Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 11

3.

A CRISE DA RESTAURACIÓN E A DESARTICULACIÓN DO SISTEMA CANOVISTA


( 1902-1917 )

3.1. O DESASTRE DO 98 E O REXENERACIONISMO

As orixes da crise da Restauración


En 1885, a morte do rei Alfonso XII causou certa inestabilidade política e social. A súa viúva, María
Cristina de Habsburgo, asumiu a rexencia do reino mais tivo que afrontar dúas grandes
dificultades:

1) A conflictividade social e política crecente


2) A independencia das últimas colonias

A conflitividade social e política


Pese a que o sistema canovista se mantiña estable, a conflitividade social aumentou na última
década do s. XIX. Os atentados anarquistas foron cada vez máis frecuentes, destacando o
asasinato de Cánovas del Castillo (1897). Doutra banda, tamén aumentou a opsición política. O
republicanismo comezou a reorganizarse e os movementos rexionalistas e nacionalistas
cobraron forza. En Cataluña a Unión Catalanista redactou un proxecto autonomista, as Bases de
Manresa; no País Vasco Sabino Arana fundou o Partido Nacionalista Vasco (1895) e en Galicia
xurdiron as primeiras organizacións rexionalistas.

A independencia das últimas colonias


Ademais da conflitividade social, María Cristina de Habsburgo tivo que facer fronte a unha
insurrección dobre en Cuba e Filipinas. Esta guerra colonial, en primeiro lugar, está integrada
nun contexto internacional concreto. Mentres que España non estaba a participar da carreira
colonial, a diferencia de outras potencias Europeas, novas potencias industriais como Estados
Unidos estaban a remodelar o mapa colinal de finais do s. XIX. Así, a guerras hispano-
estadounidense en Cuba e Filipinas é un exemplo do choque entre o "vello mundo" decimonónico
e o "novo mundo" que protagonizará o s. XX

A independencia de Cuba ( 1895-1898 )


A Paz de Zanjón (1878) que puchera fin á Guerra dos 10 anos non mitigara os desexos
independentistias de boa parte da poboación cubana. Todo o contrario. En 1895, o Grito de Baire
foi un levantamento de separatistas cubanos para lograr a independencia da illa. Esta rebelión
estaba encabezada polo Partido Revolucionario Cubano de José Martí.

A independencia de Filipinas ( 1896-1898 )


No caso de Filipinas, a rebelión iniciouse en Luzón (1896), a illa máis importante do arquipélago.
E estivo dirixida por Andrés Bonifacio e Emiliano Aguinaldo, cabezas do movemento revolucionario
filipino: Katipunan.

A evolución da guerra colonial


Entre 1895 e 1898, España enviou numerosas tropas a Cuba e Filipinas. Non obstante, o seu
exército presentaba graves carencias técnicas (maquinaria atrasada e tropas mal preparadas).
Ademais, as enfermidades tropicais causaban numerosas baixas.

En Cuba, a actuación do xeneral Valeriano Weyler foi a máis polémica, pois caracterizouse pola
Reconcentración. É dicir, aglomerou á poboación local en campos de concentración como
reprimenda á insurrección independentista.
A aproximación dos Estados Unidos
A situación agravouse cando os Estados Unidos, que se atopaban en plena expansión polo
Océano Pacífico e o Mar Caribe, comezaron a apoiar aos insurrectos cubanos e filipinos.

En 1898, a explosión do cruceiro estadounidense Maine, ancorado na Habana, foi a escusa para
que o goberno dos EEUU enviase un ultimatum ao español para que renunciase ao seu dominio
sobre Cuba.

A Guerra Hispano-Estadounidense ( 1898 )


En España, a exaltación patriótica por parte da maioría da poboación (só as organizacións
obreiras e algúns intelectuais se posicionaron en contra) levou ao goberno español a declarar a
guerra aos EEUU.

A guerra foi rápida e contundente polas grandes diferenzas entre ambos. Ante a superioridade
militar estadounidense, España asinou o Tratado de París (1898), no que vendía Cuba, Puerto
Rico, Filipinas e a Illa de Guam por 20 millóns de dólares.

