Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 10

DOS SÉCULOS ESCUROS

AO
PRERREXURDIMENTO

IES MOS
1º BACHARELATO
1. OS SÉCULOS ESCUROS
1.1. CONTEXTO HISTÓRICO E CULTURAL

- Estrutura social estamental: nobreza e clero + campesiñado. As


propiedades atopábanse en mans dos sectores priviexiados (réxime de foro
e de arrendamento):
a) Nobreza galega: achégase a Castela e faise cortesá sufrindo un proceso de
desgaleguización que se fará patente no S. XVIII.
b) Clero: emprende a reforma dos mosteiros, que perden autonomía e pasan e
depender das congregacións de Castela.
c) Clases populares: detense a evolución de sectores urbanos e a burguesía
non pode avanzar, as rendas e cargas fiscais aumentan e viven en
condicións miserentas. Revoltas constantes contra os “señores”.
1. OS SÉCULOS ESCUROS
1.1. CONTEXTO HISTÓRICO E CULTURAL

- S. XVI e XVII: cargos da Administración de Galicia exercidos por foráneos


que non coñecen nin a lingua nin a cultura galega.
- Sostén económico de Galicia no Antigo Réxime: agricultura.
- S. XVI-XIX: case non se escribe en galego, que queda relegado a un estado
dialectal. Mentres, tanto en Castela coma en Portugal, nacen as primeiras
gramáticas e viven as súas épocas literarias máis espléndidas. A imprenta,
as universidades, o Renacemento ou o Humanismo apenas terán expresión
en lingua galega.
1.2. A LITERATURA ESCRITA DOS SSEE conservvamos cancións

Atopamos moi poucas mostras de literatura escrita e de escasa calidade (vs.


literatura oral popular):

a) Poesía anónima tradicional: conservamos sobre 20 nos cancioneiros


casteláns dos S. XV-XVI.
b) Poesía de temas históricos ou de circunstancias: “Pranto da Frouseira” (s.
XV) e “Saqueo de Cangas polos turcos” (s. XVII).
c) Poesía académica: Exequias á Raíña Margarida de Austria (s. XVII). Tamén
conservamos composicións das Festas Minervais.
d) Poesía relixiosa: vilancicos de Nadal e Reis.
e) Teatro: Entremés famoso sobre a pesca no río Miño.
1.3. A ILUSTRACIÓN

Foi un movemento cultural que tivo lugar en toda Europa ao longo do s. XVIII. Caracterizábase pola fe
na razón, na ciencia, nas humanidades e, como consecuencia, na preocupación polas linguas modernas
e pola educación.

En Galicia, o obxectivo dos ilustrados era superar o fracaso económico, social e cultural. Propoñen un
programa reformista que mellore o sistema produtivo (Academia de Agricultura do Reino de Galicia e
Sociedades Económicas de Amigos do País).

No plano cultural aparecen voces que defenden a lingua galega e intentan mellorar o nivel educativo da
rapazada mediante o uso da súa lingua nativa na escola. Defender que o galego era unha lingua filla do
latín vulgar e irmá dos demais romances no canto dun dialecto do castelán, era unha idea
completamente revolucionaria.
1.3. A ILUSTRACIÓN

AUTORES

- Frei Benito Xerónimo Feixoo: Non deixou textos en galego pero si unha defensa e
dignificación da lingua galega negando a súa condición de dialecto.
- O padre Sarmiento: Defensor da lingua e cultura galegas que propoñía que o alumnado
aprendese na súa lingua materna e que a Igrexa debería falar ou coñecer a lingua do
pobo.
- Xosé Andrés Cornide Saavedra: Dedicouse ao estudo da xeografía, historia, educación e
pesca.
- Padre Sobreira: Grande estudoso do noso idioma que escribiu Idea de un diccionario de la
lengua gallega (só letras A e B).
2. A LITERATURA POPULAR

- Ilustrados: recuperación da tradición = restablecemento da lingua.


- S. XVIII: Sarmiento e Sobreira recollen as primeiras mostras de literatura
popular.
- Rexurdimento (S. XIX): Luis Tobío, Marcial Valladares, Saco e Arce…
2.1. AS MANIFESTACIÓNS LITERARIAS

En Galicia recolléronse máis de 30000 cantigas e arredor de 1000 narracións


populares. A nosa literatura oral popular desenvólvese en 3 modalidades
básicas:
- Verso (cantigas): infantís (cantigas de berce), de labor (de canteiros, de
sega…), de festa (panxoliñas, Reis, entroido…), romaría, divertimento (alalá,
regueifa…).
- Prosa (relatos curtos): contos (marabillosos, animais, costumos,
didácticos…) e lendas (etiolóxicas, haxiográficas, históricas…).
- Drama (teatro popular): só conservamos farsas (represéntanse no entroido)
e loitas entre mouros e cristiáns.
3. O PRERREXURDIMENTO
3.1. CONTEXTO HISTÓRICO
- Política e administración: Guerra de Independencia (1808-1814), loitas entre liberais e absolutistas. Rexencia de
María Cristina e posterior reinado de Isabel II.

- Provincialismo: Nacemento e primeira manifestación do galeguismo. Entre 1840 e 1846 un grupo de


universitarios preocupados por aspectos relacionados co noso país toman conciencia do carácter diferencial de
Galicia (idioma, historia, economía, folclore…) e comezan loitar na defensa dos seus intereses económicos,
políticos e culturais para que Galicia cobre maior relevancia dentro do Estado.

- Economía: Crecemento demográfico. Terras en mans duns poucos, altos impostos, industria sen desenvolver… ->
EMIGRACIÓN.

- Sociedade: Antigo Réxime -> Campesiñado sumido na pobreza, fidalguía en auxe (cobraban as rendas como
propietarios ou intermediarios), clero privilexiado que vai perdendo un pouco de poder económico. A burguersía e o
proletariado inda non son numerosos.

- Lingua e cultura: Centralización política = identificación do galego co atraso e do español co progreso. Diglosia. A
lingua da escrita é o castelán, aínda que os provincialistas comezan a escribir xornais en defensa da lingua e da
cultura: El Iris de Galicia, El Idólatra de Galicia, El Compostelano…
3.2. A LITERATURA DO PRERREXURDIMENTO
- Textos propagandísticos:

Nacen como resposta a acontecementos políticos e sociais da época como a guerra de Independencia ou os
enfrontamentos entre liberais e absolutistas. Xosé Fernández de Neira: Proezas de Galicia (obra dialogada que trata
da guerra contra os franceses).

- Poesía:

Cultivo escaso e presente en xornais e revistas de maneira espallada. Nicomedes Pastor Díaz: escribiu en castelán
pero tn dúas obras en galego.

- Teatro:

Na guerra contra os franceses representáronse obras que animaban o pobo na loita contra os invasores.

- Precursores:

Son un grupo de autores vinculados ao provincialismo que teñen actividade literaria entre 1846 (levantamento
provincialista) e 1863 (publicación de Cantares Gallegos e comezo do Rexurdimento).

Xoán Manuel Pintos, Francisco Añón.

You might also like