Citas e Referencias Estilo Mla PDF

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 10

As normas MLA, publicadas pola Modern Language Association, son as normas de estilo máis utilizadas no mundo académico nas

áreas de lingua e literatura, especialmente no mundo anglosaxón.

O estilo MLA é un conxunto de estándares de estilo e documentación usado principalmente por escritores, académicos e
investigadores. Ten como finalidade proporcionar aos seus usuarios ferramentas que lles permitan avaliar información e dar forma
normalizada a un texto en canto a súa organización e ortografía. A norma establece un esquema básico de datos que permite
redactar citas e referencias bibliográficas con garantías de calidade.

As recomendacións seguintes, segundo o estilo MLA, están adaptadas á novena edición do MLA Handbook publicado en 2021.

Desexamos que a lectura detida deste módulo che permita acadar os coñecementos mínimos esixibles para aprender a citar, redactar
e organizar as referencias bibliográficas dos teus traballos académicos empregando o estilo MLA.

1
COMO CITAR DENTRO DO TEXTO
Exemplo
Péchase dentro do texto entre
“comiñas” “Lo fantástico es la vacilación experimentada por un ser que
Menos de 4 liñas de Ao final da cita, engádese entre no conoce más que las leyes naturales, frente a un
texto parénteses (Autor páxina) acontecimiento aparentemente sobrenatural” (Todorov 29).

Exemplo
Cita directa ou
textual O feito de seren realidades heteroxéneas, relativamente
recentes e en continua evolución, poderían considerarse
Reproduce as Escríbese todo o texto, sen factores negativos.
palabras exactas da “comiñas”, nun parágrafo aparte, A paixón no ensino é política, precisamente porque
fonte de información con sangría de media polgada é persoal. Se o ensino como traballo está a
Máis de 4 liñas de desprofesionalizarse progresivamente, como se
texto (1,25 cm).
pode ver nas intencións actuais das políticas
Ao final da cita, engádese entre educativas de todo o mundo, é precisamente
parénteses (Autor páxina). porque – de modo paralelo – estase a
despersonalizar. (Nias 305-306)
Sen embargo, neste traballo apóstase por unha lectura en
clave de oportunidades, entendéndoa coma unha resposta
á necesidade de visibilizar estas estratexias..

2
En toda cita directa hai que reproducir textualmente o que di o material citado, incluíndo a ortografía e a puntuación

Exemplo
Cando se parafrasea ou se toma unha idea do traballo
doutro/a autor/a ou entidade hai que citalo, aínda que non
Un estudo do tempo de reacción indica que se reduce
se copie literalmente o texto.
Cita indirecta ou considerablemente ... (Rogers 250)
paráfrase Así, cando expliquemos os argumentos doutros coas nosas
propias palabras, introduciremos unha cita no lugar
axeitado do texto, -entre paréntese-, co formato: (Apelido
páxina).

Lembra!! Cada cita no texto ten que aparecer referenciada na listaxe de referencias ao final do traballo

NOTA: As comiñas («») son coñecidas co nome de comiñas angulares ou españolas. Son as comiñas recomendadas preferentemente pola
Real Academia no ámbito de uso do castelán. As comiñas (“”) son coñecidas como comiñas inglesas. En galego no hai definida unha
prioridade no uso dunhas ou outras, aínda que se recoñece que as comiñas inglesas son as máis extendidas no uso habitual da lingua. Cando
se trata de citar un texto, pódese empregar calquera das dúas grafías sempre que o seu uso sexa homoxéneo ao longo do traballo. No estilo
MLA, debido ao seu orixe anglosaxón, empréganse as comiñas inglesas. Para máis usos ortotipográficos tanto do galego como do castelán
podes consultar as páxinas do Servizo de Normalización Lingüística da USC ou da Universidade de Coruña ou, no caso do castelán, o manual
de ortotipografía de Martínez de Sousa.

3
Citas dentro do texto (In-text citations)

No estilo MLA, as citas dentro do texto son referencias breves que redirixen ao lector ata a entrada bibliográfica que deberá aparecer na listaxe
de obras consultadas ubicada ao final do traballo.

