Examen de Historia - Revolución Industrial

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 6

Examen de historia - Revolución Industrial

Invención e difusión de novas técnicas. O maquinismo


O contexto científico-técnico de Inglaterra no derradeiro terzo do s. XVIII
caracterizouse por un importante desenvolvemento da mecánica, da medición
cuantitativa e experimental e da aplicación práctica dos novos inventos.

Para isto sería decisivo o maquinismo, que consistiría na substitución das


técnicas e modos de produción tradicionais por outras novas nas que se
introducía a maquinaria. Co maquinismo lograríase:

● Aumentar a produción e reducir os custos, aforrando tempo e man de


obra.

● Baixar os prezos dos produtos de mercado, propiciando un aumento no


consumo.

● Mellorar os rendementos, e cos beneficios estimular o movemento de


capitais.

● Ao mesmo tempo, serviu para forzar aos sectores máis atrasados a


modernizarse, transferindo maquinaria dunhas actividades a outras e
investindo en avances técnicos que lles garantisen maior
competitividade.

O desenvolvemento da ciencia e da enxeñería provocaron que a partir de


1860-1870 a industrialización dera lugar ao que se coñeceu como II Revolución
Industrial.

O fracaso da Revolución Industrial en España


Existen varias razóns que poderían explicar este fracaso no noso país:
● Forte desequilibrio rexional entre territorios, mentres uns avanzaban
outros permanecían estancados.
● Unha poboación maioritariamente campesiña e moi empobrecida, polo
tanto cunha escasa capacidade de consumo.

● Escaseza de fontes enerxía, mala calidade do carbón mineral e falta de


enerxía hidráulica ou de vapor.

● Localización periférica e moi afastada dos principais circuítos


económicos europeos, ao que se engade a ineficiente rede de
transporte e o seu elevado custo. Todo isto dificultaba a
comercialización da produción industrial tanto a nivel nacional como
internacional.

● A absorción dos recursos do país por unha facenda desesperada por


reducir a débeda pública e a débeda exterior. Situación que encarecía o
financiamento dos negocios e desincentivaba os investimentos.

Unha nova revolución


O emprego de novas fontes de enerxía (petróleo e a electricidad) impulsaría a
máis estados a explorar as súas propias vías de produción industrial, algo que
tamén se observaría na capacidade de innovación.

Nesta segunda etapa, aos primeiros sectores punteiros sumáronse outros


novos cunha clara orientación: cubrir e xerar novas necesidades de consumo
por parte da sociedade.

Producíronse grandes avances en campos como a química, a física, a


medicina ou as comunicacións, que contribuirían a mellorar notablemente as
condicións de vida da humanidade.

Coa II Revolución Industrial o ferrocarril daría un paso máis no seu


protagonismo dentro do sistema de transporte, xa que impulsaría o cambio
do carbón por hidrocarburos e tamén o do proceso de electrificación da rede
ferroviaria.
A navegación experimentaría a mesma mellora a través da incorporación do
combustible fósil e do aceiro para as grandes embarcacións. Se ben, non
sempre os avances foron garantía de éxito, como sucedería co desastre do
Titanic.

Unha nova economía mundial


A economía transnacionalízase e, co imperialismo, chegará a fase inicial da
globalización contemporánea. Os intercambios pasaron das feiras e mercados
locais a ser transoceánicos. Foi así como naceu o sistema financeiro
dominante no mundo contemporáneo, caracterizado por:

● Un sistema bancario público como o Banco de España, que tiña como


obxectivo o control das reservas do Estado e o saneamento da Facenda
pública.

● A banca privada, como o Banco de Bilbao, ou no caso galego os bancos


Gallego, Simeón ou Pastor, que facilitasen operacións de crédito e de
aforro.

● Institucións que impulsasen o mercado de capitais a través de


participación nas empresas mediante o investimento. Así nacerían as
Bolsas de Nova York, París, Londres ou Madrid.

● Unha lexislación que establecese un marco claro para a actividade


financeira, como a Lei de Bancos e Sociedades de Crédito en España de
1856.

Non foron poucos os problemas xurdidos con motivo da aplicación deste


novo sistema. De feito, en ocasións contribuíron a crear un clima propicio
para levantamentos e revolucións, como o que sucedería en España coa
Revolución Gloriosa.

