Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 9

Prácticos 13/02/2020.

Historia.

1.Introduccion.

Estamos ante dous mapas de carácter histórico de coropletas, no que se nos mostra a
través de diferentes cores a división de Europa a principios do século XX, e polo
tanto antes da I Guerra Mundial.

2.Contexto histórico.

O mapa polo tanto corresponde á Idade Contemporanea, concretamente ao século


XX. Europa Entra na Idade Contemporánea a partir da Revolución Francesa que
difunde o Liberalismo político e fai xurdir os movementos nacionalistas, ao tomar as
diferentes nacionalidades conciencia da súa singularidade étnica e cultural fronte á
intención homoxeneizadora que supuxo o Imperio Napoleónico.

O sentimento nacionalista irase enlazando cos principios de liberalismo, así no


século XIX, teremos varias ondadas revolucionarias.

3.Análise e comentario.

O mapas mostran a situación política europea e os conflictos nacionalistas antes da I


Guerra Mundial.

En primeiro lugar, hai que ter en conta a idea de liberalismo, entendido como unha
filosofía orientada a salvaguardar a liberadade do individuo ao defender o dereito á
liberdade e igualdade ante a lei. O liberalismo está asociado ao Nacionalismo ata
1848, data relacionada có inicio dos movementos obreiros, aparecendo como un
fenómeno revolucionario no seu desexo de rachar co Antigo Rexime.

A etapa napoleónica significa a expansión dos principios revolucionarios pola vida


da violencia. O Imperio Napoleónico exportou os principios revolucionarios, máis
tamén organizou Europa creando estados satélites ao redor de Francia, á cabeza dos
cales puxo aos seus irmáns. A dominación napoleónica aportou a Europa a difusión
das ideas liberáis, quebra de estructuras feudais e introducción dun dereito moderno.

O liberalismo deu a base teórica aos movementos nacionais, e sobrevive tras a caída
de Napoléon.
En 1815 ten lugar o Congreso de Viena, co que se abre a época da restauración, e a
reestructuración do mapa de Europa.

A Europa que xorde tras as Guerras Napoléonicas, non podía ser a mesma de antes,
por moito que as potencias europeas agrupadas na Santa Alianza, tentasen manter o
Status a través do lexitimismo e a restauración das dinastías previas.

A idea de liberalismo, presente nos plantexamentos das Revolucións Francesa e


Americana adquire entrado o século XIX un significado máis amplo.

Triunfa o Liberalismo Doutrinario.

A difusíon da ideoloxía nacionalista é fundamental. Nacionalismo e Liberalismo non


están unidos nas ondadas revolucionarias de 1820, 1830 e 1848. O Nacionalismo foi
a causa dos movementos revolucionarios, xa que opón o principio de nación ao de
lexitimación. A partir de mediados do século compróbase que eran realidades
distintas, así hai que ter en conta un nacionalismo Centrípeto (concentración de
pobos) e outro Centrífugo (disgregador).

Hai que ter en conta así mesmo o Imperialismo, cuxas raíces ideolóxicas se
conforman neste momento. O panxermanismo consideraba a raza alemá superior,
levando a unha política de expansión agresiva. O imperialismo británico adoptou a
misión civilizadora.

As relacións internacionais entre as grandes potencias xogan un papel fundamental


como elementos de equilibrio, para o que hai que ter en conta os sistemas
Bismarkianos e o Imperialismo agresivo dende 1890.

Na etapa entre as ondadas revolucionarias de 1830 e 1848, as relacións


internacionais entre as potencias coñeceron diversas alternativas.

A partir de 1870, a economía está marcada pola II Revolución Industrial, ata ese
momento, Inglaterra era a primeira potencia, pero ahora son Estados Unidos, Xapón
e Alemaña, o que levará a unha rivalidade entre Alemaña e Gran Bretaña, con
pugnas coloniais en busca de mercados nos que colocar os seus excedentes.

A partir de 1870, como vemos nos mapas, temos que ter en conta duas grandes
nacións: Alemaña e Italia. En Italia demostrase o feito de que a independencia só
podía conseguirse a través do concurso dunha gran potencia, e usan axuda exterior
para conseguila. En Alemaña hai dúas alternativas; a idea dunha gran Alemaña
configurada como Confederación Xermánica, e en segundo lugar unha pequena
Alemaña ao redor de Prusia, sendo a segunda opción a que acada o triunfo debido a
vontade de Bismark que tivo que rachar a unidade xermánica e derrotar aos
austríacos polas armas.