O desastre do 98
A perda das últimas colonias causou un forte impacto na opinión pública española. Definida como
desastre do 98, puxo de manifesto a incapacidade da oligarquía dominante para modernizar
o país. Existe un impacto triple e paralelo:

1) Os militares sentiron un profundo resentimento, responsabilizaron do fracaso aos políticos e


pecháronse progresivamente en posicións cada vez máis conservadoras e nacionalistas.

2) Os intelectuais desenvolveron unha reflexión crítica sobre España, o rexeneracionismo.

3) As clases populares sentíronse aliviadas de non ter que enviar aos seus fillos á guerra.

O rexeneracionismo
O rexeneracionismo foi unha corrente intelectual crítica co sistema de Restauración que buscaba
modernizar politica e economicamente a España. Para os rexeneracionistas, os problemas de
España residían na existencia dun Estado ineficaz e dunha clase política corrupta e caciquil.

Joaquín Costa ( 1846-1911 )


Joaquín Costa foi o representante rexeneracionista máis destacado. Ao longo dos seus escritos,
defendeu un programa renovador desde dentro e desde arriba. Propoñía unha renovación do
ensino e dos sectores produtivos españois, e incluso chegou a xustificar a necesidade de contar
cun "cirurxián de ferro", é dicir, un gobernante autoritario de carácter temporal para reconducir ao
país.

D46. Rexeneracionismo: Corrente crítica que aflorou a raíz do Desastre do 98. Ademais da súa
dimensión literaria, manifestouse entre pensadores como Joaquín Costa. Caracterizábase pola
denuncia do caciquismo e demandaba unha transformación do país dende arriba con fortes
investimentos na agricultura e na educación. Non obstante, estas propostas non se materializaron.

3.2. O INICIO DO REINADO DE ALFONSO XIII ( 1902-1909 )

Alfonso XIII ( 1886-1941)


En 1902, con 16 anos, Alfonso XIII converteuse en novo rei. A diferencia do seu pai, Alfonso XII,
mostraba unha forte inclinación por intervir nos asuntos políticos. As súas prácticas
excederon o recollido na Constitución de 1876 e non sempre foron oportunas. Foi considerado un
auténtico "rei soldado" debido ao entusiasmo que tiña polo exército español.
O fracionamento dos partidos dinásticos
O asasinato de Cánovas (1897) e a morte de Sagasta (1903) provocaran escisións nos partidos
dinásticos . Os novos líderes non foron quen de aglutinar a todos os seus partidarios, mais a
quenda pacífica seguiu funcionando. Non obstante, a medida que avanzaba o s. XX os gobernos
obtiveron cada vez menos respaldo parlamentario e provocaron un cambio frecuente do
presidente do goberno. Isto favoreceu o crecente intervencionismo de Alfonso XIII e o desgaste
das forzas dinásticas.

O aumento da oposición política


Dende comezos do reinado de Alfonso XIII, a contestación política e social fórase incrementando.
Destacamos diversas áreas:

a) Conflitividade laboral, protagonizada fundamentalmente polos atentados anarquistas.


b) Crecemento do republicanismo nas cidades, rompendo o monopolio dos partidos dinásticos.
c) Aumento das correntes anticlericais fronte ao catolicismo intransixente da Igrexa e o
patriotistmo belixerante que esta manifestara nas guerras de Cuba e Filipinas.
d) Auxe dos nacionalismos periféricos. A finais do s. XIX Sabino Arana fundara o Partido
Nacionalista Vasco (1895) e, a comezos do s. XX, a Lliga Rexionalista deu pulo a numerosas
reivindicacións catalanistas.

O malestar do mundo militar


Se as esquerdas obreiras e o republicanismo se estaba a reagrupar, dentro do exército estaba a
medrar un forte malestar. As críticas ao mundo militar logo do desastre do 98, xunto ao auxe dos
nacionalismos periféricos, aproximou á maioría do exército a posicións cada vez máis
conservadoras e autoritarias. Pese a que o sistema canovista quería afastar ao exército do
poder civil, este comezou a considerarse salvador da patria e da unidade nacional.

