Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 2

Practico arte. Marzo 2020.

1.FICHA.

Obra: burbullas de xabón.

Autor: Jean Baptiste Chardin.

Estilo: Rococó.

Cronoloxía: século XVIII.

Material: óleo sobre lenzo.

2.ANÁLISE E COMENTARIO.

Estamos ante unha pintura na que podemos observar dúas figuras apoiadas no marco
dunha fiestra. Unha figura dun rapaz xoven que está a facer burbullas de xabón, ao
lado esquerdo un vaso con xabón e auga, e a segunda figura de menor tamaño, un
neno que observa ao xoven. É un cadro no que se representa unha escena
costumbrista, na que lle está a ensinar ao neno a facer pompas de xabón.

As figuras aparecen vestidas á usanza da época polas vestimentas poderiamos dicir


que son personaxes humildes, xa que Chardin adoita escoller para os seus cadros
xente sinxela alonxada da aristocracia, recreando esceas domésticas.

En canto á iluminación sinalar que a parte traseira onde se atopa o neno está en
penumbra, mentres que ilumina o primeiro plano, aquelo no que o autor quere que
centremos as nosas miradas: o vaso con auga e xabón, parte do rostro do xoven, polo
que está a usar recursos pictóricos típicos do Barroco como o tenebrismo, o que
contribúe a crear perspectiva dando sensación de que o neno estaría máis alonxado.
Tamén usa para crear perspectiva, a difuminación das contornas así como uns tons
máis apagados, típico tamén do Barroco.

En canto ás cores, mistura unha gama cromática fría (negros e brancos; o negro do
fondo do cadro, do gorro do neno e o branco na camisa do xoven, do pano que colga
da chaqueta e do vaso), con cores cálidas como o marron da chaqueta do xoven e da
pedra da fiestra.

Usa unha pincelada solta case a base de manchas de cor, non marca a liña negra
remarcando o contorno das figuras, o que nos leva cara o Impresionismo e o
Romanticismo. Xoga co esquema piramidal, de forma que o vértice do cadro está na
cabeza do xoven, co que marca diagonais e xoga coas horizontais e verticais.

1
Practico arte. Marzo 2020.

A escea localízase nun interior, pero o marco da fiestra marca o exterior. Fai que o
espectador forme parte da escena a travé da mirada do neno e do marco da fiestra,
polo tanto é unha composición aberta.

Dicir que as figuras non están encadradas no centro da composición, o que nos leva
ao realismo e á fotografía que será na que se baseen os realistas.

Por último dicir que a técnica que se usa é o óleo sobre lenzo.

3.CONTEXTO HISTÓRICO.

A caída do Antigo Réxime francés en 1789 foi o resultado la longa oposición das
clases medias e populares a un sistema político-social dominado pola aritocracia. De
forma paralela a arte da aristocracia é dicir, o estilo Rococó, tamén fora contestado e
Diderot atacaba duramente a pintura de Boucher, recomendando nos gabinetes e nos
despachos a serenidade da arte antiga.

Unha serie de circunstancias van permitir o redescubrimento da antigüidade clásica,


gracias ao desenvolvemento das excavacións descóbrense Pompeia e Herculano.
Tamén e destacable a presenza de tratados sobre os que se basea a arte Neoclásica.

Coas academias, desaparecen os gremios, agora son os virtuosos os que forman aos
artistas, a primeira academia en España é a de San Fernando, tamén hai que destacar
a de San Luis en Zaragoza e a de San Carlos en Valencia.

Aparecen as Sociedades Económicas amigos do País, con orixe no País, sendo en


Galicia as primeiras as de Lugo e Santiago.

O Rococó apenas ten transcendencia nos exteriores, máis si nos interiores e nas artes
plásticas.

4.CONCLUSIÓN.

A pintura Rococó se reviste de levedade e de sutileza. As grandes figuras


mitolóxicas dan paso a personaxes antes secundarios. En canto á temática hai que
destacar a temática profana. Non triunfa a gloria do poder relixioso ou político senón
a picardía, a malicia, o divertido e o lúdico, aspectos que captan a atención pola súa
simpatía e a súa gracia. É destacable o emprego do retrato, da técnica do pastel, que
se usaran en estilos posteriores como no neoclásico.

You might also like