Sinalar que entre 1870 e 1914 as relación internacionais son complexas e estiveron
marcadas pola preponderancia de Alemaña que entre 1872 e 1890 levará a un
período de estabilidade.

4.Conclusión.

A construcción de un estado-nación a partir da separación da unidade política


superior foi pouco frecuente no século XIX.

En Europa occidental hai que destacar a obsesión dos distintos estados por lograr a
integración das minorías lingüísticas e culturais. En Europa central e oriental os
pobos case non se ven afectados por procesos de homoxeneización. Hai que ter en
conta o xurdimento do novo nacionalismo xudeu.

O influxo da opinión pública, aparición de novos partidos, movementos políticos e


sociais.

A segunda Revolución industrial provocou a aparición do Imperialismo colonial que


culminou co reparto do mundo entre as grandes potencias.

Respecto ao Nacionalismo obsérvase un agravamento da conflictividade


internacional, aumenta o antagonismo entre os pobos eslavos e xermanos, creando
máis inestabilidade.

Xeografía.

1.Introdución:

Estamos ante unha gráfica liñal na que se nos mostra no eixe vertical uns números
do 0 ao 80 en %, e no eixe horizontal os meses do ano. Así mesmo a gráfica presenta
unhas liñas de diversas cores, así en cor amarela represéntanse os aloxamentos de
turismo rural, en vermello os apartamentos turísticos, en malva os campings e en
azul os establecementos hoteleiros.
Así mesmo hai que sinalar que os datos pertencen ao INE, e que son relativos a
España e ao ano 2015.

2.Análise e comentario.

Na gráfica mostrase a ocupación en diferentes establecementos hoteleiros, polo


tanto é relativa ao sector turístico, o cal pertence áo sector terciario. A través da
gráfica é posible observar que os establecementos hoteleiros son os que máis
ocupación teñen, principalmente no mes de agosto, que ao igual que o resto de
establecementos son cando máis ocupación teñen.

En canto aos campings e apartamentos turísticos, dicir que nos meses de outono e
inverno están moi próximos, en torno a un 35% de ocupación, mentres que nos
meses de primavera e verán o sector dos apartamentos turísticos experimenta unha
subida considerable e se distancia da ocupación dos campings un 10%, así a
ocupación dos campings e do 50% mentres que a ocupación dos apartamentos
turísticos está no 60%.

En canto aos aloxamentos de turismo rural, dicir que son os que menos porcentaxe
de ocupación teñen, estando ao redor do 5% nos meses de inverno, na primavera en
torno ao 12%, no outono en torno ao 10% e no verán é cando se produce a subida
máis non chega ao 30% da ocupación.

En primeiro lugar sinalar que o turismo pertence ao sector terciario, o cal


desempeña un papel importante para a economía dos países desenvueltos,
acompañando ao proceso de industrialización. O estudio do terciario como sector
autónomo na actividade económica foi impulsado por Fisher (1935). Hoxe en día
está a cuestionarse a validez desta tradicional clasificación en sectores primario,
secundario e terciario, xa que que no conxunto da cadea productiva mistúranse e
interrelacionanse actividades procedentes de calquera dos sectores. Como
consecuencia o crecemento e modernización dos servizos ten lugar en estreita
correlación co resto de actividades, de modo que non adoita producirse un servizo
puro, senón que é máis frecuente unha combinación, creándose unha gama continua
de posibilidades entres as características dos bens puros e os servizos puros.

O sector terciario inclúe unha amalgama de actividades heteroxéneas, todas aquelas


que non se encadran nin no sector primario nin no secundario. O seu nexo de unión é
ser actividades de producción de bens e servizos. Esta diversidade é visible a través
da estructura do mercado de servizos, posto que conviven actividades concentradas
nun determinado lugar (bancos, aseguradoras…) con outras moi dispersas, o grao de
modernidade; unhas moi antigas, e outras modernas; a súa evolución, o capital de
traballo que requiren; a demanda, xa que uns servizos abastecen á demanda final
(individuos) e outros a empresas; a cualificación da man de obra, a frecuencia no
consumo, o tamaño das empresas…

Os servizos adquiren cada vez máis importancia económica, cunha crecente


participación no PIB e no valor engadido da producción, e a través da crecente
poboación ocupada neste sector. Está relacionado co modelo económico e coa
especialización productiva, polo que, en xeral, identificouse a evolución cara unha
sociedade desenvolvida.

