Comentario Giotto

You might also like

Download as odt, pdf, or txt
Download as odt, pdf, or txt
You are on page 1of 4

COMENTARIO DO PRANTO SOBRE O CORPO DE CRISTO MORTO DE

GIOTTO:
A. CLASIFICACIÓN:
 A.1. CULTURA/ESTILO/MOVEMENTO: PINTURA ITALO- GÓTICA DO
TRECENTO.
 A.2. CRONOLOXÍA: 1305-06.
 A.3. TÍTULO: PRANTO SOBRE O CORPO DE CRISTO MORTO.
 A.4. AUTOR: GIOTTO DI BONDONE.
 A.5. TÉCNICA: FRESCO.
 A.6. LOCALIZACIÓN: CAPELA DOS SCROVEGNI (PADUA).

B. CONTEXTO HISTÓRICO- CULTURAL:


(IGUAL QUE NA OBRA ANTERIOR DE GIOTTO)

C. XUSTIFICACIÓN, ANÁLISE E COMENTARIO:


XUSTIFICACIÓN:
Pintura realizados coa técnica do fresco, con retoques ó temple, obra de Giotto, artista
pertence á escola de Florencia que no século XIV, o Trecento italiano, transita do gótico ó
Renacemento.
Esta escena corresponde a un dos episodios recollidos nas paredes da capela dos
Scrovegni en Padua. O conxunto mural, realizado a principios do século, recolle momentos
diferentes da vida de Xesús e da Virxe, son un total de 36 escenas enmarcadas por orlas con
medallóns, semellando cadros independentes, organizadas en tres franxas superpostas. A
bóveda de canón que cobre a única nave da capela, pintada en azul, queda convertida en
bóveda celeste coa única presencia de tondos presidida por Cristo dando a súa bendición. No
muro da contrafachada represéntase, no lado dos xustos, a Enrico Scrovegni ofrecendo á
Virxe a construción da capela (como unha maqueta), sería un xeito de expiar os pecados,
particularmente os do pai, recoñecido usureiro.
Se ben non se coñece moito das orixes de Giotto, sabemos que foi discípulo de
Cimabue e que pronto obtivo un amplo recoñecemento social recibindo encargos dos máis
poderosos da época, como no caso da obra que nos ocupa.
Con Giotto ábrese un novo camiño: o recoñecemento do artista en tanto persoa que
non só domina as técnicas como un bo artesán, senón que ademais é un creador, do que se
valora o xenio da súa inventiva.

ANÁLISE E COMENTARIO:
O tema era tradicional na iconografía cristiá bizantina, pero todo na obra de Giotto
resulta novidoso.
Diferenza dous espazos, inferior e superior, a parte terreal onde ten lugar a morte e o
drama, e a parte celeste na que dez anxos, sobre un fondo azul intenso, choran tamén a morte
de Cristo, cun sentimento que os achega ó home. Ambas áreas quedan separadas pola árida
paisaxe.
A escena principal céntrase no corpo inerte de Cristo acollido por María que o mira
amorosamente, mentres no seu redor outras figuras contemplan a escena con contida
emoción, entre elas as tres Marías (María Magdalena, María de Cleofás e María Salomé), 
San Xoán cos brazos en alto, detrás del e de pé, San Xosé de Arimatea e Nicodemo. Todos
eles distinguibles polas aureolas que nimban as súas cabezas.
Compositivamente, unha clara diagonal vai de esquerda a dereita, da cabeza de Cristo
morto ata o alto da montaña rochosa cunha pequena e sinxela arbore, seca, sen follas, que
tamén semella simbolizar a morte. Esa diagonal no seu ritmo ascendente rompe a habitual
disposición frontal, pero tamén descentra a figura principal. Cristo non está no eixe da pintura
senón desprazado á esquerda. Pese a todo, esa asimetría non lle resta relevancia, son outros os
elementos que o revalorizan: a súa nudez que destaca no medio das cores das roupas dos
demais e as miradas de todos que a el se dirixen.
A distribución das figuras é diferente no espazo terreal e celestial. Os anxos aparecen
claramente separados con baleiros entre eles, cun tratamento moi variado de disposicións
destacando algúns escorzos moi ben logrados. No mundo terreal, as figuras individualízanse
claramente no plano principal e no lado dereito, onde podemos recoñecer a María que se
achega chea de dor ao rostro do fillo, a María Magdalena que suxeita con suavidade os pés
feridos de Cristo, a San Xoán, o seu mais ben querido discípulo, que no centro se inclina cara
ao seu mestre abrindo o brazos en actitude de desolación; á dereita Xosé de Arimatea e
Nicodemo recollidos nun xesto de resignación.
Hai pois unha distribución clara e racional: dúas figuras á dereita, tres no centro e tres
á esquerda, todas rodeando o corpo de Cristo, de xeito que os personaxes principais son
claramente recoñecibles, pero ademais engade un grupo á esquerda con figuras anónimas e
incompletas -renuncia ó principio de que hai que ver todo- que fan a composición máis
compacta e que coa súa disposición de pé equilibran a elevación do outro lado.
Giotto inserta a natureza, certamente que de forma moi esquemática e aínda con
certos erros, esa árbore resulta desproporcionada en tamaño, pero xa non recorre aos fondos
dourados, aínda así teñen algo de pano de fondo posto que está subordinada aos feitos que se
narran, haberá que esperar para encontrar na pintura unha natureza de verdade. Igualmente
constrúe un espazo físico, hai profundidade, unha terceira dimensión que vén dada pola
propia composición, a diagonal principal, pola paisaxe e polas figuras de costas que crean
profundidade, vemos que hai aire ou espazo entre as formas.
Fisicamente as personaxes non son retratos, nin sequera tomados do natural, todos
presentan clara similitude sendo o mais característico os ollos achinados que aparecen sempre
en todos os seus personaxes.
En canto ao tratamento plástico, as formas son contundentes e monumentais, sólidos
volumes con verdadeira sensación de masa, ben definidos polo trazo dos contornos que lles
outorga un certo carácter escultórico favorecido pola luz plasmada nas tonalidades da cor.
A cor axuda a lograr o obxectivo final, así a conexión do amarelo claro da primeira
figura da esquerda e da montaña rochosa da dereita unifican a escena, o azul do ceo outorga
neutralidade a ese espazo, mentres que abaixo as gamas de vermellos e verdes alternándose
dinamizan o conxunto. En todo caso tratase dun colorido brillante que outorga un carácter
táctil á pintura.
Pero sen dúbida o aspecto mais salientable e o sentimento, a expresión da dor por
medio de xestos claros e individualizados, contundentes, é unha dor real, humana que se
reflicte nas mans, nas bocas entreabertas e nos ollos chorosos. O patetismo máximo está en
María e en San Xoán, un patetismo que Giotto aprende da realidade inmediata. Con todo está
lonxe do exceso, todo as expresión rebordan unha solemnidade acorde ós acontecementos.
Hai pois un afondamento humanista que nada ten de gótico, aínda que algo quede do
pasado como os nimbos dourados realizados en estuco.
A obra de Giotto rompendo cos convencionalismos e co hieratismo, acada un
naturalismo cheo de vigor, unha humanización que enlaza có espírito franciscano, responde a
un sentimento relixioso polo que o individuo é digno de redención se practica virtudes, e co
novo gusto burgués e antiseñorial do patriciado italiano. Terá claros seguidores en figuras
coma Masaccio ou Miguel Anxo.

You might also like