O aumento dos ingresos facíase a costa da dependencia externa, mediante a


emisión de débeda pública e concesións sobre a mesma, o que en ocasións
levaría á creba do sistema, como acontenceu en 1866.
Novas formas de organización do traballo. Do obradoiro á
fábrica
Nunhas décadas pasarase da antiga organización gremial, que impoñía prezos
e formas do produto final para todo artesán, a un sistema no que se acumulan
múltiples obreiros nunha mesma instalación.

Charles Chaplin no seu filme Tempos Modernos amósanos ao detalle o


funcionamento deste novo sistema.

Nos comezos da Revolución Industrial a intervención estatal foi escasa, tan só


algúns países tiñan algún tipo de regulación estatal.

En Gran Bretaña, as Factory Acts ('actas de fábrica') remóntanse a 1802.


Nelas, o Parlamento estableceu límites para o traballo infantil, así como unhas
condicións mínimas de hixiene e seguridade.

As primeiras actas de fábrica regularon o traballo no sector téxtil, pero pouco


a pouco foron ampliándose a regulacións noutros sectores.

A organización do traballo nas fábricas obrigou a novos procedementos que


favoreceran a produción en cadea (cada obreiro e obreira está nunha parte da
cadea de montaxe e ocúpase dunha tarefa moi concreta e específica) e a
mecanización do traballo. Deste xeito, o tempo de produción diminúe. Os
procesos fabrís estandarízanse e fabrícase en masa, co que aumentará a
invasión de produtos para o mercado de consumo. Para realizar estes
traballos non se precisaba man de obra moi cualificada, polo que os seus
salarios serán tamén baixos.

Detrás da nova organización do traballo están as ideas de Taylor e Ford, que


se impuxeron nas fábricas occidentais a comezos do século XX.

Sociedade industrial e o movemento obreiro


O feudalismo foi oficialmente abolido coa Revolución Francesa, pero moitos
países non industrializados conservaron este modelo de sociedade ata ben
entrado o século XIX. Por contra, os países cunha expansión fabril importante,
como Gran Bretaña e despois Bélxica, Francia, Alemaña e Estados Unidos,
foron mudando da man das reformas liberais. Nestes países introduciuse
unha nova división social entre propietarios e traballadores, o que sería en
termos marxistas a burguesía e proletariado.

Sector téxtil
W.W. Rostow adxudicou ao algodón o papel de “piloto orixinal” do take-off ou
despegue da industrialización.

Dende mediados do século XVIII e grazas á aplicación de novos inventos, o


sector téxtil pasou de ser unha industria deficiente na oferta e na demanda de
tecidos, de escasa tecnificación e baixo consumo, a converterse na actividade
económica protagonista desta etapa.

Lewis Paul inventaba a cardadora e J. Kay a lanzadeira voadora, o que


provocou un descenso da importación de tecidos da India a prol da produción
nacional. En 1764, J. Hargreaves inventou a Spinning Jenny, máquina de fiado
que multiplicaba o rendemento da fiadura. Coa fiadora hidráulica (Water
Frame) de Arkwright, de 1769, e a mula de fiar de S. Crompton acabouse por
modificar o carácter das manufacturas, aumentando a capacidade produtiva,
reducindo custos e aumentando a calidade. A industria textil convertíase así
nun sector altamente competitivo, abandonando o modelo de domestic
system polo factory system ou sistema fabril.

Unha vez alcanzada a capacidade de satisfacer a demanda interna británica de


tecidos, o novo obxectivo poría o foco en satisfacer a demanda externa. Como
podes ver no seguinte mapa, durante o período seguinte Gran Bretaña non
tería rival na produción téxtil de algodón.

Metalurxia e Siderurxia (do ferro ao aceiro)


Gran Bretaña contaba cunha sólida base de materia prima local, o carbón,
sobre todo tras a introdución do carbón de hulla, extraído principalmente dos
xacementos mineiros de Gales. O sistema de pudelación de Cort facía
innecesaria a importación de ferro sueco ou biscaíño, reducindo notablemente
os custos de produción.

You might also like