O salto a Cut-Cut e La Veu de Catalunya


En 1905, uns oficiais da guarnición de Barcelona asaltaron varias redaccións de prensa
catalanista nas que se verteran críticas contra o exército. As editoriais da revista satírica Cut-Cut
como a do xornal La Veu de Catalunya foron asaltadas. Tras o desastre do 98, para boa parte
dos militares, o despegue dos nacionalismos periféricos supuxera unha proxección da
independencia das colonias. Isto explica a súa demanda de poderes especiais para "salvar a
España”.

A lei de Xurisdiccións ( 1906 )


Tras o asalto aos xornais, o goberno non se atreveu a castigar aos oficiais. De feito aprovou, co
consentemento de Alfonso XIII, a Lei de Xurisdiccións (1906) pola que se sometía a xuízo militar
aos delitos de opinión contra a unidade da patria e contra o exército. O exército, que segundo o
sistema canovista debía permanecer illado das desputas ideolóxicas, comezou a posicionarse
politicamente e a imporse sobre o poder civil.

O goberno longo de Maura ( 1907-1909 )


En 1907, Antonio Maura, líder do Partido Conservador, foi nomeado presidente do goberno.
Partidario de emprender unha revolución dende arriba, sen modificar a estrutura económica e
social, quixo introducir cambios significativos na vida política do país para evitar unha revolución
dende abaixo. Das súas reformas destacaron:

a) A lei de reforma electoral


b) A lei da administración local.
As reformas de Maura
A lei de reforma electoral
Pretendía unha maior efectividade do sistema sen ter que recorrer ao fraude electoral, pero
logrou o efecto contrario. Un dos seus artigos establecía que, se nunha circunscrición non se
presentaban máis candidatos que o número de postos a cubrir, todos os candidatos eran elixidos
sen votación. Ademáis, establecía duras condicións para presentarse ás eleccións (debías ser
avalado por ex-deputados e obter o apoio previo do 20% do censo do teu distrito electoral).

Lei da administración local


Pretendía incrementar a autonomía dos concellos e contemplaba a posibilidade de crear
mancomunidades provinciais, mais unha oligarquía local temerosa de perder o seu poder
impediu a súa aprobación.

3.3 A SEMANA TRÁXIXA E AS REFORNMAS DE CANALEJAS

A cuestión marroquí
A cuestión marroquí converteuse nun problema de primeira magnitude para os gobernos
españois. España trataba de compensar a perda de Cuba eFilipinas coa ocupación do norte de
Marrocos, onde xa posuía Ceuta e Melilla. A conferencia de Alxeciras (1906) entre España e
Francia, metrópole que controlaba a colonia de Marrocos, garantiron a influencia exclusiva de
España do Rif, unha zona de orografía montañosa, clima árido e habitada por tribos bérberes.

O comezo da Guerra do Rif


Para facer efectivo o dominio español, os diferentes gobernos enviaron tropas para afanzar cara
ao interior do Rif. En xullo de 1909 o exército sufriu unha grave derrota no Barranco do Lobo
(1.000 mortos nun mes). O goberno de Maura e as clases dominantes considerárona como unha
ameaza ao prestixio internacional de España, polo que decretou a mobilización dos reservistas
para facer fronte aos ataques rifeños.

A semana Tráxica de Barcelona


O embarque de tropas en Barcelona provocou o inicio dunha folga xeral contra a guerra e a
actuación do goberno. A folga foi un éxito e a protesta radicalizouse. Construíronse barricadas,
queimáronse igrexas e durante unha semana as masas populares foron donas da cidade.

D47. Semana Tráxica: Episodio ocorrido en Barcelona no verán de 1909 cando, na escalada da
guerra de Marrocos, o goberno de Maura decretou a incorporación dos reservistas no exército
regular. Aquelo provocou unha folga xeral obreira duramente reprimida, pero tamén levou a Pablo
Iglesias ao Congreso e logrou a unificación anarquista na CNT.