En MLA, ao igual que en APA, hai dúas formas de cita dentro do texto que estás a escribir:

As citas baseadas no texto poñen a énfase nunha frase ou teoría específica na que o autor ten un papel secundario. Tamén son coñecidas co
nome de citas parentéticas.

As citas centradas no autor fanse cando o que se quere resaltar é o pensamento ou a posición específica de alguén sobre algún tema.

 UN SÓ AUTOR

o UN SÓ AUTOR en cita baseada no texto: (Apelido número de páxina).

Exemp.: “Lo fantástico es la vacilación experimentada por un ser que no conoce más que las leyes naturales, frente a un
acontecimiento aparentemente sobrenatural” (Todorov 29)

o UN SÓ AUTOR en cita centrada no autor: Apelido (número de páxina).

Exemp.: En este sentido, Todorov afirma que “lo fantástico es la vacilación experimentada por un ser que no conoce más
que las leyes naturales” cando ante ese ser xurde algo, real ou imaxinario, que desafía tales leis (29).

Cítase sempre o apelido do autor. Se este coincide co doutro autor, engádese a inicial do nome seguido de punto (Inicial. Apelido páxina).

Cando se citan varias obras dun mesmo autor nun texto, empréganse títulos abreviados para diferencialas. Normalmente, cítase a primeira ou
primeiras palabras do título en cursiva (Autor, Título páxina). Por exemplo: (Morrison, Beloved 57)

4
 DOUS AUTORES

o DOUS AUTORES en cita baseada no texto: (Apelido autor 1 e Apelido de autor 2 páxina). Exemplo: (Vidal e Fernández 17).
o DOUS AUTORES en cita centrada nos autores: Apelido autor 1 e Apelido de autor 2 (páxina). Exemplo: Vidal e Fernández (17).

 TRES AUTORES OU MÁIS

o Cando son tres ou máis os autores, cítase únicamente o apelido do primeiro autor seguido da expresión “et al.” que significa
“e outros”. Por exemplo: (Vidal et al. 24) ou: Para Vidal et al., «o primeiro resultado é o máis prometedor» (24).

Cando os autores son entidades ou organizacións, a norma recomenda acortar o título cando sexa posible no caso de citas centradas no texto
(é dicir, sempre que a entidade siga sendo recoñecible), mentres que nas citas centradas no autor pódese empregar o nome completo.

No caso de obras que se citan polo título, a norma recomenda acortalo nas citas parentéticas mentres que se pode empregar o título propio (a
parte principal do título) cando se cita directamente no texto. Normalmente, o xeito de acortar un título é empregar as primeiras palabras ou a
palabra máis significativa. Por exemplo:

o La biblia griega septuaginta. Se cita como: Septuaginta.


o La historia de la vida del Buscón, se cita como: El Buscón

Cando se trata de textos clásicos é habitual que os títulos abreviados estean normalizados. Cando estudes obras clásicas comproba si existe
un xeito de citar aceptado polos profesionais. Por exemplo, para citar os libros da Biblia empréganse abreviaturas normalizadas: Gn., para a
Xénese, Ex., para o Éxodo, etc. Tamén no caso de autores gregos e romanos é habitual que exista un xeito normalizado de citar. Por exemplo:
Il. para a Iliada; Od. para a Odisea; Aen. para a Eneida.

No caso da poesía, síguese o mesmo esquema do recadro do comezo coas seguintes adaptacións. Cando se trata de citar «dous ou tres
versos», insértanse estas no texto entre comiñas. Cada verso debe ir separado polo signo (/) e, se nos versos citados hai cambio de estrofa,
emprégase o signo (//). Por exemplo: «O, let my books be then the eloquence / And dumb presagers of my speaking breast». (Shakespeare,
sonnet 23).

5
Cando se trata de citar más de tres liñas dun poema, faise en párrafo aparte con sangría de media pulgada. A fonte dáse en liña aparte entre
parénteses.

O, let my books be then the eloquence


And dumb presagers of my speaking breast,
Who plead for love and look for recompense
More than that tongue that more hath more express'd.
(Shakespeare, sonnet 23)

Se os versos son máis longos que a liña de texto, éstes danse en liña aparte con sangría francesa de media pulgada e, a continuación do
último verso citado, cítase a fonte. Se a cita que nos interesa comeza na mitade dun verso, emprégase a sangría (espazo) para indicar que
falta texto ao comezo do verso. Na medida do posible, hai que respectar os espazos e a distribución do texto e transcribir o poema tal e como
aparece na fonte.

