Acta Xurado Dinamizaestrada 2023

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 3

ACTA DO XURADO DO X CONCURSO DE MICROPOEMAS E MICRORRELATOS

DOS CENTROS EDUCATIVOS D´A ESTRADA. DINAMIZAESTRADA. Febreiro 2023

Reunidos e reunidas as representantes dos Equipos de Dinamización Lingüística dos seguintes


centros educativos: CEIP Villar Paramá, CEIP Pérez Viondi, CEIP Cabada Vázquez, CPR
Plurilingüe N. S. de Lourdes, CEIP de Oca, CEIP do Foxo, CEIP de Figueiroa, IES Nº 1, IES
Manuel García Barros e IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez. Acordan facer públicas as
seguintes consideracións:

1. O xurado valora moi positivamente o alto grao de participación en todos os centros


educativos, e en todas as categorías e modalidades da sétima edición deste certame literario.
Foron centos os traballos presentados, sendo necesaria unha preselección por centros,
resultando un total de máis 200 traballos finalistas.

2. O xurado destaca a calidade dos traballos finalistas. Tamén se salienta a adecuación de todos
os textos ás normas do concurso, tanto na adecuación dos mesmos ao tamaño, 100 palabras
para os microrrelatos, e de 2 a 8 versos na categoría A, ou 4 a 8 versos na categoría B e C;
como no uso das palabras propostas para as dúas modalidades: CAMIÑO para os
micropoemas e ESPELLO para os microrrelatos. As palabras citadas foron escollidas polo
conxunto dos centros educativos da Estrada, en homenaxe ao escritor Francisco Fernández del
Riego, a quen se lle dedican este ano as Letras Galegas.

4. O xurado valora moi positiva a aproximación literaria dos textos presentados ás palabras
propostas, destacando a orixinalidade e calidade dos traballos premiados, que en moitos casos
acadan un alto nivel creativo e lingüístico. Tamén se destaca a adecuación de moitos textos
premiados ao contexto social dos tempos en que vivimos.

5. O xurado considera cumpridos os obxectivos do concurso, en canto á difusión e utilización


literaria da nosa lingua, e a súa valoración como feito cultural e identitario a través da creación
de textos literarios. Tamén se valora positivamente a utilización do rexistro formal do idioma,
sen prexuízo da utilización acaída de rexistros complementarios que contribúen á mellora das
creacións literarias premiadas.

5. O xurado valora de xeito relevante a realización dunha actividade que implica a colaboración
de todos os centros educativos do Concello da Estrada, durante todo o curso académico,
posibilitando a realización dun certame desta entidade, e contribuíndo a un maior
aproveitamento de recursos e potencialidades.

6. O xurado, os Equipos de Dinamización Lingüística e os Centros Educativos convocantes


comprométense á publicación dun libro que recollerá os traballos gañadores e á entrega de
premios nunha data por determinar de finais de maio ou primeiros de xuño. Para estas
iniciativas contará co apoio e colaboración do Concello da Estrada.

