MONTAR OS COLECTORES DE ADMISIÓN E ESCAPE COAS SÚAS XUNTAS


CORRESPONDENTES.
UNIDADE 10
3. Proceso de montaxe da culata.
3.2. Montaxe da culata.
UNIDADE 10
3. Proceso de montaxe da culata.
3.3. Aperte dos parafusos da culata.

Dada a importancia desta operación, debera facerse sempre seguindo
estrictamente as indicacións do fabricante na documentación técnica.

O emprego de novos materiais na fabricación de xuntas de culata, así
coma o novo deseño dos parafusos, provocaron cambios nos métodos de
aperte dos motores actuais.

Nos motores antigos o aperte faise cunha dinamométrica e hai que facer
un reaperte o cabo de 1000 a 1500km, xa que o asentamento da xunta
diminúe o espesor e os parafusos perden forza.
UNIDADE 10
3. Proceso de montaxe da culata.
3.3. Aperte dos parafusos da culata.

Nos motores máis actuais, os parafusos da culata xa
foron deseñados para traballar en zona plástica,isto
supón, que a forte tracción que soportan pode causar unha
deformación e alongamento permanente..

Co cal soamente son válidos para unha montaxe, tendo
que substituilos cada vez que desmontemos a culata.
UNIDADE 10
3. Proceso de montaxe da culata.
3.3. Aperte dos parafusos da culata.

Os parafusos de culata dun só uso adoitan ter
cabeza torx ou allen.

A orde de aperte é normalmente do cetro ós
laterais describindo unha espiral, e ás veces
en cruz.
UNIDADE 10
3. Proceso de montaxe da culata.
3.3.1. Metodos de aperte.
UNIDADE 10
3. Proceso de montaxe da culata.
3.3.2. Aperte angular.

O aperte angular, emprégase en motores actuais, con él
obtéñense apertes moi uniformes, xa que se aplica o
mesmo xiro a todos os parafusos, independentemente da
resistencia por fricción de cada un deles.

Para obter bos resultados deben de engraxarse
lixeiramente as roscas e a base da cabeza dos parafusos.

You might also like