En textos dramáticos empréganse similares recomendacións. En xeral, tratarase de representar a disposición xeral do texto. Cando se trata
dun diálogo que implica a varios personaxes, hai que indicarlo no texto. A cita faise en párrafo aparte sen comiñas. Os nomes dos personaxes
deben ir en maiúscula seguidos de punto e as súas liñas deber ir formateadas con sangría francesa.

Cando se trata dunha cita breve e parcial, vai dentro do texto entre comiñas como no caso xeral. Por exemplo: Cando Regan lle pregunta a
Lear, “para que queres un?”, Lear respóndelle con exasperación: “a razón non é a necesidade!”. (Lr. 2.4.257-58)

Por último, se o que vos interesa é citar unha parte concreta, mais polo medio hai algunha liña ou palabra irrelevante para o voso comentario,
sempre podedes empregar a elipse para marcar o texto omitido dentro dunha cita. Represéntase mediante tres puntos seguidos …

6
Como se redactan e ordenan as referencias bibliográficas

A listaxe de referencias recolle ordenadamente os documentos que se utilizaron para facer o traballo académico. Hai que diferenciar a listaxe de
obras consultadas dunha bibliografía, xa que esta ultima inclúe, como vimos, outras fontes de información que serven para afondar no
tema (obras de referencia, dicionarios, enciclopedias, apuntes, algún manual…) pero que non se utilizaron para facer o traballo, é dicir, non
fixemos ningunha cita destes documentos, nin textual nin indirectamente. Lembra que as normas MLA, requiren referencias, non bibliografía.

O estilo MLA especifica que a lista de referencias estea elaborada a dobre espazo. Cada referencia debe ir con sangría francesa de media
polgada (1,25 cm). As referencias bibliográficas deben presentarse ordenadas alfabeticamente, independentemente do seu soporte, polo
apelido do autor, ou do primeiro autor, no caso de que sexan varios, pola entidade ou polo título. Cando os autores son dous, consignase o
apelido do primeiro seguido de coma e do nome. A continuación, engádese unha coma e o nome do segundo autor de xeito directo. Por
exemplo: Smith, Peter, and Joel Summers. Título. Editorial, Ano.

Se o autor ten varias obras, mostraranse ordeadas polo título. O apelido do autor aparecerá só na primeira entrada. Nas seguintes, deberá
colocarse no seu lugar tres guións seguidos de punto (———.) [no teclado Alt+0151]. Se un autor do que se citan varias obras exerce máis
dunha función nos documentos citados, engádese esta función a continuación dos tres guións precedida de coma (p. ex.: ———, tradutor ; —
——, editor).

A redacción de cada unha das referencias vai depender do tipo de documento, do número de autores e outros moitos elementos. Hai moita
casuística pero para esta formación básica, imos expoñer só os exemplos mais comúns1:

 Un libro
 Un capítulo dun libro, contribución nas actas dun congreso …
 Un artigo dunha revista
 Unha entrada dun dicionario ou dunha enciclopedia
 Unha tese de doutoramento
 Unha tese de doutoramento aloxada nunha base de datos
 Un artigo dunha revista electrónica
 Un artigo dunha revista electrónica aloxada nunha base de datos ou nun repositorio dixital

7
DOCUMENTOS IMPRESOS
TIPO DE DOCUMENTO MODELO EXEMPLOS

Apelido(s), Iniciais do nome. Título do


libro en cursiva. Editorial, Ano de Pennac, D. Como una novela. Anagrama, 1998
publicación
Un libro
García Marí, et al. Las plagas agrícolas. 2ª ed. Phytoma España, 1994
*Se hai mención de edición cítase a
continuación do título entre puntos.

