Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 4

Prá ctico xeografía. Uxía.

Práctico xeografía.

1.Introdución:

Estamos ante un mapa no que podemos observar a parte oriental europea, parte do
continente africano, concretamente Sudán situado en África do Norte, e o continente
asiático no que se representa con diferentes cores (Paquistán, China, Myanmar e
Tailandia) polo tanto é un mapa de coropletas (xa que usa diversas cores para
representar neste caso o colar de perlas chino.

Na lenda vemos representado cun círculo vermello e estrelas as bases e os portos


baixo xestión china, cunha liña vermella, a unión entre eles, que forman o colar de
perlas (dende o porto do Pireo en Atenas ata a zona do Mar de China Oriental), con
liña punteada vermella o corredor económico chino (entre China e Myanmar, e entre
China e Paquistán), en ton vermello claro os países onde China plantexa
infraestruturas para acceder ao Índico (Paquistán, Myanmar e Tailandia), por último
con círculos azuis represéntanse os pasos marítimos estratéxicos.

2.Análise e comentario.

En primeiro lugar hai que ter en conta que ademais de ser o país máis poboado con
máis de 1300 millóns de habitantes, é tamén un país moi amplo, e moi diverso. Parte
do país está ocupado por altas montañas e desertos sobre todo a parte occidental,
polo que só unha pequena parte é apta para o cultivo, a isto hai que engadir a
distribución das choivas desiguais.

En canto á etnia hai que ter en conta que a maioritaria é a Han, o seu nome procede
da dinástica Han, hai outras 55 etnias como son os tibetanos, mongois…as súas
poboacións teñen tradicións culturais e relixiosas moi distintas. En canto á lingua,
sinalar que hoxe en día conviven máis de cincuenta linguas de orixes e familias
diversas.

A industria antes de 1949 era moi escasa. Os produtos industriais limitábanse a bens
de consumo indispensables. A entrada das potencias estranxeiras a mediados do
século XIX implicou o desenvolvemento dun tipo de industria moi puntual e sen
vinculación co resto do país, só en Manchuria os xaponeses crearon un armazón
industrial que incidiu no maior desenvolvemento económico.

1
Prá ctico xeografía. Uxía.

A guerra contra Xapón e despois a guerra civil motivaron a desintegración destas


áreas industriais puntuais. O triunfo do comunismo acompañouse da adopción de
medidas dirixidas a sentar as bases do desenvolvemento industrial e reconstruír a
economía.

A partir de 1979 promóvese o modelo alternativo de “socialismo de mercado”,


queríase transformar China nun estado moderno e próspero pola vía da apertura ao
exterior e da liberación económica, o que supuxo promover as condicións de
estabilidade política e de seguridade xurídica.

A partir dos noventa aparecen novos líderes e entre 2002 e 2003 realizouse unha
nova renovación, trátase dunha xeración xa de tecnócratas sen relación coa
revolución de aperturismo e democratización política. Entre os seus obxectivos cabe
destacar os seguintes: que China está a mellorar a calidade da súa producción
industrial para elevar a súa competitividade internacional.

Hai que destacar na estratexia industrial de China as seguintes caracterísiticas, a


descentralización (empresas que recibiron o dereito a dispoñer libremente dos seus
beneficios. Supón unha mellora na súa xestión e concepción internacional), a
divesificación, o consumo e a gran producción.

A todo isto hai que engadir que China o que pretende é levar a cabo unha política
asiática en dúas frontes: por unha banda hai un esforzo por acrecentar a súa presenza
e peso no comercio internacional para integrarse no polo económico do Pacífico e
por outro reafírmase como potencia política e militar.

Antes do ano 2008 era Estados Unidos o primeiro socio comercial de 127 países do
mundo e China só de 70. A partir de 2014 a situación era a contraria, sendo China o
socio comercial máis importante, desta forma prodúcese un choque comercial entre
ambos os países, que fai que a Organización Mudial do Comercio (OMC) sufra unha
parálise debido a que as dúas superpotencias se acusan mutuamente de non cumprir
os principios do libre comercio.

En canto a apertura do comercio exterior nun principio os produtos enerxéticos


supoñían a maior parte das vendas ao exterior, os produtos manufacturados foron
adquirindo maior importancia e nas exportacións destaca a industria lixeira. Así
China importa materias primas dos seus países veciños: asiáticos e africanos.
Especialmente de África, continente que proporciona actualmente o 30% das

2
Prá ctico xeografía. Uxía.

importacións chinesas, cunha tendencia á alza. A presenza Chinesa en África é cada


vez maior mediante préstamos, investimentos e axuda ao desenvolvemento a cambio
de materias primas e petróleo. Angola é o seu primeiro socio comercial e o seu
principal proveedor de petróleo.

Dicir que a política de apertura supuxo un apoio aos investimentos estranxeiros no


país. En canto á distribución xeográfica dos investimentos hai unha serie de áreas
nas que o goberno favoreceu o investimento directo de empresas estranxeiras, dando
lugar a unha forte concentración espacial das mesmas, as autoridades pretenderon
conseguir das rexións costeiras desde Lianing ata Guangdong o motor de
desenvolvemento para o resto do país, polo que dende un principio os investimentos
concentráronse nos espazos costeiros, máis desenvoltos, en detrimento das rexións
do interior.

A posta en marcha dunha política específica de incentivos e privilexios para atraer


os investimentos estranxeiros concentrouse na creación dunha serie de espazos
abertos, todos eles costeiros que son as ZEE (Zonas Económicas Especiais), ZEO
(Zonas Económicas Abertas) ou “cidades abertas”, onde se crearon polos de
crecemento vinculados ao exterior que incrementan o seu grao de desenvolvemento
respecto ao resto do país e acentúan o desequilibrio espacial. Estes espazos están
situados no norte (en torno ao golfo de Bohai), no delta do Yangtsé, no delta do Reio
das Perlas e ao sur da provincia de Fujian.

3.Conclusión.

China é o país emerxente por excelencia. O seu crecemento económico converteuna


na segunda economía mundial, só superada por EEUU. Con todo, as desigualdades
sociais, os desequilibrios, proporcionan unha imaxe moi diferente, a China costeira
dinámica e aberta ao exterior, a China interior pobre e agrícola e a China occidental
árida e non desenvolvida.

A China costeira inmersa no circuíto da economía mundial é símbolo do


desenvolvemento e prosperidade. A actividade industrial e exportadora da China
costeira apóiase no desenvolvemento dunhas modernas infraestruturas portuarias.

A China interior agrupa 9 provincias. Tanto polo seu desenvolvemento como pola
súa situación xeográfica supón unha verdadeira rexión intermedia entre rexións máis
desenvoltas do leste e as menos desenvoltas do oeste.

3
Prá ctico xeografía. Uxía.

A China exterior agrupa tres provincias e cinco rexións autónomas. Trátase dun
inmenso espazo onde a aridez, o atraso económico e a pobreza sons as únicas
principais características. Con todo o seu subsolo posúe unha inmensa riqueza.
Numerosas zonas pioneiras agrícolas e establecementos mineiros e de industria
pesada salpican o país, pero non deixan de ser enclaves puntuais. Toda a rexión
segue cun gran atraso económico e social.

You might also like