Comentario Venus Urbino

You might also like

Download as odt, pdf, or txt
Download as odt, pdf, or txt
You are on page 1of 4

COMENTARIO DA VENUS DE URBINO DE TIZIANO:

CLASIFICACIÓN:
 CULTURA/ESTILO/MOVEMENTO: RENACEMENTO- CINQUECENTO.

 CRONOLOXÍA: 1538.

 TÍTULO: A VENUS DE URBINO.

 AUTOR: TIZIANO.

 TÉCNICA: ÓLEO SOBRE LENZO.

 LOCALIZACIÓN: GALERIA UFFIZZI (FLORENCIA).

ANÁLISE:

Estamos ante unha das obras máis espectaculares de Tiziano, realizada durante a súa
estadía na Corte de Urbino, por encargo de Guidobaldo della Rovere, fillo do duque de
Urbino. Existen diversas interpretacións. O cadro tense interpretado como unha alegoría
nupcial en clave neoplatónica, un retrato da esposa de Guidobaldo, ou sinxelamente o retrato
dunha coñecida cortesá da cidade. Ningunha das interpretacións é universalmente aceptada, o
que incrementa o misterio do cadro.

A escena está ambientada no interior dunha rica edificación palaciana. A obra


representa a unha figura feminina moi sensual que aparece espida nun luxoso leito vermello,
cuberta cunha saba branca. Soamente ten unha pulseira de brazalete e uns pendentes de
lágrima. Na súa man dereita leva un ramallete de flores mentres que coa súa esquerda cobre o
seu pube, que é o centro do cadro. Os seus cabelos louros caen sobre os seus ombreiros,
creando unha figura de evidente clave erótica . No primeiro plano, a moza dirixe a súa mirada
ao espectador con certa provocación.

Aos seus pés un canciño descansa placidamente, a súa presenza non é banal xa que o
can descarta a posibilidade de asemellar á moza cunha deusa: faina carnal, humana. A súa
simboloxía relaciónase coa fidelidade, aínda que neste caso, que aparece durmido, pódese
interpretar como unha referencia ao adulterio.

Ao fondo, nunha estancia contigua, dúas serventas rebuscan nun arcón roupeiro de
tipo nupcial. Na dita estancia hai un ventanal que permite ver o exterior e unha árbore.
O realismo da composición vén marcado polo gran detallismo co que o autor plasma
cada detalle. A estancia está ricamente decorada, as baldosas coidadosamente colocadas
guían a mirada cara a segunda estancia e a columna do ventanal actúa como punto de fuga. A
composición aparece dominada pola figura horizontal da moza que contrasta coa
verticalidade da cortina e a columna do ventanal.

A cor, aplicada con gran mestría, fai de Tiziano un dos mellores representantes da
escola veneciana. A cor clara e cálida da moza producen unha sensación de sensual
indolencia, realzada co contraste co escuro do fondo e o colchón. Tamén contrasta coa
cortinaxe e coa paleta máis fría e escura das serventas. Todo fai destacar á moza espida,
disposta nunha elegante liña oblicua.

A Venus de Urbino alónxase do idealismo característico do Renacemento italiano.


Tiziano representa a Venus esperta, consciente e orgullosa da súa beleza e da súa desnudez.
Trataríase dunha representación real dalgunha muller concreta, de carne e óso. Nada nela
evoca o lado “divino” da deusa.

COMENTARIO:

Tiziano é o máximo representante do clasicismo do Cinquecento veneciano. Despois


de Florencia e Roma, o centro artístico pasa a ser Venecia. A próspera cidade medrara grazas
ao comercio con Oriente, con que mantiña estreitas relación. A adopción do Renacemento foi
aquí máis tardía, pero cando o fixo deulle ao estilo un novo esplendor. Na pintura, o estilo
veneciano estará claramente definido polo protagonismo da cor aplicada con intensidade,
luminosidade e moi empastada. O principal representante será sen dúbida Tiziano (aínda que
o movemento o iniciou o seu mestre Giorgione e el renovou cunhas composicións máis
monumentais empregando cores suntuosas e brillantes). Tratou novos temas vinculados á
mitoloxía e á alegoría, así como o retrato do que foi un verdadeiro mestre.

A maior fama de Tiziano estribou nos seus retratos. As grandes Cortes europeas
rivalizaban por conseguir contratar ao artista. Fíxose famoso chegando a traballar para os
Austrias españois (Carlos I e Felipe II). Abundan modelos iconográficos como retratos de
medio corpo ou de corpo enteiro ante fondos neutros ou en escenarios. A aproximación ao
manierismo non chegou a impoñerse completamente na súa obra, pero si progresivamente vai
facéndose máis libre no uso da cor e a expresión presente nos seus retratos, algo que influirá
posteriormente nos pintores barrocos (Velázquez).

Probablemente Tiziano inspirouse na “Venus durmida” de Giorgione. Pero a súa obra


é moito máis contemporánea e desvinculada das premisas renacentistas: a Venus de
Giorgione é unha auténtica deusa, mentres que Tiziano plasma a unha muller real. A mestría
e calidade da obra farán que sexa modelo e inspiración para Goya e a súa “Maja espida” ou a
“Olimpia” de Manet.

You might also like