Panteón de París Corregido

You might also like

Download as odt, pdf, or txt
Download as odt, pdf, or txt
You are on page 1of 5

IGREXA DE SANTA XENOVEVA/PANTEÓN DE PARIS.

Obra. Panteón de París. Estilo. Neoclásico. 1757-1790.

Autor. Soufflot. Material. Pedra.

Contexto histórico.

A caída do Antigo Réxime francés en 1789 foi o resultado da longa oposición das
clases medias e populares a un sistema político-social dominado pola aristocracia.

De forma paralela a arte aristocrática, é dicir, o estilo rococó, tamén fora contestado
e Diderot atacaba duramente a pintura de Boucher recomendando nos gabinetes e
despachos a serenidade da arte antiga.

Unha serie de circunstancias van permitir este redescubrimento da Antigüidade


clásica, gracias ao desenvolvemento das escavacións, descóbrense Pompeia e
Herculano. Tamén é destacable a presenza de tratados sobre os que se basea a arte
neoclásica.
Coas academias desaparecen os gremios, agora son os virtuosos os que forman aos
artistas. A primeira academia en España é a de San Fernando, tamén hai que destacar
a de San Luís en Zaragoza e a de San Carlos en Valencia.

Aparecen as Sociedades Económicas Amigos do País, con orixe no País Vasco. As


primeiras en Galicia son as de Lugo e Santiago, estas sociedades crean escolas de
debuxo.

O cansancio e o esgotamento das formas decorativas do rococó sen apenas


trascendencia nos exteriores, cuxos trazados se repiten dende longo tempo, produce
unha crise estética, cuxas saídas eran ou o esforzo de crear un novo estilo ou ben
confiar na exemplaridade do pasado e imitar a antigüidade clásica, que os
arqueólogos estan redescubrindo que tiña a serenidade necesaria para que a vista e o
espírito descansaran de máis dun século de inquietante dislocación de formas.

Estes plantexamentos artísticos, en principio dotarán dunha posibilidadede


alternativa estética, dunha linguaxe plástica, aos revolucionarios empeñados na
supresión de todo resto de Antigo Réxime e, por iso, das creacións artísticas do
acabado período histórico. Os representantes da Revolución ven no Neoclasicismo a
derrota da aristocracia a arte neoclásica prolongarase ata o período napoleónico.

O epicentro do novo movemento é Francia, pero as súas consecuencias abarcarán


todo o mapa europeo, afectando tanto á arquitectura como ás outras artes figurativas,
pintura e escultura.

Hai que destacar os seguintes períodos:

-Preneoclásico: 1763-1789. Moi influenciado polo barroco.

-Período clásico. 1790-1815. Época imperial en Francia. En España coñécese


como períodoAcadémico.

-Período Postneoclásico. 1815-1830. Coñecido como clasicismo romántico.


Análise.

Neste edificio sintetízanse os ideais da arquitectura de Soufflot e da arquitectura


neoclásica; uso do mármore, recuperación das ordes clásicas, a cúpula, a proporción,
a harmonía e a orde.

Polo exterior podemos saber que se trata dun edificio de cruz grega que conta cun
nártex.

A fachada recorda ao Panteón de Agripa en Roma e a cúpula á do Templete de San


Pietro in Montorio en Roma.

A fachada consta dun pórtico hexástilo de orde corintia, cun entaboamento que
remata cun frontón triangular decorado con estatuas.

A cúpula consta dun primeiro corpo rodeado por columnas de orde corintia, mentres
que as do Templete eran dóricas. O segundo nivel está separado do anterior por unha
balaustrada e está formado polo tambor con fiestras enmarcadas por estruturas
rectangulares e despois o casquete da cúpula coroada por unha gran lanterna.

Comentario.

Dende mediados de século, a teoría da arquitectura proporcionaba novos estímulos


para a construción de igrexas. A obra publicada en 1773 Essai sur l´Architecture do
ex xesuíta Marc-Antoine Laugier, tivo unha importante repercusión. O autor
reclamaba unha reforma da arquitectura en profundidade e proclamaba que o seu
modelo arquitectónico, influenciado pola popular esixencia de Jean-Jacques
Rousseau, dun retorno ao estado puro da natureza, era a “cabana primitiva”, formada
por catro troncos, entaboamento e teito a dúas vertentes. Laugier criticaba a
construción de igrexas da época que se caracterizaba, dende o tempo da
Contrarreforma, por un espazo lonxitudinal cuberto con bóvedas de canón e con
cúpula de intersección, seguindo a tradición de San Pedro ou de Il Gesú de Roma.
En lugar das aradas de pilastras masivas predominantes, que na súa opinión eran
demasiado pesadas, propuxo que se usaran columnas exentas e arquitrabes
continuos, nos que se vira a unión da audacia construtiva e a lixeireza. En 1706
Jean-Louis de Cordemony xa fixera propostas parecidas que á súa vez é posible que
se basearan nun proxecto anterior de Claude Perrault para Santa Xenoveva de París
e para a capela do palacio de Versalles.

Despois de que o libro de Laugier gañara popularidade, a construción de Santa


Xenoveva de París, hoxe coñecida como o Panteón de París, a cargo de Soufflot, foi
a posta en práctica destas ideas.

O primeiro proxecto que realizou Soufflot prevía un edificio central sobre planta de
cruz grega cunha fachada de templo e unha cúpula de intersección situada sobre a
sepultura dos santos, tivo que ser modificada polas críticas que recibiu do clero
conservador e doutouno dun aspecto máis convencional; finalmente o espazo que
creou, claro e iluminado foi considerado polos seus contemporáneos unha obra
memorable e o prototipo da nova arquitectura sacra.

A elegancia das columnas delgadas e as grandes fiestras foron un exemplo da


mestría técnica conseguida sobre todo grazas á novidosa utilización de arcos de
descarga e contrafortes, así como de anclaxes de ferro ocultos.

A rica decoración que se tiña previsto, seguindo o estilo barroco tardío, foi
reducíndose ao longo do proceso de planificación, substituíndoa por motivos
clásicos, esto é o caso do friso con arabescos do exterior, tomado do monumento
fúnebre de Caecilia Metella en Roma, ou do remate con chanzos da cúpula inspirado
no Mausoleo de Halicarnaso. A cúpula engrandeceuse, facendo caso omiso dunha
discusión do arquitecto sobre a resistencia da construción, e a pesar das fendas que
apareceron en 1776 nos muros, finalmente, dispúxose un anel de columnas corintias
ao seu redor que a relaciona coa cúpula de San Paulo de Londres, con elementos do
deseño da cúpula de San Pedro. Polo que Soufflot creou o modelo de cúpula máis
copiado no que quedaba do século XVIII.

O arquitecto non viviu o suficiente para presenciar a finalización da súa obra.

Despois de que durante a Revolución de 1791 a Asemblea Nacional decidise


converter a Igrexa en Panteón, o arquitecto Quattrenère de Quincy levou a cabo
numerosas reformas, como a eliminación de certos elementos decorativos e o
tapiado dalgunhas fiestras que obedecía aos novos ideais arquitectónicos e acentuaba
a unidade e solidez do corpo construtivo.

You might also like