Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 11

GUIÓN UNIDADE DIDÁCTICA

A voltas polos derroteiros da Historia


Contemporánea

Mestrado Universitario en Profesorado


Itinerario de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia
Deseño Curricular e Organización de Centros Educativos

Agra Sánchez, Manuel


Lagares Seijas, Lucía
Otero Otero, Daniel
ÍNDICE

1. CONTEXTO E XUSTIFICACIÓN…………………………………………. 2

2. OBXECTIVOS………………………………………………………………. 5

3. CONTIDOS………………………………………………………………….. 6

4. ACTIVIDADES………………………………………………………………7

5. METODOLOXÍA …………………………………………………………….8

6. AVALIACIÓN……………………………………………………………….. 9

1
1. CONTEXTO E XUSTIFICACIÓN

Esta unidade didáctica será impartida no curso de segundo de bacharelato polo profesor
Lourenzo Fernández Hervella de 60 anos, nado no lugar de San Xulián pertencente ao
concello valdeorrés da Rúa. Concienciado dende pequeno coa importancia que tiña a Historia
á hora de comprender o presente e as súas problemáticas, xa que por exemplo, a súa aldea se
viu afectada por un fenómeno moi recorrente ao longo do tempo, a emigración. Así mesmo,
unha das súas motivacións persoais dende cativo foi o estudo da paisaxe. Buscando sempre
buscaba un oco para coñecer todos os lugares tanto da parroquia, como dos arredores máis
próximos.

Licenciouse en historia na promoción de 1985, na Universidade de Santiago de


Compostela. Realizou unha tese de doutoramento cuxo tema foi o cultivo da pataca na Baixa
Limia durante a Idade Moderna, dirixido por Pegerto Saavedra. Sendo esta estancia como
doutorando tamén o seu primeiro contacto coa docencia. Lida a tese en 1990, realizou o CAP
e preparou as oposicións, realizando substitucións e interinidades nos concellos de:
Cervantes, Boiro, A Guarda, Porriño e Quiroga. A praza definitiva chegou varios anos
despois no IES Pardo de Cela de Ribadeo, onde continúa tras 27 anos de docencia.

Durante os anos de doutoramento realizou estancias en varias universidades alemás, o


que implicou a aprendizaxe desta lingua, xurdindo tamén neste intre o seu interese cara a
cultura xermánica. Aquí comezou o seu gusto pola literatura alemá, tendo gran influencia nas
súas aulas autores clásicos como Goethe, Thomas Mann, ou Hegel, entre outros. Ten un gran
interese polo estudo da paisaxe, que procura trasladar ao alumando. Na súa etapa como xefe
de estudos do centro promoveu iniciativas para chamar o interese e a implicación dos
adolescentes, como a creación dunha horta no recinto escolar. A actividade dende entón serve
para mellorar a implicación e o respecto coa natureza, con eles mesmos e co profesorado.
Ademais, para que os rapaces e rapazas valoren a importancia de todos os traballos dentro da
sociedade, así como o coidado do centro, implementáronse quendas de limpeza do patio,
tanto por parte do alumnado como dos docentes.

Porén o principio as miñas eivas no ámbito máis tecnolóxico eran moi visibles, mais,
funme reciclando cos cursos de formación do proxecto Abalar. Así mesmo, o meu baixo nivel
de coñecemento do inglés, dada a natureza plurilingüe do meu centro, tamén se presenta

2
como un dos meus puntos baixos máis notables. Outra das dificultades ás que me enfrontei
foi facerme cargo algúns anos de certas materias que non dominaba, pola falta de profesores
nalgunhas áreas.

Para rematar, cabería mencionar o meu estilo e o meu rol dentro da sala de aulas.
Dende o primeiro día que exercín fun consciente de que debía ser un mediador que facilitara
a aprendizaxe, en contraposición ao que se acostumaba a pensar de que os docentes eran tan
só transmisores de coñecementos. Unhas das miñas primeiras inquedanzas dende o comezo
de cada curso escolar é crear ou poñer á disposición dos alumnos ferramentas para que se
xere un ambiente de traballo participativo, saudable e colaborativo. Así mesmo, dentro das
miñas posibilidades como docente intento realizar un seguimento individualizado de cada
alumno para ser consciente das eivas e competencias que estes van desenvolvendo. As miñas
aulas adoitan ser o máis interactivas posibles, incentivando a aparición de debates, onde
poida existir un intercambio de ideas entre o propio alumnado, para quebrar a verticalidade
do fluxo de coñecementos. Con todo isto creo conseguir alimentar a curiosidade natural do
alumnado e xerar unha maior autonomía dos educandos.