Crise e represión da Semana Tráxica


A falta de obxectivos comúns e dunha dirección clara, xunto co envío de reforzos militares por
parte do goberno, fixo que a insurrección popular fose dominada. Unha vez restablecida a orde
pública, levouse a cabo unha forte represión:

a) Múltiples socialistas e anarquistas foron condenados a morte nos Fusilamentos de Montjuic.

b) O anarquista Francisco Ferrer Guardia foi considerado promotor da insurrección pese ás


escasas probas presentadas e das protestas internacionais ao seu favor.
As consecuencias da Semana Tráxica
O impacto da Semana Tráxica foi total, tanto no ámbito político como no social:

a) Reagrupación das forzas opositorias á monarquía


b) Aparición de novos axentes políticos: o agrarismo en Galicia.
c) Consolidación dun sindicalismo alternativo ao movemento obreiro: sindicatos católicos.
d) Dimisión de Maura e presidencia de Canalejas

A reorganización do movemento obreiro


Os partidos republicanos e os sindicatos obreiros comprenderon que a hostilidade contra o
inxusto sistema de reclutamento era un bo recurso para mobilizar ás masas. Nunha época na
que o nacionalismo máis belixerante estaba anegar Europa nos meses previós á I Guerra Mundial,
en España sucedía o contrario.

En 1909 creouse a conxunción electoral republicano-socialista, que permitiu a elección de Pablo


Iglesias Posse, fundador do PSOE e da UGT, como deputado en 1910. Naquel ano tamén se
fundou a CNT (1910), o gran sindicato anarquista español.

O agrarismo galego
En Galicia, a escasa modernización agraria durante o s. XIX motivou unha ampla mobilización
social coñecida co nome de agrarismo. Pese a que as accións de protesta comezaran a
principios de século baixo a bandeira de Solidaridad Gallega, de tintes anticaciquís, o impacto da
Semana Tráxica radicalizou ao agrarismo. Baixo o liderazgo do sacerdote ourensán Basilio
Álvarez, levaron a cabo unha intensa campaña de axitación contra os foros e o caciquismo,
buscando a mellora das condicións de vida dos labregos galegos.

D48. Agrarismo: Movemento social galego do primeiro terzo do s. XX caracterizado polo seu
carácter antiforal e anticaciquil. Unificado nun inicio baixo a bandeira de Acción Gallega e o
liderado de Basilio Álvarez, contribuiu á politización da sociedade rural galega grazas á fundación
de sociedades agrarias en moitas parroquias e concellos.

Os sindicatos católicos
O avance do anarquismo e dosicalismo logo da Semana Tráxica, xunto ao anticlericalismo destas
ideoloxías, impulsou a creación de sindicatos católicos. Todas estas organizacións defendían,
en lugar da supresión das clases sociais, a colaboración entre elas e pretendían lograr a
concordia social. No País Vasco foron moi próximas ao nacionalismo vasco, debido á esencia
católica do PNV e da ideoloxía de Sabino Arana.

A admisión de Maura
Loxicamente, a crise social provocada pola Semana Tráxica forzou a caída de Maura. As
forzas de oposición fixeran numerosas peticións a Alfonso XIII baixo o berro ¡Maura non!,
polo que o monarca concedeu a presidencia do goberno ao Partido Liberal encabezado
por Canalejas.