7. O xurado, por último, acorda outorgar os seguintes premios nas seguintes modalidades e
categorías:
MICROPOEMAS
CATEGORÍA A1 (1º e 2º Educación Primaria)
Nome Centro Educativo
Rosalía Santomé Lis, 1º EP CEIP Cabada Vázquez
Sara López Collazo, 1º EP CEIP Figueiroa
Yoel Pérez Loureiro, 2º EP CEIP Villar Paramá
Enzo Castro Fernández, 2º EP CEIP Plurilingüe Oca
Paula Nercellas Ruibal, 2º EP CEIP do Foxo
Marta Iglesias Rivera, 2º EP CEIP Pérez Viondi
María Gañete Sueiro, 2º EP CPR Plurilingüe N.S. de Lourdes
CATEGORÍA A2 (3º e 4º Educación Primaria)
Nome Centro Educativo
Tiago Augusto Lopes de Lima, 4º EP CEIP Cabada Vázquez
Nerea Calviño Brea, 4º EP CEIP Figueiroa
Antony Bandín Villarreal, 4º EP CEIP Villar Paramá
Candela Penide Martínez, 3º EP CEIP Plurilingüe Oca
Teo Cabaleiro Ribadulla, 4º EP CEIP do Foxo
Laura Bernárdez Rodríguez, 4º EP CEIP Pérez Viondi
Sabela Temes Diéguez, 4º EP CPR Plurilingüe N.S. de Lourdes
CATEGORÍA A3 (5º e 6º Educación Primaria)
Nome Centro Educativo
Sara Mato López, 6º EP CEIP Cabada Vázquez
India Vicente Sánchez, 5º EP CEIP Figueiroa
María Troitiño Magán, 5º EP CEIP Villar Paramá
Mara Couto Caramés, 5º EP CEIP Plurilingüe Oca
Aroa Nercellas Ruibal, 5º EP CEIP do Foxo
Enzo Mendoza Iglesias, 5º EP CEIP Pérez Viondi
Sara Balo Buela, 6º EP CPR Plurilingüe N.S. de Lourdes
Categoría B1 (1º e 2º Secundaria)
Nome Título Centro Educativo
Carolina Otero Riesco, 1º ESO CPR Plurilingüe N.S. de Lourdes
Martín Seoane Duro, 1º ESO IES Nº 1
Noa Rico Serantes, 1º ESO IES Manuel García Barros
Carla Álvarez Fontenla, 2º ESO IES Plur. Antón Losada Diéguez
CATEGORÍA B2 (3º e 4ºSecundaria, FPB, Ciclos Medios)
Nome Centro Educativo
Sergio Castro Riveiro, 3º ESO CPR Plurilingüe N.S. de Lourdes
Helena Castaño Pazos, 3º ESO IES Nº 1
Iago Durán Castro, 3º ESO IES Manuel García Barros
Noelia Ferreiro Porto, 4º ESO IES Plur. Antón Losada Diéguez
CATEGORÍA C (Bacharelato e Ciclos Superiores)
Nome Centro Educativo
Soledad Zixia Chedas Ferrín, 1º BAC IES Manuel García Barros
Yara Fuentes Mosteiro, 1º BAC IES Plur. Antón Losada Diéguez
MICRORRELATOS
CATEGORÍA A1 (1º e 2º Educación Primaria)
Nome Centro Educativo
Alejandra García Fontenla,1º EP CEIP Cabada Vázquez
Leo Fontao Collazo, 2º EP CEIP Figueiroa
David Chicharro Carbia, 1º EP CEIP Villar Paramá
Uxía Ferreiro Moure, 1º EP CEIP Plurilingüe Oca
Rubén Montoto Couto, 1º EP CEIP do Foxo
Martín Poncelas Prieto, 2º EP CEIP Pérez Viondi
Inés Baños Suárez, 2º EP CPR Plurilingüe N.S. de Lourdes
CATEGORÍA A2 (3º e 4º Educación Primaria)
Nome Centro Educativo
Martín Porta Gómez, 3º EP CEIP Cabada Vázquez
Noa Couto Neira, 4º EP CEIP Figueiroa
Celia Neira López, 3º EP CEIP Villar Paramá
Sarai Couto Lareu, 4º EP CEIP Plurilingüe Oca
Nerea Castrelos Ferro, 4º EP CEIP do Foxo
Pedro Codesido Mato, 3º EP CEIP Pérez Viondi
Martín Calvelo Torres, 3º EP CPR Plurilingüe N.S. de Lourdes
CATEGORÍA A3 (5º e 6º Educación Primaria)
Nome Centro Educativo
Danna Rivas Gulías, 6º EP CEIP Cabada Vázquez
Valentina Fernández Rodríguez, 5º EP CEIP Figueiroa
Paula Lema Amado, 5º EP CEIP Villar Paramá
Xiana Bouzón García, 5º EP CEIP Plurilingüe Oca
Clara Fernández Bazzini, 5º EP CEIP do Foxo
Elba Castro Verde, 6º EP CEIP Pérez Viondi
Catuxa Temes Diéguez, 6º EP CPR Plurilingüe N.S. de Lourdes
Categoría B1 (1º e 2º Secundaria)
Nome Centro Educativo
Helena Miranda Iglesias, 2º ESO CPR Plurilingüe N.S. de Lourdes
Noa Cabaleiro Ribadulla, 2º ESO IES Nº 1
Estela Riera Vázquez, 2º ESO IES Manuel García Barros
Ainoha Fuentes Castro, 1º ESO IES Plur. Antón Losada Diéguez
CATEGORÍA B2 (3º e 4º Secundaria, FPB, Ciclos Medios)
Nome Centro Educativo
Lola Pose Neira, 3º ESO CPR Plurilingüe N.S. de Lourdes
Sara Espiño Vaamonde, 3º ESO IES Nº 1
Elías Pérez Rodrigo, 4º ESO IES Manuel García Barros
Noel Ramos Caramés, 3º ESO IES Plur. AnónLosada Diéguez
CATEGORÍA C (Bacharelato e Ciclos Superiores)
Nome Centro Educativo
Soledad Zixia Chedas Ferrín, 1º BAC IES Manuel García Barros
Gabriel Marín Sinde, 1º BAC IES Plur. Antón Losada Diéguez

You might also like