O centro no que se impartirán as aulas é o IES Pardo de Cela de Ribadeo, un centro de


tamaño medio, ao redor de 400 alumnos, situado nunha vila de case 10.000 habitantes onde
se ofertan ESO e Bacharelato. É un centro de ensino público, de carácter plurilingüe, con
aulas en galego, castelán, francés, portugués e inglés. Foi fundado en 1958, no que, naquel
momento era unha zona rural nas aforas dunha vila de pequeno tamaño. Porén, coa
instalación dun polígono industrial nas proximidades, o centro medrou fondamente en
número de alumnos ata o comezo da crise económica en 2008, momento no que se estanca o
número de alumnos.

En canto á extracción sociocultural do alumnado, esta ven marcada polo carácter


fundamentalmente industrial da contorna na que está situado o centro, adicada
fundamentalmente á minaría de lousa. Por esta razón, a maioría do alumnado provén de
familias de clase traballadora. Isto xera unha situación na que boa parte deste non conta coa
presencia dos pais na casa durante a maior parte do día, dadas as longas xornadas laborais da
industria. Con todo, non todos os efectos desta extracción social son necesariamente
negativos. É o caso da importante presencia de alumnado de diversas culturas, froito do

3
carácter da zona como foco de atracción de persoas migrantes debido ao seu dinamismo
económico.

O equipo directivo, do que fago parte, ten amosado implicación á hora de programar
proxectos transversais e actividades dentro e fora das aulas que melloren a cohesión entre o
alumnado e fomenten valores positivos entre estes, como a realización de concursos de
debuxo, proxectos de compostaxe e agricultura ecolóxica no centro, etc. A relación entre o
profesorado é boa. Feito que permite unha estreita colaboración interdisciplinar á hora de
crear proxectos transversais de educación integral do alumnado. Con todo, nos últimos
cursos, tense renovado boa parte do cadro de persoal docente, sendo reemplazados por
profesores interinos, feito que ten en certo modo erosionado a fluída comunicación existente
anteriormente no corpo docente.

Dende a aparición dun caso grave de acoso no curso 2017/2018 tense implementado
exitosamente un protocolo de prevención do bullying baseado nun programa de mediadores
escollidos entre o alumnado encargados de detectar e resolver os conflitos no momento da
súa aparición coa axuda do profesorado e da orientación.

O curso no que dou aulas de Historia de España é segundo de bacharelato na


modalidade de letras e ciencias sociais. Esta materia dáse os luns, mércores e xoves a
primeira, cuarta e terceira horas da mañá respectivamente. O outro curso, o bacharelato de
ciencias, impárteo un profesor interino chegado recente que inda non coñezo ben. A aula é
dun tamaño medio, 25 alumnos, inda que con niveis basais de coñecementos e competencias
sobre a materia moi desparello. A aula resulta relativamente pequena para o número de
alumnos concentrados nela, por esta razón non podo implementar unha óptima distribución
das mesas. Para min o mellor xeito de dar aulas sería dispoñer as mesas en forma de ferradura
ou nun círculo, porén, teño que organizar a aula do xeito tradicional, en filas. Así mesmo,
este curso fica fora do programa Abalar, razón pola que a aula só conta cun antigo encerado,
un ordenador conectado a un proxector e unha pantalla. Polo tanto dispoñemos dun repertorio
bastante limitado de TICs que non nos permiten o uso individualizado das mesmas polo
conxunto do alumnado. O centro conta cunha estrita normativa que prohibe os teléfonos
móbiles e dispositivos electrónicos, feito que impide o uso destes nas actividades lectivas.

4
Inda que poida semellar un tópico, os meus alumnos séntanse na aula segundo a súa
actitude cara a materia. As persoas que prestan máis atención ocupan a primeira fila e os que
gardan comportamentos máis disruptivos nas últimas, atopándose as filas intermedias
habitadas por un grupo máis heteroxéneo de rapazas e rapaces con diversos graos de atención
e intereses: deporte, o rap, as redes sociais, etc. Na miña materia, a maiores dos vinte e cinco
alumnos que comezaron este ano segundo de bacharelato, tamén asisten dúas rapazas e un
rapaz repetidores. Estes repetidores están contando coa axuda dos seus compañeiros, xa que
nun principio lles costou integrarse ao non ser as súas amigas e amigo, ademais existe
bastante colaboración á hora de estudar. A parte do alumnado que carece de determinados
recursos materiais polo seu nivel socioeconómico recibe axudas por parte do centro,
facilitándolle o acceso aos libros, materiais de estudo e incluso habilitando a aula de
informática e a biblioteca nos recreos. Un dos alumnos conta con necesidades especiais ao ser
cego, neste sentido non temos ningún problema no centro xa que o propio alumno conta
cunha máquina que lle permite escribir en braille para poder tomar notas e facer os exames,
para a súa corrección temos a sorte de que un matrimonio de profesores do centro que teñen
un fillo tamén cego saben ler braille. Así mesmo, boa parte do alumnado da aula é de orixe
estranxeiro, reflexando a propia composición social da contorna. Polo tanto, a maioría destes
alumnos chegaron ao estado con anterioridade á crise de 2008, razón pola que, polo xeral,
atópanse plenamente integrados.