Nos países en vías de desenvolvemento fálase dunha terciarización non productiva e


dunha hipertrofia do sector servizos, que creceu máis rápido que as actividades
industriais e agrarias e cun crecemento desordenado que non se corresponde coas
súas economías, cuxas razón hai que buscalas en procesos históricos como a
colonización. Nestes países os servizos están relacionados coa administración no que
traballan as clases acomodadas.

Nos países desenvueltos a terciarización explícase polo desenvolvemento alcanzado


polos servizos complementarios (servizos ás empresas, que se vinculan con tarefas
previas ou posteriores á fabricación).

É importante sinalar os diferentes factores que interveñen no crecemento do sector


terciario, entre os que destacan os sociais (crecemento da poboación, progresivo
envellecemento da poboación, incorporación da muller ao mundo laboral,
desenvolvemento da sociedade de benestar, aumento do nivel adquisitivo…),
económicos (a revolución industrial e os cambios que se producen tras ela, como
aumento da urbanización, da producción e mecanización das labores do campo;
proceso de reestructuración industrial ao redo dos anos 70 do século XX; proceso de
deslocalización industrial; integración dos servizos na producción; a externalización
das función terciarias…) tecnolóxicos, políticos (complexidade do estado, políticas
de protección social…).

Os servizos aséntanse sobre un territorio e as características deste xogan un papel


fundamental para a localización dos servizos, así mesmo os servizos teñen
importancia na organización do territorio. A heteroxeneidade leva a unha gran
diversidade. En canto a localización hai que ter en conta: a distribución da
poboación, a accesibilidade da poboación aos servizos, a frecuencia de uso dos
servizos, a natureza do servizo, a productividade da actividade…

En canto a turismo hai que ter en conta que se trata do desprazamento de persoas a
lugares fora da súa residencia habitual por motivos de ocio, persoais ou profesionais.
A importancia do turismo para a riqueza e prosperidade dos países é cada vez maior
e non deixa de medrar dende mediados do século XX, debido ao incremento das
rentas e á capacidade de gasto, reducción do horario laboral, ampliación das
vacacións pagadas…

Como se mostra na gráfica os establementos de turismo rural están a rexistrar un


descenso, mentres que os apartamentos turísticos medran, e incluso actualmente
superan a ocupación dos establecementos hoteleiros, que están perdendo gran
número de ocupantes, de ahí que haxa cidades como Santiago, Barcelona, que estén
modificando as claúsulas para non montar máis apartamentos turísticos.

3.Conclusión.

Finalmente sinalar que o turismo ten efectos positivos debido a que xera emprego,
achega riqueza ao país, compensa a balanza comercial, inflúen nas políticas de
transportes, fomenta o achegamento entre os pobos… máis tamén hai que destacar
aspectos negativos como as alteracións no medio e na paisaxe, as transformacións
económicas da cidade, e repercusións ambientais.

Arte.

1.Ficha:

Obra: puerta de Carlos V. Estilo: plateresco.

Autor: Cronoloxía: século XVI.

2.Introduccion:

Estamos ante unha porta ou un arco de triunfo, no que podemos observar dous
corpos, no inferior no centro un arco de medio punto (a modo de arco de triunfo
romano), e dous escudos, un a cada lado do arco, o do lado dereito co león con coroa
real sobre a ponte, e o esquerdo, cos cinco copóns que represpentan as cinco antigas
igrexas urbanas de Viveiro. No superior o escudo imperial enmarcado por pilastras e
rematado por frontón triangular; e sobre el o busto de Carlos V con cetro e coroa,
hai tamén catro medallóns con figuras no seu interior, os da dereita con caras
masculinas e os da esquerda femininas. Por último, un corpo a modo de ático con
almenas.

Na parte posterior un camarín plateresco con dous escudos e unha imaxe de San
Roque.

2.Contexto histórico.