As reformas de Canalejas
José Canalejas propuxo unha serie de reformas para ampliar a base social do sistema
da Restauración atraendo ás clases populares. O impulso reformista de Canalejas foi o
intento máis serio de abrir unha vía cara a democracia dende o interior do sistema, aínda
que sen cuestionar os fundamentos da monarquía cosntitucional de Alfonso XIII. Entre as
reformas destacan:

a) Lei de asociacións relixiosas


b) Lei de mancomunidades provinciais
c) Lei de recrutamento
As reformas de Canalejas
Lei de asociacións relixiosas (1910)
Limitaba o establecemento de novas ordes relixiosas en España. Foi moi criticada polos sectores
católicos e conservadores, así como polo Vaticano, o que obrigou ao goberno a retirala pouco
despois.
Lei de mancomunidades provinciais (1911)
Complementar a lei de Maura e canalizar as reivindicacións rexionalistas mediante a formación de
mancomunidades de municipios. Permitiu a creación da Mancomunidade de Cataluña (1914), o
primeiro recoñecemento xurídico e político da personalidade diferencial de Cataluña.
Lei de recrutamento (1912)
Establecía o servizo militar obrigatorio e abolía as quintas, mais foi criticado polos partidos
obreiros porque era posible reducir o servizo militar mediante un pago

Conclusión: o comezo do fin


Pese ás melloras que intentou introducir, Canalejas foi asasinado nun atentado en
novembro de 1912. A mesma morte que sufrira a finais do s. XIX Cánovas del Castillo.
Dalgún modo, os dous magnicidios abren e pechan, respectivamente, o período central
da España da Restauración. A etapa que ía dende a guerra de Cuba baixo o mandato de
Weyler á firma do Protectorado español en Marrocos; das primeiras fisuras do sistema de
quenda á crise do réxime durante a Semana Tráxica.

4. A CRISE DE 1917, OS GOBERNOS DE CONCENTRACIÓN E A GUERRA DE MAROCOS


( 1917- 1923 )

4.1. A CRISE MILITAR, POLÍTICA E SOCIAL (1917)

O comezo da I Guerra Mundial ( 1914-1918 )


No verán de 1914, a Mancomunidade catalana, os conflitos sociais e a guerra de Marrocos
quedaron nun segundo plano ante as noticias dunha escalada bélica de dimensións
descoñecidas. O magnicicio de Saraxevo (Bosnia) -atentado contra o archiduque Francisco
Fernando, do Imperio Austrohúngaro- iniciou o que na súa época se coñeceu como Gran Guerra.

Aliadófilos e xermanófilos
Pese a que España se considerou neutral, na sociedade española existiu un denso debate

a) Aliadófilos: liberais e republicanos, partidarios de Francia e Gran Bretaña por consideralos


símbolos de progreso e democracia.
b) Xermanófilos: carlistas, conservadores e amplos sectores do exército e da Igrexa, máis
próximos aos valores tradicionais do Imperio Alemán e a defensa da orde contra calquera tentativa
revolucionaria.
c) Antibelicistas: socialistas e anarquistas, consecuentes coa súa crítica aos conflitos nos que
estaba inmersa España (A Guerra de Marrocos).

O impacto económico da Gran Guerra


A I Guerra Mundial tamén tivo un impacto económico, pois convertiu a España nunha
subministradora de todo tipo de produtos aos países belixerantes. Isto provocou un incremento do
desenvolvemento industrial pero tamén un aumento dos prezos (inflación), especialmente dos
produtos de primeira necesidade. Como os salarios non subían, deterioráronse as condicións de
vida e o goberno de Eduardo Dato entrou en crise.

Unha crise de tres caras


No ano 1917 produciuse a crise máis profunda da Restauración, resultado da confluencia de
tres conflitos:

A. Militar: as Xuntas de Defensa


B. Político: a Asambea de Parlamentarios
C. Social: a folga revolucionaria

A orixe da crise militar: as Xuntas de Defensa


No outono de 1916 apareceron en Barcelona as Xuntas de Defensa militares, asociacións de
carácter corporativo formadas por oficiais de media e baixa graduación para defender os seus
intereses profesionais en materia económica.

Por que xurden estas Xuntas de Defensa?


Os oficiais do exército español estaban a vivir unha precaria situación económica e, ademáis,
reivindicaban o regulamento dos ascensos. Pretendían que o ascenso dentro do corpo militar
fose por antigüidade, non por méritos de guerra. Ademáis, as Xuntas de Defensa tamén son unha
reacción fronte ás críticas antimilitaristas, o auxe do movemento obreiro e dos nacionalismos
periféricos.