2. OBXECTIVOS

Obxectivos Xerais

Desenvolvemento do pensamento Fomentar o razoamento autónomo e crítico


crítico. do alumnado mediante metodoloxías
pedagóxicas que fomenten a súa
participación e pensamento propios.

Educación en valores democráticos. Realizar as aulas dun xeito que se inculque


no alumnado a importancia dos dereitos
humanos e a defensa activa dende a
sociedade civil.

Coñecemento dos feitos da historia política, Comprensión e coñecemento, en termos


económica e social de España. xerais, do pasado dos territorios que
conforman o actual estado español e da súa

5
evolución no tempo.

1.2. Obxectivos específicos

Adquisición de dominio dos conceptos e Introdución do alumnado ás técnicas,


terminoloxía básica da disciplina histórica. métodos e debates propios da disciplina,
tratando dun xeito crítico a conformación da
historiografía española.

Coñecemento das diferentes sociedades Análise crítico das distintas estruturas


históricas. sociais e económicas que se desenvolveron
no territorio español ao longo da historia,
así como as súas consecuencias na relación
entre o ser humano, a natureza e a paisaxe.

Comprensión da historicidade do concepto Comprensión da evolución histórica do


de España como suxeito de coñecemento concepto de España ao longo da Idade
histórico. Contemporánea, así como o análise das
narrativas históricas creadas ao redor deste
concepto e a súa historicidade durante os
séculos XIX e XX.

3. CONTIDOS

Conceptos

Cortes de Cádiz e o liberalismo. O longo proceso de instauración do


liberalismo no territorio español que
abrangue boa parte do século XIX.

Guerra Civil. A fase histórica comprendida pola crise dos


sistemas liberais e democráticos europeos
fronte á aparición do autoritarismo no
continente e a súa translación a España na
crise da Segunda República Española.

Procedementos

Aprendizaxe á hora de de enfrontarse a un O alumnado deberá gañar a capacidade de


texto histórico dun xeito crítico, extraendo extraer e someter a crítica as ideas
as ideas principais e secundarias. principais e secundarias dun texto de
carácter histórico, enmarcándoas no seu
contexto social e cultural.

Debate crítico e razoado entre o alumnado O estudantado deberá adquirir a capacidade


para expoñer e defender as súas ideas dun

6
xeito racional e baseado no respecto ao
interlocutor.

Comprensión da dimensión histórica da O alumnado ten que ser quen de entender a


cultura historicidade dos elementos que conforman
unha sociedade e, polo tanto, que estes se
atopan sometidos a fondos cambios ao
longo do tempo.

Actitudes

Crear un ambiente de convivencia Posta en valor das aportacións de todo o


harmónica nas aulas baseado no respecto e alumnado á aula, mantendo como principios
na resolución dialogada dos conflitos. reitores do intercambio de ideas o diálogo e
o respecto mutuos.

Fomentar o interese e a curiosidade pola Formulación de preguntas e actividades que


historia como disciplina. esperten a curiosidade do alumnado pola
historia máis aló da simple memorización
do temario da materia.

4. ACTIVIDADES

Unha das tarefas principais do curso será a elaboración dunha revista literaria de libros
históricos, para fomentar o hábito lector e outras destrezas como a redacción, edición e
corrección de artigos de formato periodístico. O formato de realización será en grupo, máis
concretamente, toda a aula. O tempo de realización será o segundo trimestre completo.

ACTIVIDADE 1: Analizar unha lectura histórica.


- EXERCICIO 1: Lectura voluntaria e individual dun texto literario histórico. Recursos
dispoñibles na biblioteca do centro.
- EXERCICIO 2: Debate e explicación sobre a lectura na aula, relacionándoa co contexto
da mesma, así como coas correntes filosóficas e de pensamento vixentes no momento
da súa creación. Dispoñibilidade da biblioteca para facerse con bibliografía
complementaria, así como aulas con recursos dixitais, para completar a información e
preparar o debate.

7
ACTIVIDADE 2: Traballo crítico coa lectura seleccionada.
- EXERCICIO 1: Elaboración dunha pequena review da obra literaria escollida en base ás
ideas expostas polo alumno e ás extraídas no debate co resto da aula.
- EXERCICIO 2: Corrección e edición dos textos elaborados por outros compañeiros,
posta en común e maquetación da revista.

A seguinte tarefa destaca pola súa multidisciplinariedade, xa que para a súa confección,
require o desenvolvemento de diversos coñecementos de distintas áreas, como: historia,
filosofía, lingua e literatura, e inclusive, informática. A tarefa tamén axuda ao
desenvolvemento da capacidade oratoria, a comprensión lectora, a creatividade, a redacción,
o asentamento de conceptos e o desenvolvemento da capacidade crítica e de análise.