Esta obra podemos enmarcala na Idade Moderna (séculos XV o XVIII),


concretamente na época do Renacemento (século XVI).

Hai que ter en conta no aspecto político a aparición das monarquías autoritarias
fronte aos poderes baixo medievais universais do Imperio e do Papado, no aspecto
económico o traslado do centro económico do Mar Mediterráneo ao Océano
Atlántico e no social a sociedade de clases, cun grupo de privilexiados e non
privilexiados, entre estes últimos, a burguesía como grupo dinámico e emprendedor.

É importante sinalar que antes do Renacemento propiamente dito houbo outros


renacementos, así con Carlo Magno inténtase voltar ás raíces clásicas pero
romanizadas, con Oton I, o renacemento Otoniano… enténdese por renacemento o
período de renovación ideoloxico e artístico dos séculos XV e XVI que se produxo
en Italia.

O renacemento comeza no século XV e ten a súa sede en Florencia (Quatrocento),


no Século XVI, ten lugar o Cinquecento, con sede en Roma dende onde se expande
ao resto de Europa.

A presencia de artistas italianos na península contribúe á difusión do novo estilo, asi


como a viaxe a Italia de artistas españois, propiciando o coñecemento directo dos
modelos italianos.

A implantación do Renacemento en Galicia ven da man de Diego de Muros e de


Alfonso de Fonseca, o primeiro foi o administrador designado polos Reis Católicos
para as obras do Hospital Real.
3.Análise e comentario.

A reconstrucción plateresca, levada a cabo dende 1548 optou por conferir á porta un
carácter esencialmente conmemorativo, reducindo o vocabulario militar a simples
citas que axudaban a configurar a expresión triunfal que se pretendía.

Á hora de estudiar o seu simbolismo non podemos olvidar que o Renacemento


reviviu o significado do portal como arco da tradición clásica, dende o momento no
que se lle considerou marco idóneo para as ceremonias do triunfo, que comezando
na porta da cidade remataba na da catedral.

A porta ábrese á Rúa Grande, verdadeiro eixe da cidade, que corresponde á


morfoloxía urbana da cidade medieval, e que é o eixe ordenador. Seguindo o seu
trazado chegamos á igrexa de Santa María, de ahí que á hora de establecer un valor
de exaltación se pensase nesta porta como ubicación idónea, nun momento no que o
elemento ideolóxico en relación coa configuración urbanística adquire gran
significado.

A obra debe ser glosada como a glorificación que Galicia e o concello de Viveiro de
forma particular rinden á benefactora monarquía, cuxas prorrogadas exencións
tributarias permitiron a súa reconstrucción a raíz do incendio de 1540, o que
xustifica que a ambos lados da porta se dispoñan os escudos de Galicia e Viveiro e
que no segundo corpo se dispoña o gran escudo imperial enmarcado por pilastras e
coroado por frontón triangular. O escudo aséntase sobre unha inscripción, no que
según alguns autores como Donapetry pode lerse: “hizose esta puerta siendo
corregidor el Licenciado Carasa de Tordesillas…” cargo que tiña en 1554, data do
reaxuste da obra.

No frontón o busto de Hércules, “entre los héroes o semidioses que campean en las
fachadas e incluso en los interiores de los monumentos renacentistas españoles,
ninguno gozó de tanto fervor como Hércules”. O asimilar a súa figura á do
emperador, e as empresas de César coas fazañas do heroe tebano, descansan no feito
de que Carlos foi visto como un personaxe virtuoso, tratábase na óptica do
humanismo renacentista de rexurdir a antiga Virtude. Carlos preséntase entón como
o novo Hércules e como herdeiro do que fora un dos primeiros reis hispanos,
exaltación mitolóxica frecuente no Renacemento, á que se chega tras diversas
tentativas encamiñadas á busca dun vocabulario que permita a mitificación do
emperador, creando unha tipoloxía de heroe clásico baixo o concepto de virtude
heroica, que acabará influíndo nas cortes europeas.

4.Conclusión.

A expansión de modelos italianos en mans de artistas nórdicos ou de outras rexións


españolas, plantea a confrontación entre dúas alternativas, a gótica e a italiana, que
tardará en resolverse. Durante os anos os traballos dan mostra dunha actuación
ecléctica, a cita clásica descansa na decoración.

You might also like