O poder militar sobre o civil


O goberno de Eduardo Dato disolveu as Xuntas e os seus dirixentes, pois estas Xuntas
eran un intento de sindicación que violaba a disciplina interna do exército. Non
obstante, a rebelión aberta de boa parte dos oficiais obrigou ao goberno a recoñecelas. O
conflito puxo de manifesto, unha vez máis, a debilidade do poder civil fronte ao militar.

As consecuencias da crise militar


A partir da crise militar de 1917, os militares interviñeron no nomeamento dos ministros de
Guerra, converténdose nos máximos garantes da orde pública. Ademais, lograron que as súas
reivindicacións salariais se lograsen. Pero os problemas seguiron sen solucionarse: equipamento
deficiente, exceso de oficiais e, sobre todo, divisións internas entre peninsulares (que
reclamaban os ascensos por antigüidade) e africanistas (que antepoñían os méritos de guerra)

A crise política: a Asamblea de Parlamentarias


Aproveitando a debilidade do goberno provocada pola actuación das Xuntas de Defensa; o
desprestixio de Alfonso XIII e a división dos partidos dinásticos, Francesc Cambó, líder da Lliga
Rexionalista de Cataluña fixo presión para conseguir un estatuto de autonomía para Cataluña.

Unhas Cortes alternativas


En xullo de 1917, ante a intransixencia do goberno central, unha serie de deputados cataláns
pediu a inmediata reunión das Cortes para deliberar sobre a organización do Estado. Como o
goberno non accedía, invitouse a todos os parlamentarios españois a unha Asemblea
extraordinaria en Barcelona. Pese á prohibición gobernativa, asistiron á esta Asemblea de
Parlamentarios deputados catalanistas, republicanos e socialistas, que insistiron na necesidade
de convocar Cortes Constituintes e superar a Constitución de 1876.

As consecuencias da Asamblea
Considerada polo Goberno como ilegal, sediciosa e separatista, a iniciativa da Asemblea
fracasou. Os motivos foron, por un lado, as divisións internas entre catalanistas, republicanos e
socialistas. Por outro, os intereses da Lliga Rexionalista de Francesc Cambó, defensora dos
intereses da burguesía catalá e temerosa dunha revolución social, que abandonou as súas
pretensións e buscou un acordo co goberno.

A orixe da crise socal: a Folga Revolucionaria


Os motivos da folga
A masiva exportación de produtos españois aos países belixerantes na I Guerra Mundial xerou a
suba dos prezos, especialmente dos alimenticios, e provocou un incremento do malestar social
dende 1914, con folgas e manifestacións. Dende decembro de 1916, a UGT e a CNT chegaran a
convocar folgas xerais de 24h contra a carestía da vida, pero todo estoupou no verán de 1917.

A deriva da Folga de 1917


O goberno temía que unha revolución como a que estaba a acontecer en Rusia chegase tamén a
España. O PSOE consideraba que o proletariado español xa alcanzara a madurez necesaria para
a revolución, polo que a UGT, xunto coa CNT, convocaron unha folga xeral revolucionaria en
agosto de 1917, coincidindo coa Asemble de Parlamentarios. Os seus obxectivos eran o
derrocamento do réxime e a convocatoria de Cortes Constituíntes.

Un impacto desigual
A folga contou coa colaboración dos republicanos pero cunha incidencia desigual no Estado. Foi
maioritaria nas zonas industriais e residual no mundo rural. O Goberno de Eduardo Dato, co apio
do exéricto e dos grandes empresarios, reaccionou cunha forte represión. Encadeou aos
organizadores da folga e empregou a forza das armas para disolver as manifestacións.

