Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 1

PENÉLOPE

Declara o oráculo:
"QUE á banda do solpor é mar de mortos,
incerta última luz, non terás medo.
QUE ramos de loureiro erguen rapazas.
QUE cor malva se decide o acio .
QUE acades disas patrias a vindima .
QUE amaine o vento, beberás o viña.
QUE sereas sen voz a vela embaten .
QUE un sumario de xerfa polos cons".
Así falou Penélope:
"Existe a maxia e pode ser de todos.
¿A que tanto novelo e tanta historia?
EU TAMÉN NAVEGAR". •

Vila, crepúsculo palas últimas pontes,


mar do final e derradeira hora.
Eiquí o bris e un tremor pala rosa.
Hai signos na corrente que o devolven todo
cando o ceo é de púrpura polo Cabo de Home.
Mar de cousas que nos pertencen .
Acudo á luz efímera, ao limite da noite
mentres soan os heraldos do outono.
¿Onde te escondes, longa paz de outubre,
de que mal me liberas? ...
Vivir é só alzarse á dureza da hora
dende o recanto escuro dalgún patio.
XOHANA TORRES

You might also like