Álvarez, I. e Gómez, I. “PISA, un proyecto internacional de evaluación


Apelidos(s), Iniciais. “Título do capítulo, auténtica: luces y sombras.” Pisa como excusa: repensar la evaluación
entrada ou contribución.” Título da obra para cambiar la enseñanza, C. Moreneo (Coord.), Graó, 2009, pp.91-110
Un capítulo de libro ou principal en cursiva, función + Iniciais +
contribución a congreso Apelido(s) do Editor, Editorial, Ano, Penland, P. R. “Learning resource center.” Encyclopedia of library and
páxinas information science, edited by M. A. Drake, Marcel Dekker, 2003,
pp.1513-1539

Kernis, M.H. et al. “There’s more to self-steem than whether it is high


Apelidos(s), Iniciais do nome ou nomes. or low: The importance of stability of self-esteems.” Journal of Personality
“Título do artigo.” Título da revista en and Social Psychology, vol. 65, 1993, pp. 1190-1204.
Un artigo dunha revista cursiva, volume da revista, número do Sacido Romero, J. “Sounding diasporic dislocation: The object voice in
fascículo, ano de publicación, primeira postcolonial short stories.” Short fiction in theory and practice, vol. 11, n.
páxina-última páxina do artigo. 1-2, June 2021, pp. 11-25

8
DOCUMENTOS ELECTRÓNICOS
TIPO DE DOCUMENTO MODELO EXEMPLOS
“Título da entrada”. Título da obra “Quotation mark.” Merriam-Webster.com Dictionary, Merriam-Webster, 19
principal, Editorial, data de acceso ou Jul 2021, https://www.merriam-webster.com/dictionary/quotation%20mark
data da última modificación, URL “Comillas.” Diccionario de la Lengua Española, Real Academia Española,
Entrada nun dicionario ou
enciclopedia 19 julio 2021, https://dle.rae.es/comillas?m=form
*Cando aparece o nome do autor, como
no caso dos artigos de enciclopedia, este “Comillas.” Wikipedia, Fundación Wikimedia, 3 xullo 2021,
dato colócase en primeiro lugar https://es.wikipedia.org/wiki/Comillas

Carvalho, J. de. Ciência e alteridade na literatura de viagens : estudo de


Apelido(s), Inicial. Título da tese en processos retóricos e hermenêuticos. 2000. Universidade do Algarve,
cursiva. Ano de defensa. Universidade, Tese de doutoramento.
tipo de documento.
Tese de doutoramento
Rayment-Pickard, H. D. J. Derrida, god and death: the theme of death in
[Dixital] + . Lugar no que está aloxada, derrida's readings of husserl and heidegger. 1997. University of London,
URL Goldsmiths' College, Tese de doutoramento. ProQuest,
https://ethos.bl.uk/OrderDetails.do?uin=uk.bl.ethos.301141

[html] Apelido(s), Iniciais do nome o Alpert-Abrams, Hannah. “Machine Reading the Primeros Libros.” Digital
nomes. “Título do artigo.” Título da Humanities Quarterly, vol 10, n. 4, 2016,
revista en cursiva, volume da revista, www.digitalhumanities.org/dhq/vol/10/4/000268/000268.html
Artigo de revista número, ano de publicación, URL
electrónica Feeney, D. “First Similes in Epic”. Transactions of the American Philological
[PDF] O anterior sen URL + primeira Association, vol. 144, n. 2, autumn 2014, pp. 189-228. JSTOR,
páxina-última páxina do artigo. Lugar no https://www-jstor-org.ezbusc.usc.gal/stable/43830440. PDF
que está aloxada a revista, URL. PDF

9
As pautas vistas neste módulo son, como dixemos, mínimas e básicas. En xeral, existe unha casuística moi variada, polo que, se precisas máis
información, podes acudir a recursos de internet como este que traen moitos máis exemplos de utilidade para os teus traballos. Tamén podes
buscar en google un MLA Generator ou empregar un xestor de referencias bibliográficas como Refworks que proporciona a Biblioteca
Universitaria e que che permite dar formato as túas referencias bibliográficas.

Tamén podes acceder á ao manual MLA, que che pode guiar en todos os aspectos relacionados coa redacción dun traballo académico.

Vai redactando as referencias a medida que vaias incorporando citas no texto do traballo, resultarache moito máis doado que deixalo para o
final.

10

You might also like