Tema 7. A Nova Narrativa Galega

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

Tema 7. A Nova Narrativa Galega.

Características, autores e
obras representativas.

Na década de cincuenta coinciden no ámbito universitario unha nova fornada de escritoras e


escritores coas mesmas ansias por renovar o campo literario galego. Se ben o contexto no que se
sitúan é abafante, cunha censura e cun control por parte do franquismo que imposibilita realizar a
súa actividade con total liberdade, este grupo buscará estratexias e novos referentes fóra do espazo
ibérico.
Xa que logo, estamos diante dun colectivo que non se afirma como grupo homoxéneo. Foi a crítica
quen o cataloga a posteriori cunha etiqueta vinda da esfera francesa: Nova Narrativa Galega. Isto
débese ás coincidencias coa Nouveau Roman, colectivo de escritoras/es que tiñan como obxectivo
renovar a narrativa gala, a partir da reconstrución da vangarda e cunha ideoloxía de esquerdas
antiimperialista.
A nivel xeral partillan dos mesmos referentes literarios. Dende a descrición psicolóxica de M.
Proust, a novela atormentada do checo F. Kafka, a destrución da lóxica temporal de W. Faulkner, a
exploración no correr de consciencia de J. Joyce, a psicanálise ou o mundo onírico. Mais
observamos tamén unha serie de constantes en todo o colectivo como é a técnica do obxectualismo,
o anonimato das personaxes, a destrución do espazo e tempo, a narración cinematográfica ou o
reflectir do mundo do subconsciente.
Os argumentos dos textos optan por abandonar o antropocentrismo, eliminando os nomes propios e
mesmo escollendo bechos como personaxes centrais. As localizacións son imprecisas, non como no
caso dos escritores contemporáneos a eles (a Áurea de Blanco Amor, o Buenos Aires de Neira Vilas
ou a selva de Esmelle de Cunqueiro). Introdúcense ambientes urbanos e temáticas pouco ou nada
traballadas no campo literario galego como a violencia ou o sexo.
A nivel estilístico destaca a destrución do tempo lineal. A retrospección ou as analepses dan conta
dunha técnica de montaxe con diferentes planos. As voces narrativas mestúranse e non imos atopar
apenas unha voz narradora en P3 ou omnisciente. O enfoque obxectualista, empregando unha sorte
de mirada de cámara aséptica a todo o que acontece imos atopala en moitos textos.
A Nova Narrativa Galega iníciase en 1954 coa publicación de Nasce un arbre de Gonzalo R.
Mourullo e sinálase a súa fin no 1981 coa publicación de Cara a Times Square de Camilo Gonsar.
Existen diferentes propostas de catalogación.

O corpus da NNG abrangue unhas vinte obras publicadas entre 1954 (Nasce un arbre, de Gonzalo
R. Mourullo) e 1971 (Adiós, María, de Xohana Torres). A crítica literaria adoita clasificar a
produción desta época en tres etapas. A primeria vai dende os anos cincuenta até a finalización
dos anos sesenta. Aquí xorden as voces máis destacadas como as de X. L. Méndez Ferrín, Gonzalo
R. Mourullo ou María X. Queizán. A técnica existencial, a temática do absurdo e a violencia son
os tres trazos distintivos. Alén disto contemplamos como a corrente existencialista toma corpo no
campo literario galego.

Escollemos a obra do ourensán X. L. Méndez Ferrín como exemplo desta etapa. En libros de
relatos como O crepúsculo e as formigas aparecen en escenas todos os elementos antes
mencionados. Mais neste caso cómpre salientar como se inicia a configuración dun macrotexto que
se espallará en obras posteriores, mesmo chegando ao final do século XX. O real e o imaxinario
fúndense para mostrar situacións de opresión e violencia, localizada en espazos escuros. Novelas
como Arrabaldo do norte van incidir no obxectualismo, onde os personaxes fican nun baleiro
impreciso, sen comunicación posible e na procura de algo non tanxible.

A seguinte etapa anotada camiña pola década dos setenta. Aquí xa están asentadas as novidades
técnicas e apóstase por innovar as temáticas, focalizando a política. Na obra de Carlos Casares,
atopamos unha viraxe entre libros de relatos como Vento ferido, no cal aposta por un obxectualismo
menos abstracto, ora por pezas transgresoras a nivel técnico como Cambio en tres, ora con novelas
memorísticas como Xoguetes para un tempo prohibido, na cal se fai unha radiografía da nova clase
media ilustrada que se instala co final do franquismo.

A terceira etapa é a que comeza nos anos oitenta. Aquí atopamos como os axentes literarios poden
continuar a liña iniciada antes, caso de Camilo Gonsar, ou avanzar por outros camiños como a
escrita feminista de M. X. Queizán. Mais o trazo máis salientable é que conviven coas novas
fornadas do final de século, ao igual que lles sucedeu aos escritores e intelectuais da época Nós.

You might also like