Biologia 1

You might also like

Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 1

Glícidos:

Monosacáridos:

 Glicosa: principal combustible da célula e elo estrutural de moitos polisacáridos.


 Frutosa: combustible celular.
 Ribulosa: molécula sobre a que se fixa o CO2 na fotosíntese.

Disacáridos:

 Maltosa: unión de dous moléculas de α-D-glicosa. Non existe de forma natural e


obtense pola hidrólise do amidón.
 Lactosa: está formada por unha galactosa unida a unha glicosa. É o azucre do leite.
 Sacarosa: azúcar común que se obtén da cana e da remolacha. É a forma habitual de
reserva de glícidos das plantas.

Polisacáridos:

 Amidón: polisacárido de reserva das células vexetais e una das principais fontes de
glícidos na dieta humana.
 Glicóxeno: forma principal de almacenamento da glicosa nos animais.
 Celulosa: polisacárido estrutural que forma as paredes das células vexetais.

Transcripción: proceso mediante o que se pasa dunha secuencia de ADN a unha secuencia de
ARN con bases complementarias (ARN mensaxeiro) que sae ó lugar onde se atopan os
ribosomas.

Traducción: proceso que se realiza nos ribosomas a partir da secuencia de ARN mensaxeiro,
obtense unha secuencia de aminoácidos que forman unha proteína. É un proceso moi
complexo e que consume o 90% da enerxía destinada a biosíntese.

Estructura primaria da proteína: é a secuencia de aminoácidos da proteína. Está composta por


unha secuencia de planos articulados con enlaces peptídicos que non poden xirar, e os átomos
de carbono, nitróxeno e osíxeno que os forman, están presentes no mesmo plano. Esta
estructura non conta con función e para que a proteína a adquira, é necesario o resto da
estructura, o proceso de maduración.

Estructura secundaria da proteína: asociación de aminoácidos alonxados no espazo e


estabilizados mediante pontes de hidróxeno. As estructuras básicas son: α-hélice e a lámina
pregada beta.

Estructura terciaria: estructura secundaria ó pregarse sobre si mesmo orixinando unha


estructura globular e filamentosa. Desta estructura, depende a función da proteína, polo que
calquera cambio nela, podería perder toda a actividade biolóxica (desnaturalización).

You might also like