Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 4

TEMA 3

A ORGANIZACIÓN ECONÓMICA

1.- QUÉ É A ACTIVIDADE ECONÓMICA?

O obxectivo da economía é satisfacer as necesidades materiais dos seres humanos concretadas


no consumo de bens e servizos. Os bens son os productos tanxibles e os servizos os bens
inmateriais.

Na actividade económica distinguimos entre:

Productores (crean os bens e servizos), consumidores (acceden a estes bens e servizos mediante
o pago dunha cantidade de diñeiro), a demanda ( que é o número de productos que os
consumidores desexan adquirir).

A actividade económica comporta tres fases:

1.- A producción de bens na que interveñen os recursos naturais a tecnoloxía e o traballo


humanio

2.- A distribución que consiste en facer chegar bens producidos aos consumidores

3.- O consumo que comporta o intercambio dos bens mediante un pago monetario.

As actividades económicas clasifícanse en tres sectores:

1.- Sector primario: Inclúe as actividades económicas que extraen materias primas do medio
natural e que son consumidas directamente polas persoas ou son empregadas pola actividade
industrial (agricultura, gandaría, pesca e explotación forestal).

2.- Sector secundario: Encárgase de transformar as materias primas en bens elaborados, e diir,
comprende os procesos industriais (minaría, enerxía, construcción, industria)

3.- Sector terciario: Proporciona servizos ás persoas co fin de satisfacer as súas necesidades (
sanidade, educación, transporte, comercio, turismo, ocio, cultura, administración..)

2.- CÓMO SE ORGANIZA O SISTEMA PRODUTIVO?

Os factores de producción son os recursos naturais, traballo, capital, tecnoloxía e o


coñecemento que se necesita para a obtención dos bens e servizos:

Os Recursos Naturais: son elementos da natureza que, sen transformarse, se extraen do medio
físico. Son as materias primas e as fontes de enerxía (estas son as que xeran a forza necesaria
para mover maquinaria ou transportes).

O Traballo: é achega realizada polas persoas ao proceso de producción. Dependa da sús


formación e dedicación laboral.

O Capital: pode ser capital físico que é o necesario para a actividade económica (instalación,
maquinaria…) e o capital financiero. Os dous son necesarios para crear e manter unha empresa

A Tecnoloxía: Comprende os avanes contíficos e tecnolóxicos que achegan unha maior eficacia
ao proceso produtivo.
O valor dos factores de producción forman os custos de producción e poden ser directos ou
indirectos. Os directos están relacionados cos bens de producción e os indirectos non se
relacionan directamente co produto ( o luguer, por exemplo)

Para producir un ben ou servizo necesitamos:

Recursos Naturais Traballo Tecnoloxía e Coñecemento Capital

O Axentes Económicos: Son as persoas, as empresas e o Estado

As Persoas traballan a cambio dusn salario e este salario adícase a compra de bens e servizos,
pagar impostos, aforrar ou realizar investimentos.

As Empresas realizan a producción e distribución de bens e dan emprego as persoas, Tamén


pagan impostos

O Estado: O conxunto das actividades económicas que realiza denomínanse Sector Público e
finánciase a través dos impostos (Sanidade, transportes, ensino, infraestructuras…). O Estado
non busca beneficios senón benestar social)

3.- OS SISTEMAS ECONÓMICOS

Son o conxunto de normas e costumes que regulan a producción e os intercambios de bens e


servizos. Na actualidade predomina o capitalismo

3.1 Capitalismo:

 Principal teórico Adam Smith ( economía de mercado)


 O mercado regúlase pola lei da oferta e da demanda
 Propiedade privada e liberdade para crear empresas
 Liberdade de actuación dos axentes econímicos : as empresas buscan o máximo
beneficio e as persoas satisfacer as súas necesidades. O Estado únicamente debe
garantir o benestar e a paz social
 Libre competencia de empresas
 Crise de superproducción ( cando a oferta supera á demanda)
 O Capitalimso caracterízase por ter ciclos que se repiten cada certo tempo:
Crise-Depresión-Reanimación-Auxe

3.2 Economía Planificada

 Aplicouse nos países comunistas (URSS, Hungría, Polonía…)


 O Estado posue os medios de producción e de distribución e controla ós axentes
económicos
 Planifica os bens que deben producirse, a súa cantidade, o prezo e os salarios a pagar (
palnificación central)
 Moi poucos países o aplican actualmente ( Cuba, Corea do Norte…)

3.3 Ecomonía Mixtas

 E o sistema predominante na mayoría dos países


 Adoita os principios básicos da capitalismo sendo as empresas e as familias as que
toman a mayoría das decisión. O Estado interven na economía para regular o
funcionamento do mercado (correxindo desigualdades a través de impistos e
subvencións…)
 En occidente, asóciase ó Estado do Benestar: O Estado, a través dos impostos progrsivos,
promove un mellor reparto da riqueza (saúde, educación…)

4.- VIVIMOS NUN MUNDO GLOBALIZADO?

A Globalización é un proceso de carácter universal que se caracteriza pola interconexión


económica entre os países.

Caraterízase por:

1.- A crecente interdependencia entre as economías dos países (comercio internacional e


inversión extranxeira)

2.- Fortalecemento das empresas multinacionais

Internacionalización dos mercados financieiros. O Capital pode circular rápido e de forma sinxela
entre países.

3.- Aumento dos fluxos migratorios internacionais

4.- Multiculturalidade (mixtura cultural)

5.- Globalización do terrorismo, epidemias, cambio climático…

5.- QUÉ IMPULSA Á GLOBALIZACIÓN?

A Globalización foi posible grazas á progresiva desaparición das barreiras comerciais


internacionais e os avances nos sistemas de transportes.

A redución ou eliminación das barreiras imposta aos productos (aranceis) coñecese como
liberalización comercial.

Outro dos cementos da globalización e a existencia dun mercado financieiro mundial. Este foi
posible grazas o desenvelvemento tecnolóxico e das comunicación que permiten o movemento
de capitais de forma rápida e segura.Os servizos financieiros son todas as actividades
relacionadas coa xestión dos cartos ou a cobertura de riscos (compañías de seguros). Os servizos
do sistema financieiro inclúen entidades ( bancos e caixas de aforro) activos financieiros (
accións, bonos..) e mercados (bolsas) que permiten os intercambios dos recursos económicos.

O elevado fluxo de intercambios da globalización require a existencia dunha rede de transportes


e comunicación avanzada (internet é moi importante)

6.- AS MULTINACIONAIS, PROTAGONISTAS DA GLOBALIZACIÓN

As multinacionais son as empresas que son capaces de producir e vender bens e servizos en
varios países. Acumulan elevadas cantidades de capital, forza laboral e servense de eficaces
redes de transportes e comunicación.

Teñen a sús sede social no seu país de orixe (normalmente un país desenvolvido como Xapón,
USA ou Europa) e deslocalizan a producción cara países subdesenvolvidos porque o custo da
man de obra e as condicións laboráis así coma os impostos e as exsixencias medioambientais
son menores.

As multinacionais son os principais axentes dos procesos de globalización.


7.- A QUEN BENEFICIA A GLOBALIZACIÓN ¿

A Globalización favoreceu, en xeral, os países mais desenvueltos e a China. As grandes ciudades


destes países concentran:

 Centros de dición económica e financieira (bolsas, dirección de grandes bancos e sedes


sociais de multinacionais)
 Centros de desenvolvemento científico e tecnolóxico ( grandes núcleos de investigación)
 Centros de influencia cultural

You might also like