1917: Unha síntese


En resumo, en 1917 unha parte do exército, unha parte dos parlamentarios e unha fracción
organizada da clase obreira ameazaron con botar abaixo a orde constitucional e o sistema
establecido. No entanto, o goberno conseguiu controlar a situación porque os protagonistas da
crise non coincidían nos seus obxectivos nin na estratexia a seguir. Os partidos republicanos e
nacionalistas, de ideoloxía burguesa e temerosos dunha revolución, renunciaron ás súas
pretensións e puxéronse do lado do Goberno, o mesmo que o exército, para grestablecer a orde
pública.

4.2. OS GOBERNOS DE CONCENTRACION E O AUMENTO DA CONFLICTIVIDADE SOCIAL: O


TIENIO BOLXEVIQUE ( 1917-1921 )

A quebra da quenda: os gobernos de concentración


Dende 1917, a inestabilidade política e social foi en aumento. Os gobernos eran débiles e a
clase política estaba desprestixiada. O fraccionamento dos partidos dinásticos e as tensións entre
os seus líderes obrigou a Alfonso XIII a deseñar gobernos de concentración, é dicir, gabinetes
compostos por representantes de varios grupos políticos

O crecemento do movemento obreiro


O fracaso da folga de 1917 non supuxo unha derrota do movemento obreiro. Máis ben todo o
contrario. Durante a segunda década do século, a UGT pasou de 40.000 a 200.000 afiliados ata
transformarse nun sindicato de masas moderno. Algo semellante viviu a CNT, que logrou
100.000 afiliados. A revolución rusa de 1917 tivo tamén un impacto en España. O triunfo dos
bolxeviques en Rusia estimulou a conflitividade social noutros lugares de Europa, incluída España.
Os ventos de Rusia chegan a España: o PCE
A raíz do triunfo da revolución rusa e a da fundación por Lenin da III Internacional Comunista
(1919), produciuse un intenso debate entre os socialistas de todo o mundo sobre a convenciencia
de seguir, ou non, o modelo soviético. Este debate provocou en España a escisión dunha sección
das xuventudes socialistas do PSOE, que fundaron o Partido Comunista de España (1921), un
axente político fundamental da España contemporánea.

O Trienio Bolxevique
A conflitividade social foi en aumento, tanto nas cidades como no campo, nunha época coñecida
como Trienio Bolxevique. Afectados pola crise económica posterior á I Guerra Mundial e
estimulados pola revolución rusa, os obreiros desenvolveron numerosas folgas. Tanto nas
cidades como no campo. Destaca, en concreto a Folga da Canadiense (1919), en Barcelona, na
que se logrou un dereito fundamental: a xornada laboral de 8 horas.

O pistolerismo
A radicalización do movemento obreiro, especialmente da CNT, desembocou en numerosos
atentados anarquistas en Barcelona, como o sufrido polo presidente do goberno, Eduardo Dato,
en 1921. Dato aprobara un ano antes a lei de fugas (1920), que permitía o asasinato directo
daqueles presos que intentaran fugarse do cárcere. Os empresarios, atemorizados, tentaron
contrarrestar a forza da CNT contratando pistoleiros do "Sindicato Libre" que asasinasen aos
líderes anarquistas.

A reorganización dos republicanos


A pesar das súas divisións, os republicanos aumentaron as súas críticas ao sistema da
Restauración. A falta dun programa común provocou que xurdisen partidos republicanos
autónomos en diversos puntos de España, algúns cun claro compoñente nacionalista. Tamén
xurdiron novos líderes, como Alejandro Lerroux, fundador do Partido Republicano Radical, un
partido republicano de centro cun gran protagonismo durante a II República

O auxe dos nacionalistas periféricos


Tras finalizar a I Guerra Mundial, en Cataluña, País Vasco e Galicia medraron as expectativas dos
nacionalismos periféricos a raíz do "principio das nacionalidades" enunciado polo presidente
estadounidense Woodrow Wilson. Nos "21 puntos de Wilson" (1918) recollíase o dereito de
autodeterminación dos pobos. As reinvidicacións nacionalistas contribuíron a radicalizar a
situación política con acusacións de separatismo e repulsas dos partidarios da unidade nacional
de España, sobre todo no exército.