5. METODOLOXÍA

As seguintes liñas tratarán de ser unha breve achega metodolóxica á organización da aula de
Historia de España do curso Segundo de Bacharelato. Para isto, abordáranse as principais
cuestións expostas na realización da Unidade Didáctica.

A metodoloxía docente proposta mestura aulas expositivas con actividades de tipo


interactivo que faciliten a aprendizaxe baseada na interacción cos materiais e
experimentación, seguindo os principios da docencia activa. Así como a realización de
debates entre o propio alumnado, sempre facilitando a participación activa do mesmo, de
xeito que permita a reflexión crítica deste. Con todo, dentro da medida do posible, intentase
realizar unha atención máis titorial e personalizada por parte do profesor a cada alumno,
poñendo especial énfase naqueles que o requiran.

O traballo en equipo tamén está presente en practicamente todas as aulas, así, o


alumnado pode quebrar a verticalidade da aprendizaxe e aprender dende unha perspectiva
máis horizontal. Dividírase a aula en grupos de traballo, para o tratamento de distintas
temáticas específicas, escollidas libremente. Os equipos serán de conformación heteroxénea e
por afinidades, tendo en conta que, ao ser segundo de bacharelato, o alumnado ten xa un bo
coñecemento dos seus compañeiros e saben con quen traballan mellor. Mediante os
seminarios, por exemplo, axúdase a construír o coñecemento a través da interacción e
actividade dos alumnos, o cal permite abordar algúns contidos actitudinais como o

8
desenvolvemento da capacidade crítica.

Paralelamente, o traballo autónomo do alumnado asume tamén un papel destacado á


hora de desenvolver a capacidade de autoaprendizaxe e creatividade. A nivel máis práctico,
para complementar esta autonomía pola que se opta, a formación dos alumnos será favorecida
por unha visita dun xacemento arqueolóxico e a súa contorna. Deste xeito, traballase a
relación entre as sociedades históricas e a natureza na que se insiren, entendendo a
historicidade dos cambios na relación do ser humano co medio ambiente. Ademais,
emprégase a horta ecolóxica do centro como exemplo práctico da evolución da actividade
agrícola ao longo da historia.

6. AVALIACIÓN

A avaliación realizada será continua, baseada na elaboración de diferentes probas e traballos


ao longo do período lectivo, desta forma o contido asimilarase de forma gradual. Global, xa
que avalía diferentes elementos e procesos dos contidos e competencias. A avaliación será
realizada por parte do docente con excepción da revista, que será parcialmente coavaliada
entre os diferentes compañeiros de grupo seguindo unha serie de instrucións. E, por último,
cabe destacar a existencia dunha primeira proba inicial, a cal serve para coñecer o nivel basal
da aula, pero que non repercutirá na nota final. As restantes probas escritas de avaliación
serán procesuais e finais.

Procedementos de avaliación:

- Exames (30%): A tipoloxía será un comentario crítico de diferentes textos,


relacionados cos bloques da materia. Mínimo haberá un exame por trimestre. O seu
suspenso non supón á perdida da avaliación continúa nin, necesariamente, o suspenso
do conxunto da materia, xa que é posible chegar aos 5 puntos a través dos restantes
instrumentos avaliativos.
- Dossier das aulas (30%): O alumnado terá que entregar un dossier trimestral, cun
mínimo de 10 páxinas onde explique a finalidade das saídas e aulas prácticas: visita
ao museo arqueolóxico provincial, saída ao Arquivo do Reino de Galicia, entre outras.
Valorarase positivamente a reflexión, relación e crítica cos contidos vistos na aula. O
non pasamento desta proba, non supón o suspenso.

9
- Caderno docente (20%): no que se recollerán a participación en aulas e nos debates
grupais.
- Actividade de realización dunha revista sobre literatura histórica (20%) Esta será
avaliada de forma procesual ao longo de todo curso. O 10% será coavaliada entre o
alumnado, e o restante polo propio docente.

Criterios de Avaliación:

- Comentar o labor lexislador das Cortes de Cádiz, en relación co ideario do


liberalismo.
- Analizar a transición definitiva do Antigo Réxime ao réxime liberal burgués durante o
reinado de Isabel II, explicar o protagonismo dos militares e especificando os cambios
políticos, económicos e sociais.
- Analizar a Guerra Civil, identificando as súas causas e as consecuencias, a
intervención internacional e o curso dos acontecementos nas dúas zonas.
- Analizar as características do franquismo e a súa evolución no tempo e especificar as
transformacións políticas, económicas e sociais que se produciron, en relación coa
cambiante situación internacional.

10

You might also like