Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 4

TEORÍA: AS GRAFÍAS: X, S.

VALORES DA LETRA X
ORTOGRAFÍA-FONÉTICA
NIVEL C

A LETRA X

A letra X denomínase xe e pronúnciase en galego de dúas maneiras:


- Pronuncia [KS] en palabras cultas, en posición implosiva ou explosiva .

Ex.: éxito, axila, exame, taxi, complexo...

- Pronuncia fricativa prepalatal xorda [Š].

Ex.: xamón, conxelar, cervexa, xordo, lixivia, oxalá, pelexa, solfexo...

ERROS RELACIONADOS COA ESCRITA DO X


Trátase de palabras que levan X, pero aparecen incorrectamente escritas con outras
grafías por confusións de distinta clase, normalmente co castelán. Outras veces, o erro
está en usar o X cando non existe na palabra galega.
Un caso especial dáse cando na mesma palabra, non composta, aparece dúas veces X
en posición intervocálica, a primeira vez con valor de [ks] e a segunda co outro valor.
Nestas palabras pódese optar por substituír o primeiro X por S ou pódese manter igual:
esaxerar / exaxerar; esixir / exixir; esixente / exixente; esexese / exexese.

Dentro dunha mesma familia léxica, normalmente, as palabras escríbense igual:


escavar, escavación, escavadora
espoliar, espolio
estrañar, estraño, estrañeza, estrañamento
estranxeiro, estranxeiría, estranxeirismo
escusa, escusar

Malia isto, hai ocasións en que non coincide a solución de palabras da mesma familia
léxica, por seren unhas formas patrimoniais (e, consecuentemente, grafadas con S) e
outras formas cultas (grafadas con X). Así:
estender / extensión, extenso, extensivo, extensor
estremar (delimitar un terreo), estremo, estrema (linde dunha propiedade), estremeiro /
extremar, extremo, extremidade, extremoso, extremismo
TEORÍA: AS GRAFÍAS: X, S. VALORES DA LETRA X
ORTOGRAFÍA-FONÉTICA
NIVEL C

Levan X (=xamón) Levan X = [ks] (= exame)

X (non S) ambidextro (pero destro)


taxa, taxar, taxador, taxación anexo
Bruxelas conexo
México complexo, complexidade
bixutería crucifixo
cornixa paradoxo, paradoxal
enxalzar perplexo, perplexidade
graxa, graxento, engraxar profilaxe
igrexa proxeneta
beixo, beixar reflexo, reflexión, flexor, flexión, circunflexo
xarampón saxón, Saxonia
xastre sufixo, prefixo, afixo
xordo taxativo
xo (interxección usada para deter as cabalarías) toxina
xenofobia, xenófobo
xilófono, xerocopia

Levan X (non CH) Levan S


xutar, xute escavar, escepticismo, escéptico
clixé escisión, escorrer,
bolxevique escrutar, esculcar, esdrúxula
xilaba espectacular, espectáculo, espectador
xampú espiar
xilin espléndido, esplendor
caxemira espoliar, espontáneo,
Levan X (non Z nin C) espremer, estender
arxila estranxeiro
enxiva estrañar, estraño
cervexa estratexia
Estremadura
Levan X (non H) Levan X (non I nin J)
TEORÍA: AS GRAFÍAS: X, S. VALORES DA LETRA X
ORTOGRAFÍA-FONÉTICA
NIVEL C

xerarca / *hierarca conxuntura, dexección, inxección, inxectar


xeroglífico / *hieroglífico disxunción, exacular, maxestático,
pexorativo, xustaposición
Levan X (non G) proxección, proxectar, proxectil, proxecto
xincana subxugar, cónxuxe, traxecto, traxectoria
xigabyte xacer, xema, xugular
xeso, enxesar

Hai casos de palabras que se distinguen polo par de opostos S/X. Opóñense por levaren
S ou X [ks]. Ou pódese dar o caso de levaren X, pero teren diferente pronuncia:

esotérico (oculto, reservado aos iniciados) / exotérico (común, accesible)


esperto (sen durmir) / experto (coñecedor)
espiar (asexar) / expiar (pagar por unha culpa)
esterno (óso do peito) / externo (de fóra)
estirpe (liñaxe) / extirpe (do verbo extirpar; extrae, arrinca)
estrema (linde) / extrema (límite)
estremar (facer lindes) / extremar (levar ao extremo)
so (debaixo de) / xo! (interxección usada para deter as cabalarías)

misto (fósforo) / mixto (mesturado, de distinta clase, dos dous sexos)


sesta (sono) / sexta (ordinal)
testo (tapa da pota, vaso para as plantas) / texto (escrito de certa extensión)
diso (contracción de de + iso) / dixo (do verbo dicir)
fuso (instrumento que serve para fiar, división horaria) / fuxo (do verbo fuxir)
foso (escavación que rodea unha fortaleza) / foxo (fochanca, trampa, beiravía)
soán (vento do sueste) / Xoán (nome propio)
suízo (helvético, de Suíza) / xuízo (sentido, criterio, acción xudicial)

elixir (verbo) / elixir (substancia)


laso (liso, canso, sen forza) / laxo (frouxo, sen tensión)
TEORÍA: AS GRAFÍAS: X, S. VALORES DA LETRA X
ORTOGRAFÍA-FONÉTICA
NIVEL C

Indica se os X subliñados son palatais (xamón) ou se se pronuncian como [ks] (exame).


Logo le as seguintes frases coa pronuncia axeitada.

1. Realmente é un pouco paradoxal que xustifiques a súa actitude. Estou


verdadeiramente perplexo. Antes dicías que era un xenófobo e un acosador e agora
dedícaste a enxalzalo en todas as reunións, só che falta subilo aos altares e cubrilo de
beixos.

2. Como preciso desconectar un pouco do traballo, varios días por semana vou ao
conservatorio estudar música, a miña afección de toda a vida, pero tamén fago algo de
deporte, pois faime falta relaxarme. Hoxe, por exemplo, despois de practicar unha hora de
solfexo e tocar o xilófono durante media máis, aínda fun xogar un partido de fútbol sala e
tiven sorte: disparei uns bos xutes e metinlle tres goles ao equipo contrario.

3. A taxa de natalidade diminuíu moito e agora a situación é máis complexa: o noso


colexio xa empeza a ter pouco alumnado para o profesorado que forma parte do cadro de
persoal fixo do centro.

4. Xulia ten un traballo extenuante: está sempre viaxando: hoxe está en Bruxelas, pero a
próxima semana tócalle ir a México e logo a non sei onde falar cuns anglosaxóns sobre
un proxecto novo de aeroxeradores.

5. A edificación anexa, a que está dedicada a garaxe, déixea sen a cornixa de perpiaño
que aparecía no proxecto de obra. A crise tócanos a todos e hai que reducir custos.

6. Non me toques, que veño do taller e estou cheo de graxa. Ata no pelo a teño! Voume
duchar e lavar a cabeza cun bo xampú.

7. A profesora explicounos que os afixos se clasificaban en prefixos e sufixos. Todo isto é


dunha complexidade excesiva.

8. Nesta xoiaría venden uns aneis de bixutería moi bonitos.

You might also like