As Irmandades da Fala
Dende 1916, o pensamento político de Galicia comezara a afirmar con rotundidade a idea de
Galicia como nación a través das Irmandades da Fala. Pero o impacto da crise de 1917
acelerou a forza do nacionalismo coa organización da I Asemblea Nazonalista (1918). Durante o
primeiro terzo do s. XX, o nacionalismo galego estivo encabezado por personalidades como
Castelao, Vicente Risco, Otero Pedrayo ou Antón Villar Ponte.

4.3. A CUESTIÓN MARROQUÍ E O DESASTRE DE ANNUAL (1921-1923)

A pacificación do Proctectorado de Marrocos


Dende o Tratado de Alxeciras (1906) entre España e Francia, o Protectorado de Marrocos viviu
un proceso de "pacificación" por parte dos gobernos españois. As tropas españolas avanzaran
cara o interior do continente, con desastres militares como o Barranco do Lobo (1909), un dos
detonantes da Semana Tráxica de Barcelona. Os gastos da Guerra de Marrocos non deixaron de
aumentar durante as primeiras décadas do s. XX e o exército creou corpos específicos para a loita
en Marrocos:
A) A Lexión, creada en 1920 por Millán Astray.
B) Os regulares, soldados recrutados entre os indíxenas rifeños.

O desastre de Annuel (1921)


En 1921, co obxectivo de obter unha vitoria definitiva, o xeneral Silvestre realizou unha manofra
rriscada. Intentou penetrar no Rif e ocupar Alhucemas, pero as cábilas rifeñas comandadas por
Abd el-Krim atacaron as súas posicións en Annual. Mal adestrados e dirixidos por oficiais
ineptos, máis de 10.000 soldados morreron naqueles días. En poucos días, is rifeños fixéronse
co control da zona e proclamaron a independencia da República do Rif.

D49. Desastre de Annual: Episodio terrible da guerra de Marrocos ocorrido no verán de 1921. A
arriscada manobra militar acabou en catástrofe coa morte de máis de 10.000 soldados fronte as
tropas rifeñas comandadas por Abd el-Krim. O grao de neglixencia do suceso acelerou a crise
política e aumentou o desprestixio de Alfonso XIII.

O impacto de Annuel na sociedade


O desastre de Annual provocou un forte impacto na opinión pública española e acentuou a
impopularidade da guerra de Marrocos e do exército. Ante a esixencia de depurar
responsabilidades, abriuse unha investigación sobre o comportamento dos militares: o
Expediente Picasso. Difundiuse a sospeita de que, detrás do xeneral Silvestre, estaba a
intervención do monarca Alfonso XIII, o que incrementou a oposición á monarquía.

D50. Expediente Picasso: Informe sobre o desastre de Annual encargado ao xeneral Picasso
ante o estupor provocado na sociedade. O instrutor puido documentar numerosas corrupcións e
neglixencias nos mandos africanistas e civís implicados, mais o oportuno golpe de Primo de
Rivera en setembro de 1923 evitou a súa publicación

A radicalización do nacionalismo catalán


O antimilitarismo provocado polo desastre de Annual fomentou o crecemento dos nacionalismos
periféricos. En Cataluña, o catalanismo superou a hexemonía dos grupos burgueses e viviu a
aparición dos primeiros partidos progresistas e independentistas. Destaca Estat Catalá (1922), un
partido catalanista e republicano encabezado por Francesc Maciá, unha das figuras máis
relevantes do independentismo catalán durante o primeiro terzo do s. XX

A crise final da Restauración


Ante o cúmulo de problemas, o réxime tiña unicamente dúas posibilidades para sobrevivir: a)
democratizarse, alterando as bases sociais e políticas do sistema, ou b) impor un "cirurxián de
ferro" que puxese remedio aos males de España.
A incapacidade do réxime para transformarse, debido á oposición da coroa e da oligarquía
dominante, favoreceu o golpe de estado de Miguel Primo de Rivera en setembro de 1923.

You might also like